Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Los datos, informaciones, interpretaciones y calificaciones que aparecen en esta información corresponden exclusivamente al momento en que se realizaron y tienen, por tanto, una vigencia limitada.

Sauna e baño turco : Un pracenteiro e beneficioso ritual

Para tirarlles o máximo proveito e evitar posibles riscos cómpre coñecer moi ben o seu funcionamento

Sauna

/imgs/20050301/informe02.jpg
A sauna caracterízase por unha calor seca que oscila entre 80ºC e 100ºC e unha humidade relativa moi baixa, que non chega ó 15%. Os baños de sauna tómanse en cuartos herméticos de madeira, con gradas para poder descansar -canto máis arriba, máis calor-, nos que a temperatura se obtén quentando dentro dun receptáculo pedras non arenitas que, alimentadas por unhas resistencias eléctricas, chegan á incandescencia.

Beneficios

  • Exercita o sistema cardiovascular. A alta temperatura fai que aumente o metabolismo muscular e vigoriza o corazón grazas a que a calor dilata os vasos capilares e incrementa o ritmo cardíaco.
  • Elimina toxinas. Abre os poros e contribúe a limpar a pel de impurezas. A través da suor, o organismo elimina, entre outros “produtos de refugallo”, metais pesados (chumbo, mercurio, cinc, níquel, cadmio…), alcohol, nicotina e sodio.
  • Mellora a respiración. Axuda a despexar as vías respiratorias. Fai máis fluída a mucosidade que poida existir nos bronquios. En caso de catarreiras ou arrefriados, despois dunha sesión notarase unha gran melloría. Está comprobado que os pacientes con enfermidades pulmonares obstrutivas melloran transitoriamente as súas funcións pulmonares.
  • Mellora as doenzas articulares. A combinación de calor corporal, melloría da circulación, emisión de endorfinas e quecemento das articulacións ríxidas alivia a dor e as molestias. Un corpo quente é menos sensible á dor. Exerce un efecto positivo sobre o sistema locomotor e sobre o estado psicoemocional, amais de aliviar a dor artrítica.
  • Prepara o corpo para outros tratamentos terapéuticos e estéticos. Logo dunha sauna, o estado da pel e dos músculos é ideal para se someter a unha sesión de masaxe ou a calquera tratamento que inclúa a aplicación dalgún tipo de produto (celulite, obesidade, hidratación da pel en profundidade…).
  • Outras aplicacións. Axuda a recuperar os músculos e o organismo despois do exercicio, reduce a celulite e as adiposidades. Ademais, é beneficioso en caso de escordaduras, neuralxias, espasmos musculares, rixidez articular e, en xeral, de doenzas óseo-musculares.

Baño turco

O baño turco ou de vapor, tamén chamado hammam (baño, en árabe), practícase desde hai milenios. Trátase dun baño de calor húmida no que a temperatura non é uniforme; no chan hai entre 20 e 25 graos, a metro e medio uns 40 graos e uns 50 graos á altura da cabeza. Ademais, ten unha humidade relativa do 99%, que produce a clásica “néboa”.
Nestes habitáculos a calor xérase grazas á auga quente que circula a través de canos e radiadores situados nas paredes das salas.

Beneficios

  • A calor á que é sometido o organismo obrígao a acelerar as súas funcións metabólicas: aumento de ventilación, aceleración da circulación sanguínea e estimulación dos sistemas nervioso e hormonal, o que produce unha melloría xeral da saúde.
  • Permite unha maior osixenación e revitalización dos tecidos. Axuda a retardar o proceso de avellentamento da pel.
  • O vapor produce unha equilibrada dilatación dos poros e procura unha transpiración abundante que, amais de eliminar toxinas e impurezas, estimula a circulación sanguínea.
  • Coa dilatación dos poros da pel, o vapor permite unha limpeza profunda e duradeira que deixa a epiderme lisa e suave.
  • Desde un punto de vista terapéutico, o baño turco humedece as vías respiratorias, é expectorante en caso de arrefriado, tose e rouquén. Ademais, axuda a combater a bronquite, a sinusite e outras afeccións de tipo respiratorio.
  • Os pulmóns e todo o seu sistema bronquial aumentan a súa capacidade de intercambio de osíxeno e ventilación xeral.
  • Contribúe á limpeza dos xenitais femininos, vulva e vaxina e facilita a secreción do fluxo vaxinal. As dismenorreas ou menstruacións dolorosas son sempre aliviadas pola acción da calor.
  • Relaxa o sistema nervioso e, polo tanto, ten resultados beneficiosos para todas as persoas que sofren estrés, ansiedade, depresión, etc.
  • Indicado para os adolescentes con acne e para os homes, porque alisa e suaviza a pel, o que lles facilita o afeitado.
  • É menos estresante para o organismo cá sauna, malia o efecto psicolóxico de ‘abafo’ que produce a ‘néboa’.

Paginación dentro de este contenido

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións