Chucherías: un cero en nutrición
As chucherías son se cadra as larpeiradas por antonomasia. Trátase de produtos de confeitería formados por unha pasta maciza elaborada fundamentalmente con azucre e que foi aromatizada e coloreada mediante o uso de numerosos aditivos. Comercialízanse con formas, tamaños e envases moi diversos. O máis característico das chucherías é o seu ínfimo valor nutricional. Compóñense maioritariamente (representan de media o 82% do produto) de hidratos de carbono e, dentro destes, a maior presenza osténtana os azucres sinxelos (sacarosa, frutosa, glicosa, maltosa), os menos interesantes dende un punto de vista nutricional; o resto dos hidratos desempeñan unha función xelificante, como pectinas, xelatinas, amidóns e goma arábica. O contido no resto de nutrientes, graxas e proteína, é pouco relevante; e outro tanto acontece cos micronutrientes: as vitaminas e os minerais. A súa elaboración é simple. A mestura conséguese con grandes doses de azucres -azucre, xarope de glicosa, glicosa, dextrosa, xarope de caramelo e outros-, que supoñen máis do 50% do peso das chucherías. Engádense os aditivos -aromas, acidulantes, xelificantes e colorantes- e xa está. As chucherías tipo “nube”, ademais, conteñen proteínas lácteas que garanten a textura esponxosa. Se en lugar de estaren cubertas de azucre, son brillantes, como as regalicias ou os amorodos, empréganse aceites e ceras que lles dan ese brillo. Toda esta masa dilúese nunha cantidade determinada de auga que lle proporcionará a densidade desexada ao produto.
Os aromas proporcionan arrecendo e sabor, os acidulantes potencian o sabor e serven como conservantes, os xelificantes permiten as curiosas formas, os colorantes fan o seu coñecido labor e a xelatina, os aceites e as ceras danlle consistencia ao produto e fano máis atraente á vista. A mestura introdúcese nos moldes e déixase repousar ata que a xelatina arrefríe e se obteña este produto doce, coa forma desexada, de textura gomosa e pegañenta.
Un consumo nada banal
Non se trata dun produto banal no nutricional. O consumo frecuente de chucherías pode propiciar carie e obesidade, amais de malos hábitos alimentarios. Porque teñen moito azucre (de media, éo o 54% de produto, pero nalgunhas chucherías o azucre chega a representar máis do 70%) e porque teñen un gran poder enerxético: proporcionan dende 335 ata 380 calorías cada cen gramos. Se a todo isto se engade que é un produto que contén innumerables aditivos (aromas, colorantes, acidulantes, xelificantes, humectante, conservante…), os máis deles artificiais, e que a maioría dos fabricantes seguen a usar colorantes azoicos, pouco convenientes para os nenos (poden afectar á súa actividade e atención), a conclusión só pode ser unha: as chucherías non lle achegan nada bo á nosa dieta e poden convertela en peor e en menos saudable, polo que non se deben converter en produto habitual de consumo.
CONSUMER EROSKI analizou 12 mostras de chucherías con formas e tamaños variados (xeles de goma: osiños, amoras, chucherías recheas, botellas cola, bágoas, framboesas, caramelos de goma; regalicias: docepicas e discos de regalicia e escumas doces: ás que se chaman “nubes” ou “xamóns”) de Damel, Mauri, Haribo, Miguelañez, Vidal, Dulciora, Virginias e Natursoy. Nove das mostras comercialízanse en bolsas de plástico que pesan entre 75 e 175 gramos, e as outras tres véndense en tarriños de plástico, dous deles de 200 gramos e un, de 700 gramos (as botellas de coca cola de Miguelañez).
En contra do que ás veces se pensa, as chucherías non son baratas: custan dende pouco máis de 7 ata 11 euros o quilo, e ata hai unha, a que se reclama ecolóxica, que sae a case 29 euros o quilo. A maioría das verduras e froitas e mesmo moitos peixes e produtos cárnicos custan menos ca a máis barata destas larpeiradas.
En síntesi e táboa comparativa
En síntesi
Unha das comprobacións máis relevantes da análise é que a 10 das 12 mostras analizadas lles quedan só 6 meses para se adaptaren a un novo Regulamento que regula o uso de colorantes azoicos: ou os substitúen ou advirten (ningunha o fai hoxe) na etiquetaxe dos riscos que o seu consumo supón para os nenos: pode afectar negativamente á súa actividade e á súa atención. Continuando coas irregularidades, catro das 12 mostras amosaban incorreccións na súa etiquetaxe.
Neste comparativo non hai mellor relación calidade-prezo, xa que se trata de produtos de nulo interese nutricional para a dieta, completamente prescindibles polo tanto, e o seu consumo frecuente é desaconsellable xa que fomenta a obesidade e mais a carie e malos hábitos alimentarios. Se ben por razóns distintas (trátase de produtos moi distintos no organoléptico: sabor, textura, cor, olor) tampouco se fixo análise sensorial, a tradicional cata de consumidores.
Marca | Ioguriño con leite +calcio+ fósforo (Damel ) |
Discos regalicia (Mauri) | Osiños de ouro (Haribo) | Botella cola (Miguelañez) | Doce pica (Vidal) | Rellenolas (Vidal) |
---|---|---|---|---|---|---|
Denominación de venta | Caramelos de goma | Xeles doces (vermellos) Doces de regalicia (negros) |
Caramelos de goma | Xeles doces | Xeles doces | Caramelo de goma recheo |
Formato (g) | 150 | 125 | 150 | 700 | 200 | 200 |
Prezo (euros/quilo) | 11,18 | 9,53 | 9,57 | 7,19 | 8,25 | 8,90 |
Humidade (%) | 13,1 | 15,0 | 13,4 | 15,0 | 4,7 | 16,2 |
Proteína (%) | 6,4 | 3,8 | 7,3 | 4,6 | 1,6 | 4,1 |
Carbohidratos (%) 1 |
81 | 81 | 79 | 80 | 94 | 80 |
Frutosa (%) | 2,3 | 5,8 | 1,3 | 2,7 | 5,4 | 3,4 |
Glicosa (%) | 8,3 | 9,1 | 11,2 | 3,8 | 9,1 | 15,1 |
Sacarosa (%) 2 |
19,3 | 10,5 | 20,5 | 29,6 | 47,7 | 24,9 |
Maltosa (%) | 20,8 | 3,6 | 7,3 | 16,1 | 5,1 | 19,8 |
Azucres totais (%) |
50,7 | 29,0 | 40,3 | 52,2 | 67,3 | 63,2 |
Valor calorífico (Cal/100g) | 350 | 339 | 345 | 338 | 382 | 336 |
Colorantes artificiais | E-129 | E-129 | Ausencia | E-102, E-131, E-132 | E-129 | E-129 |
Gluten (mg/Kg)3 | Menor que 3 | Mayor que 100 | Mayor que 3 | Menor que | Mayor que 100 | Menor que 3 |
Marca | Escumas doces (Miguelañez) |
Silveiras (Dulciora) |
Framboesas (Virginias) |
Caramelos Gummy Jelly (Dulciora) |
Bágoas (Miguelañez) |
Ositos de goma (Natursoy) |
---|---|---|---|---|---|---|
Denominación de venda | Escumas doces | Caramelo de goma | Caramelo de goma con sabor a framboesa | Caramelo de goma | Xeles doces | Lambetadas ecolóxicas |
Formato (g) | 175 | 125 | 150 | 125 | 150 | 75g |
Prezo (euros/quilo) | 9,79 | 9,52 | 10,98 | 9,86 | 10,35 | 28,67 |
Humidade (%) | 16,3 | 10,5 | 16,0 | 15,1 | 14,1 | 12,5 |
Proteína (%) | 5,4 | 2,9 | 4,6 | 4,0 | 4,5 | 0,7 |
Carbohidratos (%) 1 |
78 | 87 | 79 | 81 | 81 | 87 |
Frutosa (%) | 8,1 | 1,1 | 1,1 | 2,0 | 1,9 | 0,4 |
Glicosa (%) | 15,9 | 7,2 | 11,4 | 10,6 | 3,5 | 2,4 |
Sacarosa (%) 2 |
24,5 | 53,6 | 30,6 | 39,4 | 34,1 | 1,0 |
Maltosa (%) | 9,6 | 11,2 | 12,6 | 15,6 | 15,6 | 36,9 |
Azucres totais (%) |
58,1 | 73,1 | 55,7 | 67,6 | 55,1 | 40,7 |
Valor calorífico (Cal/100g) | 334 | 360 | 335 | 340 | 342 | 353 |
Colorantes artificiais | E-124, E-129 | E-122, E-129 | E-129 | E-104, E-110, E-122, E-131 | E-102, E-110, E-122, E-131 | No |
Gluten (mg/Kg)3 | Menor que 3 |
Menor que 3 |
Menor que 3 |
Menor que 3 |
Menor que 3 |
Menor que 3 |
1. Carbohidratos (%)
: O valor dos carbohidratos calculouse adxudicándolle ao parámetro graxa un valor estimado do 0% polo seu contido desprezable nas chucherías.
2. Sacarosa (%)
: azucre común.
3. Gluten: Son proteínas de cereais tales como o trigo, a avea, a cebada e o centeo. O seu consumo pode ser tóxico para persoas intolerantes (celíacos) ou alérxicas ao glute.
Un a un
Unha a unha, 12 mostras de chucherías
"Yogurito con leche + calcio + fósforo" de Damel
- “Caramelos de goma”
- 50 gramos. Saen a 11,18 euros/quilo, as segundas máis caras de todas as comparadas. Teñen forma de vasos de pequeno tamaño, de cor branca e vermella.
- Ingredientes: xarope de glicosa, azucre, xelatina, leite en po, sales de calcio, acidulantes (E-330, E-270), xelificante: pectina, aromas, Colorante: (E-129), axente de recubrimento: (aceite vexetal e cera carandai).
- Emprega un colorante artificial (E-129: Vermello allura AC), azoico, pouco saudable pero permitido; o seu uso deberase indicar, en breve prazo, na etiqueta, xa que lles pode causar problemas aos nenos.
- Etiquetaxe incorrecta: destaca o ingrediente “leite” no envase e (a pesar de que é obrigatorio facelo) non indica a súa cantidade na etiquetaxe.
- Composición nutricional: o 51% do produto é azucre (cantidade intermedia). O valor enerxético é intermedio: 350 calorías cada cen gramos.
"Discos de regaliz" de Mauri
- “Doces de regalicia” (os negros) e “Xeles doces” (os vermellos)
- 25 gramos. Saen a 9,53 euros/quilo. Teñen forma de discos de regalicia, negros e vermellos.
- Ingredientes: Discos vermellos: xarope de glicosa, fariña de trigo, azucre, acidulante (ácido cítrico), aroma, colorante (E-129), aceite vexetal, axente de recubrimento (E-901 e E-903).
- Discos negros: xarope de melaza, fariña de trigo, xarope de glicosa, ácido glicirrícico (4%), sal, aroma, aceite vexetal, axente de recubrimento (E-901).
- O disco vermello emprega un colorante artificial (E-129: Vermello allura AC) azoico pouco saudable pero permitido; en breve prazo, a lexislación obrigará a indicar o seu uso e a advertir que lles pode causar problemas aos nenos. O disco negro non utiliza colorantes.
- Composición nutricional: o de menos azucre (29%) dos doce comparados. É un dos dous que contén glute (fariña de trigo).
"Ositos de Oro" Haribo
- “Caramelos de goma”
- 150 gramos. Saen a 9,57 euros/quilo. Teñen forma de osiños de pequeno tamaño en cor amarela, vermella, laranxa, branca e verde.
- Ingredientes: xarope de glicosa, azucre, xelatina, dextrosa, acidulante: ácido cítrico, 1,6% zume de froitas a base de concentrado: mazá, laranxa, limón, amorodo, framboesa, mestura de extracto de froitas, e plantas en proporción variable (limón, laranxa, mazá, kiwi, baga de saúco, casis, aronia, uva, espinaca, ortiga, froita da paixón, mango), aromas, axentes de recubrimento: aceite vexetal, cera de abella, cera de carandai, frutosa, azucre invertido.
- Non utiliza colorantes, un importante valor engadido fronte ás demais.
- Composición nutricional: a que máis proteína contén (7%). A súa cantidade de azucre (40%) é inferior á media (54%). O valor enerxético, 345 calorías cada cen gramos, é case o mesmo ca a media (346 calorías cada cen gramos).
"Botella cola" de Miguelañez
- “Xeles doces”
- 700 gramos. Saen a 7,19 euros/quilo, as máis baratas. Teñen forma de botellas de cor verde e castaña, recubertas de azucre.
- Ingredientes: azucre, xarope de glicosa, auga, xelatina, dextrosa, acidulante: E-330, aromas e colorantes: E-102, E-124, E-131, E-132, E-153, E-160 C.
- Usa tres colorantes artificiais: E-102 (tratracina), que é azoico (pouco saudable pero permitido; en breve prazo, a lexislación obrigará a indicar o seu uso e a advertir de que lles pode causar problemas aos nenos), E-131 (azul patentado V), que non é azoico, e mais E-132 (indigotina), que tampouco é azoico. Declara tamén E-124 (vermello cochinilla A), que o laboratorio non detectou, posiblemente por se atopar nunha concentración ínfima.
- Composición nutricional: só destaca en que ten máis maltosa (chega ao 16%) ca a media; o resto dos seus valores (calorías, azucres…) son intermedios.
"Dulci pica" de Vidal
- “Xeles doces”
- 200 gramos. Saen a 8,25 euros/quilo, os segundos máis baratos. Teñen forma de curtos paus vermellos recheos de gominola branca e recubertos de azucre.
- Ingredientes: azucre, xarope de glicosa, fariña de trigo (contén glute), xarope de azucre invertido, graxa vexetal, estabilizador: glicerina, acidulante: ácido málico, ácido tartárico, amidón de pataca, acidulante: ácido cítrico, xelificante: xelatina, aromas, corrector de acidez: lactato sódico, sal, emulxente: monoestearato de glicerol, conservador: sorbato potásico, colorantes: E-129.
- Emprega un colorante artificial (E-129: Vermello allura AC) que é azoico (pouco saudable pero permitido; en breve prazo, a lexislación obrigará a indicar o seu uso e a advertir de que lles pode causar problemas aos nenos). A única mostra que emprega conservantes.
- Composición nutricional: Das de máis azucre (67%) e das máis enerxéticas (382 calorías cada cen gramos). Contén glute.
"Rellenolas" de Vidal
- “Caramelo de goma recheo”
- 200 gramos. Saen a 8,90 euros/quilo, e teñen forma de media esfera de cor branca e rosa.
- Ingredientes: caramelo de goma (xarope de glicosa, azucre, xelificante: xelatina, pectina, Humectante: xarope de sorbitol, amidón de millo, acidulante: ácido láctico, axente de recubrimento: aceite vexetal, cera carandai, cera de abellas, aromas, colorantes; E-129), recheo valor medio (xarope de glicosa, azucre, xarope de azucre invertido, xelificante: xelatina, pectina, acidulante: ácido cítrico, corrector de acidez: citrato sódico, aromas, colorantes: E-129).
- Emprega un colorante artificial (E-129: Vermello allura AC) que é azoico (pouco saudable pero permitido; en breve prazo, a lexislación obrigará a indicar o seu uso e que lles pode causar problemas aos nenos).
- Composición nutricional: é unha das mostras con máis auga (16%) e azucre (63%).
"Espumas dulces" de Miguelañez
- “Escumas doces”
- 175 gramos. Saen a 9,79 euros/quilo e teñen forma de cilindros rosas.
- Ingredientes: xarope de glicosa e frutosa, azucre, auga, xelificante: xelatina, proteínas de leite, aroma, amidón modificado, colorantes: E-124 e E-129.
Emprega dous colorantes artificiais: E-129 (Vermello allura AC) e E-124 (vermello cochinilla A), ambos os dous azoicos (pouco saudables pero permitidos; en breve prazo, a lexislación obrigará a indicar o seu uso e a advertir de que lles pode causar problemas aos nenos).
- Composición nutricional: das menos enerxéticas (334 calorías cada cen gramos), se ben as diferenzas entre a maioría de chucherías son pouco relevantes.
"Zarzamoras "de Dulciora
- “Caramelo de goma”
- 125 gramos. Saen a 9,52 euros/quilo e teñen forma de amoras, vermellas e negras.
- Ingredientes: azucre, xarope de glicosa, auga, xelatina, xelificante: pectina, acidulante: ácido cítrico, goma arábica, aromas, colorantes: E-122, E-129, E-153.
- Empregan dous colorantes artificiais: E-122 (carmoisina) e E-129 (Vermello allura AC), os dous azoicos (pouco saudables pero permitidos; en breve prazo, a lexislación obrigará a indicar o seu uso e a advertir de que lles poden causar problemas aos nenos).
- Composición nutricional: as de máis azucre (73%) e as segundas máis enerxéticas (360 calorías cada cen gramos).
"Frambuesas" de Virginias
- “Caramelo de goma con sabor a framboesas”
- 150 gramos. Saen a 10,98 euros/quilo e teñen forma de framboesas de cor rosa recubertas de azucre.
- Ingredientes: xarope de glicosa, azucre, xelificante (xelatina), amidón modificado, humectante (sorbitol), acidulante (ácido cítrico), aromas, colorante (E-124).
- Declara conter un colorante artificial (E-124; vermello cochinilla, que é azoico (pouco saudable pero permitido; en breve prazo, a lexislación obrigará a indicar o seu uso e a advertir de que lles pode causar problemas aos nenos), pero o que se detectou é outro: o E-129 (Vermello allura AC, tamén azoico).
- Etiquetaxe incorrecta: declara o colorante E-124, cando en realidade ten o E-129 (tamén azoico).
- Composición nutricional: das de máis auga (16%) e das menos enerxéticas (335 calorías cada cen gramos).
"Caramelos de goma Gummy Jelly" de Dulciora
- “Caramelo de goma”
- 125 gramos. Saen a 9,86 euros/quilo, teñen forma cadrada e están recubertos de azucre; comercialízanse envolvidos individualmente cun envase de plástico.
- Ingredientes: azucre, xarope de glicosa, auga, xelatina, xelificante: pectina, acidulante: ácido cítrico, aromas, colorantes: E-104, E-110, E-122, E-131.
- Utiliza ata catro colorantes artificiais: E-104 (amarelo de quinoleína), E-131 (azul patentado V), E-110 (amarelo alaranxado S) e E-122 (carmoisina); os dous últimos, azoicos (pouco saudables pero permitidos; en breve prazo, a lexislación obrigará a indicar o seu uso e a advertir de que lles poden causar problemas aos nenos).
- Composición nutricional: é dos de máis azucre (68%).
"Lágrimas" de Miguelañez
- “Xeles doces”
- 150 gramos. Saen a 10,35 euros/quilo e teñen forma de pequenas bólas recubertas de azucre, de cor verde, amarela, vermella e laranxa.
- Ingredientes: azucre, xarope de glicosa, auga, xelatina, dextrosa, acidulante: E-330, aromas e colorantes: E-122, E-102, E-131, E-110.
- Utiliza catro colorantes artificiais: E-131 (azul patentado V), E-102 (tartracina), E-110 (amarelo alaranxado S), E-122 (carmoisina). Os tres últimos son azoicos (pouco saudables pero permitidos; en breve prazo, a lexislación obrigará a indicar o seu uso e a advertir de que lles poden causar problemas aos nenos).
- Etiquetaxe incorrecta: a súa indicación “0% graxas” atribúelle ao produto como característica particular unha que comparte con todos os do seu tipo, neste caso, chucherías.
- Composición nutricional intermedia, non destaca en nada. Tampouco en capacidade enerxética: 342 calorías cada cen gramos.
"Ositos de goma" de NatursoY
- “Golosinas ecolóxicas”
- 75 gramos. Saen a 28,67 euros/quilo. As máis caras, con moita diferenza, xa que as seguintes máis caras saen a pouco máis de 11 euros o quilo. Teñen forma de osiños de goma de pequeno tamaño de cor laranxa, amarela, verde, vermella e castaña.
- Ingredientes: xarope de millo, amidón de millo, xarope de agave, aroma natural: framboesa/mazá/tropical/laranxa, extracto natural de froitas e plantas (cúrcuma/pementa/espinacas/aronia), pectina de mazá, ácido cítrico e cera de carandai de cultivo ecolóxico.
- Non utiliza colorantes.
- Etiquetaxe incorrecta: non indica o número de lote no envase.
- Composición nutricional: as menos proteicas (0,7%), unha das tres con menos azucre (só o 40% do produto é azucre) e unha das dúas con máis carbohidratos (87%).