Teléfonos móbiles de gama media

Demasiadas funcións?

Para chamar ou para enviar mensaxes todos demostraron un comportamento semellante; as diferenzas centráronse no número e na calidade das funcións engadidas
1 Outubro de 2006
Img analisis 2 listado 153

Demasiadas funcións?

En España hai máis móbiles ca persoas. Cun parque de celulares que cobre practicamente a toda a poboación, cada poucos anos a maioría dos cidadáns enfróntase á tarefa de renovar o seu móbil. E non é doado: moitas das opcións tecnolóxicas coas que o consumidor se ve abafado pode que nin sequera existisen cando adquiriu o terminal anterior. Os móbiles de hoxe son verdadeiros ordenadores de man, cada vez con máis funcións, que a miúdo non se coñecen nin usan. Os oito terminais desta análise son de gama media e, xa que logo, ao igual ca os de gama alta, non están indicados para quen só queira chamar e enviar mensaxes. Para quen si busque os adiantos, por un prezo cada vez menor hai terminais con cámara de fotos e vídeo, reprodutores de música en mp3, radio, axendas e calendarios, xogos de calidade e unha morea de aplicacións que relegan falar por teléfono a un papel secundario.

/imgs/20061001/img.analisis2.01.jpg Analizáronse sete teléfonos móbiles GSM de gama media (de segunda xeración) e un que amais de GSM é UMTS (de terceira xeración), que custan desde os 91 euros de Sharp GX17 ata os 294 euros de Motorola U6. Cando un consumidor se achega a un comercio pode mercar o teléfono libre (igual que adquiriría calquera outro electrodoméstico), con tarxeta prepagamento (subvencionado pola operadora, polo que só se pode usar con esa compañía) ou con contrato (cunha subvención da operadora aínda maior, que polo xeral obriga a un número de meses de permanencia cun consumo telefónico mínimo). Sharp GX17, Alcatel GlamPhone ELLE e Samsung ZV10 estaban subvencionados pola operadora (tarxeta prepagamento). O máis barato dos libres analizados é Motorola L6 (146 euros).

A mellor relación calidade-prezo é Nokia 6103, de 200 euros, por ser dos que máis e mellores funcións ofrecen, aínda que se cadra por iso é tamén dos que teñen unha autonomía máis reducida. O máis barato, Sharp GX17 (91 euros, subvencionado) chega dabondo (é mesmo excesivo) para quen só utilice as funcións básicas.

Estes oito móbiles véndense con cadanseu cargador e cadansúa batería. Ademais, agás Motorola L6, inclúen accesorios tan útiles como un kit mans libres (os dous Nokia e Samsung), unha segunda carcasa (Sony Ericsson), unha tarxeta de memoria externa (Nokia 6230i), correa (Motorola U6, Alcatel e Samsung) e un cable para a conexión co ordenador (Motorola U6 e Samsung). De todos, o móbil con máis accesorios é Samsung SGH-ZV10.

A un obxecto que se leva todo o día enriba pídeselle que sexa pequeno e lixeiro. Motorola L6 é o máis pequeno (112,8×50, 1×11,5 mm) e dos menos pesados (88,8 g), e ademais é moi plano, polo que é bo de levar no peto. Sharp GX17 é só un 30% máis grande e algo menos pesado (84 g). Pola contra, Samsung SGH-ZV10 é o máis pesado (117 g) e o máis grande (o dobre ca o máis pequeno). Moitos usuarios non desexan que a antena sobresaia do equipo: dos oito analizados, só as antenas de Nokia 6103 e do Samsung SGH-ZV10 eran externas.

En case todo o mundo

Os oito móbiles son tribanda, é dicir, poden funcionar nas bandas de frecuencia de 900 MHz e 1.800 MHz (as que se usan en España) e mais en 1.900 MHz (habitual noutros países, como nos EEUU). Iso permite que todos eles se poidan usar en calquera país que teña infraestrutura GSM (o estándar mundial de telefonía móbil máis espallado).

As baterías de sete dos móbiles están compostas de Ion-Litio, salvo a do Sony Ericsson Z520i, que era LI-Polymer (en principio, mellor). Para comprobar canto lles levaba cargar, descargouse completamente cada batería (previamente cargáranse e descargáranse dúas veces) e mediuse canto tardaba en aparecer a lenda “carga completa” na pantalla. Os tempos variaron desde a hora e media de Nokia 6230i ata as case tres de Alcatel ELLE. No tocante á autonomía en espera, deixouse cada móbil aceso coa batería cargada e sen realizar ningunha función ata que se apagase. O mellor foi Nokia 6103 (320 horas) e o que menos durou, Alcatel (195 horas). A autonomía tamén se mediu cun ciclo que simulaba un uso normal, composto dunha chamada de dez minutos, o envío dun SMS e 50 minutos en espera. O que máis aguanta en espera, Nokia 6103, só chega ás 12 horas en uso, seguido de Sony Ericsson, con 14 horas e media. Samsung (con 24 horas e media) e Motorola L6 (con 23 horas e media) foron os que máis duraron. O resto andou arredor das 20 horas de autonomía.

As pantallas destes móbiles son en cor (ese é un dos motivos do seu importante consumo enerxético). As de Nokia 6103, Sony Ericsson Z520i, Motorola U6, Alcatel ELLE e Samsung SGH-ZV10 están cubertas por unha tapa, polo que estes móbiles contan cunha segunda pantalla exterior na que amosan datos básicos, como o estado da batería ou a data e hora. Volvendo ás pantallas interiores, as de Alcatel e Motorola L6 eran CSTN (peores), e as do resto TFT. As múltiples funcións que van máis alá de falar por teléfono (navegar por Internet, xogar, xestionar a axenda…) fan que o tamaño da pantalla sexa un factor esencial. As máis grandes son as de Sharp e Motorola U6, aínda que a de Sharp, malia ser a máis grande, é a de menor resolución (imaxe menos nítida). A pantalla con mellor resolución é a do Nokia 6230i, seguida das de Motorola U6 e Samsung ZV10 (ademais, estas dúas últimas son as únicas que amosan 256.000 cores, o resto quedan en 65.000).

Memoria interna

Os oito móbiles contan cunha memoria interna na que almacenar os contactos da axenda, os sons, as fotos e os vídeos. Samsung ofrece a maior capacidade (50 Mb). O seguinte, Nokia 6230i, dispón de 32 Mb, pero é o único cunha rañura para unha tarxeta externa de memoria (do tipo MMC) de ata 512 Mb. As memorias do resto variaron desde os 16 Mb de Sony Ericsson ata os escasos 1,4 Mb do Sharp (a capacidade dun antigo disquete).

Existen diferentes tecnoloxías para intercambiar arquivos entre móbiles (contactos da axenda, imaxes, cancións, vídeos…) ou para conectar o terminal a un ordenador. Alcatel ELLE só conta con infravermellos (unha tecnoloxía incómoda e en desuso). Os dous Nokia, Sony Ericsson, Sharp e Samsung, amais de infravermellos, ofrecen USB para conectalo ao ordenador (así é posible facer a moi útil copia de seguridade da nosa información, por se perdemos o terminal), e Bluetooth, un sistema por ondas de radio que chega a uns poucos metros e que serve para conectar toda clase de dispositivos. Motorola U6 conéctase por USB e Bluetooth (non por infravermellos).

Os dous Nokias e Motorola L6 permiten o “Push To Talk” (PTT, “Pulsar para falar”), co que se pode chamar a través das redes de móbil pagando unha cantidade fixa de cartos ao mes (tarifa plana) como cun walky-talkie. O problema é que, aínda que é moi común noutros países, ningunha das operadoras españolas ofrecen este servizo para os usuarios domésticos.

Cámara de fotos

Nokia 6230i ten a mellor cámara de fotos, con 1,3 megapíxeles, mentres que a resolución do resto non pasa dos 0,3 megapíxeles. Os oito poden facer e reproducir vídeos, pero só Sony Ericsson, Nokia 6230i e Samsung poden facer “streaming” (reproducir vídeos mentres se descargan, o que significa, na práctica, que se poderían ver neles programas de televisión se a operadora de telefonía o permite). Samsung ofrece videoconferencia, non en van é o único dos analizados que é de terceira xeración (tamén coñecido como UMTS), que ten como maior virtude a alta velocidade de transmisión de datos (imprescindible para a videoconferencia).

No tocante ao audio, en sete deles pódese gravar a voz (en Motorola L6 non), e o Nokia 6230i conta con radio FM e reprodutor musical de mp3. A reprodución de cancións en mp3 tamén está presente en Samsung e Sony Ericsson. Sharp é o único sen mans libres incorporado. Pódense usar auriculares nos oito, pero os seus conectores non son estándar, como sería desexable.

O resto de funcións extra son moi numerosas: xogos, alarmas, reloxo, calendario, rechamada automática, restricións de chamada… Case todas elas son comúns a todos os equipos.

A súa función principal: a comunicación

O nivel de cobertura dunha zona depende en boa medida da súa distancia coa antena emisora, pero, aproveitan todos os móbiles por igual a cobertura dispoñible nun emprazamento? Para medilo, probouse cada móbil nunha zona con cobertura media e noutra con cobertura baixa, sempre co mesmo operador. Nun mesmo lugar, os dous Motorola, Nokia 6103 e Sony Ericsson Z520i indicaron dispor dunha cobertura lixeiramente maior ca o resto, e Samsung e Sharp marcaron algo menos.

Pero estas diferenzas no nivel de cobertura indicado non significan que logo a comunicación sexa de maior ou menor calidade. Para comezar, comprobouse que se se fai unha chamada a comunicación non se corta (todos os celulares acadaron un “excelente”), e despois mediuse a nitidez do son e o ruído xerado en zonas con cobertura alta, media e baixa. Motorola U6 é o único que destaca, e fíxoo positivamente: a súa calidade de comunicación é lixeiramente superior á do resto. En todos os demais, os resultados foron moi bos e practicamente idénticos.

Moitos usuarios quéixanse de que case non oen cando os chaman. Por iso buscan modelos que “soen” máis alto (en todos eles se pode regular o ton). Nokia 6130 é o que ten o timbre máis potente (78 dB), seguido de Sony Ericsson Z520i (776 dB) e de Motorola L6 (75 dB). Sharp só alcanza os 60 dB, unha diferenza notable co máis potente (a escala dos decibelios é logarítimica, polo que 20 dB non é o dobre de 10 dB, senón dez veces máis). Os oito reproducen tons polifónicos e reais.

Nun cine ou en calquera outra situación onde non deba soar o móbil escóllese a miúdo o modo “vibración”, pero, é realmente unha función silandeira? Parece que non moito: todos os móbiles en vibración xeran un ruído superior a un murmurio (30 dB). O vibrador máis silencioso foi de novo Nokia 6103 (31 dB), seguido de Motorola U6 (32 dB), mentres que os máis ruidosos foron Motorola L6 (45 dB) e Sharp GX17 (42 dB). Dáse o paradoxo de que Nokia 7103 é o terminal con maior volume de ton e o que menos ruído xera en vibración, mentres que o Sharp ofrece o ton máis débil, pero case a vibración máis ruidosa.

Proba de uso

/imgs/20061001/img.analisis2.02.jpg Máis alá das valoracións obxectivas do laboratorio, quíxose comprobar qué opinaban os usuarios de cada un destes equipos. Para iso, seis usuarios expertos valoraron do 1 ao 10 uns vinte aspectos de cada móbil. Todos os celulares gustaron, aínda que con diferenzas. O mellor foi Samsung ZV10 (o único de terceira xeración), que chegou aos 8,5 puntos sobre 10, seguido de Nokia 6103 e Sony Ericsson Z520i (os dous 8,2 puntos). Os que non acadaron os oito puntos foron Sharp GX17 (7,4 puntos de 10), Alcatel ELLE (7,5 puntos) e Motorola L6 (7,6 puntos).

Nas características máis convencionais (opcións de chamada e envío de mensaxes normais e multimedia), os oito obtiveron valoracións semellantes. Samsung sobresaíu no número e calidade das súas funcións extra, como nos xogos ou na calidade de imaxe. A relativamente baixa puntuación de Alcatel (7,5 puntos) débese, sobre todo, á novidade da súa pantalla: cando está apagada tórnase espello. Esta característica concentrou as críticas dos usuarios, que consideraron que acesa reflectía excesivamente a luz do sol. Ademais, cando está apagada (modo espello), produce ocasionalmente unha lixeira e molesta luz azulada de fondo. Sharp GX17 non gustou polo seu aspecto exterior e acabado (6,8 puntos), polas dimensións do teclado (6,7 puntos) e pola facilidade para cambiar a batería e a tarxeta SIM (6,8 puntos). Nos outros equipos as valoracións foron positivas e uniformes: entre 7 e 8,5 puntos.

Os oito inclúen os consabidos manuais e as necesarias advertencias de seguridade. Así e todo, na metade deles as garantías eran incorrectas, ao non chegaren aos dous anos durante os cales deben estar cubertos: os dous Nokia e o Sony Ericsson din que a garantía dos seus accesorios é de só un ano, mentres que Samsung ofrece un ano para o equipo e seis meses para a batería. Independentemente do que afirmen os seus documentos de garantía, todos estes equipos, os seus accesorios e as súas baterías están garantidos durante dous anos, se ben a partir dos seis primeiros meses deberá ser o comprador quen demostre que o fallo estaba en orixe.

Son resistentes e seguros?

O móbil é un dos aparellos electrónicos máis susceptible de sufrir caídas. Por iso, o laboratorio introduciu cada equipo nun barril de volteo que simulou cincuenta caídas como as que poden sufrir no día a día. O resultado? Ningún se deteriorou.

Fronte a niveis de enerxía perigosos demostraron que as partes con carga eléctrica están convenientemente illadas. Tamén aprobaron o test de funcionamento baixo quecemento anormal, no que non se incendiaron nin supuxeron un perigo para o usuario. A calidade dos plásticos dos cargadores é abonda, polo que resisten a calor (algo necesario, dada a súa función).

Tamén se lanzou cada cargador tres veces sobre unha superficie sólida de madeira de carballo sen que se producisen estragos. Tampouco a comunicación se interrompe nin ningún dos móbiles estudados sofre danos permanentes nin temporais se o usuario provoca unha descarga de electricidade estática por contacto ou a través do aire (como a que se pode dar un día de treboada).

E a radiación que emiten? A norma permite ata un máximo de 2,0 W/kg de índice de absorción específica de enerxía (SAR nas súas siglas inglesas), que mide a cantidade de enerxía que se absorbe por unidade de masa de tecido corporal. Todos aprobaron, con valores afastados do máximo permitido, pero os dous Nokia, Alcatel ELLE e Samsung, con 0,7 W/kg, demostraron ser mellores ca os máis.

En síntese e Táboa comparativa

  • Analizáronse sete móbiles de gama media GSM e un que, amais de GSM, se pode conectar a redes UMTS (3X), que custan desde os 91 euros de Sharp GX17 ata os case 300 euros de Motorola U6. Sharp GX17, Alcatel ELLE e Samsung ZV10 (o único UMTS de estudo) están subvencionados pola operadora.
  • A calidade de comunicación nos oito é semellante e satisfactoria, aínda que lixeiramente superior no Motorola U6. O timbre máis alto e o vibrador máis silandeiro son os de Nokia 6103 e o timbre menos sonoro e unha das vibracións máis ruidosas son as de Sharp GX17.
  • Os oito equipos e os seus cargadores superaron as esixentes probas de seguridade (comprobouse tamén que non se estragan logo de 50 caídas). As garantías dos dous Nokia, Sony Ericsson e Samsung Z520i non son correctas.
  • O móbil máis voluminoso e pesado é o Samsung ZV10, e os máis pequenos e lixeiros son o Sharp GX17 e o Motorola L6. As pantallas máis grandes son as de Sharp GX17 e Motorola U6, e as máis pequenas as de Sony Ericsson e Nokia 6130. A batería que menos tarda en cargar é a de Nokia 6230i (1,5 h) e a que máis a de Alcatel ELLE (3h). En espera, a batería máis duradeira é a de Nokia 6103. En uso duraron máis Motorola L6 e Samsung ZV10 e menos Nokia 6103.
  • Cos oito pódense facer chamadas desde o estranxeiro (son tribanda), e contan todos con cámara de fotos e de vídeo. Os dous Nokia son os que inclúen máis funcións, e os máis parcos Alcatel ELLE e Sharp GX17. Alcatel só ofrece conexión por infravermellos; o resto, os máis modernos Bluetooth, USB ou ambas as dúas.
  • Na proba de uso todos foron ben valorados. O que máis gustou foi Samsung ZV10 (8,5 puntos de 10), e os máis discretos, Sharp GX17 (7,4), Alcatel ELLE (7,5) e o Motorola L6 (7,6).
  • A mellor relación calidade-prezo é Nokia 6103 (200 euros, libre), un dos que conta con máis funcións. Outra opción interesante é Sharp GX17, o máis barato (91 euros, subvencionado): un móbil que cobre de sobra as necesidades da maioría dos usuarios.

En síntese

  • Analizáronse sete móbiles de gama media GSM e un que, amais de GSM, se pode conectar a redes UMTS (3X), que custan desde os 91 euros de Sharp GX17 ata os case 300 euros de Motorola U6. Sharp GX17, Alcatel ELLE e Samsung ZV10 (o único UMTS de estudo) están subvencionados pola operadora.
  • A calidade de comunicación nos oito é semellante e satisfactoria, aínda que lixeiramente superior no Motorola U6. O timbre máis alto e o vibrador máis silandeiro son os de Nokia 6103 e o timbre menos sonoro e unha das vibracións máis ruidosas son as de Sharp GX17.
  • Os oito equipos e os seus cargadores superaron as esixentes probas de seguridade (comprobouse tamén que non se estragan logo de 50 caídas). As garantías dos dous Nokia, Sony Ericsson e Samsung Z520i non son correctas.
  • O móbil máis voluminoso e pesado é o Samsung ZV10, e os máis pequenos e lixeiros son o Sharp GX17 e o Motorola L6. As pantallas máis grandes son as de Sharp GX17 e Motorola U6, e as máis pequenas as de Sony Ericsson e Nokia 6130. A batería que menos tarda en cargar é a de Nokia 6230i (1,5 h) e a que máis a de Alcatel ELLE (3h). En espera, a batería máis duradeira é a de Nokia 6103. En uso duraron máis Motorola L6 e Samsung ZV10 e menos Nokia 6103.
  • Cos oito pódense facer chamadas desde o estranxeiro (son tribanda), e contan todos con cámara de fotos e de vídeo. Os dous Nokia son os que inclúen máis funcións, e os máis parcos Alcatel ELLE e Sharp GX17. Alcatel só ofrece conexión por infravermellos; o resto, os máis modernos Bluetooth, USB ou ambas as dúas.
  • Na proba de uso todos foron ben valorados. O que máis gustou foi Samsung ZV10 (8,5 puntos de 10), e os máis discretos, Sharp GX17 (7,4), Alcatel ELLE (7,5) e o Motorola L6 (7,6).
  • A mellor relación calidade-prezo é Nokia 6103 (200 euros, libre), un dos que conta con máis funcións. Outra opción interesante é Sharp GX17, o máis barato (91 euros, subvencionado): un móbil que cobre de sobra as necesidades da maioría dos usuarios.
Marca/Modelo Nokia 6103 Sharp GX17 Nokia 6230i Motorola L6
Prezo (euros) 202,33 91,25 256,67 145,67
Peso (gramos) 99,2 84,3 97,5 88,8
Dimensións (mm) (Alto x Ancho x Profundidade) 94 x 45,1 x 24,1 106,4 x 45,8 x 17,3 103,3 x 44,1 x 20,2 112,8 x 50,1 x 11,5
Bandas de frecuencia EGSM 900, GSM 900, 1800, 1900 EGSM, GSM 900, 1800, 1900 EGSM 900,GSM 1800, 1900 GSM, 900, 1800, 1900
Tecnoloxía GSM, GPRS GSM, GPRS GSM, GPRS GSM, GPRS
SAR (W/Kg) 0,7 al oído 0,813 al oído 0,7 al oído 1,33 al oído
Antena interna ou externa Externa Interna Interna Interna
Características de batería
Composición de la batería Li-ion Li-ion Li-ion Li-ion
Tempo de carga 2h 2h 1h 30″ 2h 26″
AuTonmía en espera (horas) 320 245 275 215
AuTonmía en chamada 2h 10″ 3h 30″ 3h 4″” 4h 20″
AuTonmía en uso 10 h 15 h 15h 50″ 19h 10″
Funcións de chamada
Marcación rápida SI SI SI SI
Marcación fixa SI NON SI SI
Calquera tecla responde SI SI SI SI
Rexistro de chamadas Nº chamadas realizadas 20 10 20 10
Nº chamadas recibidas 20 10 20 10
Nº chamadas perdidas 20 10 20 10
Pantalla principal Dimensións (mm) 27×20,2 30,1×39,7 30,4×30,4 29×35,8
Resolución (pixeles) 20.480 19.200 43.264 20.480
Nº cores 65K 65K 65K 65K
Tipo pantalla TFT TFT TFT CSTN
Visualización hora/día Hora Ambos Hora Hora
Pantalla secundaria Resolución 6.240 NA NA NA
Nº cores 4096 NA NA NA
Tipo pantalla NI NA NA NA
Visualización hora/día Hora NA NA NA
Memoria
capacidade memoria interna (MB) 4,2 1,4 32 10
Tarxeta memoria Externa NA NA SI hasta 512 NA
Datos
Conectividad Serie / USB SI SI SI SI
Bluetooth SI SI SI SI
Infrarrojos SI SI SI NON
UMTS NON NON NON NON
PTT SI NON SI SI
Mensaxería
SMS Informe de entrega SI SI SI SI
Dicionarios preditivos ou métodos de escritura SI SI SI SI
Modelos de mensaxes SI SI SI SI
EMS (o SMS con imaxes) SI NON SI SI
MMS Informe de entrega SI SI SI SI
Envíos de vídeos, fotos, imaxes e sons SI (todos) SI (todos) SI (todos) SI (todos)
Presentación en diapositivas SI SI SI SI
capacidade multimedia
Cámara
Cámara SI SI SI SI
Resolución VGA VGA 1,3 megap VGA
Tamano máximo de la imaxes 640×48 640×480 1280×960 640×480
Zoom / Número de aumentos NON SI/4x SI/3x SI/4x
Vídeo
Gravación de vídeo SI SI SI SI
Reproducción de vídeo SI SI SI SI
Streaming video (en tempo real) NON NON SI NON
Vídeo-conferencia NON NON NON NON
Audio
Tipo de timbres (tons) Polifónicos e reais Polifónicos e reais Polifónicos e reais Polifónicos e reais
Radio FM SI NON SI NON
Reproductor de MP3-2 NON NON SI NON
Grabación voz/tempo (indicado) SI/5 min. SI/30s SI/1h NON
Comandos de voz SI NON SI SI
Marcación por voz SI NON SI SI
Altofalante mans libres SI NON SI SI
Outras funcionalidades
Contactos na axenda 500 NI 1000 500
Bloc de notas SI NON SI NON
Lista de tarefas SI NON SI NON
Bloqueo teclado SI SI SI SI
Alarma de batería baixa SI SI SI SI
Conversor de moedas SI SI SI SI
Cronometro SI NON SI NON
Temporizador SI NON SI NON
Xogos / Número de Xogos SI/3 SI/3 SI/3 SI/3
Carcasas intercambiables NON NON SI NON
Calidade de comunicación
Cobertura Alta Nitidez 8 8 8 8
Ruido 8 8 7 8
Cobertura Media Nitidez 8 8 8 8
Ruido 8 8 8 8
Cobertura baixa Nitidez 8 7 8 6
Ruido 8 8 7 7
Nivel Cobertura
Media (%) 75 50 57,14 80
baixa (%) 25 25 28,57 20
Son
Ton (db) 78,1 60,4 71 75,4
Vibración (db) 31,2 42 37,2 44,6
Proba de uso (1 a 10) 8,2 7,4 8 7,6
Marca/Modelo Sony Ericsson Z520i Samsung ZV10 Alcatel GlamPhone ELLE Motorola U6
Prezo (euros) 204 201,33 159 294
Peso (gramos) 96,2 116,9 92,8 111,1
Dimensións (mm) (Alto x Ancho x Profundidade) 100,6 x 46,1 x 25,1 103,5 x 47,2 x 26,5 92,4 x 46,6 x 23,2 87,3 x 49 x 22,4
Bandas de frecuencia GSM 850,900, 1800, 1900 GSM 1900,900, 1800 GSM 900, 1800, 1900 GSM 850,900, 1800,1900
Tecnoloxía GSM, GPRS UMTS, GSM, GPRS GSM, GPRS GSM, GPRS
SAR (W/Kg) 0,962 al oído 0,77 al oído, 0,659 al cuerpo 0,72 al oído, 1,06 al cuerpo 0,8 al oído, 0,51 al cuerpo
Antena interna ou externa Interna Externa Interna Interna
Características de batería
Composición de la batería Li-Polymer Li-ion Li-ion Li-ion
Tempo de carga 2h 23″ 2 h 2h 52″ 2h 10″
AuTonmía en espera (horas) 218 280 195 270
AuTonmía en chamada 2h 50″ 4h 30″ 4h 3h 50″
AuTonmía en uso 11h 40″ 20 h 17h 30″ 16h 40″
Funcións de chamada
Marcación rápida SI SI NON SI
Marcación fixa SI SI SI SI
Calquera tecla responde NON SI SI SI
Rexistro de chamadas Nº chamadas realizadas 30 a repartir entre las 3 opciones 30 5 10
Nº chamadas recibidas 30 5 10
Nº chamadas perdidas 30 5 10
Pantalla principal Dimensións (mm) 17,5×21,2 28,7×35,5 27,9×35,1 31×38,1
Resolución (pixeles) 20.480 38.720 20.480 38.720
Nº cores 65K 256K 65K 256K
Tipo pantalla TFT TFT CSTN TFT
Visualización hora/día Ambos Ambos Ambos Ambos
Pantalla secundaria Resolución 8.080 5.120 20.480 5
Nº cores 4096 65K NI NA
Tipo pantalla CSTN OLED NI SI
Visualización hora/día Ambos Hora Hora NA
Memoria
Capacidade memoria interna (MB) 16 50 3 10
Tarxeta memoria Externa NA NA NA NA
Datos
Conectividad Serie / USB SI SI NON SI
Bluetooth SI SI NON SI
Infrarrojos SI SI SI NON
UMTS NON SI NON NON
PTT NON NON NON NON
Mensaxería
SMS Informe de entrega SI SI SI SI
Dicionarios preditivos ou métodos de escritura SI SI SI SI
Modelos de mensaxes SI SI SI SI
EMS (o SMS con imaxes) SI NON NON SI
MMS Informe de entrega SI SI SI SI
Envíos de vídeos, fotos, imaxes e sons SI (todos) SI (todos) SI (todos) SI (todos)
Presentación en diapositivas SI SI SI SI
Capacidade multimedia
Cámara
Cámara SI SI SI SI
Resolución VGA VGA VGA VGA
Tamano máximo de la imaxes 1280×960 640×480 640×480 640×480
Zoom / Número de aumentos SI/4x SI SI SI/4x
Vídeo
Gravación de vídeo SI SI SI SI
Reproducción de vídeo SI SI SI SI
Streaming video (en tempo real) SI SI NON NON
Videoconferencia NON SI NON NON
Audio
Tipo de timbres (tipo-tons) Polifónicos e reais Polifónicos e reais Polifónicos e reais Polifónicos e reais
Radio FM NON NON NON NON
Reproductor de MP3 SI SI NON NON
Grabación voz/tempo (indicado) SI/20 min. SI/1 h. SI/NI SI/NI
Comandos de voz SI NON SI SI
Marcación por voz SI NON NON SI
Altofalante mans libres SI SI SI SI
Outras funcionalidades
Contactos na axenda 500 1000 500 1000
Bloc de notas SI NON NON SI
Lista de tarefas SI SI NON NON
Bloqueo teclado NON NON NON SI
Alarma de batería baixa SI SI SI SI
Conversor de moedas NON SI SI NON
Cronometro SI NON NON NON
Temporizador SI NON NON NON
Xogos / Número de Xogos SI/3 SI/6 SI/0 SI/1
Carcasas intercambiables NON NON NON NON
Calidade de comunicación
Cobertura Alta Nitidez 8 8 7 9
Ruido 8 8 7 9
Cobertura Media Nitidez 8 8 8 9
Ruido 8 7 8 9
Cobertura Baixa Nitidez 8 8 8 9
Ruido 8 8 8 9
Nivel Cobertura
Media (%) 80 50 60 80
Baixa (%) 20 516,7 20 20
Son
Ton (db) 77,2 72,3 68,1 68,3
Vibración (db) 34,8 35,8 37 32
Proba de uso (1 a 10) 8,2 8,5 7,5 8

Un por un

Un por un

NOKIA 6103

/imgs/20061001/img.analisis2-movil1.jpg
202,33 euros.
Libre.
A mellor relación calidade-prezo.
Garantía incorrecta por lle dar só un ano aos accesorios e non dous. Con antena externa. Unha das pantallas principais máis pequenas. A maior autonomía en espera (320 h), pero a menor en uso (12 h). Moi completo en funcións. O timbre máis sonoro (78 dB) e a vibración máis silenciosa (31 dB).
Proba de uso: 8,2 puntos de 10, a segunda mellor valoración.

SHARP GX17

/imgs/20061001/img.analisis2-movil2.jpg
91,25 euros, o máis barato. Subvencionado.
Outra opción interesante para quen non busque excesivas funcións. O mais lixeiro e dos máis pequenos. A pantalla principal máis grande, pero de baixa resolución.
A memoria interna de menor capacidade (1,4 MB). Dos timbres máis baixos (60,4 dB) e co vibrador máis ruidoso (42 dB).
Proba de uso: 7,4 puntos de 10, a valoración máis baixa. O peor en deseño, dimensións de teclado e pouca facilidade para cambiar a batería e a tarxeta SIM.

NOKIA 6230I

/imgs/20061001/img.analisis2-movil3.jpg
256,7 euros, o segundo máis caro. Libre.
Garantía incorrecta, ao lles dar só un ano aos accesorios, e non dous. O que menor tempo de carga precisa (1h 30min). A pantalla e a cámara de fotos (1,3 megapíxeles) de maior resolución. O único con tarxeta de memoria externa (de ata 512 MB). Con radio e lector de mp3.
Proba de uso: 8 puntos de 10.

MOTOROLA L6

/imgs/20061001/img.analisis2-movil4.jpg
145,67 euros. Libre.
O máis pequeno, un dos máis lixeiros, e ademais moi delgado. O segundo con máis autonomía en uso.
Dos timbres máis altos e co vibrador máis ruidoso (45 dB).
Proba de uso: 7,6 puntos de 10, dos peores.

SONY ERICSSON Z520I

/imgs/20061001/img.analisis2-movil5.jpg
204 euros. Libre.
Garantía incorrecta, ao lles dar só un ano aos accesorios e non dous. A pantalla máis pequena. A única batería de Li-Polymer (mellor). Un dos timbres máis sonoros (77 dB). Con reprodutor de mp3.
Proba de uso: 8,2 puntos de 10, a segunda mellor.

SAMSUNG SGH-ZV10

/imgs/20061001/img.analisis2-movil6.jpg
201,33 euros. Subvencionado.
Garantía incorrecta, ao lle dar só un ano ao equipo e seis meses á garantía, no canto de dous anos. O único con tecnoloxía UMTS (3X), polo que é tamén o único con videoconferencia, e o que ten unha transferencia de datos máis rápida. O máis pesado e grande. Antena externa. O de maior autonomía en uso. A segunda mellor resolución de pantalla e dos que amosan máis cores. A memoria interna de maior capacidade (50 Mb).
Reprodutor mp3.
Proba de uso: 8,5 puntos de 10, o mellor polas súas funcións e pola facilidade de uso.

ALCATEL GLAMPHONE ELLE

/imgs/20061001/img.analisis2-movil7.jpg
159 euros. Subvencionado.
A batería que máis tarda en cargar e a que ofrece a menor autonomía en espera. Sen conector USB nin Bluetooth (só infravermellos). O de menos funcións.
Proba de uso: 7,5 puntos de 10, dos peores pola súa pantalla-espello, que resulta incómoda.

MOTOROLA U6

/imgs/20061001/img.analisis2-movil8.jpg
294 euros, o máis caro. Libre.
Dos máis pesados (111,1 g). Das pantallas máis grandes, con mellor resolución e co maior número de cores. O único que destaca positivamente pola calidade da comunicación.
O ruído do seu vibrador é dos máis baixos (32 dB).
Proba de uso: 8 puntos de 10.