Insecticidas en aerosol e en difusor eléctrico líquido

O máis barato é o que máis dura

Os aerosois acaban cos mosquitos máis rápido cós difusores eléctricos, pero debémonos ausentar uns minutos da habitación en que se empregaron
1 Xullo de 2004

O máis barato é o que máis dura

Analizáronse catro aerosois que combaten moscas e mosquitos e catro difusores eléctricos só efectivos contra mosquitos. O difusor máis barato é Raid, que sae a 1,3 céntimos de euro cada hora de uso, e o máis caro Kill Paff, a 2,3 céntimos a hora de uso. A mellor relación calidade-prezo é Bloom. Os aerosois saen sobre os 3,4 euros/litro, agás Vete que custa 1,44 euros/litro. Vete é a mellor relación calidade-prezo en aerosol: ó seu baixo custo engade longa duración e efectividade, aínda que precise máis tempo có resto para matar os insectos. Os insecticidas son preparacións formuladas para a exterminación de insectos ou arácnidos molestos ou daniños, como moscas, mosquitos, cascudas, arañas, pulgas ou térmites. Están compostos por substancias que combaten selectivamente certas especies, polo que para conseguir a maior eficacia cómpre elixir un insecticida específico para a especie que se queira eliminar; neste estudo, son moscas e mosquitos.

Hai catro grupos de insecticidas: os organoclorados (coma DDT, lindane e endosulfan) actúan inhibindo a transmisión nerviosa dos insectos. Moitos deles están prohibidos pola súa enorme persistencia (exceden os 50 anos de vida); ademais, os insectos acostúmanse a estas substancias e transfórmanse xeneticamente logo de varias xeracións.

Os organofosforados (diazinon e malation), actúan tamén sobre o sistema nervioso. Os carbamatos limítanse á agricultura e non teñen aplicación no ámbito doméstico.

Crisantemos

Os oito insecticidas analizados utilizan piretroides, substancias artificiais que emulan as segregacións da flor dos crisantemos. A súa función é paralizar os músculos dos insectos e o seu sistema nervioso central, conseguindo a súa caída e morte. A vantaxe destes compostos sintéticos sobre os naturais son claras: os “orixinais” non son estables á luz nin ó aire e a súa acción é efémera. Tanto os naturais coma os sintéticos son practicamente inocuos para os seres de sangue quente, pero resultan moi agresivos cos peixes, polo que non se deben utilizar os insecticidas preto deles.

O contido dos aerosois é de 750 mililitros nos catro casos, pero o seu peso varía notablemente: desde os 460 gramos de Bloom Cruz Verde ata os 570 gramos de Raid. Os catro utilizan unha mestura de tetramina e D-fenotrin como substancias activas. Os nomes que aparecen na etiqueta de Bloom -neopynamin e sumitrin- son sinónimos destas substancias. A tetramina, de efecto moi rápido, encárgase do abatemento (paraliza o insecto e faino caer). O D-fenotrin, que tarda máis en actuar, encárgase de matar o insecto. Raid (con un 0,29%) é o aerosol con maior cantidade de tetrametrina, Bloom e Fogo (ambos, con un 0,23%) ofrecen algo menos, e Vete (con 0,09%) é, con diferenza, o que menos tetramina contén. O D-fenotrin atópase en proporcións similares en todos os aerosois insecticidas analizados.

En síntese e táboa comparativa

Difusores eléctricos

  • Analizáronse catro insecticidas en aerosol e catro en difusor eléctrico líquido. Os aerosois están indicados para moscas e mosquitos mentres que os difusores só son anti-mosquitos.
  • Vete é o aerosol máis barato (1,44 euros/litro) e un dos de maior duración. Os outros teñen prezos similares (3,4 euros/litro).
  • En difusores Raid, Bloom e Fogo saen a prezos moi similares (1,3, 1,4 e 1,5 céntimos de euro/hora). O máis caro, Kill Paff: 2,3 céntimos de euro cada hora de uso.
  • Os aerosois aplícanse de xeito manual e son máis rápidos, mentres que os difusores eléctricos actúan máis de vagar pero decontino. Pódese permanecer na habitación mentres actúan os difusores, pero non cos aerosois.
  • Todos eliminan o 100% dos insectos, só difiren no tempo que precisan. Os máis rápidos son Bloom, en aerosol e en difusor.
  • A mellor relación calidade-prezo en aerosois é Vete, por ser tan eficaz coma o resto e ser moito máis barato. Entre os difusores, a mellor relación calidade-prezo é Bloom Cruz Verde, o máis eficaz e un dos máis baratos.
Marca Denomi- nación VETE BLOOM
CRUZ
VERDE
RAID FOGO
HOGAR
BLOOM
CRUZ
VERDE
RAID FOGO KILL
PAFF
Formato Aerosol Aerosol Aerosolo Aerosol Eléctrico
líquido
Eléctrico
líquido
Eléctrico
líquido
Eléctrico
líquido
Prezo
(euros / litro)
1,44 3,42 3,34 3,47 Non
procede
Non
procede
Non
procede
Non
procede
Prezo
(céntimos / hora)
Non
procede
Non
procede
Non
procede
Non
procede
1,5 1,3 1,4 2,3
Resultados analíticos
Substancias activas:
Tetra-
metrina
(%)
0,09 0,23 0,29 0,23
D-
Fenotrin
(%)
0,10 0,10 0,07 0,06
D-
Alletrina
(%)
10,4 3,8 3,7
Esbiotrin
(%)
2,8
Resultados de eficacia
Dose
utilizada
test
4 s en 30m3 5,5 s en 30m3 4 s en 30m3 7 s en 30m3 8 h/día
en 30m3
(45
noites)
8 h/día
en 50m3
(45
noites)
8 h/día
en 30m3
(45
noites)
6 h/día
en 30m3
(45
noites)
Mosquitos:
KT 50
(%) 1
150 seg 60 seg 130 seg 120 seg 12 min 14 min 15 min 15 min
KT 100
(%) 2
5 min 2 min 5 min 4 min 20 min 30 min 30 min 30 min
24
(%) 3
100 100 100 100 100 100 100 100
Moscas:
KT 50
(%) 1
238 seg 104 seg 207 seg 173 seg Non
está
indicado
para
moscas
Non
está
indicado
para
moscas
Non
está
indicado
para
moscas
Non
está
indicado
para
moscas
KT 100
(%) 2
12 min 9 min 12 min 12 min
24
(%) 3
100 100 100 100
Duración 4 49 veces 30 veces 50 veces 34 veces Moi
satis-
factoria
Moi
satis-
factoria
Moi
satis-
factoria
Moi
satis-
factoria
Tras 45 días de uso
KT 50
(%) 1
Non
procede
Non
procedes
Non
procede
Non
procede
14 min 15 min 15 min 16 min
KT 100
(%) 2
25 min 30 min 30 min 30 min
24
(%) 3
100 100 100 100
Calidade
global
Boa Moi boa Boa Boa Moi boa Moi boa Boa Boa

