Gafas de sol, 20 mostras analizadas
Todas cumpren os requisitos que impón a normativa, pero algunhas só son adecuadas para intensidades suaves de luminosidade solar.
Coa chegada do bo tempo, as gafas de sol convértense en case imprescindibles. O seu uso espállase cada vez máis, ó tempo que van adquirindo unha gran relevancia como un complemento máis suxeito ós vaivéns da moda. De feito, as empresas de óptica compiten hoxe coas propostas de afamados deseñadores de roupa, marcas de moda e boutiques e tendas de complementos, que presentan a súa propia liña de gafas de sol. Neste contexto, algúns usuarios antepoñen esta función estética e simbólica das gafas de sol ó seu cometido práctico que, malia a todo, segue sendo o principal: a protección dos nosos ollos fronte á radiación luminosa.
A lexislación europea considera as gafas de sol como equipamento de protección individual (EPI) e sométeas a unha normativa que establece esixencias de calidade que deben cumprir para incorporaren a marca CE. A idea esencial sobre a que xira esta lexislación comunitaria é que unha gafa de sol debe protexer eficazmente contra as radiacións nocivas procedentes do sol sen que iso afecte negativamente á apreciación das cores e ó contraste da imaxe por parte do usuario.
Obviamente, o criterio clave para atinar na elección dunhas gafas de sol é o emprego ó que se vai destinar. E os factores fundamentais que o determinan son o filtro de protección e a cor do cristal, directamente relacionados coa intensidade luminosa e o tipo de radiación que chegará ós ollos do usuario. Outros elementos de decisión (deixando á parte os puramente estéticos, completamente subxectivos) son o deseño da montura, que non debe ser demasiado pequena (por implicar lentes de tamaño pequeno) nin quedar separada do rostro, xa que aumentaría a absorción da radiación ultravioleta ó engadirse a procedente dos laterais. Pero hai outras cuestións que definen a calidade das gafas de sol, e en xeral de calquera gafa, como a resistencia da montura, o seu deseño ou os materiais da montura.
As funcións básicas destas gafas son amorteceren parcialmente a intensidade luminosa, protexeren contra a radiación ultravioleta e diminuíren o efecto cegador. Estas son algunhas das variables estudiadas por CONSUMER na súa análise de 20 gafas de sol, adquiridas en tendas de óptica e boutiques de roupa e complementos. A diferencia de prezos entre as mostras analizadas foi enorme. As máis económicas foron os modelos de Base (1.500 pesetas) Springfield (2.490 pesetas), Jota (2.780 pesetas), Fosco e ZA Accesories (3.995 pesetas), as cinco adquiridas en tendas de roupa e complementos. As máis caras foron Oakley (27.700 pesetas), Gucci (24.500 pesetas) e Giorgio Armani (20.020 pesetas). O custo medio foi dunhas 11.000 pesetas. Neklot, MS F Basic, West, SunGeart Sport, Massimo Dutti, Dirty Dog e Police custan menos cá media e os modelos estudiados de Persol, Carrera, Ray Ban, Diesel e Eassun sitúanse por riba das 11.000 pesetas.
Comparouse a información técnica que lle proporcionan ó consumidor as súas etiquetas, a calidade de visión que ofrecen, a protección que conseguen fronte á radiación solar, o estado das lentes e a súa resistencia ante a inflamabilidade, a radiación, as posibles caídas, golpes e rozamentos.
A normativa, como se adiantou, ten en conta unha serie de niveis máximos ou mínimos, de obrigado cumprimento para que a gafa poida incorpora-la marca CE, que tódalas mostras levan.
Conclusións
Só o 15% destas gafas de sol incorporan garantía (non obrigatoria neste producto) e no 55% delas falta información que a normativa define como obrigatoria. Tan só os modelos de Ray Ban, Persol, Dirty Dog, Oakley e Giorgio Armani (todos custan 10.000 pesetas ou máis) eran correctos en información ó consumidor, aínda que en Oakley e Giorgio Armani se anotaron discrepancias na categoría de filtro declarada e a determinada por CONSUMER no laboratorio.
A normativa establece cinco categorías de filtro segundo a porcentaxe de luminosidade que transmite a lente. Once das vinte mostras presentaban un filtro de categoría 3, o que equivale a unha protección elevada, indicada para situacións de luminosidade forte, como o sol da praia ó mediodía. Houbo tamén lentes de categoría 1 (mínima protección, para días semianubrados), 2 (sol suave) e 4 (máxima protección, para esquí, montaña e mar…), pero ningunha da categoría 0 (interiores e ceo cuberto). A transmisión no ultravioleta, tanto no rango completo, coma nos raios UVA e UVB foi moi baixa e acorde en tódolos casos ás directrices legais. Oakley é a que máis amortece a transmisión da radiación visible (6%), ó contrario ca Fosco (71%). Por outra banda, dez mostras superaron unha transmisión no infravermello do 80%, de menor relevancia para a nosa visión en canto á súa procedencia do sol. Base e Fosco proporcionaron a menor protección fronte ó cegamento provocado pola luz azul (arredor do 70% de transmisión).
Xa que a protección da lente é conforme á norma en tódolos casos, quen busca prestacións correctas neste apartado pode optar polas máis baratas deste comparativo, Base UV 400 Protection, que resultan adecuadas para unha luminosidade solar moderada e custan só 1.500 pesetas, se ben non traen estoxo para conservalas ó abeiro de golpes ou rozamentos.
Se o usuario quere unhas gafas que proporcionen a información técnica que a normativa esixe, a mostra máis económica que cumpre este importante e obrigatorio requisito é MS F Basic, que custa 5.400 pesetas e é adecuada para luminosidade solar media. Para quen busca gafas que sirvan para situacións de luminosidade forte e asemade desexa unha información satisfactoria sobre o producto, a alternativa máis interesante é Massimo Dutti 7000 690 500, que custa 7.985 pesetas.
Por outra banda, a calidade de visión das gafas de sol depende en boa parte da fidelidade cromática ou ausencia de distorsión na percepción das cores. É correcta en tódalas mostras, e só o modelo de Springfield se achega, pero sen superalo, ó límite do coeficiente de atenuación visual relativa para a cor verde, un índice matemático que informa da distorsión, e que é importante, neste caso, para distingui-la cor verde dos semáforos.
Ademais, as gafas de sol para usuarios sen problemas de visión deben ser opticamente neutras, non deben estar graduadas. Jota presentou unha lixeira potencia óptica (+0,12), pero inferior á admitida. Por outra banda, burbullas, estrías, raias e outros defectos na masa ou na superficie da lente prexudican a calidade da visión. Na análise só se detectaron raias superficiais nunha das dúas lentes de cinco gafas.
Non todo é a protección fronte á luz
A norma establece tamén uns parámetros mínimos de resistencia mecánica e ó impacto, así como á inflamabilidade e á radiación, que determinarán a durabilidade e avellentamento das gafas. Tódalas mostras presentaron un comportamento satisfactorio neste importante apartado.
A maioría das lentes foron de cor verde, que se considera óptima pola súa fidelidade cromática e o seu comportamento en ambientes de moita luminosidade.
Polo tanto, pódese concluír que as 20 gafas de sol estudiadas cumpren satisfactoriamente o seu cometido e as normas de calidade que a lexislación establece e que será o uso ó que se pensen destinar e os aspectos non estudiados (materiais da montura, calidade do deseño…) e outros máis subxectivos (relacionados con aspectos estéticos e de moda) os que, en boa lóxica, inclinarán a balanza a favor dunha ou outra.
En síntese e táboa comparativa
En síntese
- Analizáronse 20 gafas de sol que se adquiriron en ópticas e tendas de roupa e complementos de moda, e custaban entre as 1.500 pesetas de Base e as 27.700 de Oakley Minute Polarized.
- Estudiouse: protección ante a intensidade luminosa e ante a radiación ultravioleta e infravermella, resistencia da lente (ós golpes e caídas, á inflamabilidade e á radiación) e a calidade da visión que permiten (especialmente, a protección fronte ós posibles efectos cegadores causados pola luz solar azul).
- Todas cumpren os requisitos que impón a normativa europea para este producto, pero algunhas só son adecuadas para intensidades suaves de luminosidade solar.
- Só tres teñen garantía (non é obrigatoria) e menos da metade indicaba a información (instruccións de uso e advertencias, categoría do filtro de protección, entre outros datos…) obrigatoria.
- Algunhas só son aptas para intensidade luminosa moderada, polo que cómpre fixarse na categoría do seu filtro. A categoría 1 é para luminosidade suave, a 2 para moderada, a 3 serve cando o sol é intenso e a 4 é idónea cando a intensidade luminosa solar é moi elevada.
- Hainas que non son caras e ofrecen un elevado índice de protección e algunhas caras só son axeitadas para intensidades medias de luz. -Algunhas opcións interesantes: MS F Basic (5.400 pta), West 100 % UV Protection (5.500 pta) e Jota 6053 (2.780 pta), Neklot 100% UV Protection (4.750 pta) e Dirty Dog Skullsmasher (9.900 pta).
MARCA | Police | Jota | Oakley | Ray Ban | Giorgio Armani |
---|---|---|---|---|---|
MODELO | 5262 Col 20 100% UV Protec. | 6053 | Minute Black Polarized | G-15 Lens 100% UV Protec. | Occhiali 100% UV Protec. |
FABRICANTE | Industrial Mecanotécnica Óptica SA | Adquirides a JOTA | Oakley Inc. | Luxottica Ibérica S.A. | Luxottica Ibérica S.A. |
PREZO (pta) | 10.500 | 2.780 | 27.700 | 16.300 | 20.020 |
INFORMACIÓN Ó CONSUMIDOR | Mal | Mal | Moi ben | Ben | Regular |
Marca CE | Si | Si | Si | Si | Si |
Garantía (non obrigatoria) | Non | Non | Si | Non | Non |
Instruccións e advertencias | Non | Non | Si | Si | Si |
Categoría de filtro indicada | Non | Non | 3 | SN | Gafa 1/ Etiqueta 3N |
CALIDADE DA LENTE | Ben | Ben | Moi ben | Moi ben | Ben |
Calidade da visión | n | n | n | n | n |
Cor da lente | Verde | Verde (degradada) | Verde (polarizada) | Verde | Gris (degradada) |
Potencia óptica 1 | Bé | Desv. + 0,12 | Bé | Bé | Bé |
Transmisión luz visible (%) | 13 | 47 | 6 | 15 | 36 |
Categoría de filtro real | 3 | 1 | 4 | 3 | 2 |
Variabilidade transmisión visible (%) | menor que 10 | menor que 20 | menor que 10 | menor que 20 | menor que 10 |
Transmisión luz solar azul (%) | 10 | 25 | 6 | 11 | 37 |
Fidelidade cromática 2 | Ben | Ben | Ben | Ben | Ben |
Calidade de superficie e masa | Raias superficiais na lente dereit | Raias superficiais na lente dereita | Sen defectos | Sen defectos | Sen defectos |
Protección | n | n | n | n | n |
Transmisión UV (%) 3 | 0,09 | 0,77 | 0,07 | 0,09 | 0,52 |
Transmisión IR (%)4 | 88 | 87 | 62 | 25 | 88 |
Resistencia 5 | Correcto | Correcto | Correcto | Correcto | Correcto |
MARCA | Eassun | Fosco | West | Massimo Dutti | Springfield |
---|---|---|---|---|---|
MODELO | Frisco Metal 700 | 22 8382 006 938 08052 | 100% UV Protection |
7000 690 500 | UV 400 100% UV Protec. |
FABRICANTE | – | Adquiridas en FOSCO | I.O.V.E.S. | Grupo Massimo Dutti S.A. | Eurofiel Confección S.A. |
PREZO (pta) | 13.500 | 3.995 | 5.500 | 7.985 | 2.490 |
INFORMACIÓN Ó CONSUMIDOR | Mal | Mal | Mal | Ben | Mal |
Marca CE | Si | Si | Si | Si | Si |
Garantía (non obrigatoria) | Si | Non | Non | Non | Non |
Instruccións e advertencias | Non | Non | Non | Si | Non |
Categoría de filtro indicada | Non | Non | Non | 3 | Color 6 3 |
CALIDADE DA LENTE | Moi ben | Ben | Moi ben | Ben | Ben |
Calidade da visión | n | n | n | n | n |
Cor da lente | Verde | Lila | Gris | Verde | Castaña |
Potencia óptica 1 | Ben | Ben | Ben | Ben | Ben |
Transmisión luz visible (%) | 14 | 71 | 12 | 14 | 10 |
Categoría de filtro real | 3 | 1 | 3 | 3 | 3 |
Variabilidade transmisión visible (%) | menor que 10 | menor que 10 | menor que 10 | menor que 10 | menor que 10 |
Transmisión luz solar azul (%) | 9 | 69 | 11 | 10 | 2 |
Fidelidade cromática 2 | Ben | Ben | Ben | Ben | Verde (0,64) |
Calidade de superficie e masa | Sen defectos | Raia superficial na lente dereita | Múltiples raias na lente esquerda | Sen defectos | Sen defectos |
Protección | n | n | n | n | n |
Transmisión UV (%) 3 | 0,06 | 0,22 | 0,09 | 0,11 | 0,09 |
Transmisión IR (%) 4 | 38 | 87 | 44 | 88 | 52 |
Resistencia 5 | Correcto | Correcto | Correcto | Correcto | Correcto |
1 Potencia óptica: graduación da lente. Non sendo que as queiramos especificamente graduadas, a potencia das lentes de sol debe ser nula.
2 Fidelidade cromática: percepción correcta (non distorsionada) das cores. Relacionada co recoñecemento das luces do semáforo. Vén dada polo coeficiente de atenuación visual relativa, parámetro para o que a normativa establece límites nas catro cores básicos: vermellomaior que 0,8; amarelomaior que 0,8; azulmaior que 0,4; verdemaior que 0,6.
3 Transmisión UV (%): transmisión no rango do ultravioleta (280 a 380 namómetros). A lexislación establece que a transmisión UVA será como máximo igual á do visible se a categorías de filtro son 0,1 ou 2, e a metade da transmisión do visible se a categoría é 3 ou 4. No tocante á UVB, o máximo sitúase na décima parte da transmisión do visible, para tódalas categorías. Por outra banda, a FDA (Food and Drug Administration) recomenda unha transmisión máxima do 1% para o UVA e do 5% para o UVB.
4 Transmisión IR (%): transmisión no rango do infravermello (780 a 2.000 namómetros).
5 Resistencia: a lexislación establece as probas e os límites destinados a avalia-la resistencia ó impacto, resistencia mecánica, inflamabilidade e resistencia á radiación
MARCA | MS&F Basic | Dirty Dog | SunGear Sport | ZA Accesories | Persol |
---|---|---|---|---|---|
MODELO | 11609 | Skullsmasher | Undertow | UV 400 | 100% UV Protection Tempered Glass |
FABRICANTE | Luis Ramo SL | Dirty Dog Eyewear Ltd. | – | Grupo Inditex SA | Luxottica Ibérica SA |
PREZO (pta) | 5.400 | 9.900 | 6.900 | 3.995 | 17.270 |
INFORMACIÓN Ó CONSUMIDOR | Ben | Moi ben | Mal | Regular | Ben |
Marca CE | Si | Si | Si | Si | Si |
Garantía (non obrigatoria) | Non | Si | Non | Non | Non |
Instruccións e advertencias | Si | Si | Non | Si | Si |
Categoría de filtro indicada | 2 | 3 | Non | 2 | 3P |
CALIDADE DA LENTE | Ben | Moi ben | Ben | Ben | Moi ben |
Calidade da visión | x | x | x | x | x |
Cor da lente | Taronja-Marró | Marró | Gris | Gris | Verd |
Potencia óptica 1 | Ben | Ben | Ben | Ben | Ben |
Transmisión luz visible (%) | 43 | 10 | 14 | 41 | 15 |
Categoría de filtro real | 2 | 3 | 3 | 2 | 3 |
Variabilidade transmisión visible (%) | menor que 10 | menor que 10 | menor que 10 | menor que 10 | menor que 10 |
Transmisión luz solar azul (%) | 7 | 4 | 13 | 38 | 11 |
Fidelidade cromática 2 | Ben | Ben | Ben | Ben | Ben |
Calidade de superficie e masa | Sen defectos | Raias superficiais na lente dereita | Sen defectos | Sen defectos | Sen defectos |
Protección | n | n | n | n | n |
Transmisión UV (%) 3 | 0,08 | 0,07 | 0,07 | 0,09 | 0,08 |
Transmisión IR (%) 4 | 84 | 28 | 89 | 67 | 27 |
Resistencia 5 | Correcto | Correcto | Correcto | Correcto | Correcto |
MARCA | Neklot | Diesel | Gucci | Carrera | Base |
---|---|---|---|---|---|
MODELO | 100% UV Protection | 125 Kusini YB7DW | GG 2653/S YB7 | Spectrum nm-589 Crystal UV 400 | UV400 Protection 4810AS |
FABRICANTE | – | – | – | Safilo España SA | Adquiridas en BASE |
PREZO (pta) | 4.750 | 14.900 | 24.500 | 17.160 | 1.500 |
INFORMACIÓN Ó CONSUMIDOR | Mal | Mal | Mal | Regular | Regular |
Marca CE | Si | Si | Si | Si | Si |
Garantía (non obrigatoria) | Non | Non | Non | Non | Non |
Instruccións e advertencias | Non | Non | Non | Si | Si |
Categoría de filtro indicada | Non | Non | Non | Non | 1 |
CALIDADE DA LENTE | Moi ben | Ben | Ben | Moi ben | Ben |
Calidade da visión | x | n | n | n | n |
Cor da lente | Gris | Gris-lila (degradada) | Gris (degradada) | Verde | Lila (degradada) |
Potencia óptica 1 | Ben | Ben | Ben | Ben | Ben |
Transmisión luz visible (%) | 11 | 24 | 32 | 10 | 55 |
Categoría de filtro real | 3 | 2 | 2 | 3 | 1 |
Variabilidade transmisión visible (%) | menor que 10 | menor que 20 | menor que 20 | menor que 10 | menor que 20 |
Transmisión luz solar azul (%) | 10 | 27 | 24 | 7 | 68 |
Fidelidade cromática 2 | Ben | Ben | Ben | Ben | Ben |
Calidade de superficie e masa | Sen defectos | Sen defectos | Sen defectos | Sen defectos | Sen defectos |
Protección | n | n | n | n | n |
Transmisión UV (%) 3 | 0,08 | 0,43 | 0,38 | 0,10 | 0,37 |
Transmisión IR (%) 4 | 39 | 88 | 88 | 58 | 89 |
Resistencia 5 | Correcto | Correcto | Correcto | Correcto | Correcto |
Unha por unha
Unha por unha, 20 gafas de sol
MS F Basic
- 5.400 pta
- Información ó consumidor: ben. Calidade da lente: ben.
- Sen garantía (non obrigatoria), pero con instruccións de emprego e mantemento e indicación da categoría do filtro. Lentes de cor laranxa-castaña, con categoría de filtro 2, unha filtración intermedia, lentes medianamente coloradas aptas para luminosidade solar media. Elevada protección fronte á radiación ultravioleta e fronte ó efecto cegador producido pola luz solar azul, pero (sendo correcta) unha das menores fronte á radiación infravermella.
West 100 % UV Protection
- 5.500 pta
- Información ó consumidor: mal. Calidade da lente: moi ben.
- Sen garantía (non obrigatoria), nin información ningunha ó consumidor. Lentes de cor gris, con múltiples raias no lente esquerdo. Categoría do filtro: 3, unha filtración considerable, son lentes escuras adecuadas para luminosidade solar forte. Elevada protección ante tódolos tipos de radiación estudiados.
Dirty Dog Skullsmasher
- 9.900 pta
- Información ó consumidor: moi ben. Calidade da lente: moi ben.
- Con garantía, e información de emprego e mantemento completa xunto con indicación da categoría do filtro. Lentes de cor castaña, con categoría de filtro 3, unha filtración considerable; son lentes escuras aptas para luminosidade solar forte. Raias superficiais na lente dereita. Elevada protección, tanto fronte á intensidade luminosa coma ante a radiación ultravioleta e infravermella e o efecto cegador do sol.
Base UV 400 Protection 4810AS
- 1.500 pta, as máis baratas.
- Información ó consumidor: regular. Calidade da lente: ben.
- Sen garantía (non obrigatoria), pero con instruccións de emprego e mantemento, e indicación da categoría do filtro. Omite a identificación do fabricante. Categoría do filtro: 1 (filtración solar suave, lentes lixeiramente coloradas, luminosidade solar lixeira). Sen funda. Lentes de cor lila, de tipo degradado. A menor (aínda que correcta) protección fronte á radiación infravermella, e moderada ante a intensidade luminosa. Baixa protección fronte ó efecto cegador producido pola luz solar azul.
ZA Accesories UV400
- 3.995 pta
- Información ó consumidor: regular. Calidade da lente: ben.
- Sen garantía (non obrigatoria), pero con información de emprego e mantemento, así como da categoría do filtro. No adhesivo dunha lente indica filtro 2 (a real, unha filtración suave, son lentes lixeiramente coloradas, para luminosidade solar media). Pero este adhesivo contén símbolos incorrectos, xa que corresponden á categoría de filtro 4, o que induce a erro. Lentes de cor gris.
Springfield UV400 100% UV Protection
- 2.490 pta
- Información ó consumidor: mal. Calidade da lente: ben.
- Sen garantía (non obrigatoria) nin información ningunha ó consumidor. Categoría do filtro: 3, unha filtración considerable, son lentes escuras aptas para luminosidade solar forte. Lentes de cor castaña, que igualan o límite admitido na distorsión cromática da cor verde, importante para a conducción. Elevada protección fronte á intensidade luminosa. A maior protección fronte ó efecto cegador provocado pola luz solar azul.
Jota 6053
- 2.780 pta
- Información ó consumidor: mal. Calidade da lente: ben.
- A terceira máis barata. Categoría de filtro 1, unha filtración suave, son lentes lixeiramente coloradas e adecuadas para luminosidade solar lixeira. Sen garantía (non obrigatoria), e información ó consumidor deficiente: carece de instruccións de emprego e mantemento, e de indicación da categoría do filtro. Sen funda. Lente verde, de tipo degradado ou progresivo, con lixeiras raias na lente dereita. Aínda sendo alta, a de menor protección contra a radiación ultravioleta. Moderada potencia óptica (+0,12), dentro do admitido. Aínda sendo correcta, a menor protección fronte á radiación infravermella.
Neklot 100% UV Protection
- 4.750 pta
- Información ó consumidor: mal. Calidade da lente: moi ben.
- Sen garantía (non obrigatoria), nin instruccións de emprego ou mantemento. Lentes de cor gris, de categoría de filtro 3, unha filtración considerable, son lentes escuras aptas para luminosidade solar forte. Elevada protección en xeral, pero especialmente fronte á intensidade luminosa, a radiación ultravioleta e o efecto cegador provocado pola luz solar azul.
Massimo Dutti 7000 690 500
- 7.985 pta
- Información ó consumidor: ben. Calidade da lente: ben.
- Categoría do filtro: 3, unha filtración considerable, son lentes escuras aptas para luminosidade solar forte. Sen garantía (non obrigatoria), pero si información correcta ó consumidor. Lentes de cor verde. Aínda sendo correcta, unha das menores proteccións fronte á radiación infravermella, pero elevada fronte ó efecto cegador provocado pola luz solar.
Fosco 22 8382 006 938 08052
- 3.995 pta
- Información ó consumidor: mal. Calidade da lente: ben.
- Sen garantía (non obrigatoria) nin información ó consumidor. Lentes de cor lila, cunha raia superficial na lente dereita. Categoría do filtro: 1, unha filtración suave, lentes lixeiramente coloradas aptas para luminosidade solar lixeira. Aínda sendo correcta, a menor protección fronte á intensidade luminosa. Unha das menores (pero correcta) protección fronte á radiación infravermella e fronte ó efecto cegador da luz solar azul.