Afasia / Facer dieta sen realizar exercicio / Coñecer o sexo do bebé ás seis semanas de embarazo / Radiación para diferenciar células canceríxenas das sas / Dra. Teresa Noguer
En catro palabras
O que avisa non é traidor
Noticias
Científicos do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e da Universidade de Bath, no Reino Unido, lograron controlar un tipo de radiación co que se diferencian as células canceríxenas das sas. Agrupadas nun punteiro de menos de 1 milímetro de espesor, permite realizar un varrido completo da zona na que se localiza un tumor, distinguindo con precisión ata onde se espallou a materia canceríxena. A radiación é dun tipo 1.000 millóns de veces máis débil ca os raios X, polo que non provocaría dano nos pacientes.
Convén que haxa un horario, que o tempo diario que pasan fronte a estes dispositivos non exceda, por exemplo, as dúas horas. Estes aparellos esixen moita atención visual e achegarse moito á pantalla, polo que xeran certa propensión á miopía. Esta situación é máis grave en menores de 10 anos, que aínda non teñen conformado o seu sistema visual.
Contraindicámolos?
Non, xa que hai casos en que poden resultar terapéuticos.
Perdón?
Os oftalmólogos podemos prescribir o uso de videoxogos a nenos con problemas de ollo vago, xa que o hábito de xogar poderá corrixir nestes casos un defecto fisiolóxico.
Acontece o mesmo coa televisión ou co móbil?
Canto máis lonxe estean as pantallas, mellor. Cos televisores non hai tanto problema, xa que as pantallas son cada vez maiores e se colocan máis lonxe, pero co móbil temos que esforzar demasiado a ollada e, como sinalei antes, isto xera a aparición de miopías.
A que idade debe revisarse a vista dun neno por primeira vez?
Os pediatras están a facer un bo labor de cribado, o que acontece é que empezan demasiado tarde (cara aos cinco anos). Se os pais teñen antecedentes de problemas visuais (cegueira, miopía, glaucoma ou catarata) o neno debe facerse unha primeira revisión con un ano de idade. En circunstancias normais pode esperar aos dous ou tres anos, pero non máis, porque canto máis pasa o tempo máis difícil e custoso é corrixir futuros problemas.
Deben ler antes de deitarse, axudados pola luz dunha lámpada de cabeceira?
Tanto nos dormitorios da casa coma nos hoteis temos esa maldita tendencia a pechar a luz do teito e ler só coa de cabeceira: é un erro. Para os ollos, é mellor ler con ambas as dúas luces acesas (que non é preciso que reúnan unha potencia excesiva) e apagalas despois.
A escuridade protexe?
Digámolo ao revés: demasiada luz acaba cegando. Os ollos “gástanse” en virtude da cantidade de luz que absorben.
Con lentes de sol xa dende bebés?
Excelente idea! Do mesmo xeito que protexemos a pel dos nenos fronte ao sol, debemos protexer os seus ollos.