1 KT 50%: tempo de exposición ó insecticida para abater ou matar o 50% dos insectos.

2 KT 100%: tempo de exposición ó insecticida para abater ou matar o 100% dos insectos.

3 24 horas: porcentaxe de insectos mortos despois de estar en contacto co insecticida 24 horas

4 Duración de uso: reflicte o número de descargas que se poden realizar con cada unidade de produto durante toda a súa vida útil.

Un a un

Un a un, CATRO insecticidas en aerosol e CATRO difusores eléctricos líquidos

Vete "Insecticida aerosol"

  • Sae a 1,44 euros/litro, o máis barato dos aerosois.
  • Calidade global: Boa.
  • A mellor relación calidade-prezo dos insecticidas en aerosol. Con tetrametrina (0,09%) e D-fenotrin (0,10%). A súa eficacia insecticida é boa: eliminou todos os mosquitos en 5 minutos e todas as moscas en 12 minutos. Dura 61 usos (é un dos máis duradeiros).

BLOOM CRUZ VERDE "Insecticida aerosol"

  • Sae a 3,42 euros/litro.
  • Calidade global: Moi boa.
  • Con tetrametrina (0,23%) e D-fenotrin (0,10%). O máis eficaz, tanto con moscas coma con mosquitos: eliminou todos os mosquitos en 2 minutos e todas as moscas en 9 minutos. Dura 36 usos (un dos menos duradeiros).

RAID "Insecticida aerosol"

  • Sae a 3,34 euros/litro.
  • Calidade global: Boa.
  • Con tetrametrina (0,29%) e D-fenotrin (0,07%). A súa eficacia insecticida é boa: eliminou todos os mosquitos en 5 minutos e todas as moscas en 12 minutos. Dura 62 usos (a maior duración).

Fogo hogar "Insecticida aerosol"

  • Sae a 3,47 euros/litro.
  • Calidade global: Boa.
  • Con tetrametrina (0,23%) e D-fenotrin (0,06%). A súa eficacia insecticida é boa: eliminou todos os mosquitos en 4 minutos e todas as moscas en 12 minutos. Dura só 34 usos (a menor duración).

Bloom cruz verde "Insecticida eléctrico líquido"

  • Sale a 1,5 cénts de euro/hora
  • Calidad global: Muy buena
  • La mejor relación calidad-precio. Con D-Allatrina (10,4%). Es el difusor más eficaz, tanto al comienzo de utilizar el producto como al final de las 45 noches: nada más abrir el envase elimina todos los mosquitos al de 20 minutos; y ya en el final de la vida útil sólo tarda 5 minutos más en eliminar todos los mosquitos.

Raid "Insecticida eléctrico líquido"

  • Sale a 1,3 cénts de euro/hora, el más barato de los eléctricos
  • Calidad global: Muy buena
  • Con esbiotrin (2,8%). Su eficacia insecticida es buena tanto al comienzo de utilizar el producto como al final de las 45 noches. Obtuvo los mismos resultados que Kill Paff y Fogo, pero en una habitación de mayor volumen (50 m3, frente a los 40 m3 de la de los otros dos), lo que indica que su poder insecticida es mayor.

FOGO HOGAR "Insecticida eléctrico líquido"

  • Sale a 1,4 cénts de euro/hora
  • Calidad global: Buena
  • Con D-Allatrina (3,8%). Su eficacia insecticida es buena y tanto al comienzo de utilizar el producto como al final de las 45 noches. Es el único que carece de una pequeña luz para indicar que se encuentra en funcionamiento.

Kill Paff "Insecticida eléctrico líquido"

  • Sale a 2,3 cénts de euro/hora, el más caro de los eléctricos
  • Calidad global: Buena
  • Con D-Allatrina (3,7%). La menor duración (6 horas al día durante 45 noches, frente a las 8 horas al día del resto). Su eficacia insecticida es buena tanto al comienzo de utilizar el producto como al final de las 45 noches. Es el único con interruptor que permite tener el difusor enchufado pero apagado.