8 microondas con grill

O deseño págase

Os microondas cromados son máis caros, pero non mellores
1 Xaneiro de 2003
Img analisisbp

O deseño págase

Analizáronse oito microondas con grill cun prezo que varía notablemente: desde os 117 euros de Samsung CE-2817N ós 300 euros de Sharp R-74ST. Os tres microondas de cor branca e contador analóxico (Balay, Samsung e Fagor) son os máis baratos, e os dous metálicos de contador dixital, os máis caros (Sharp e Sanyo). A mellor relación calidade-prezo é o forno máis económico, Samsung, por se-lo segundo mellor valorado polos usuarios e ofrece-la maior funcionalidade. Se por motivos estéticos o usuario busca un microondas cromado, Sharp, o máis caro, é o que mellor valoración obtén.

Un forno microondas emite ondas electromagnéticas de alta frecuencia que quentan a auga do alimento e o cociñan desde dentro, por iso o producto coce no canto de asar (nunca supera os cen graos, a temperatura de ebulición da auga). Esta é a razón tamén de que o interior do alimento estea máis quente cá súa superficie e de que esta clase de fornos non eleven a temperatura de recipientes baleiros: a súa función limítase a quentar e desconxelar alimentos. Os microondas con grill, amais do emisor de ondas de alta frecuencia, incorporan dúas barras de cuarzo que proporcionan calor directa para dourar e gratinar.

Tres usuarios habituais cualificaron cada aspecto do forno de un a cinco puntos. A valoración media superou os tres puntos nos oito casos, e destacaron LG e Sharp, con 3,6 puntos polo seu manual e ergonomía. LG obtivo a mellor valoración exterior (4,7), iluminación (4) e visibilidade (4). Samsung foi o peor valorado a nivel global (3,2 puntos), aínda que destacou a súa posta en marcha (3,7) e claridade e utilidade dos mandos e controis (4,7); pero fallou en iluminación e mantemento e limpeza (2 puntos), estabilidade, dimensións e visibilidade (3).

Proba real

Para probar cada microondas cociñouse neles lasaña, canelóns e pizza e desconxeláronse pan e espinacas. Samsung obtivo a mellor puntuación (4,6 puntos de 5 posibles) e o peor resultou LG, aínda que tamén mereceu unha boa puntuación (3,3 puntos), xa que a pesar de destacar positivamente na desconxelación do pan (4 puntos) e cociñado de lasaña e canelóns (5 puntos), conseguiu malas puntuacións en temperatura e uniformidade e textura das espinacas desconxeladas (2 puntos).

As dimensións dun microondas deben ser amplas por dentro e reducidas por fóra. Panasonic foi o máis pequeno e menos pesado (458x299x315 centímetros e 10,5 quilos) e o de menor capacidade interna (17,4 litros). Fagor demostrou se-lo máis pesado e o de maior tamaño (541x316x410 centímetros e 19,2 quilos), pero a súa cavidade interna só foi a segunda máis grande (23,5 litros). En tódolos casos, a capacidade real era inferior á indicada (Fagor non informa deste dato), con diferencias que chegaron ós 5,5 litros de defecto de Samsung. Panasonic incorporou o cable máis longo (145 centímetros), mentres que o máis curto foi o de Whirlpool, con 91 centímetros.

LG, Balay, Sanyo, Sharp, Panasonic e Fagor ofrecen unha potencia máxima de 900 vatios, a de Samsung é de 850 vatios e Whirlpool é o menos potente con 750 vatios. No tocante ó consumo real, Panasonic, un dos máis potentes, foi o de menor consumo en microondas (1.155 vatios) e en combinado (1.710 vatios), mentres que Whirlpool foi o de menor consumo en grill (750 vatios). Os que máis electricidade precisaron foron Sanyo en microondas (1.455 vatios), LG no grill (1.240 vatios) e Fagor en uso combinado (2.566 vatios).

Sistemas para medi-lo tempo

O temporizador de cinco fornos é dixital, máis caro e só supostamente máis preciso (LG, Whirlpool, Sanyo, Sharp e Panasonic). Nos outros tres (Balay, Samsung e Fagor), é analóxico. O temporizador de Whirlpool é o que mellor axusta os tempos de cocción (cada cinco segundos) mentres que o peor é Balay (gradúase cada trinta segundos). O máis preciso é un analóxico, Samsung (só se desvía cinco centésimas ó minuto) e o que peor mide o tempo é Fagor (alonga cada minuto en máis de dous segundos).

A programación máxima dos temporizadores analóxicos é dunha hora, e os dixitais oscilan entre 90 minutos (LG, Whirlpool, Sanyo) e 100 minutos (Panasonic, Sharp). Os programas redefinidos simplifican o uso do forno, xa que axustan a potencia e o tempo de cocción en función do alimento e do seu peso. Só os cinco microondas con temporizador dixital ofreceron esta característica.

O número de posicións do regulador para as tres funcións destes fornos (microondas, desconxelación e grill) debe ser amplo para que a potencia de cocción resulte máis precisa. O número total varía entre as doce posicións de Whirlpool e as sete de Panasonic.

Os oito fornos contan con bandexa xiratoria, avisador acústico ó remate do programa e paráronse no momento en que se abriu a porta. LG, Whirlpool, Sanyo e Panasonic incluían un bloqueo de seguridade que evita o funcionamento accidental do aparello. En tódolos casos púidose alterar en marcha o tempo de cocción programado, pero a potencia non se puido cambiar en funcionamento en LG, Sanyo e Sharp.

A protección fronte á calor do interior analizouse sobrequentando á máxima potencia de grill e microondas unha pataca azucrada e con alcohol etílico (circunstancias que poden provocar que o alimento arda). En ningún forno se activou o protector térmico baixo estas condicións extremas, e os oito seguiron funcionando. En Samsung e Panasonic incluso se incendiou a parte plástica interior da porta.

Información ó consumidor, ben

A etiquetaxe e marcaxe dos equipos foi permanente comprensible e discernible. En ningunha mostra se podía acceder a partes activas co dedo, e tanto a proba de corrente de fugas coma a de rixidez dieléctrica (tests que miden o correcto funcionamento eléctrico do aparello) foron superadas por tódolos fornos. O único que non superou a norma foi Whirlpool, xa que cando se quentou baixo condicións extremas se produciu fume nun cable illante. En Panasonic activouse a protección ante un funcionamento defectuoso; en LG, Balay, Samsung, Sharp e Fagor non actuou ningunha protección pero non se alcanzaron niveis de temperatura excesivos, e en Sanyo xurdiron chispas que ennegreceron o illante dun cable.

Os ensaios de resistencia á calor e ó lume, quentamentos e estabilidade e riscos mecánicos depararon resultados correctos en tódolos microondas. Medíronse a cinco centímetros de distancia as fugas de ondas, que en tódolos casos están entre dez e cincuenta veces por debaixo do que dicta a norma.

O único forno que no seu funcionamento habitual pode afectar ás prestacións doutros electrodomésticos é Panasonic, cun comportamento eléctrico que pode confundi-lo termóstato electrónico dun frigorífico ou interromper un ciclo de lavado dunha lavadora electrónica. Os outros sete microondas superaron estas probas de compatibilidade electromagnética.

Por outra banda, os oito aprobaron no que atinxe a información e protección ó consumidor. En tódolos casos subministran instruccións de instalación, uso e mantemento e incorporan un libro de receitas. Whirlpool e Fagor son os únicos que se limitan a da-la garantía de seis meses á que obriga a norma española mentres que o resto ofreceron un ano.

Consellos de uso

Amais de ler con detemento as instruccións de cada equipo, convén seguir unha serie de pautas que garantan un uso correcto do microondas:

  • Non pór en marcha o microondas cando estea baleiro.
  • Non introducir elementos metálicos, nin louza con pintura dourada ou prateada.
  • Pinchar e abri-los alimentos herméticos (ovos, salchichas…) antes de cociñalos.
  • Se se usan recipientes desbotables de plástico, papel ou outros materiais combustibles, cómpre vixia-lo forno constantemente para evitar que prendan.
  • Remexe-lo contido de biberóns e tarros de comida ó sacalos do forno e comproba-la súa temperatura, para evitar queimaduras.
  • Tras ferver líquidos, cómpre abri-la porta do microondas e agardar uns segundos antes de colle-lo recipiente. En caso contrario, ó entrar en contacto o aire e o líquido pódese producir unha ebulición espontánea que cause graves queimaduras.

En síntese e táboa comparativa

En síntese

  • Analizáronse 8 microondas con grill, 5 deles dixitais (LG MG 5562EJ, Whirlpool TC 2250/WH, Sanyo EM-SL20, Sharp R-74ST e Panasonic NN-F359WB) e 3 analóxicos (Balay 3WG-2534, Samsung CE2817N e Fagor MW3-245GB), cuns prezos que variaron desde os 117 euros de Samsung CE-2817 ata os 299,91 euros de Sharp R-74ST. Os tres máis baratos eran mecánicos e brancos e os dous máis caros eran cromados e dixitais.
  • Tódolos microondas superaron as esixentes probas de seguridade excepto Whirlpool, en que apareceu fume durante o ensaio de quentamento anormal. A radiación real destes fornos está entre dez e cincuenta veces por baixo do que marca a norma. En ningún se activou o protector térmico ó somete-lo microondas a condicións extremas, e as partes plásticas interiores das portas de Samsung e Panasonic incluso se incendiaron. Panasonic pode interferir no funcionamento doutros electrodomésticos.
  • Panasonic destaca pola súa alta potencia de microondas e baixo consumo real, polas súas pequenas dimensións e peso, por presentar programas redefinidos e bloqueo de seguridade,por te-la lonxitude de cable máis longa (145 cm). Fagor MW3-245 GB foi o máis grande e pesado, non presentou programas redefinidos nin bloqueo de seguridade, a medida do seu temporizador foi a máis inexacta, o tempo máximo do seu programador foi un dos máis curtos e o consumo real ó utiliza-lo microondas e o grill é o máis elevado (2566 W).
  • No tocante á calidade global, os microondas Whirlpool, Sharp e LG obtiveron a cualificación “Moi ben”, Samsung, Sanyo e Panasonic “Ben”, mentres que en Balay e Fagor foi “Normal”.
  • A mellor relación calidade-prezo é Samsung por se-lo máis económico e funcional (4,6 puntos sobre 5). Entre os microondas cromados dixitais destaca Sharp (o máis caro) polo seu deseño, boas características técnicas e funcionalidade e ergonomía (4 puntos).
Marca SAMSUNG SHARP LG SANYO
Modelo CE2817N R-74ST MG 5562EJ EM-SL20
Prezo
(euros)
117,00 299,91 244,50 282,63
Información e protección ó consumidor
Marcaxe CE Correcto Correcto Correcto Correcto
Instruccións
de uso e
mantemento
Correcto Correcto Correcto Correcto
Información de seguridade Correcto Correcto Correcto Correcto
Garantía Correcto Correcto Correcto Correcto
Seguridade Correcto Correcto Correcto Correcto
Compati- bilidade electro- magnética (EMC) Correcto Correcto Correcto Correcto
Características técnicas
Cor Branca Metálico Negro Metálico
Dimensións
(anchoxaltox
fondo cm)
489x
275x
415
520x
305x
422
512x
307x
400
490x
353x
322
Peso (Kg) 14,1 16,4 16,9 16,5
Capacidade
indicada (L)
23 26 25 23
Capacidade
real (L)
17,5 24,7 23,2 19,8
Mecanismo do
temporizador
Mecánico Dixital Dixital Dixital
Presión do
temporizador (s)
10 10 10 15
Medida de
1 min. do
temporizador (min)
1:00,05 1:00,07 1:00,10 1:00,14
Programas
predefinidos
No
Tempo máximo
do programador (min)
60 99,9 90 90
Potencia máx.
microondas (W)
850 900 900 900
Posicións do regulardor
Microondas 6 3 6 6
Desconxelación 1 2 1 1
Combinada (microondas+grill) 3 4 3 2
Bloqueo de seguridade No No
Lonxitude do
cable (cm)
121 120 103 138
Consumo real (W)
Micro 1325 1380 1320 1455
Grill 1044 920 1240 1060
Ambos 2207 2202 2400 2350
Protección térmica No No No No
Acesorios
subministrados
3 3 3 3
Aspecto e
manuais
3,2 3,6 3,6 3,4
Funcionalidade 4,6 4,3 3,3 3,4
Valoración
funcional/
ergonómica (escala 1 a 5)
3,9 4,0 3,5 3,4
Calidade global Ben Moi Ben Moi Ben Ben
Marca BALAY FAGOR PANASONIC WHIRLPOOL
Modelo 3WG-2534 MW3-245 GB NN-F359WB TC 2250/WH
Prezo
(euros)
219,00 211,65 240,50 245,00
Información e protección ó consumidor
Marcaxe CE Correcto Correcto Correcto Correcto
Instruccións
de uso e
mantemento
Correcto Correcto Correcto Correcto
Información de seguridade Correcto Correcto Correcto Correcto
Garantía Correcto Correcto Correcto Correcto
Seguridade Correcto Correcto Correcto Incorrecto
Compati- bilidade electro- magnética (EMC) Correcto Correcto Incorrecto Correcto
Características técnicas
Cor Branca Branca Branca Branca
Dimensións
(anchoxaltox
fondo cm)
512x
307x
400
541x
316x
410
458x
299x
315
525x
293x
434
Peso (Kg) 16,4 19,2 10,5 17,3
Capacidade
indicada (L)
24 Ni 20,3 20
Capacidade
real (L)
22,8 23,5 17,4 19,6
Mecanismo do
temporizador
Mecánico Mecánico Dixital Dixital
Presión do
temporizador (s)
30 15 10 5
Medida de
1 min. do
temporizador (min)
59,54 1:02,03 1:00,09 1:00,07
Programas
predefinidos
No No
Tempo máximo
do programador (min)
60 60 99 90
Potencia máx.
microondas (W)
900 900 900 750
Posicións do regulardor
Microondas 4 4 3 5
Desconxelación 1 1 1 2
Combinada (microondas+grill) 4 3 3 5
Bloqueo de seguridade No No
Lonxitude do
cable (cm)
101,5 120 145 91
Consumo real (W)
Micro 1450 1422 1155 1400
Grill 1200 1225 1029 750
Ambos 2470 2566 1710 2010
Protección térmica No No No No
Acesorios
subministrados
3 3 3 6
Aspecto e
manuais
3,5 3,3 3,4 3,3
Funcionalidade 4,0 3,7 3,4 4,2
Valoración
funcional/
ergonómica (escala 1 a 5)
3,8 3,5 3,4 3,8
Calidade global Normal Normal Ben Moi Ben

Un por un

UN POR UN

SAMSUNG CE2817N

  • 117 euros, o máis barato
    Calidade global: Ben
    Proba de uso: 3,9 puntos
  • A mellor relación calidade-prezo. Cor branca. Temporizador mecánico. O temporizador máis exacto. Sen programas redefinidos nin bloqueo de seguridade. Un dos programadores máis curtos (máximo, 60 minutos). O de máis opcións no programa microondas (6), pero cunha única posición na desconxelación. Ó sobrequenta-lo equipo á potencia máxima incendiouse a parte plástica interna da porta. A mellor valoración en funcionalidade (4,6 de 5 puntos), pero a peor en aspecto e utilidade dos seus manuais (3,2).

SHARP R-74ST

  • 299,91 euros, o máis caro
    Calidade global: Moi ben
    Proba de uso: 4 puntos
  • Unha boa opción. Cor metálica. Temporizador dixital. A maior capacidade interna (24,7 litros). Con programas redefinidos, pero sen bloqueo de seguridade. O programador máis longo (99,9 minutos) e a maior potencia (900 vatios). O menor número de posicións para o regulador no microondas (3), e o maior en desconxelación (2). A puntuación máis alta en aspecto e utilización dos manuais (3,6 puntos) e a segunda mellor en funcionalidade (4,3).

LG MG 5562EJ

  • 244,50 euros
    Calidade global: Moi ben
    Proba de uso: 3,5 puntos
  • Cor negra. Temporizador dixital. O de máis potencia (900 vatios). O maior número de posicións en microondas (6), e o menor na desconxelación (1). Con bloqueo de seguridade e programas redefinidos. O de menor consumo en grill (1.240 W). A valoración máis alta na proba de uso, en aspecto e utilización dos manuais (3,6 puntos sobre 5). A nota máis baixa en funcionalidade (3,3 puntos).

SANYO EM-SL20

  • 282,63 euros, o segundo máis caro
    Calidade global: Ben
    Proba de uso: 3,4 puntos
  • Cor metálica. Temporizador dixital. Con programas redefinidos e bloqueo de seguridade. O microondas de máis potencia (900 vatios). O maior número de posicións para microondas (6), pero o menor para desconxelación (1) e o programa combinado (2). O de maior consumo no programa microondas (1.455 vatios).

BALAY 3WG-2534

  • 219 euros
    Calidade global: Normal
    Proba de uso: 3,8 puntos
  • Cor branca. Temporizador mecánico que só se podía regular cada 30 segundos. Sen programas redefinidos. Un dos programadores máis curtos (máximo, 60 minutos). Cunha potencia máxima de 900 vatios para o microondas. Unha única posición no regulador para o programa de desconxelación. Sen bloqueo de seguridade.

FAGOR MW3-245GB

  • 211,65 euros
    Calidade global: Normal
    Proba de uso: 3,5 puntos
  • O segundo máis económico. Cor branca. Temporizador mecánico. O máis grande e o máis pesado (541x316x410 centímetros e 19,2 quilos respectivamente). O temporizador máis inexacto (1 minuto dura 62 segundos). Sen programas redefinidos nin bloqueo de seguridade. O tempo máximo do programador foi dos máis curtos (60 minutos). O de máis potencia (900 vatios). Única opción no regulador para a desconxelación. O consumo máis alto no uso combinado (2.566 vatios).

PANASONIC NN-F359WB

  • 240,50 euros
    Calidade global: Ben
    Proba de uso: 3,4 puntos
  • Cor branca. Temporizador dixital. Incumpre a norma de compatibilidade electromagnética. Incendiouse o equipo ó sometelo a condicións extremas. O de menor peso e menores dimensións (458x299x315 centímetros e 10,5 quilos). A menor capacidade interna (17,4 litros). Con programas redefinidos e bloqueo de seguridade. O de máis potencia (900 vatios). O menor número de posicións para microondas (3) e desconxelación (1). O cable máis longo (145 centímetros). O menor consumo de electricidade ó utiliza-los programas microondas e combinado (1.155 e 1.710 vatios respectivamente).

WHIRLPOOL TC2250/WH

  • 245 euros
    Calidade global: Moi ben
    Proba de uso: 3,8 puntos
  • Cor branca. Incumpre a normativa de seguridade ó producir fume na proba de funcionamento anormal. Temporizador dixital que se pode programar cada cinco segundos. A potencia de microondas máis baixa (750 W). O maior número de posicións en combinado (5) e desconxelación (2). O cable máis curto (91 cm.). O de menor consumo no programa Grill (750 W). O maior número de accesorios (6).