Un maior prezo non equivale a máis calidade
Na valoración global (na que non se tivo en conta a firmeza ó non estar demostrado que un colchón máis ríxido sexa máis conveniente para a saúde do usuario) comprobouse que os catro productos mellor valorados son tamén os catro máis baratos.
Tódolos colchóns miden 190 cm. de longo (a medida estándar na actualidade), agás Comodón Dorsal Oro, que ten dez centímetros menos (o longo das camas hai uns anos, cando a estatura media da poboación era menor). Este é un dato importante, xa que convén que a lonxitude do colchón sexa entre dez e vinte centímetros maior cá do usuario.
Tamaño correcto. Tras medi-la altura, lonxitude e anchura en tres puntos distintos de cada colchón, comprobouse que as oito mostras cumpren co tamaño que indica a súa etiqueta.
Tamén se mediron os colchóns tralas probas, e demostraron cumpriren a norma ó non mostraren variacións superiores ás permitidas.
Para verificar se o recheo do colchón estaba ben distribuído, colocouse o colchón en posición horizontal sobre unha superficie ríxida e desprazouse catro veces sobre el un rolo que exercía unha forza vertical de 1,5 quilos.
Este rolo serve para recoller graficamente as deformacións creadas polo recheo do colchón, que non poden ser superiores a 10 mm. Eurocolchón (con variacións superiores ós 12 mm.) foi o único que suspendeu este test, que se realizou dúas veces, unha antes e outra despois do resto de probas.
Para medi-la flexibilidade, dispuxéronse os colchóns durante un día sobre unha superficie horizontal ríxida exposta a unha carga uniformemente repartida de 400 kg/m2. Dúas horas despois de retirar este peso, a altura media en tódolos colchóns non variou máis do 7% que permite a norma.
Unha vez realizados estes ensaios comprobouse que non se danaran os compoñentes internos, e para iso abríronse tódolos colchóns. En ningún deles se apreciou desprazamento dos materiais de recheo ou ruptura dos elementos metálicos internos.
Costuras resistentes
A resistencia das costuras mediuse con dúas mostras da zona da platabanda de cada colchón, que se someteron a tracción ata a súa rotura a unha velocidade de 100 mm. por minuto. Comodón e Relax romperon antes de alcanza-los 130 Newtons que deben aturar.
No tocante á capacidade de ignición, puxéronse en contacto a zona acolchada e a cinta de peche durante quince segundos cunha chama de gas de 35 mm. En tódolos casos se prendeu a zona acolchada, pero só ardeu a zona de peche de Star, Dormilón e Relax. Esta proba, sen embargo, non é abonda para xulga-la capacidade de ignición do conxunto do colchón.
A firmeza dun colchón (ou resistencia que ofrece contra a carga producida polo corpo humano) é un dos aspectos máis valorados polos consumidores, se ben non se pode asegurar cientificamente que un colchón máis firme sexa mellor, polo que este baremo non se tivo en conta na valoración final. Para medi-la súa firmeza, situouse cada colchón sobre unha superficie horizontal ríxida e colocouse no centro un peso macizo de 50 quilogramos e mediuse así a altura inicial do colchón e a altura con carga. Canto menor sexa a diferencia de alturas, máis firme será o colchón. Eurocolchón e Comodón foron os máis duros mentres que Flex e Relax demostraron seren os máis brandos.
Características físicas.
A independencia de leitos permite que os movementos dun membro da parella non inflúan na comodidade do outro. Dormilón, Comodón e Flex foron os únicos colchóns que non incorporan esta prestación.
Os colchóns poden presentar distintos tipos de reforzos: lumbar (Eurocolchón, Pikolín e Laxy) para un correcto aliñamento do lombo, perimetral (Dormilón e Laxy), que incrementa a firmeza nos bordos e evita a súa deformación, por exemplo, ó sentarnos na cama para calzarnos; de platabanda (Star e Comodón), que ten como función fortalece-los laterais do colchón ou nas esquinas (só Relax carece del), e que protexe o producto e o usuario.
