Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Los datos, informaciones, interpretaciones y calificaciones que aparecen en esta información corresponden exclusivamente al momento en que se realizaron y tienen, por tanto, una vigencia limitada.

Sauna e baño turco : Un pracenteiro e beneficioso ritual

Para tirarlles o máximo proveito e evitar posibles riscos cómpre coñecer moi ben o seu funcionamento

Precaucións coa sauna e co baño turco

  • A alta temperatura á que se somete o corpo fai que o ritmo cardíaco se chegue a duplicar, pasando de 70 a 140 pulsacións por minuto. Isto fai que a sauna e o baño turco estean contraindicados para anciáns, embarazadas e persoas con problemas de saúde (hipertensión, cardiopatías).
  • Desaconséllase a quen padeza trastornos de presión sanguínea ou a quen presenta problemas de veas varicosas.
  • Contraindicados para quen sofre de dermatite ou de problemas de vasodilatación.
  • Tamén deben evitalos as persoas que padezan unha enfermidade bronquial severa, epilepsia, anorexia ou cólicos renais.

Pasos que cómpre seguir

Antes da sauna ou do baño turco…

  • Se é a primeira vez que toma unha sauna ou un baño turco, non está de máis que o faga en compañía de alguén con experiencia.
  • Se a toma despois de practicar algún deporte, é recomendable descansar antes entre 15 e 30 minutos para que a temperatura do corpo descenda e evitar así someter o corpo a un golpe de calor.
  • Non entre na cabina con fame, co estómago cheo (deixe que transcorra cando menos unha hora desde a comida) ou en estado de esgotamento.
  • Antes de entrar, dúchese a fondo con auga morna.
  • Non esqueza beber, xa que vai someter o seu corpo a unha moderada deshidratación.

Durante…

  • Se vai tomar unha sauna, comece a sesión nos asentos máis baixos, para que o seu organismo se vaia adaptando á calor.
  • Déitese ou sente cos pés sobre o asento para que todo o corpo permaneza á mesma temperatura.
  • Durante a sesión non beba líquidos, xa que non se produciría a desintoxicación corporal.
  • Non realice exercicios de ximnasia durante a sesión, nin se dedique a conversar porque se cargan a respiración e a circulación.
  • Se é a súa primeira vez, non debe superar os dez minutos para evitar unha baixada de tensión.
  • O normal é que ós 8-12 minutos o corpo sinta xa ganas de se refrixerar. Saia da cabina aínda que considere que non transpirou o suficiente. As persoas moi afeitas poden permanecer ata 15 minutos, pero recoméndase descansar despois dese período.
  • Antes de abandonar a cabina, sente cos pés pendurando no banco para que a circulación se adapte de novo á posición vertical. Érgase a modiño, pois se o fai de súpeto o sangue pódese acumular e producir unha especie de vertixe ou síncope.

E despois…

  • Permaneza uns minutos (poucos, para non chegar a tremelicar) fóra da sauna (se se pode, ó aire libre) para arrefriar as vías respiratorias. Os pulmóns necesitarán aire exterior.
  • Despois, dúchese con auga fría (se a presión sanguínea é alta, que sexa morna). Dirixa o chorro desde as extremidades cara ó centro do corpo, na dirección do corazón, para devolverlle o ritmo.
  • Se aínda lle queda tempo -e ganas-, un baño de inmersión en auga fría fará reaccionar os vasos sanguíneos e aumentará a presión arterial.
  • É conveniente alternar as sesións con duchas de auga fría para acadar unha vasoconstrición (contracción dos vasos sanguíneos) pola que se estimula a circulación sanguínea e se eliminan os produtos de refugallo dos músculos, á vez que os nutre. Se acaba de iniciarse nestas cuestións non debería repetir máis ca unha vez o ciclo calor-frío; se ten experiencia, pode facer unha segunda, e, como máximo, ata unha terceira entrada na sauna. Máis de tres ciclos non proporcionan beneficios complementarios, e si fatiga.
  • Despois da sauna debe beber auga ou unha bebida isotónica para recuperar os sales minerais perdidos coa excesiva transpiración.
  • Non é recomendable tomar máis de dúas sesións semanais.

Paginación dentro de este contenido

  • Ir a la página anterior: « Sauna
  • Estás en la página: [Pág. 3 de 3]

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións