Tixolas antiadherentes

O material é fundamental

As máis caras son mellores, pero hainas excelentes con prezos comedidos
1 Novembro de 2004

O material é fundamental

/imgs/20041101/analisisb02.jpg
Analizáronse oito tixolas antiadherentes (tres de aceiro non aliado, dúas de aceiro inoxidable e tres de aluminio) que custan desde os 9,27 euros de Magefesa Danubio ata os 29,39 euros de Tefal Induction, que é a mellor, con 10 puntos en calidade global. A mellor relación calidade-prezo é Tefal Ambience (de aluminio, custa 13,74 euros), por ser a máis económica entre as que superaron todas as probas. En xeral, as diferenzas de prezo están xustificadas: as que mellor resultado obtiveron foron as máis caras.

A variedade de materiais dos que poden estar feitas as tixolas dificulta a tarefa de elixir unha. Nesta análise estudáronse tres tipos moi distintos de tixolas para valorar o seu comportamento real ante as mesmas condicións e para que o usuario se poida facer unha idea de cal lle convén máis, tendo en conta que o prezo das máis caras é o triplo có das máis baratas.

As tixolas de aceiro non aliado son válidas para toda clase de lumes. As de aceiro inoxidable, pola contra, non sempre son eficaces nas cociñas de indución, pero, como descubrir as que si o son? Do seguinte xeito: se un imán queda pegado na súa base non haberá problemas para empregalas en toda clase de cociñas.

As de aluminio nunca superarán este test, polo que non son válidas para as cociñas de indución, aínda que si para as máis; a cambio, resultan máis lixeiras e manexables, e reparten a calor de maneira máis uniforme.

Bo acabado final

As oito tixolas están libres de rebabas, achas e bordos afiados, o seu acabado é correcto, é doado limpalas, son estables mesmo se se sitúan sobre un plano inclinado de 5º e teñen colocado o mango por riba do centro de gravidade.

Unha das probas clave para determinar a calidade dunha tixola é saber se distribúe a calor de maneira uniforme por todo o fondo. Na proba de laboratorio, as tixolas quentáronse baleiras sobre unha prancha eléctrica e sometéronse a unha termografía infravermella que permite “ver” nun termograma as diferentes zonas de temperatura. A conclusión máis significativa é que practicamente non hai diferenzas entre mostras do mesmo material.

Ante a mesma cantidade de calor, as tixolas de aceiro non aliado acadan temperaturas lixeiramente superiores ás de aceiro inoxidable e moi superiores ás de aluminio. As de aceiro non aliado son as que máis diferenzas de temperatura amosan entre unhas zonas e outras (32 ºC de diferenza máxima), mentres que a distribución calorífica nas de aceiro inoxidable (13 ºC de diferenza máxima) e, sobre todo, nas de aluminio (10 ºC de diferenza máxima) é máis uniforme.

Cóncavo e convexo

É esencial que o fondo da tixola non estea curvado nin estragado, xa que de non ser así a calor non se distribúe uniformemente e en certas cociñas (como as de indución) podería mesmo non chegar a quentar por algunhas zonas. A lei española permite a concavidade pero non a convexidade. A norma francesa, pola contra, penaliza tanto un caso coma o outro, polo que, ó ser máis completa, é a utilizada nesta análise.

O fondo das oito tixolas era plano antes de comezar o estudo, pero logo de 25 ciclos de quecemento e arrefriamento sen nada no interior das tixolas (expúñanse a unha temperatura de 220 ºC para deseguido somerxelas en auga a temperatura ambiente), só as dúas de Tefal e a de Ballarini non presentaron deformacións. Taurus e Magefesa Excalibur volvéronse cóncavas, mentres que Perfecto Gourmet, Fasga e Magefesa Danubio se volveron convexas. A empresa Magefesa afirmoulle a CONSUMER que xa detectaran este problema do seu modelo Danubio e que o solucionaran.

Da durabilidade e da comodidade do mango dependerá, en boa medida, a facilidade de uso de cada tixola. En todos os casos analizados a asa é dun material plástico termoestable, rugoso na súa parte externa para favorecer a súa suxeición, que soporta altas temperaturas, e que ofrece unha gran resistencia. Para verificar que os mangos eran illantes, quentouse a tixola con aceite sobre un queimador de gas a 200 ºC durante media hora, tralo cal a temperatura a unha distancia concreta do extremo do mango non pode superar os 70 ºC. A asa tamén debe aturar a calor directa: enfórnase a tixola a 150 ºC durante unha hora para comprobar se aparecen fendas ou bóchegas. No tocante á resistencia á fatiga, deben soportar sen deformación ou afrouxamento 15.000 ciclos de subidas e baixadas suxeitas polo mango, coa tixola sobrecargada. A proba de ignición verifica como se desenvolve o mango fronte a unha chama directa. As oito tixolas analizadas aprobaron as esixentes probas referentes á asa, agás Taurus, que fallou na proba de torsión, é dicir, a que mide se, tralo uso, a asa pode acabar dobrando.

Antiadherencia

As propiedades antiadherentes destas tixolas veñen determinadas polo material co que están recubertas no seu interior. As dúas de Tefal e Magefesa Excalibur non informan do nome do material empregado, Magefesa Danubio utiliza Skandia e o resto aplica Teflón (é dicir, unha resina de politetrafluoretileno). A vantaxe destes materiais é que non se oxidan, non lles confiren mal sabor ós alimentos e aumentan a resistencia térmica, química e mecánica das tixolas. O máis importante é comprobar a súa capacidade antiadherente, e esta proba realízase carbonizando 25 mililitros de leite enteiro nas tixolas. Despois aplícase un chorro de auga fría, que debería arrincar o lixo formado, tal e como acontece con Tefal Induction, Ballarini Mediterránea e as dúas de Magefesa. En Tefal Ambience, Perfecto Gourmet, Taurus e Fasga foi necesario o uso dunha esponxa vexetal para limpalas.

/imgs/20041101/analisisb01.jpg
A dureza do recubrimento antiadherente dá unha idea da súa durabilidade. Para comprobalo pásanse cunha forza idéntica minas de lapis de distinta dureza ata que algunha consiga deixar marca no recubrimento. Tamén se mide o ben unido que está o recubrimento antiadherente ó fondo da tixola e se hai perigo de toxicidade por unha posible migración de materiais da tixola ós alimentos. Nas tres probas o resultado foi correcto e semellante entre as tixolas estudadas.

Ó microscopio

No que si se diferencian os recubrimentos é na súa espesura. Tomáronse mostras do recubrimento de cada tixola que foron analizadas ó microscopio. A mostra co conxunto de capas máis groso de material antiadherente (fondo e lateral) é Tefal Induction, aínda que a maioría obtén resultados moi similares. Magefesa Danubio e Ballarini Mediterránea son as que acadan un resultado máis discreto neste apartado.

Calidade global

A calidade global de todas as tixolas é satisfactoria, pero hai diferenzas: Tefal Induction obtén 10 puntos, en segundo lugar sitúanse Tefal Ambience, Ballarini e Magefesa Excalibur, con 9,2 puntos, que tampouco fallaron en ningunha proba. Séguenas Perfecto Gourmet e Fasga Multicolor, con 8,1 e 8,5 puntos respectivamente e, para rematar, Taurus Activa e Magefesa Danubio, ambas as dúas con 7,7 puntos, unha boa puntuación, pero a máis baixa da análise.

Aínda que ningunha tixola ofrece propiamente un documento de garantía (polo que as oito suspenden de entrada este apartado), Perfecto Gourmet, Fasga e Magefesa Danubio indican na etiqueta que os seus produtos están garantidos durante un ano (o mínimo esixible por lei é o dobre). As dúas de Tefal non indican a duración da garantía, aínda que si mencionan que esta existe. Ballarini, Taurus e Magefesa Excalibur, pola súa banda, nin sequera fan mención a este requisito obrigatorio.

Como coidalas

Cumprir unhas sinxelas regras de conservación incrementará a vida útil das tixolas antiadherentes.

  • Antes do primeiro uso, convén lavar as tixolas con auga e xabón, secalas e aplicar no seu interior unha fina capa de aceite.
  • Os cambios bruscos de temperatura (refrescalas baixo a billa aínda quentes, sobrequentalas baleiras…) son moi nocivos, porque poden deformar o fondo e impedir que a calor se reparta uniformemente no futuro.
  • Cómpre centrar ben a tixola sobre a cociña para non danar o mango ou o revestimento e acadar así unha óptima distribución da calor.
  • É preferible empregar utensilios de plástico ou madeira (nunca metálicos) para non danar o recubrimento antiadherente. Polo mesmo, non convén cortar os alimentos dentro da tixola.
  • Para a súa limpeza débese utilizar unha esponxa suave, auga quente e deterxente. Os produtos agresivos e os estropallos metálicos poden danar o interior.
  • Dirixir o mango da tixola cara ó interior da cociña durante a fritura evitará perigosos accidentes co aceite fervendo.

En síntese e táboa comparativa

En síntese

Analizáronse oito tixolas antiadherentes de 24 cm de diámetro de aceiro non aliado (as máis baratas, de 9,27 euros ata 11 euros), de aceiro inoxidable (as máis caras, de 22,07 euros e 29,39 euros) e de aluminio (desde 11,50 euros ata 17,92 euros).

As tixolas de aceiro non aliado son aptas para calquera cociña, pero as de aluminio e algunhas de aceiro inoxidable non serven para as cociñas de indución.

Só as dúas de Tefal e Mediterránea Ballarini superaron todas as probas. O fondo das demais deformouse trala proba de quentamento. Taurus Activa suspendeu, ademais, pola pouca resistencia do seu mango. O recubrimento antiadherente foi especialmente bo nas dúas de Magefesa, en Ballerini e en Tefal Induction (para eliminar o leite carbonizado abonda con poñelas baixo a billa).

Ningunha inclúe o documento de garantía obrigatorio.
A mellor relación calidade-prezo é Tefal Ambience (aluminio), a máis económica e con 9,2 puntos en calidade global (superou todas as probas). Tefal Induction é outra opción interesante porque é a de maior calidade global (10 puntos), aínda que sexa a máis cara.

Marca
Modelo
TEFAL AMBIENCE TEFAL INDUC-
TION
FASGA MULTI-
COLOR
BALLA-
RINI MEDITE-
RRANEA
Prezo (euros / unidade) 13,74 29,39 9,93 17,92
Material Aluminio Aceiro inoxidable Aceiro esmaltado vitrificado Aluminio esmaltado vitrificado
Diámetro (cm) 24 24 24 24
Control de acabados Satis-
factorio
Satis-
factorio
Satis-
factorio
Satis-
factorio
Estabilidade Satis-
factorio
Satis-
factorio
Satis-
factorio
Satis-
factorio
Planitude de fondo Satis-
factorio
Satis-
factorio
Insatis-
factorio
Satis-
factorio
Resistencia á calor da asa Satis-
factorio
Satis-
factorio
Satis-
factorio
Satis-
factorio
Illamento térmico da asa Satis-
factorio
Satis-
factorio
Satis-
factorio
Satis-
factorio
Resistencia á fatiga da asa Satis-
factorio
Satis-
factorio
Satis-
factorio
Satis-
factorio
Resistencia á torsión da asa Satis-
factorio
Satis-
factorio
Satis-
factorio
Resistencia á combustión da asa Satis-
factorio
Satis-
factorio
Satis-
factorio
Satis-
factorio
Aptitude antiadherente Aceptable Satis-
factorio
Aceptable Satis-
factorio
Dureza do antiadherente Satis-
factorio
Satis-
factorio
Satis-
factorio
Satis-
factorio
Adherencia do antiadherente Satis-
factorio
Satis-
factorio
Satis-
factorio
Satis-
factorio
Espesura do antiadherente
– Fondo
(µm)
– Parede lateral (µm)

21

20

21

21

21

20

19

17

Toxicidade do antiadherente Nula Nula Nula Nula
Variación máx. de temperatura do fondo (ºC) 10 13 32 9
Calidade global (escala del 0 ó 10) 9,2 10 8,5 9,2
Marca
Modelo
MAGE-
FESA EXCA-
LIBUR
PERFECTO GOURMET MAGE-
FESA DANUBIO
TAURUS ACTIVA
Prezo (euros / unidade) 22,07 11 9,27 11,50
Material Aceiro inoxidable Aceiro esmaltado Aceiro vitrificado Aluminio
Diámetro (cm) 24 24 24 24
Control de acabados Satis-
factorio
Satis-
factorio
Satis-
factorio
Satis-
factorio
Estabilidade Satis-
factorio
Satis-
factorio
Satis-
factorio
Satis-
factorio
Planitude de fondo Insatis-
factorio
Insatis-
factorio
Insatis-
factorio
Insatis-
factorio
Resistencia á calor da asa Satis-
factorio
Satis-
factorio
Satis-
factorio
Satis-
factorio
Illamento térmico da asa Satis-
factorio
Satis-
factorio
Satis-
factorio
Satis-
factorio
Resistencia á fatiga da asa Satis-
factorio
Satis-
factorio
Satis-
factorio
Satis-
factorio
Resistencia á torsión da asa Satis-
factorio
Satis-
factorio
Satis-
factorio
Insatis-
factorio
Resistencia á combustión da asa Satis-
factorio
Satis-
factorio
Satis-
factorio
Satis-
factorio
Aptitude antiadherente Satis-
factorio
Aceptable Satis-
factorio
Aceptable
Dureza do antiadherente Satis-
factorio
Satis-
factorio
Satis-
factorio
Satis-
factorio
Adherencia do antiadherente Satis-
factorio
Satis-
factorio
Satis-
factorio
Satis-
factorio
Espesura do antiadherente
– Fondo
(µm)
– Parede lateral (µm)

20

23

20

19

13

12

20

20

Toxicidade do antiadherente Nula Nula Nula Nula
Variación máx. de temperatura do fondo (ºC) 9 30 30 7
Calidade global (escala del 0 ó 10) 9,2 8,1 7,7 7,7

Unha por unha, 8 tixolas antiadherentes

Unha por unha, 8 tixolas antiadherentes

TEFAL AMBIENCE

  • /imgs/20041101/ambience.jpg 13,74 euros.
  • Calidade global: 9,2 puntos.
  • A mellor relación calidade-prezo de toda a análise. De aluminio. Non indica o período de garantía. Cun indicador de temperatura no fondo da tixola que se torna completamente vermello cando a tixola está quente. Supera todas as probas. A aptitude do seu recubrimento antiadherente é só aceptable.

TEFAL INDUCTION

  • /imgs/20041101/induction.jpg 29,39 euros, a máis cara.
  • Calidade global: 10 puntos, a mellor.
  • A mellor opción entre as de aceiro inoxidable. Non indica o período de garantía. Obtén a máxima puntuación en todas as probas realizadas.

FASGA MULTICOLOR

  • 9,93 euros, barata.
  • /imgs/20041101/fasga.jpgCalidade global: 8,5 puntos.
  • A mellor opción das de aceiro non aliado (esmaltado vitrificado). Non ofrece os dous anos mínimos de garantía obrigatoria. Non supera a proba de ‘planitude do fondo’ (ó remate do ensaio o seu fondo vólvese convexo). A aptitude do seu antiadherente é só aceptable.

BALLARINI MEDITERRÁNEA

  • /imgs/20041101/ballarini.jpg 17,92 euros.
  • Calidade global: 9,2 puntos.
  • De aluminio (esmaltado e vitrificado). Non ofrece os dous anos mínimos de garantía obrigatoria. Supera todas as probas. A aptitude do seu antiadherente é satisfactoria.

MAGEFESA EXCALIBUR

  • /imgs/20041101/excalibur.jpg 22,07 euros.
  • Calidade global: 9,2 puntos.
  • De aceiro inoxidable. Non ofrece os dous anos mínimos de garantía obrigatoria nin loce o símbolo de “Apto para o uso alimentario”. Non supera a proba de “planitude do fondo” (ó remate do ensaio o seu fondo vólvese cóncavo). A aptitude do seu antiadherente é satisfactoria.

PERFECTO GOURMET

  • /imgs/20041101/gourmet.jpg 11 euros.
  • Calidade global: 8,1 puntos.
  • De aceiro (esmaltado). Non ofrece os dous anos mínimos de garantía obrigatoria. Non supera a proba de “planitude do fondo” (ó remate do ensaio o seu fondo vólvese convexo). A aptitude do seu antiadherente é só aceptable.

MAGEFESA DANUBIO

  • /imgs/20041101/danubio.jpg 9,27 euros, a máis barata.
  • Calidade global: 7,7 puntos.
  • De aceiro non aliado (vitrificado). Non ofrece os dous anos mínimos de garantía obrigatoria. Non supera a proba de “planitude do fondo” (ó remate do ensaio o seu fondo vólvese convexo). A aptitude do seu antiadherente é satisfactoria, pero tanto o recubrimento do fondo coma o da parede lateral son os máis finos do comparativo.

TAURUS ACTIVA

  • /imgs/20041101/taurus.jpg 11,50 euros
  • Calidade global: 7,7 puntos.
  • De aluminio. Non ofrece os dous anos mínimos de garantía obrigatoria. Non supera a proba de “aptitude do fondo” (ó remate do ensaio o seu fondo vólvese cóncavo). A asa falla na proba de resistencia á torsión. A aptitude do seu antiadherente é só aceptable.