Zonas verdes urbanas: 36 parques, a estudio

Equipamento e seguridade, aspectos que cómpre mellorar

A calidade "verde" destes parques urbanos aproba con nota, e aínda que se rexistraron deficiencias noutros apartados ningún suspende globalmente o exame
1 Novembro de 2002
Img temap 121

Equipamento e seguridade, aspectos que cómpre mellorar

Co fin de analiza-las zonas verdes das nosas cidades e coñecer en qué estado se atopan, CONSUMER visitou 36 parques ou xardíns emblemáticos de 12 cidades: Madrid, Barcelona, Valencia, Alacante, Bilbao, San Sebastián, Vitoria, Pamplona, Málaga, Santander, Logroño e A Coruña.

A principal conclusión é que tódalas zonas verdes estudiadas aproban, e con nota, o exame desta revista, se ben hai moitos matices de grande interese. Destaca positivamente a calidade natural das zonas verdes, que merece de media un notable e non rexistra un só suspenso. No bloque da seguridade, aínda que o 8% dos parques suspenden, a nota media é aceptable. Pero unha cousa é o exame técnico de CONSUMER e outra (en ocasións moi distinta) a percepción dos usuarios. Esta revista preguntoulles a 20 visitantes de cada parque se consideraban que era seguro durante todo o día. Os datos son elocuentes: o 40% dos enquisados entende que o parque ó que acode máis a miúdo non é seguro.

A poboación urbana medra entre dúas e tres veces máis rápido cá rural e todo apunta a que esta tendencia se manterá nas próximas décadas. Este xa tradicional éxodo das zonas rurais cara á cidade supón no noso día a día unha certa renuncia ós espacios verdes, considerados pola Organización Mundial da Saúde (OMS) como imprescindibles polos beneficios que reportan no noso benestar físico e emocional. Amais de axudaren a que respiremos aire fresco e limpo, as zonas verdes constitúen lugares de esparexemento e lecer, uns espacios propicios para as relacións sociais entre as persoas. Tamén contribúen a mitiga-lo estrago urbanístico das cidades, a facelas máis habitables. Ademais, o contacto con esas zonas verdes é a máxima aproximación de moitos cidadáns á natureza e algúns xardíns e parques antigos albergan valiosas especies de flora e fauna merecedoras dunha especial atención social.

Co fin de analiza-las zonas verdes das nosas cidades e coñecer en qué estado se atopan, CONSUMER visitou 36 parques ou xardíns emblemáticos de 12 cidades: Madrid, Barcelona, Valencia, Alacante, Bilbao, San Sebastián, Vitoria, Pamplona, Málaga, Santander, Logroño e A Coruña.

A OMS recomenda que as urbes dispoñan, como mínimo, de entre 10 e 15 m2 de área verde por habitante, distribuídos equitativamente en relación á densidade de poboación e polo tanto, de edificación. Das 12 cidades estudiadas, e segundo os datos proporcionados por fontes oficiais, só Vitoria (20,8 metros cadrados de zona verde por habitante), Logroño (18,3), Pamplona (16,9), Madrid (15,9) e Santander (14,9) superan esa ratio establecida pola OMS, mentres que Barcelona, Bilbao, Málaga, Valencia, Logroño e A Coruña non teñen nin sequera 7 metros cadrados de zona verde por habitante. Os concellos de San Sebastián e Alacante non lle ofreceron datos ó respecto a esta revista, malia á reiterada insistencia dos técnicos de CONSUMER.

A principal conclusión é que tódalas zonas verdes estudiadas aproban, e con nota, o exame desta revista, se ben hai moitos matices de grande interese. Destaca positivamente a calidade natural das zonas verdes, que merece de media un notable e non rexistra un só suspenso. No bloque da seguridade, aínda que o 8% dos parques suspenden, a nota media é aceptable. Pero unha cousa é o exame técnico de CONSUMER e outra (en ocasións moi distinta) a percepción dos usuarios. Esta revista preguntoulles a 20 visitantes de cada parque se consideraban que era seguro durante todo o día. Os datos son elocuentes: o 40% dos enquisados entende que o parque ó que acode máis a miúdo non é seguro. Pero hai unha excepción: San Sebastián, coas súas tres zonas verdes sen unha soa opinión negativa de usuarios no tocante á seguridade, pode presumir de que os cidadáns se senten realmente seguros nos seus parques (aínda que indubidablemente, o feito de que pechen a partir de determinada hora favorece esta percepción de seguridade por parte dos seus usuarios). Os parques máis criticados en materia de seguridade foron (con máis do 50% de opinións negativas), e de peor a mellor valorados, os seguintes: Xardíns de Piquío (Santander), Lomorán (Alacante), Dona Casilda (Bilbao), Lakua-Arriaga (Vitoria), Parque do Oeste e O Retiro (Madrid), Parque do Oeste (Málaga), Parque do Carme (Logroño), A Taconera (Pamplona) e Paulo Ruíz Picasso (Málaga). Falando de medias, os parques (de entre os estudiados, naturalmente) percibidos polos seus usuarios como menos seguros atópanse en Madrid, Málaga e Alacante. Chama poderosamente a atención o gran contraste entre os datos da análise técnica de seguridade dos parques e a opinión dos seus usuarios. Esta contradicción é moi manifesta nos parques de Madrid, que obteñen un notable en seguridade no exame de CONSUMER e, sen embargo, son os menos seguros para os usuarios consultados. A escasa ou nula vixilancia, a comisión de roubos, e a presencia de indixentes, toxicómanos, pandas xuvenís e prostitutas son, nesta orde, os argumentos esgrimidos polos usuarios enquisados que suspenderon os parques e zonas verdes en materia de seguridade. Son, en todo caso, cuestións ben distintas ás analizadas por CONSUMER.

E, para rematar, o equipamento e outros servicios tan só acadan un aprobado de media e detectouse no 8% dos parques (que suspenden en equipamento e servicios) a necesidade de importantes melloras, fundamentalmente no tocante á inexistencia de áreas de xogo infantil, espacios deportivos, carrís de bici, accesos para minusválidos, urinarios para cans, zonas cubertas, fontes e cabinas de teléfono e a horarios exiguos

Seguridade, mellorable

En máis dun de cada dez parques comprobouse, a determinadas horas do día, a existencia de prostitutas, proxenetas ou toxicómanos e xiringas. Proba diso son as xiringas detectadas no parque da Florida en Vitoria, a presencia de prostitutas e proxenetas nos parques de Arriaga (Vitoria), Xardíns de Pereda (Santander) e o parque do Oeste (Madrid), ou a advertencia realizada por boa parte de transeúntes do parque do Retiro (Madrid) alertando da posibilidade de roubo no caso de descoidar algunha das pertenzas. Se ben a porcentaxe de espacios que non logran aprobar este apartado supera lixeiramente o 11% e tan só os espacios verdes malagueños non logran aproba-lo exame técnico, a lectura dos datos (e máxime se temos en conta os datos proporcionados pola enquisa a usuarios) non pode ser positiva. No 42% das zonas verdes non se observou persoal de seguridade, mentres que no 32% a súa presencia é esporádica.


Un dato positivo:
o 83% dos espacios verdes está valado ou delimitado dalgunha maneira no seu perímetro. E outro negativo: no 64% das zonas verdes estudiadas existe tráfico que afecta ó normal desenvolvemento das actividades de lecer. Entre estas, no 54% dos caso o tráfico atravesa a zona verde, no 38% é periférico e no 8% a circulación dáse das dúas maneiras.

O mellor e o peor... cidade por cidade

Pamplona

Parques estudiados: Media Lúa, A Taconera, Yamaguchi

O mellor:

  • Entre os mellores en calidade de espacios verdes.
  • A posibilidade de gozar do céspede en tódalas zonas analizadas.
  • A existencia de flores e o seu óptimo estado de conservación e limpeza.
  • A existencia de áreas infantís, fontes e cabinas telefónicas.
  • A cuarta mellor valoración global das doce cidades analizadas (7,6 puntos de media).

O peor:

  • Inexistencia de persoal de seguridade.
  • Non hai urinarios para cans en ningunha zona verde estudiada.
  • Faltan zonas cubertas nas que pórse ó abeiro da chuvia.

Logroño

Parques estudiados: Príncipe de Vergara (O Espolón), San Miguel, O Carme.

O mellor:

  • Non teñen barreiras arquitectónicas para minusválidos nas súas zonas verdes urbanas, e dispoñen de obras artísticas nun óptimo estado de conservación.

O peor:

  • Non hai zonas cubertas nas que pórse ó abeiro da chuvia.
  • Só un dos tres parques tiña flores.
  • A presencia dunha canle de auga a rentes do chan sen sinalizar e moi accesible no Parque do Carme, amais de faros con cables soltos ó alcance dos nenos.
  • A segunda peor cidade no bloque de seguridade, con 6,3 puntos.

Santander

Parques estudiados: Xardíns de Pereda, Península da Madalena, Piquío.

O mellor:

  • Papeleiras en perfecto estado de conservación e limpeza e ben repartidas por toda a extensión do parque. É a única cidade na que esto ocorre nas tres zonas.

O peor:

  • O parque Pereda non aproba (4,8 puntos) o bloque de calidade debido ó mal estado de conservación e limpeza do céspede, aínda que disque as obras de mellora deste parque comezaran axiña.
  • Tan só nun espacio verde hai aseos públicos, e o seu estado de conservación e limpeza deixa moito que desexar.
  • A terceira peor nota en equipamento das doce cidades do estudio, por detrás de Alacante e Madrid.
  • A segunda peor valoración global (aínda que con 6,4 puntos) despois de Málaga.

Valencia

Parques estudiados: Parque do Oeste, Xardíns do Real, Xardín do Turia (tramo X-XI).

O mellor:

  • Os parques mellor valorados de media (8,1 puntos).
  • A seguridade: acadan 8,3 puntos, a segunda mellor valoración.
  • Presencia continua de persoal de seguridade en dous dos tres espacios verdes visitados.
  • Árbores en perfecto estado de conservación e capaces de prover unha boa sombra.

O peor:

  • Dous dos tres parques analizados teñen horario de peche.
  • Ningún dispuña de urinario específico para cans.

Alacante

Parques estudiados: Lomorán, O Palmeiral e Castelo San Fernando

O mellor:

  • As zonas de céspede, as mellores do estudio.
  • Parques valados ou delimitados dalgún xeito no seu perímetro, moi útil para que os nenos non escapen.

O peor:

  • Árbores, sebes e flores en mal estado.
  • O equipamento (4,8 puntos): ningún dos parques analizados dispón de cabinas nin de urinarios para cans e só un ten un adecuado acceso para minusválidos.
  • Xunto con Logroño, a única cidade na que dous dos tres parques analizados carecen de flores.

A Coruña

Parques estudiados: Xardíns Méndez Núñez, Parque Santa Margarida e Parque Europa.

O mellor:

  • Xunto cos parques de Bilbao, os mellores en equipamento (7,4 puntos).
  • Os segundos mellores na valoración global (7,9).
  • Parques abertos todo o día e deseñados para facilitárlle-lo acceso ós usuarios minusválidos.
  • Xunto cos de Barcelona, dispoñen das mellores zonas cubertas.
  • Entre as mellores zonas de árbores.

O peor:

  • O tráfico atravesa dous dos parques analizados, dificultando o normal desenvolvemento das actividades de lecer.

Barcelona

Parques estudiados: Parque da Cidadela, Diagonal Mar, Güell.

O mellor:

  • Os máis seguros (9,4 puntos), aínda que o feito de que permanezan pechados a determinadas horas do día contribúe a que a nota neste sentido sexa positiva.
  • Dous dos parques analizados dispuñan de persoal de seguridade.
  • Tódolos parques tiñan bancos, obras artísticas e fontes en bo estado de conservación e limpeza.
  • Xunto cos da Coruña e Bilbao, os mellores no tocante á presencia de zonas cubertas.
  • Os que máis espacios deportivos posúen.

O peor:

  • Carecen de cabinas telefónicas.
  • Tódolos parques analizados permanecen cerrados a certas horas do día.

Madrid

Parques estudiados: O Retiro, Parque do Oeste e Xardín do Capricho

O mellor:

  • Xunto cos de San Sebastián, Valencia e Pamplona, os mellores na calidade das zonas verdes (9 puntos).
  • Os tres parques visitados teñen zona de árbores e de flores.
  • Obras artísticas en bo estado de conservación.

O peor:

  • Xunto cos de Alacante, os peores en equipamento (4,5).
  • Ningún conta con área infantil ou zonas cubertas.
  • En dous dos tres parques non hai aseos públicos ou cando os hai, o seu estado de conservación e limpeza non é axeitado. Ademais, ningún ten urinario para cans.

San Sebastián

Parques estudiados: Aiete, Miramar e Cristina Enea

O mellor:

  • A segunda mellor valoración global: 7,9 puntos.
  • Os segundos mellores en calidade das zonas verdes (9,3 puntos), tralos de Valencia.
  • Todos dispoñen de área infantil de xogos, obras artísticas, fontes en bo estado de conservación, e garántenlle-lo acceso ós minusválidos.

O peor:

  • Carecen de cabinas telefónicas e aseos para cans.
  • Todos permanecen pechados a determinadas horas do día.
  • Dous deles teñen varias zonas sen sinalización nin varanda, as únicas dúas deficiencias en seguridade dos tres parques.

Bilbao

Parques estudiados: Dona Casilda, Etxebarria e Parque Europa (Txurdinaga)

O mellor:

  • O equipamento: o mellor das doce cidades estudiadas.
  • O gran número de papeleiras e o seu óptimo estado de conservación e limpeza.
  • Espacios deportivos en moi bo estado.

O peor:

  • Non hai persoal de seguridade en ningún dos espacios verdes.

Vitoria

Parques estudiados: A Florida, Lakua-Arriaga e O Prado.

O mellor:

  • As tres zonas verdes permanecen abertas todo o día.
  • Única cidade na que dous dos tres espacios contan con carril de bicis.
  • Ausencia de barreiras arquitectónicas para os minusválidos en tódalas áreas.

O peor:

  • A peor valoración na calidade de céspede, árbores, etc.
  • Presencia de toxicómanos e xiringas nun dos parques, e de prostitutas noutro.

Málaga

Parques estudiados: Paulo Ruíz Picasso, Paseo do Parque e Parque do Oeste.

O mellor:

  • O coidado, o estado de limpeza e conservación das sebes, que destacan tamén por non teren camiños creados polos usuarios.

O peor:

  • A peor nota global, con 6 puntos.
  • Ausencia de persoal de seguridade.
  • Só un dos parque está libre de tráfico
  • A presencia, nuns dos parques, de tapas metálicas no chan, con buratos e óxido, que poden resultar cortantes.
  • A única cidade que suspende na seguridade dos espacios verdes (4,2 puntos).

O estudio: só os datos

  1. O 64% das zonas verdes permanecen abertas. durante todo o día.
  2. No 58,3% existe tráfico. que afecta ó normal desenvolvemento das actividades de lecer. Entre estas no 54% dos caso o tráfico atravesa a zona verde, no 38% é periférico mentres que no 8% a circulación se dá das dúas maneiras.
  3. O 89% das zonas verdes visitadas contan con árbores. . Destas o 89% contan con árbores grandes abondas como para proveren de sombra ós usuarios. Víronse árbores deterioradas, en mal estado ou con signos de vandalismo, no 14% das zonas analizadas.
  4. O 14% das zonas verdes lucían zonas de céspede descoidadas, . mentres que a limpeza non era a adecuada no 7%. No tocante á posibilidade de pisa-lo céspede, no 19% das zonas non se permitía facer uso do mesmo.
  5. O 22% das zonas verdes carecían de flores. . Nas que si había flores, tan só nun 3% o estado de conservación e limpeza non era o idóneo, pero no 11% observáronse flores en mal estado ou con signos de vandalismo.
  6. Había sebes. no 92% dos espacios verdes, e no 14% destas detectouse falta de limpeza.
  7. O 44% das zonas verdes carecen de espacios deportivos, . mentres que entre os que si os tiñan o 10% presentaban mal estado de conservación e limpeza.
  8. As zonas cubertas onde se abeirar do sol e da chuvia. brillaban pola súa ausencia no 67% das áreas verdes.
  9. No 52% dos espacios verdes urbanos non había cabinas telefónicas. .
  10. O 92% contaban con fontes. das cales o 12% eran de abastecemento de auga potable, o 6% ornamentais, e o 82% tiñan ámbolos tipos de fontes.
  11. Só no 42% das zonas verdes non se observou persoal de seguridade, . mentres que no 32% a presencia destes é esporádica.
  12. O 83% dos espacios verdes está valado ou delimitado. dalgunha maneira no seu perímetro.
  13. O 53% das áreas verdes carecen de aseos públicos, na súa maioría (o 97%) gratuítos, e tan só no 52% destes o estado de limpeza e conservación era óptimo.
  14. O 78% das zonas verdes carecen de urinarios para cans. .
  15. O 78% das zonas verdes contan con obras artísticas. se ben tan só en dúas de cada tres o estado de conservación e limpeza era óptimo.
  16. O 97% dos espacios verdes tiñan papeleiras, . pero nun de cada catro o estado de conservación das papeleiras non era o adecuado, e no tocante á súa limpeza só o 8% presentaban un estado óptimo.
  17. En tódalas áreas verdes había bancos para sentarse, . e no 50% dos casos o seu estado de conservación e limpeza eran os óptimos, mentres que o 17% necesitaban un mellor mantemento.
  18. O 25% das zonas verdes carecían de área infantil recreativa, . e no 30% das zonas nas que existía o seu estado de conservación non era o adecuado, se ben resultaba cando menos aceptable. A limpeza brillaba pola súa ausencia no 7% das áreas infantís pero era óptima no 70%.
  19. Tan só o 8% dos espacios verdes contaba con carril específico para bicis.
  20. O 17% dos parques non están adecuadamente adaptados para que os visiten os minusválidos.

¿Cómo se fixo?

Técnicos de Consumer visitaron durante a primeira e segunda semana de outubro un total de 36 grandes espacios verdes urbanos de doce cidades para avalia-la calidade desas zonas verdes, os seus servicios e equipamentos e a súa seguridade. Visitáronse os tres espacios verdes máis representativos de cada cidade considerando como tales os parques ou xardíns con vexetación que dispoñan de mobiliario urbano e doutros servicios ou equipamentos. Todos eles son xestionados por entidades públicas. Para elixi-las zonas verdes que cumprisen eses requisitos, contactouse co Departamento de Parques e Xardíns ou de Medio Natural dos concellos, para que sinalasen os tres espacios verdes máis importantes da súa cidade. Entendéronse como tales os parques ou zonas verdes de certa extensión, con grande afluencia de visitantes e con certa tradición na cidade. Unha vez nas zonas verdes, técnicos de CONSUMER analizaron diversos aspectos dos mesmos, englobados en tres bloques: calidade das zonas verdes (en termos de existencia e estado de conservación e limpeza de zonas de céspede, árbores, flores e plantas, sebes…), servicios e equipamento, e seguridade. As variables estudiadas en cada bloque fixáronse coa colaboración de expertos en parques urbanos e medio natural. Ademais, en cada un dos espacios verdes estudiados realizóuselles unha enquisa a 20 usuarios (un total de 720 breves entrevistas), para coñece-la súa percepción da seguridade de cada zona verde.