Unha elección moi persoal
Un terzo da nosa vida transcorre durante o sono, que debe ser reparador para que nos axude a recuperarnos dos esforzos diúrnos. Elixir un bo sistema de descanso convértese, xa que logo, nunha cuestión prioritaria. Segundo un informe de EBIA (European Bedding Industries’ Association), España é o país europeo no que máis se alonga a duración dos equipos de descanso. O 20% dos españois cre que un colchón se pode usar durante 20 anos, polo que somos quen o cambiamos menos a miúdo: facémolo cada 12,6 anos de media, e, para o 68% dos entrevistados, a renovación prodúcese unicamente cando o desgaste, as roturas e a alteración da forma son evidentes. Por diante sitúanse Bélxica e Italia, onde se substitúen os colchóns cunha periodicidade de 11,7 e 11,5 anos, e á cabeza desta particular clasificación atópanse Holanda e Austria, onde a substitución se realiza cada 9,6 e 8,2 anos, respectivamente.
No tocante ó tipo de colchón que convén adquirir, un estudo de Fundación Kovacs concluíu, en contra da crenza popular, que os colchóns duros non melloran a dor lumbar das persoas que a padecen. Fronte a estes colchóns, desde a Fundación recomendan os de dureza intermedia, xa que melloran en 2,4 veces máis a evolución da dor na cama ca un colchón moi duro. Segundo os resultados, só o feito de cambiar de colchón supuxo unha mellora no control da dor de costas en todos os pacientes e preto do 40% puido abandonar os fármacos -en moitos casos analxésicos- que tomaba para aliviar os síntomas.
Tratándose de colchóns, non sempre se considera a importancia que estes produtos teñen na vida cotiá, de xeito que a elección se basea decote exclusivamente en elementos como o prezo ou no que a publicidade induce. Pero a elección do equipo de descanso é algo moi persoal. Para saber cal é o mellor en cada caso, é preciso xulgar como se dorme e, sobre todo, que sensacións se teñen ó erguerse. Se a resposta é incomodidade, se cadra é hora xa de cambiar de colchón.
Elementos que forman un sistema de descanso
Colchón
Debe presentar o grao de firmeza abondo para adaptarse ás forzas que inciden sobre el.
De resortes.
- Vantaxes: Permite a transpiración, fundamental para un bo descanso e para manter a temperatura ideal do corpo.
- Inconvenientes: Carece de compresión para que poidan ceder ás distintas presións que exerce o noso corpo. Ademais, os resortes van cedendo e tenden a afundirse no centro, o que comporta unha postura incorrecta do corpo.
/imgs/20041001/img.informe.03.jpg Resortes independentes: Núcleo constituído por resortes metálicos independentes unidos entre si por fíos de aceiro. Os resortes son máis anchos nos extremos ca no centro e a súa firmeza aumenta progresivamente ó premelos. Variando o grosor ou o número de resortes pódense crear zonas de diferente resistencia para adaptarse ó corpo.-
/imgs/20041001/img.informe.04.jpg Peirao continuo: Núcleo constituído por unha rede de fío metálico recuberto de varias capas de escuma, algodón ou la. Pódense crear zonas ergonómicas de diferente resistencia, e ofrece unha maior estabilidade, ó repartir os esforzos non só superficialmente senón tamén no núcleo da carcasa. /imgs/20041001/img.informe.05.jpg Resortes embolsados: Núcleo constituído por resortes independentes con forma cilíndrica dentro dunhas bolsas de material téxtil, que permite unha perfecta diferenciación de leitos en camas de matrimonio.
Prezo: Entre 180 e 700 euros.
De látex.
- Vantaxes: Adáptase perfectamente ó corpo e ás articulacións. Son máis duradeiros cós colchóns de resortes.
- Inconvenientes: O seu prezo. Non eliminan ben a transpiración. Hai persoas alérxicas ó látex.
- Látex natural: Núcleo fabricado por un 85% de látex procedente da árbore do caucho, e un 15% sintético, obtido do petróleo.
- Látex sintético: Núcleo fabricado a partir del petróleo. Co uso esmágase menos có látex natural e dura máis.
Prezo: Entre 300 e 1800 euros.
De escuma.
- Vantaxes: Adáptase ó perfil do corpo. Indicado con fins ortopédicos (tempur).
- Inconvenientes: Non permite ben a transpiración. O seu elevado prezo (tempur).
- Tipos. Poliuretano viscoelástico (Tempur): Núcleo formado por unha escuma viscoelástica tipo xel que cambia de forma baixo a combinación da presión e a temperatura do corpo.
/imgs/20041001/img.informe.08.jpg Escuma de alta densidade (máis de 35 kg/m3): Formado por unha peza de material sintético (poliéster, poliuretano ou de alta intensidade) cuberta dunha dobre funda. Ergonomicamente parecido ó colchón de resortes. Perde firmeza co uso./imgs/20041001/img.informe.09.jpg Escuma de baixa densidade (menos de 35 kg/m3): Está formada por unha soa peza de material sintético cuberta por unha funda. Para uso ocasional en sofás cama, berces, etc.
Prezo: Entre 250 e 1200 euros.
Base ou somier
Nela aséntase o colchón e ten unha grande importancia e influencia no descanso. É fundamental que forme un conxunto indivisible co primeiro. Unha boa base garante unha columna vertebral sa e sen problemas, favorece a posición correcta da mesma, e mantén o colchón nas condicións adecuadas. Cómpre elixila en función das necesidades de cada persoa.
/imgs/20041001/img.informe.10.jpg Somier de láminas. Conxunto de láminas de madeira que ofrece unha maior adaptabilidade ás formas e ó peso do corpo. É a base ideal para un colchón de látex, xa que permite unha correcta ventilación. Para combinar con: todo tipo de colchóns. Os de látex e escuma transpiran mellor. Prezo: Entre 100 e 300 euros./imgs/20041001/img.informe.11.jpg Somier articulado. Manual ou eléctrico, indicado para persoas con problemas de circulación nas pernas (érguese a parte dos pés), de respiración (permite elevar a parte sobre a que se sustenta a cabeza) ou para quen adoita ler ou ver a televisión desde a cama. Para combinar con: colchóns de resortes embolsados, de látex e de tempur. Prezo: Entre 800 e 1400 euros./imgs/20041001/img.informe.12.jpg Canapé. Máis práctico ca saudable, xa que impide a correcta ventilación do colchón, resulta imprescindible moitas veces por problemas de espazo nas casas, xa que algúns modelos se abren (abatibles ou con caixóns) e no seu interior pódense gardar múltiples obxectos e útiles. Indicacións: Colchóns de resortes. Prezo: Entre 400 e 700 euros.
Almohada
Os expertos coinciden en sinalar que a elección da almofada é moi persoal. Tamén insisten en que cando se cambia de colchón e base, o máis probable é que tamén conveña facer o mesmo coa almofada. O motivo é ben sinxelo: a curvatura das nosas costas na nova cama será distinta, e para que descansemos coa columna vertebral dereita cumprirá darmos cunha almofada que respecte a posición de descanso axeitada.
- De plumas. Moldéanse ó gusto de cadaquén. Pero teñen un inconveniente: ó facer coa cabeza unha especie de nicho, dan máis calor.
- De látex. Moi adaptables á forma e peso da cabeza. As máis caras. Prezo: Entre 45 e 70 euros.
- De fibras de poliéster. Hainas de gran calidade, cun efecto semellante ó das plumas, que se lavan sen problema, e outras peores, que quedan amazocadas ó facelo. Desde 10 euros.
Claves para elixir o mellor equipo de descanso
- Ó adquirir un equipo de descanso teña en conta que este debe ser un conxunto que combine os diversos elementos que o forman (colchón, base e almofada) do xeito máis indicado para a persoa que descansará sobre el. Un colchón inadecuado sobre un soporte correcto, ou viceversa, non cumprirá a súa misión de maneira efectiva xa que as vantaxes que proporcione veranse minimizadas ante a ausencia do complemento ideal.
- Nunca merque un colchón cando estea canso. Calquera podería parecerlle apropiado.
- Un colchón excesivamente duro é tan prexudicial coma un demasiado brando, no que a columna “flota” sen a debida suxeición. Un bo colchón é o que lle presta apoio a toda a columna cando se está deitado boca arriba, distribuíndo a presión do corpo e favorecendo a circulación durante as horas de sono.
- Revise os acabados. Non debe ter defectos (costuras interrompidas, fíos soltos, manchas, etc.).
- O grosor ideal do colchón é de 15 centímetros como mínimo; o longo, 15 centímetros máis cá altura da persoa que vai durmir nel, e a anchura mínima recomendada, 90 centímetros para cama individual e 150 centímetros para unha dobre.
- Dedíquelle igual atención á compra dun colchón para neno ca para vostede; comprobe que sexa ancho e longo abondo para que haxa lugar abondo mentres o neno medra.
- No tocante á base, saiba que un colchón novo sobre un somier vello se estraga antes. Renove o seu equipo de descanso ó completo.
- A almofada tamén merece atención posto que é a responsable de manter as costas aliñadas. Deberase adaptar ás distintas posicións que se adoptan ó durmir e aturar o peso da cabeza, ó tempo que estará deseñada para soportar correctamente o peso da cabeza, permitir a circulación facial e ser hipoalerxénica.
- Elixa a almofada que mellor se adapte á súa cabeza, á lonxitude do seu pescozo e á anchura dos seus ombreiros.
- Se dorme en parella, cada un debe ter a súa almofada adaptada ás súas necesidades.