Almorzar ben en 15 minutos / 800 miligramos de calcio / 0% de materia graxa / Purinas / Menú para persoas con problemas de circulación
Claves para almorzar ben en 15 minutos
/imgs/20061001/img.despiece-alimenta.01.jpg Para vencer a preguiza de prepararmos o almorzo, mellor comezar a tarefa coa lista da compra: do mesmo xeito que se planifican xantares e ceas, pódese pensar no almorzo ao facer a compra, especialmente cantas máis persoas vivan na casa.- Pódese simplificar o traballo da mañá deixando todo preparado a noite anterior: a cunca, o azucre, o cacao, os cereais, o pan, a cafeteira co café…
- É moi útil dispor dun recuncho na cociña só para o almorzo. Será máis doado e cómodo atopar o que se busca e asociaremos ese curruncho ao recomendable costume de almorzar.
- Nunca foi tan rápido e doado preparar o almorzo como cos actuais electrodomésticos (a cafeteira, a torradora ou o microondas): son rápidos, moi fáciles de utilizar e poden funcionar mentres nos preparamos para saír.
- Un bo almorzo debería incluír lácteos -leite, iogur, queixos…-, farináceos -pan normal, integral, torrado, de molde, con froitos secos, cereais, galletas, manteigadas…- e froita, macedonia ou zume. E por qué non, froitos secos, marmelada ou mel. E, ocasionalmente, xamón, manteiga ou margarina.
O dato
Fálase de…
Para saber cando un alimento que loce o “0% MG” realmente ten menos calorías hai que fixarse na lista de ingredientes, comparar a súa composición nutritiva -cantidade de calorías, de azucres e de graxas- coa doutros alimentos semellantes e comprobar se hai diferenzas. Non hai que ser un experto para interpretar os datos da etiqueta, abonda con saber que os ingredientes aparecen en orde decrecente.
O abc da nutrición
Almorzo
Licuado de laranxa, mazá e cenoria. Té verde. Iogur con muesli.
Taco
Infusión*. Pan integral con tomate, aceite e xamón.
Xantar
- Ensalada de leituga, berros, cenoria, tomates cherry, cebola e aguacate.
- Garavanzos con arroz integral e piñóns.
- Pan integral e laranxa.
Merenda
Infusión*. Queixo fresco, mel e noces.
Cea
- Crema de espinacas.
- Salmón ao forno con aneto.
- Pan integral e uva.
*Vide vermella, castiñeiro de Indias, rusco, hamamelis: son plantas que conteñen substancias -taninos e polifenois- que favorecen a circulación venosa.
O truco: Elixir alimentos que fortalecen as arterias e as veas -froitas, hortalizas e verduras, peixe, froitos secos e aceite de oliva- e que fan o sangue máis diluído, menos viscoso. Mellora a circulación sanguínea se se comen 3 froitas, unha ensalada e algo de verdura acotío; se se toma decote unha manchea de noces; se se toma peixe azul polo menos 2 veces por semana e se se bebe abundante auga.