Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, polo tanto, unha vixencia limitada.

: Adaptación á adopción

A integración dos nenos e nenas adoptadas, en especial de terceiros países, nas súas novas familias require procesos e tempos non exentos de complexidades

A idade do neno, un factor clave

/imgs/20070101/img.informe.03.jpg A adopción representa cambios moi importantes na vida dos seus pequenos protagonistas e nos seus procesos de desenvolvemento psicolóxico. No caso de adoptar un bebé, este non é tan consciente das transformacións que se están a producir. Agora ben, un neno de maior idade si ten conciencia do que acontece, aínda que ás veces non saiba expresar o que sente. Por iso hai que ter en conta que a adaptación tamén depende da idade do abandono e das súas circunstancias específicas. Así, a maior idade, maior probabilidade de que arrastre máis sufrimento, máis historia ou máis desamparo. Os nenos e nenas chegan ás familias españolas cunha idade media de máis de tres anos, procedentes de países con situacións precarias que os afectan de moi diversos xeitos.

O principal problema, polo tanto, é o importante descoñecemento dun pasado no que os nenos, de media, conviviron dous anos coa súa familia de orixe e outro máis en institucións de asilo en condicións difíciles. A súa asunción e resposta son claves, máis aínda se se ten en conta que as experiencias previas ao momento da adopción son esenciais para a futura adaptación. Con todo, tamén hai menores que medraron cunha familia substituta ou nun orfanato onde a experiencia foi grata e emocionalmente estable, e que se adaptan moi ben.

Enfermidades que axexan

A herdanza xenética, a xestación e os primeiros días de vida dun neno adoptado son un misterio para a súa nova familia. Resulta especialmente necesario que cando chegue ao seu novo fogar sexa sometido a unha revisión xeral para que reciba o tratamento axeitado e se evite a transmisión de infeccións comúns no seu lugar de orixe e xa erradicadas ou descoñecidas en España.

Segundo datos da Guía para pediatras da Coordinadora en Defensa da Adopción e o Acollemento (CORA), máis do 25% das patoloxías que sofren os nenos adoptados fóra de España están relacionadas co atraso no desenvolvemento neuromadurativo (problemas para controlar os esfínteres, trastornos no rendemento e na aprendizaxe escolar, dislexia, disgrafía, etc.), a anemia, a parasitose estomacal e os problemas de sono, aínda que no 95% dos casos o tratamento é efectivo a curto e medio prazo. Neste informe tamén se salienta que os problemas médicos máis importantes dos nenos adoptados fóra das nosas fronteiras son os psicolóxicos e o atraso psicomotor, coñecido tamén como “síndrome do orfanato”. Este último padéceo nada menos que o 30% dos nenos adoptados.

En relación co dubidoso estado dalgúns orfanatos, son frecuentes os casos de estrabismo, asociados ao crecemento dos nenos en ámbitos moi pequenos e como consecuencia de non saír ao exterior de xeito continuado. Esta afección adoita darse en certos tipos de orfanatos, similares aos dos anos 50, nos que se colocaban sabas aos lados do berce do pequeno para que non vise o seu ámbito, evitando así que molestase aos demais. Esta práctica impedía que o bebé chegase a fixar a súa vista de maneira normal. Tamén son moi comúns as infeccións respiratorias provocadas por unha ventilación insuficiente e por unha mala alimentación, que facilitan o contaxio de todos os pequenos.

A detección rápida destas e doutras patoloxías é determinante para sandalas. Para iso cómpre que a avaliación médica se realice nos tres primeiros días. O fracaso na identificación e intervención precoz dos problemas de saúde (entre un 20-30% dos nenos presenta problemas médicos serios, e en case a metade dos casos non se recoñeceron nin sequera sospeitaron antes da adopción) non só pode afectar á calidade de vida destes nenos e nenas no futuro desenvolvemento físico, emocional e intelectual, senón que tamén pode conducir a incrementar as dificultades de adaptación e integración na nova unidade familiar, orixinando con iso o fracaso da adopción.

Paxinación dentro deste contido

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións