Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, polo tanto, unha vixencia limitada.

Analizadas sobre o terreo 300 liñas de autobús urbano de 18 cidades. Ademais, opinan 3.000 usuarios : Puntualidade e información, principais deficiencias dos buses urbanos

O servizo que prestan mellorou moito en catro anos. A frecuencia media é de 16 minutos e o prezo da viaxe mercando un bono de varias viaxes, de 0,55 euros

No autobús

Un dos aspectos que se tivo en conta no estudo é se o autobús se achega correctamente á beirarrúa da parada para facilitar a recollida e o descenso dos pasaxeiros. Para iso diferenciouse entre os que non se achegan por causas alleas ao condutor, principalmente pola presenza de vehículos estacionados na zona e os que non o fan sen motivo aparente. Un de cada catro autobuses da Coruña, dous de cada dez de Pamplona e Granada, e mais dous dos 25 estudados en Valencia non se achegaron á beirarrúa malia que non había obstáculo ningún que o impedise.

O 95% dos autobuses non abriron as súas portas ata que o vehículo se atopaba completamente parado e nunha proporción similar non arrancaron ata pechar completamente as súas portas. Os usuarios tamén agradecen que o condutor espere e non reinicie a marcha ata que acaben de acomodarse. Non obstante, no 60% dos autobuses visitados comprobouse como o condutor se reincorporaba á vía sen que os pasaxeiros se situasen correctamente. Esta situación constatouse en todos os autobuses visitados na Coruña e en Oviedo, e mais en nove de cada dez de Granada, San Sebastián e Valladolid. Os máis coidadosos neste aspecto foron os condutores de Valencia e Vitoria.

Se hai algo que lle desagrada especialmente ao pasaxeiro durante o traxecto é sentirse zarandeado, por mor dunha condución agresiva. En dous de cada dez autobuses o condutor acelerou ou freou bruscamente, proporción similar á detectada no estudo realizado no 2003. Isto aconteceu ata en seis de cada dez autobuses de San Sebastián, e mais na metade dos traxectos estudados en Granada, Logroño e Vitoria.

No 97% dos traxectos constatouse que o condutor respectaba os sinais de tráfico. Menor foi o cumprimento da prohibición de conversar mentres conduce. En dous de cada dez autobuses observouse que si o facía, se ben en boa medida era para responder a usuarios que tiñan dúbidas sobre as paradas da liña. Os condutores en xeral ofrecéronlles aos pasaxeiros un trato correcto.

Equipamento

Todos os autobuses do estudo contaban cun dispositivo visual, xeralmente un elemento luminoso que se acende e que anuncia que se solicitou a parada. A maioría de autobuses tamén contan con sistemas visuais (xeralmente pantallas luminosas) que anuncian o nome das paradas do traxecto, un elemento de grande utilidade tanto para os pasaxeiros que descoñecen o percorrido como para persoas con problemas auditivos. Destacan positivamente as cidades de San Sebastián, Bilbao, Málaga, Zaragoza, Madrid, Vitoria e Sevilla, onde todos os autobuses contan con monitores ou pantallas luminosas. Así mesmo, en Valencia xa se instalou este sistema en sete de cada dez autobuses.

O estado de conservación e limpeza dos autobuses españois é mellorable e é neste apartado onde os cidadáns teñen boa parte da responsabilidade. Dous de cada dez suspenden neste apartado.

Paxinación dentro deste contido

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións