Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, polo tanto, unha vixencia limitada.

Sistemas de descanso : Unha elección moi persoal

Un equipo de descanso debe combinar os elementos que o forman da maneira máis indicada para quen vaia descansar sobre el

Claves para elixir o mellor equipo de descanso

  • Ó adquirir un equipo de descanso teña en conta que este debe ser un conxunto que combine os diversos elementos que o forman (colchón, base e almofada) do xeito máis indicado para a persoa que descansará sobre el. Un colchón inadecuado sobre un soporte correcto, ou viceversa, non cumprirá a súa misión de maneira efectiva xa que as vantaxes que proporcione veranse minimizadas ante a ausencia do complemento ideal.
  • Nunca merque un colchón cando estea canso. Calquera podería parecerlle apropiado.
  • Un colchón excesivamente duro é tan prexudicial coma un demasiado brando, no que a columna “flota” sen a debida suxeición. Un bo colchón é o que lle presta apoio a toda a columna cando se está deitado boca arriba, distribuíndo a presión do corpo e favorecendo a circulación durante as horas de sono.
  • Revise os acabados. Non debe ter defectos (costuras interrompidas, fíos soltos, manchas, etc.).
  • O grosor ideal do colchón é de 15 centímetros como mínimo; o longo, 15 centímetros máis cá altura da persoa que vai durmir nel, e a anchura mínima recomendada, 90 centímetros para cama individual e 150 centímetros para unha dobre.
  • Dedíquelle igual atención á compra dun colchón para neno ca para vostede; comprobe que sexa ancho e longo abondo para que haxa lugar abondo mentres o neno medra.
  • No tocante á base, saiba que un colchón novo sobre un somier vello se estraga antes. Renove o seu equipo de descanso ó completo.
  • A almofada tamén merece atención posto que é a responsable de manter as costas aliñadas. Deberase adaptar ás distintas posicións que se adoptan ó durmir e aturar o peso da cabeza, ó tempo que estará deseñada para soportar correctamente o peso da cabeza, permitir a circulación facial e ser hipoalerxénica.
  • Elixa a almofada que mellor se adapte á súa cabeza, á lonxitude do seu pescozo e á anchura dos seus ombreiros.
  • Se dorme en parella, cada un debe ter a súa almofada adaptada ás súas necesidades.

Paxinación dentro deste contido

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións