Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, polo tanto, unha vixencia limitada.

Accidentes de tráfico e aseguradoras : Cando dar parte se complica

A ampla casuística de sinistros e o noso descoñecemento das condicións do seguro motivan que dar parte se converta nun labor difícil e problemático

Exclusións: o que a miúdo NON cobren os seguros de automóbil

Seguro de Danos Propios, Incendio e Roubo (todo risco)

  • As compañías indemnizan polo valor a novo como moito durante un ano ou dous. A partir dese momento, a indemnización só se fará polo valor venal (valor de mercado) do vehículo, que dependerá da antigüidade do vehículo.
  • Circulación do vehículo por vías non aptas.
  • Danos ocasionados debidos á conxelación da auga do radiador.
  • Danos que afecten ós pneumáticos, agás en caso de perda total, incendio ou explosión do vehículo.
  • Danos e subtraccións que afecten ós accesorios ou opcións do vehículo, non sendo que foran aseguradas nas condicións particulares.
  • Avarías mecánicas ou a reparación do simple desgaste por uso ou deficiente conservación.
  • Danos que afecten a elementos ou instrumentos de uso profesional.
  • Danos que afecten ó remolque arrastrado polo vehículo do asegurado, e ó roubo de obxectos que estean no interior do mesmo.

Seguro de Responsabilidade Civil Ilimitada

  • Accidentes ocasionados de xeito intencionado.
  • Danos ocasionados se o vehículo non pasou a ITV.
  • Danos producidos no desenvolvemento de labores industriais ou agrícolas.
  • Danos ocasionados cando se circule por vías non aptas para a circulación (terras de labranza, dependencias dun aeroporto, etc.).
  • Danos causados ó conductor do vehículo causante.
  • Danos materiais causados nas cousas transportadas.
  • Pagamento de multas ou sancións.
  • Lesións ós ocupantes de vehículos non autorizados a transportaren persoas.
  • Danos sufridos polo vehículo asegurado cando sexa conducido por un menor de 25 anos con menos de dous anos de antigüidade de carné de conducir e que non é titular do seguro, non sendo que fora expresamente designado nas condicións particulares da póliza. Algunhas compañías cobren os danos, pero impoñen unha franquía alta (1.200 euros).
  • Danos ocasionados baixo os efectos do alcohol, drogas, estupefacientes, etc., sempre que haxa unha sentencia condenatoria deste tipo de delicto.

Seguro Obrigatorio de Responsabilidade Civil

  • Danos sufridos polo vehículo asegurado, os obxectos transportados nel e os bens dos que resulten titulares (conductor, cónxuxe e parentes ata o terceiro grao de consanguinidade ou afinidade).
  • Danos ocasionados ó conductor do vehículo.
  • Accidentes producidos por conducta dolosa (intencionada) ou baixo a influencia de bebidas alcohólicas ou drogas.

Paxinación dentro deste contido

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións