Calor segura

Instalacións de gas seguras e ó día

A Lei obriga os usuarios a realizaren revisións periódicas das instalacións de gas cada catro ou cinco anos, dependendo do tipo de gas.
1 Setembro de 2002
Img consejo del mes listado

Instalacións de gas seguras e ó día

A seguridade das instalacións de gas depende de varios factores, como unha correcta utilización e un óptimo mantemento das mesmas e un estricto cumprimento das periódicas revisións. Así pois, o usuario é, en boa medida, protagonista na prevención de accidentes domésticos relacionados co gas e del depende evitar moitos destes sinistros.

Revisións de gas

  • Se a enerxía do seu fogar provén do gas butano ou propano debe realizar unha revisión da instalación cada cinco anos cunha empresa instaladora legalmente habilitada para elo, e substituír dentro de prazo todos aqueles elementos (as gomas) da instalación que teñan data de caducidade.
  • Aínda que non teñen data de caducidade determinada, o regulador e as abrazadeiras tamén se estragan. En caso de avaría ou deterioración, non dubide en substituílas.
  • As revisións do gas natural débeas facer cada catro anos unha Empresa Instaladora Autorizada. Ademais, a empresa é responsable da conservación das conduccións de gas ata a válvula de acometida situada no exterior do edificio. Estes servicios son gratuítos.
  • Cada usuario, pola súa conta, debe realizar unha inspección da súa instalación interior cada 4 anos . Neste caso, é vostede quen corre cos gastos. As empresas instaladoras, polo xeral, ofrecen este servicio. Ademais, cada usuario debe manter en perfecto estado a instalación individual da súa vivenda, desde o contador ata os aparellos.

Falsos inspectores

  • Hai empresas dedicadas á instalación de gas que envían o seu persoal a ofrece-los seus servicios nos propios domicilios dos usuarios, malia a que estes non o solicitaron. Neste caso o usuario non está obrigado a acepta-los seus servicios. Pero se o fai, debe solicitarlle ó inspector que se identifique amosando o carné de instalador de gas autorizado. Aínda que a indumentaria do técnico pertenza a unha empresa real e coñecida, non é garantía de que o seu portador sexa un inspector autorizado.
  • Pida un orzamento previo, e lembre que non está obrigado a aceptalo. Non asine ningún documento nin aboe ningún importe se ten dúbidas ou detecta anomalías na revisión.
  • A revisión do cambio de gomas, abrazadeiras ou reguladores non implica que a revisión das instalacións se efectuara por completo, pois esta operación é moito máis complexa.
  • Unha vez realizada a revisión, esixa o Certificado de Idoneidade. É o único documento que lle dá validez á inspección da instalación de gas. As pezas cambiadas son da súa propiedade e ten que pedir que as deixen no seu poder co fin de reclamar, no seu caso.
  • Lembre que vostede mesmo pode cambia-los tubos flexibles ou as gomas. O seu prezo nas tendas anda arredor dos 1,80 euros. Saiba tamén que os reguladores non teñen data de caducidade. Acceda ó seu cambio só se presentan algún defecto.

Manteña a súa instalación en óptimas condicións…

  • A chama reflicte a calidade da combustión: se esta é boa a chama ten que ser viva, estable, e azulada. Se é ruidosa, inestable e con puntas amarelas, avise ó servicio técnico do fabricante para que revise os aparellos.
  • O tubo de saída de fumes é fundamental para o bo funcionamento dos aparellos que o precisen. Faga que o instale persoal especializado, seguindo a normativa vixente.
  • Se observa algunha deterioración nos tubos (óxidos, deformacións, rotura das suxeicións, etc.) avise á empresa instaladora. Esqueza a “bricolaxe”.
  • Non utilice os tubos do gas como soporte doutros obxectos. Non colgue cousas deles. Evite pó-los tubos en contacto con cables eléctricos e non os use como toma de terra de aparellos eléctricos.
  • Unha óptima ventilación do lugar no que se atopa a instalación do gas tórnase fundamental para que, en caso de escape, o gas poida “saír”. O gas natural é máis lixeiro có aire e en caso de fuga ascende cara a arriba, por iso os orificios de ventilación deben colocarse na parte superior de paredes e portas. Pola contra, o propano e o butano son máis pesados có aire e, xa que logo, cómpre situa-los espacios de ventilación nas zonas inferiores.
  • Comprobe se a súa instalación é segura e non ten escapes de gas. Faga periodicamente a seguinte proba: