Diferenzas salientables na capacidade de fixación
Analizáronse oito xeles fixadores extra-fortes, que presentaron salientables diferenzas de prezo: desde os 14,54 euros do litro de Giorgi Line ata os 31,28 euros de Shock Waves. A mellor relación calidade-prezo é Pantene Pro-V, polo seu moderado prezo (25,18 euros/litro), pola súa máxima fixación e por ser un dos mellor valorados na proba de uso. Outra opción interesante é Giorgi Line, o máis barato e correcto en todos os apartados.
Os xeles fixadores deben manter o peiteado durante un tempo prolongado cun acabado natural, brillante e flexible, evitando amazocar o cabelo e sen deixar residuos tras o seu uso. Ademais, é conveniente que inclúan substancias reparadoras, hidratantes e nutritivas que coiden o pelo.
Os fixadores están compostos, principalmente, por auga, á que se engaden substancias xelificantes e concentradoras (aumentan a viscosidade), humectantes (reteñen a auga e hidratan as capas externas do pelo), emolientes (manteñen a estabilidade do xel), conservantes (impiden o desenvolvemento de bacterias, mofos e lévedos), aromas e colorantes que melloran a aparencia do produto, acondicionadores (proporcionan brillo, suavidade e flexibilidade) e outros axentes activos específicos con virtudes reparadoras, nutritivas ou hidratantes. Pero o ingrediente máis importante é o que se encarga da fixación: a resina.
Coidado cos ollos
Unha das precaucións que debemos adoptar ó utilizar estes produtos é a de evitar que entren en contacto cos ollos. Os fabricantes son conscientes diso, polo que procuran que o pH dos fixadores sexa o máis neutro posible.
Para valorar o pH dos xeles tomouse como referencia o pH do lacrimal do ollo (7,5; é dicir, neutro) e non o do coiro cabeludo. Todos os fixadores están entre o pH 7 e o pH 8, agás Shock Waves, que é lixeiramente máis ácido (6,8) e, polo tanto, peor.
Todos os xeles están perfumados e son transparentes, non sendo Shock Waves, que é opaco anacarado. Un fixador non debe ser demasiado líquido, para que non escorregue entre os dedos ó dosificalo. Os valores altos nesta proba (a unidade de medida é o “mmx10-1/s”) indican unha consistencia inferior; por iso, consideráronse positivos os inferiores a 30, intermedios os comprendidos entre 30 e 45, e negativos os que superan este valor. Todos os fixadores se mantiveron por baixo de 30, agás Pantene Pro-V (31) e FX Studio Line (46).
Un contido elevado de extracto seco tradúcese nunha importante cantidade de materias orgánicas e minerais contidas no produto, aínda que por iso non se pode concluír automaticamente que a súa calidade sexa superior. Os resultados variaron desde Pantene Pro-V (o que menos ofreceu, cun 3%) ata Llongueras (o que máis, con 13,1%).
O alcohol é útil como disolvente das resinas e facilita a evaporación do produto, o que axuda á fixación do peiteado trala aplicación do fixador. Por iso é habitual que se engada ás formulacións: Pantene Pro-V e Shock Waves non engaden alcohol, e, entre os outros seis que si o fixeron, Llongueras (32%) é o que máis contén, mentres que en Giorgi (4%) e en Poly Swing (10%) aparece nunha proporción máis modesta.
Materias activas
Analizouse se estes fixadores incluían as substancias con virtudes específicas máis comúns. O pantenol (tamén chamado provitamina B5) ten, segundo os expertos, efectos reparadores, nutritivos e hidratantes, e atopouse en Poly Swing (0,06%), Llongueras (0,13%) e Pantene Pro-V (0,02%). A glicerina e o sorbitol evitan que se escape a auga da preparación e serven para manter a hidratación das capas externas do pelo. Grafic, Fructis, Llongueras e Pantene Pro-V non incorporan ningún destes dous hidratantes. A glicerina viuse en Poly Swing (1,4%), Giorgi (2,7%) e FX Studio (0,10%), mentres que o único xel que evidenciou sorbitol foi Shock Waves (2,8%).
Pero o dato fundamental á hora de escoller un fixador é a súa capacidade de fixación do peiteado. Para comprobar a capacidade de cada xel realizouse un test no laboratorio: cada fixador aplicouse sobre dez guedellas de pelo de orixe europea de vinte centímetros de longo, e deseguido enroláronse nun rolo. Logo dunha noite neste estado, quitouse o rolo, e comprobouse como variaba a lonxitude do rizo cada hora, durante oito horas. Canto máis se alongue o rizo, menor será a capacidade de fixación do xel.
Pantene Pro-V, FX Studio e Shock Waves reveláronse como os que ofrecían o maior poder de fixación. Giorgi Line foi o único con poder de fixación intermedio, mentres que Grafic, Fructis, Poly Swing e Llongueras foron os de comportamento máis discreto neste test de fixación.
A opinión de quen máis sabe
Dez expertos profesionais valoraron o tacto e o aspecto visual que deixaban os xeles sobre o cabelo. Para iso, volvéronse utilizar dez guedellas de pelo idénticas. Sobre elas aplicouse cada xel e cepilláronse ó longo dunha hora. Esta operación repetiuse tres veces, tralas cales os expertos avaliaron como quedaron as guedellas. FX Studio foi criticado pola súa débil consistencia, mentres que a densidade de Fructis foi a mellor considerada. Ningunha das oito mostras de pelo quedou pegañenta trala aplicación do fixador e todas as guedellas tiñan un brillo adecuado antes do peiteado. Ademais, ningunha deixou residuos tralo cepillado.
Os expertos salientaron a facilidade para moldear o cabelo de Grafic e Poly Swing, ó contrario ca Shock Waves. No tocante á suavidade da guedella tralo peiteado, foi insatisfactoria en Giorgi Line, Llongueras, Pantene Pro-V, FX Studio e Shock Waves, mentres que a flexibilidade despois do peiteado se considerou insuficiente en Pantene Pro-V e Shock Waves non lograron flexibilidade no pelo. Poly Swing, Llongueras, Pantene Pro-V, FX Studio e Shock Waves foron os que máis residuos deixaron no cabelo tralo peiteado. Durante o lavado, todas as guedellas se desenguedellaron facilmente e non quedaron residuos en ningunha. E, despois, co cabelo mollado, os resultados obtidos foron moi bos e semellantes en todos os casos, salvo en Shock Waves, pola súa menor facilidade á hora de realizar o peiteado e por deixar de novo residuos. En resumo, as que mellor deixan o cabelo son Poly Swing e Grafic, mentres que Shock Waves é o fixador máis discreto.
Aténdonos a todas as probas de laboratorio e dos expertos, os xeles de maior calidade son Pantene Pro-V e FX Studio, cun “moi ben”. Giorgi Line e Shock Waves quedaron nun ben: no primeiro xel, polo seu poder de fixación -non alcanzaba o máximo-, e no segundo, polos residuos que quedaban tanto co pelo mollado coma con el seco. As outras catro mostras son de calidade máis discreta, sobre todo porque proporcionan unha fixación escasa con respecto á dos xeles do primeiro grupo).
A proba dos usuarios
Setenta e dúas persoas (mulleres e homes de entre 18 e 65 anos), consumidoras habituais destes produtos, probaron os oito xeles analizados. Grafic (6,7 puntos sobre 9 posibles) foi o mellor valorado, seguido de Poly Swing (6,3 puntos), e de Pantene e FX Studio (ambos os dous con 6,2 puntos). Fructis (5,4 puntos) foi o peor, seguido por Giorgi e Shock Waves (ambos con 5,7 puntos).
A consistencia do xel, a súa flexibilidade e brillo, o poder de fixación e a duración do efecto é, segundo estes usuarios-xuíces, semellante nos oito fixadores, pero hai diferenzas significativas en catro apartados.
Cheiro: Grafic, Pantene e Shock Waves gustaron bastante máis ca Giorgi, mentres que o resto se situou en posicións intermedias.
Facilidade de aplicación: FX Studio destacou, mentres que Shock Waves foi o peor. Se se comparan estes resultados coa proba do laboratorio, vese que os consumidores prefiren xeles densos, xa que FX Studio é o máis denso, e Shock Waves o de menor densidade.
Aspecto do cabelo trala aplicación do produto: FX Studio obtivo a maior puntuación e Fructis a peor.
Sensación de limpeza do cabelo trala aplicación do xel: destacan Grafic e FX Studio, con 6,6 puntos, fronte a Shock Waves (5,7), Pantene Pro-V (5,6 puntos) e Giorgi Line e Fructis (ambos 5,5 puntos).
En síntese e táboa comparativa
En síntese
- Analizáronse oito xeles fixadores extra-fortes para o cabelo. Os seus prezos variaron moito: desde os 14,54 euros/litro de Giorgi Line ata os 31,28 euros/litro de Shock Waves.
- A función dun xel é fixar e darlle forma ó cabelo durante un tempo prolongado, cun acabado natural, un resultado brillante, suave, non pegañento e sen residuos.
- Pantene Pro-V, FX Studio e Shock Waves son os que máis fixan o cabelo. Giorgi Line ofrece unha fixación intermedia, mentres que Grafic, Fructis, Poly Swing e Llongueras, comparativamente, son os peores neste fundamental apartado.
- Todos deixaron residuos no cabelo, aínda que en Poly Swing, Llongueras, Pantene Pro-V, FX Studio e Shock Waves a cantidade foi bastante maior. Neste último, os residuos perduran mesmo despois de lavar o pelo. Grafic é o que deixa menos residuos.
- Os que mellor deixan o cabelo (por brillo, suavidade e flexibilidade) son Poly Swing e Grafic, pero o seu poder de fixación é baixo.
- Na proba de uso o mellor foi Grafic (6,7 puntos), seguido por Poly Swing (6,3 puntos). Fructis (5,4 puntos), seguido de Giorgi e Shock Waves (ambos 5,7) quedaron como os peor cualificados.
- A mellor relación calidade-prezo é Pantene Pro-V, o máis barato de entre os que ofrecen a máxima fixación. Outra opción interesante é Giorgi Line, o máis barato dos analizados e cunha capacidade de fixación intermedia.
Marca | PANTENE PRO-V | GIORGI LINE | FX STUDIO | SHOCK WAVES | ||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prezo (euros / litro) | 25,18 | 14,54 | 29,50 | 31,28 | ||||
Aspecto visual produto | ||||||||
Aspecto do xel | Transparente | Transparente | Transparente | Opaco nacarado | ||||
Cor | Incoloro | Amarelo claro | Incoloro | Azul | ||||
Cheiro | Perfumado | Perfumado | Perfumado | Perfumado | ||||
Características técnicas | ||||||||
pH | 7,8 | 7 | 7,5 | 6,8 | ||||
Consistencia (mmx10-1/s)1 | 31 | 29 | 46 | 17 | ||||
Extracto seco (%) 2 | 3 | 7,1 | 4,2 | 8,5 | ||||
Alcohol (%)3 | Ausencia | 3,8 | 16,6 | Ausencia | ||||
Substancias activas | ||||||||
– Pantenol (%) 4 | 0,02 | Ausencia | Ausencia | Ausencia | ||||
– Sorbitol (%) 5 | Ausencia | Ausencia | Ausencia | 2,8 | ||||
– Glicerol (%) 6 | Ausencia | 2,7 | 0,1 | |||||
Poder fixador | Moi bo | Correcto | Moi bo | Moi bo | ||||
Características do cabelo trala aplicación 7 | Ben | Ben | Ben (Consistencia débil) | Ben | ||||
Caractedo cabelo despois do peiteado 8 | Aceptable (Mellorable en suavidade, flexibilidade e deixa residuos) | Aceptable (Pouco suave e entre os que menos residuos deixan) | Aceptable (Mellorable en suavidade e deixa residuos) | Regular (Mellorable en facilidade de peiteado, suavidade e flexibilidade. Deixa residuos) | ||||
Características do cabelo mollado tralo lavado 9> | Moi ben | Moi ben | Moi ben | Regular (deixa residuos) | ||||
Características do cabelo seco tralo lavado10 | Moi ben | Moi ben | Moi ben | Regular (deixa residuos) | ||||
Calidade técnica global | Moi boa | Buena | Moi boa | Boa | ||||
Proba de uso (escala de 1 a 9) | 6,2 | 5,7 | 6,2 | 5,7 |
>
GRAFIC | FRUCTIS | POLY SWING | LLONGUERAS | |||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prezo (euros / litro) | 20,27 | 26,22 | 19,02 | 20,38 | ||||
Aspecto visual produto | ||||||||
Aspecto do xel | Transparente | Transparente | Transparente | Transparente | ||||
Cor | Verde | Amarelo claro | Rosa | Incoloro | ||||
Cheiro | Perfumado | Perfumado | Perfumado | Perfumado | ||||
Características técnicas | ||||||||
pH | 7,3 | 7,5 | 7,2 | 7,9 | ||||
Consistencia (mmx10-1/s) 1 | 21 | 18 | 25 | 23 | ||||
Extracto seco (%) 2 | 6,2 | 6,4 | 5,8 | 13,1 | ||||
Alcohol (%)3 | 16,3 | 16,5 | 9,8 | 32,1 | ||||
Substancias activas | ||||||||
– Pantenol (%) 4 | Ausencia | Ausencia | 0,06 | 0,13 | ||||
– Sorbitol (%) 5 | Ausencia | Ausencia | Ausencia | Ausencia | ||||
– Glicerol (%) 6 | Ausencia | Ausencia | 1,4 | Ausencia | ||||
Poder fixador | Baixo | Baixo | Baixo | Baixo | ||||
Características do cabelo trala aplicación 7 | Ben | Ben | Ben | Ben | ||||
Caractedo cabelo despois do peiteado 8 | Ben (Cabelo fácil de peitear e cos menos residuos) | Ben (Dos que menos residuos deixan) | Ben (Cabelo fácil de peitear, suave e flexible. Deixa residuos) | Aceptable (Mellorable en suavidade e a maior cantidade de residuos) | ||||
Características do cabelo mollado tralo lavado 9 | Moi ben | Moi ben | Moi ben | Moi ben | ||||
Características do cabelo seco tralo lavado10 | Moi ben | Moi ben | Moi ben | Moi ben | ||||
Calidade técnica global | Correcta | Correcta | Correcta | Correcta | ||||
Proba de uso (escala de 1 a 9) | 6,7 | 5,4 | 6,3 | 6,0 |
1. Consistencia: valores inferiores a 30 valoráronse como satisfactorios, entre 30 – 45 correctos e >45 líquidos
2 Extracto seco: cantidade de materias orgánicas e minerais resultantes tras eliminar a auga e as substancias volátiles.
3 Alcohol: disolve a resina e favorece a fixación do produto
4 Pantenol: con virtudes reparadoras, nutritivas e hidratantes.
5 Sorbitol: substancia hidratante das capas externas do cabelo
6 Glicerol: substancia hidratante das capas externas do cabelo.
7 Características do cabelo trala aplicación: significa que a escuma é consistente, de fácil aplicación, que non presenta residuos, e deixa o cabelo brillante e non pegañento.
8 Características do cabelo tralo peiteado: significa que é doado de peitear, que non presenta residuos, e deixa o cabelo brillante, suave, flexible e non pegañento.
9 Características do cabelo mollado despois de lavalo: significa que se desenguedella axiña e que non presenta residuos.
10 Características do cabelo seco despois de lavalo: significa que é doado de peitear, que non presenta residuos, e que deixa o cabelo brillante, suave, flexible e non pegañento.
Un a un
Un a un, OITO XELES FIXADORES EXTRA-FORTES
PANTENE PRO-V
/imgs/20041001/pantene.jpg 25,18 euros/litro- Calidade global: moi boa
- A mellor relación calidade-prezo. Non engade alcohol. Discreto en suavidade e en flexibilidade do cabelo. Deixa residuos despois do peiteado. Alto poder de fixación.
- Proba de uso: 6,2 puntos, gusta o seu cheiro, pero figura entre os que peor sensación de limpeza no cabelo deixan.
GIORGI LINE
/imgs/20041001/giorgi.jpg 14,54 euros/litro, o máis barato- Calidade global: boa
- Outra boa opción, sobre todo polo prezo. Discreto en suavidade de cabelo. Deixa residuos despois do peiteado. Poder de fixación intermedio.
- Proba de uso: a segunda peor puntuación, pero con 5,7 puntos. En cheiro e sensación de limpeza do cabelo, o peor.
FX STUDIO
/imgs/20041001/fx.jpg 29,50 euros/litro- Calidade global: moi boa
- É o xel máis líquido. Discreto en suavidade de cabelo. Deixa residuos despois do peiteado. Poder de fixación alto.
- Proba de uso: 6,2 puntos, gusta pola súa facilidade de aplicación, polo aspecto do cabelo e pola sensación de limpeza.
SHOCK WAVES
/imgs/20041001/shock.jpg 31,28 euros/litro, o máis caro- Calidade global: boa
- Non engade alcohol. Discreto en facilidade de peiteado, suavidade e flexibilidade do cabelo logo de peitealo. Deixa residuos tralo peiteado, tanto no pelo seco (mesmo despois de lavado) coma no mollado. Poder de fixación alto.
- Proba de uso: 5,7 puntos, gusta o seu cheiro, pero atópase entre os peores en facilidade de aplicación e sensación de limpeza.
GRAFIC
/imgs/20041001/grafic.jpg 20,27 euros/litro- Calidade global: correcta
- Sen substancias activas para coidar o cabelo. Destaca pola súa facilidade para realizar o peiteado e é o que menos residuos deixa no cabelo. Poder de fixación baixo. Proba de uso: o mellor, 6,7 puntos, gusta o seu cheiro e a sensación de limpeza.
FRUCTIS
/imgs/20041001/fructis.jpg 26,22 euros/litro- Calidade global: correcta
- Sen substancias activas e con poder de fixación baixo. Dos que menos residuos deixan no cabelo. Proba de uso: só 5,4 puntos, é o peor tanto no aspecto do cabelo coma na sensación de limpeza.
POLY SWING
/imgs/20041001/poli.jpg 19,02 euros/litro, o segundo máis barato- Calidade global: correcta
- Consegue un cabelo fácil de peitear, suave e flexible. Deixa residuos despois do peiteado. O seu poder de fixación é baixo.
- Proba de uso, o segundo mellor: 6,3 puntos. Non destaca en ningún apartado.
LLONGUERAS
/imgs/20041001/llongueras.jpg 20,38 euros/litro- Calidade global: correcta
- Discreto en suavidade. É o que máis residuos deixa despois do peiteado. O seu poder de fixación é baixo. Proba de uso: 6 puntos. Non destaca en ningún apartado.