Servizos útiles con mapas de Google / "Captcha"
Navegar á carta
Baixo o concepto de “Google Map Hack” ou “Mashup” agrúpase un bo número de servizos interesantes e de grande utilidade para o usuario. Trátase de encher de sinais ou etiquetas os mapas de Google, que cobren practicamente todo o planeta, para convertelos en guías temáticas cun servizo específico. A interactividade e o código aberto dos mapas de Google permiten a moitos usuarios avanzados ir máis aló da mera consulta de rúas ou estradas para introducir neles elementos como os restaurantes favoritos de cada internauta, as zonas de cobertura Wifi (Internet sen fíos) ou as imaxes tomadas por outros internautas no lugar sinalado no mapa.
/imgs/20070701/img.internet.03.jpg Panoramio (www.panoramio.com): Trátase dun servizo español que permite aos usuarios introducir nos mapas de Google Earth (a “bóla do mundo” de Google, con fotos por satélite en tres dimensións) todas as imaxes que queiran. A idea é que quen viaxe polo plano poida picar nos diferentes puntos do mapa e obteña fotografías colocadas polos demais internautas. Así, é máis sinxelo situarse e o usuario obtén unha dimensión visual da zona que está a explorar. O servizo logrou un éxito enorme e Google comprouno recentemente.-
/imgs/20070701/img.internet.04.jpg O ladrillómetro (www.ladrillometro.com): É un servizo que permite comparar o prezo que os internautas pagan pola súa casa, ou o seu aluguer, en relación cos seus veciños de barrio. A idea é que os usuarios vaian deixando no servizo os datos do seu aluguer ou a súa hipoteca de modo que calquera persoa poida facer cunha soa prema sobre o mapa, unha idea do rango de prezos da zona en cuestión. Este servizo, como tantos outros da denominada gama social, ou 2.0, será tanto máis útil cantos máis usuarios participen e, en cambio, terá pouco de realista cando só haxa uns poucos usuarios nun barrio determinado que deixaran os seus datos. - Xeovivendas (www.geoviviendas.com/geobusqueda): Trátase dun portal especializado na
/imgs/20070701/img.internet.05.jpg oferta de pisos en venda, alugueiro de apartamentos e locais comerciais que utiliza os mapas de Google de xeito que o usuario poida situarse rapidamente de modo espacial e identificar a zona onde está o inmoble que se lle ofrece. O servizo funciona nas dúas direccións, de modo que tamén o internauta pode dirixirse a unha zona concreta onde desexe adquirir unha propiedade e ver sobre plano toda a oferta que concentra alí o portal. /imgs/20070701/img.internet.06.jpg Tagzania (www.tagzania.com/es): É unha páxina web que permite “etiquetar” lugares, isto é, marcar sobre o mapa os puntos que consideremos de interese. Por exemplo, serve para sinalar os restaurantes favoritos, o lugar do primeiro bico, as etapas dunha volta ciclista ou as novas sete marabillas do mundo. Ademais dos mapas de Google, utiliza os servizos cartográficos de Yahoo! e Microsoft para crear un dos servizos máis completos da Rede.
O termo do mes
Adoita ser habitual que os ciberdelincuentes utilicen programas-robot capaces de adiviñar as claves que os usuarios usen para entrar en servizos como a conta de correo, por exemplo. Estes robots xeran códigos aleatorios a gran velocidade ata que dan co correcto e se introducen nos servizos particulares; dende alí poden enviar centos de miles de mensaxes spam á lista de contactos do usuario, ou mensaxes infectadas con virus. Para evitar a súa entrada utilízanse os captchas, que se plasman visualmente con códigos borrosos, desenfocados ou deformados, que un ser humano si pode entender, pero que non pode saltar un programa-robot. Deste xeito exércese unha barreira de defensa ante os ataques automáticos.
Non obstante, os captchas teñen un gran problema de accesibilidade para minusválidos, xa que en ocasións para interpretalos hai que facer un esforzo visual ou intelectual notable, polo que a súa utilización é moi discutida e se aposta por estándares que permitan ao usuario optar por un código de son.