Outro elemento importante son as válvulas de aireación, que facilitan a ventilación dos compoñentes internos e, nalgúns casos, evitan a entrada de lixo. Os colchóns analizados lucían dous tipos de válvulas: plásticas con protección (mellor valoradas) e outras que consistían só nun orificio metálico aberto.
Tódalas mostras ofrecían válvulas de aireación aínda que en cantidades dispares. Eurocolchón (504 válvulas), Comodón (364 válvulas) e Pikolín (224 válvulas) incluían as metálicas sen protección, mentres que Dormilón, Flex, Relax e Laxy (4 válvulas) e Star (2 válvulas) incorporaban as plásticas con protección.
Facilidade de transporte
As asas facilitan transportar e mais vira-lo colchón. Star, Dormilón, Flex e Relax contan con este elemento. É significativo que os que ofrecen maior número de válvulas de aireación (Eurocolchón, Comodón e Pikolín) non presenten asas, sacrificando a comodidade a prol dunha maior ventilación.
O tapizado exterior dos colchóns é de dous tecidos: en Laxy, Pikolin, Star, Dormilón, Comodón e Relax o tecido exterior é de piqué e en Eurocolchón e Flex, de damasco. Tódalas garantías entregadas foron correctas, aínda que de distinta duración: Comodón garante o seu producto fronte a calquera defecto de fabricación durante oito anos, mentres que o resto só ofrece garantía total durante un ano, aínda que a aumente para algúns conceptos concretos. No tocante á etiquetaxe, só Pikolín e Relax cumpren a norma, o resto falla nalgún punto.
A necesidade de cada día
Durmir cada noite sobre un bo colchón é básico para descansar adecuadamente. Tendo en conta que unha persoa pasa de media unha terceira parte da súa vida enriba do colchón, é conveniente que este sexa tan firme e cómodo como o usuario desexe (este é un criterio subxectivo, non científico), que resulte durable, resistente e que non se deforme co uso cotián.
¿Cando cómpre cambiar de colchón? A vida dun colchón anda arredor dos doce anos. Isto non é óbice para que o consumidor o cambie antes se detecta que:
- Unha deformación do colchón fai que ó usuario lle sexa difícil non ir caendo cara ó centro ó longo da noite,
- Amence a miúdo con dores de costas ou pescozo,
- Os movementos non especialmente bruscos da parella espertan ou interrompen o seu sono,
- O colchón renxe ou soa,
- A tea exterior tórnase pálida e gastada.
En calquera caso, para alonga-la vida do colchón é aconsellable rotalo cada tres meses (viralo de arriba a abaixo, e da cabeza ós pés) xa que, se non, as escumas do acoxinamento tenden a comprimirse e apelmazarse co paso do tempo.
En síntese e táboa comparativa
En síntese
- Analizáronse 8 colchóns de resortes de 135 cm. de ancho con prezos que van desde os 181 euros de Star Kapok ós 326 euros de Dormilón Zurbarán.
- Un colchón óptimo debe te-la firmeza que o usuario considere adecuada (firmeza non é sinónimo de calidade), ser flexible, distribuír de xeito uniforme o recheo, independencia de leitos, contar con asas, reforzos de varios tipos, válvulas de aireación e resistir a traccións e, na medida do posible, ó lume.
- Nos ensaios todos obtiveron resultados semellantes. As diferencias atopáronse nas características físicas (independencia de leitos, tipos de reforzos, número e calidade das válvulas de aireación e existencia de asas).
- Eurocolchón fallou no reparto do recheo. As costuras de Comodón e Relax son menos resistentes do que esixe a norma aplicada.
- A zona acolchada ardeu ó aplicarlles unha chama, pero só prendeu a cinta de peche de Star, Dormilón e Relax.
- Tódolos colchóns obtiveron puntuacións superiores ós 6 puntos. A mellor relación calidade-prezo é Star Kapok, o máis barato e un dos mellores, con 7,2 puntos.
Marca | STAR | LAXY | PIKOLIN | EUROCOLCHÓN |
---|---|---|---|---|
Modelo | Kapok | Olimpo | King | Imperial Iris |
Dimensións | 1,35×1,90 | 1,35×1,90 | 1,35×1,90 | 1,35×1,90 |
Prezo (euros) | 181,62 | 240,00 | 275,54 | 241,94 |
Información | ||||
– Etiquetaxe | Falla | Falla | Satisfactorio | Falla |
– Garantía | Satisfactorio | Satisfactorio | Satisfactorio | Satisfactorio |
– Instruccións de uso e mantemento | Sí | Sí | Sí | Sí |
Características técnicas | ||||
– Control dimensional | Satisfactorio | Satisfactorio | Satisfactorio | Satisfactorio |
– Reparto do recheo | Satisfactorio | Satisfactorio | Satisfactorio | Falla |
– Firmeza global (mm)1 | 44,5 | 47 | 50 | 27 |
– Elasticidade | Satisfactorio | Satisfactorio | Satisfactorio | Satisfactorio |
– Control dimensional post-ensaios | Satisfactorio | Satisfactorio | Satisfactorio | Satisfactorio |
– Reparto do recheo post-ensaios | Satisfactorio | Satisfactorio | Satisfactorio | Falla |
– Componentes interNos post-ensaios | Satisfactorio | Satisfactorio | Satisfactorio | Satisfactorio |
– Resistencia á tracción das costuras | Satisfactorio | Satisfactorio | Satisfactorio | Satisfactorio |
– Ignición do reberete ou cinta de peche | Arde | Non | Non | Non |
Características físicas | ||||
– Independencia de leitos | Sí | Sí | Sí | Sí |
– Reforzos lumbares | Non | Sí | Sí | Sí |
– Reforzos en platabanda | Sí | Non | Non | Non |
– Reforzos nas esquinas | Sí | Sí | Sí | Sí |
– Refuerzo perimetral | Non | Sí | Non | Non |
– Natureza das válvulas de aireación | Plástica | Plástica | Metálica abierta | Metálica abierta |
– Número de válvulas de aireación | 2 | 4 | 224 | 504 |
– Asas e número delas | 4 | Non | Non | Non |
– Tipo de tejido exterior | Piqué | Piqué | Piqué | Damasco |
– Tipo de tecido exterior | 7,2 | 8,6 | 8,5 | 7,1 |
Marca | COMODON | RELAX | FLEX | DORMILON |
---|---|---|---|---|
Modelo | Dorsal Oro | Orión | Cairo | Zurbarán |
Dimensións | 1,35×1,80 | 1,35×1,90 | 1,35×1,90 | 1,35×1,90 |
Prezo (euros) | 305,55 | 294,50 | 324,96 | 326,35 |
Información | ||||
– Etiquetaxe | Falla | Satisfactorio | Falla | Falla |
– Garantía | Satisfactorio | Satisfactorio | Satisfactorio | Satisfactorio |
– Instruccións de uso e mantemento | Sí | Sí | Sí | Sí |
Características técnicas | ||||
– Control dimensional | Satisfactorio | Satisfactorio | Satisfactorio | Satisfactorio |
– Reparto do recheo | Satisfactorio | Satisfactorio | Satisfactorio | Satisfactorio |
– Firmeza global (mm)1 | 40 | 59,5 | 62 | 50 |
– Elasticidade | Satisfactorio | Satisfactorio | Satisfactorio | Satisfactorio |
– Control dimensional post-ensaios | Satisfactorio | Satisfactorio | Satisfactorio | Satisfactorio |
– Reparto do recheo post-ensaios | Satisfactorio | Satisfactorio | Satisfactorio | Satisfactorio |
– Componentes interNos post-ensaios | Satisfactorio | Satisfactorio | Satisfactorio | Satisfactorio |
– Resistencia á tracción das costuras | Falla | Falla | Satisfactorio | Satisfactorio |
– Ignición do reberete ou cinta de peche | Non | Arde | Non | Llama |
Características físicas | ||||
– Independencia de leitos | Non | Sí | Non | Non |
– Reforzos lumbares | Non | Non | Non | Non |
– Reforzos en platabanda | Sí | Non | Non | Non |
– Reforzos nas esquinas | Sí | Non | Sí | Sí |
– Refuerzo perimetral | Non | Non | Non | Sí |
– Natureza das válvulas de aireación | Metálica abierta | Plástica | Plástica | Plástica |
– Número de válvulas de aireación | 364 | 4 | 4 | 4 |
– Asas e número delas | Non | 4 | 4 | 4 |
– Tipo de tejido exterior | Piqué | Piqué | Damasco | Piqué |
– Tipo de tecido exterior | 6,7 | 6,2 | 6,8 | 6,8 |
1) Firmeza: O resultado deste ensaio no se tivo en conta na valoración global dos colchóns. A maior cifra, menor dureza
Un por un
Un por un
Star
- Modelo: Kapok
- 181,62 euros, o máis barato.
- Valoración global: 7,2 puntos.
- A mellor relación calidade-prezo. Etiquetaxe incorrecta: faltan o número de Rexistro Industrial do producto e a composición. Sen reforzos lumbares nin perimetrais. O de menor número de válvulas de aireación (2) pero son plásticas con protección (as mellores). Catro asas na platabanda do colchón. Ó igual ca outros dos, a súa cinta de peche presentou ignición por chama.
Laxy
- Modelo: Olimpo
- 240 euros, o segundo máis barato.
- Valoración global, o mellor: 8,6 puntos.
- Etiquetaxe cinta de peche presentou ignición por chama.
Pikolín
- Modelo: King
- 240 euros, o segundo máis barato.
- Valoración global, o mellor: 8,6 puntos.
- Etiquetaxe incorrecta: non figura o enderezo do fabricante nin o número de Rexistro Industrial. Sen reforzos de plmellor: 8,5 puntos.
- Sen reforzos perimetrais nin de platabanda. 224 válvulas de aireación metálicas abertas (peor valoradas cás plásticas protexidas). Sen asas.
Eurocolchón
- Modelo: Imperial Iris
- 241,94 euros.
- Valoración global: 7,1 puntos.
- Etiquetaxe incorrecta: falta o número de Rexistro Industrial. O único que falla no reparto do recheo. En firmeza, o már valoradas cás plásticas protexidas).
Comodón
- Modelo: Dorsal Oro
- 305,55 euros.
- Valoración global, a segunda peor: 6,7 puntos.
- Etiquetaxe incorrecta: faltan o número de Rexistro Industrial e a composición. Sen independencia de leitos, reforzos lumbares, nin perimetrais. Inclúe 364 válvulas metálicas de aireación abertas (peor valoradas cás plásticas protexidas). Sen asas. Fallou na proba de resistencia a tracción das costuras.
Relax
- Modelo: Orión
- 294,50 euros.
- Valoración global, a peor: 6,2 puntos.
- O único sen reforzos de ningún tipo. Inclúe catro válvulas plásticas de aireación con protección (mellores en calidade) e catro asas. Fallou en resistencia á tracción das costuras. Ó igual ca outros dous, a súa cinta de peche presentou ignición por chama.
Flex
- Modelo: Cairo
- 324,96 euros, o segundo máis caro.
- Valoración global: 6,8 puntos.
- Etiquetaxe incorrecta: falta o número de Rexistro Industrial do producto. O máis brando. Non posúe independencia de leitos, reforzos lumbares, en platabanda, nin perimetrais. Inclúe catro válvulas plásticas de aireación con protección (mellores) e catro asas.
Dormilón
- Modelo: Zurbarán
- 326,35 euros, o máis caro.
- Valoración global: 6,8 puntos.
- Etiquetaxe incorrecta: faltan o número de Rexistro Industrial e a composición. Sen independencia de leitos, reforzos lumbares, nin reforzos en platabanda. Inclúe catro válvulas plásticas de aireación con protección (mellores) e catro asas. Ó igual ca outros dous, presentou ignición por chama na cinta de peche.