Un encontro de dez minutos a cotío
No devir cotián hai tantas cousas que facer e tanto ó que atender que o pouco tempo que queda das obrigas se dedica ó descanso. Pero ese lapso que ben serve para reparar as forzas perdidas non desenvoca necesariamente en momentos de lecer, nin procura unha tregua para mimarse a un mesmo. É máis, a dinámica lévanos moitas veces a ceder as horas libres das que dispomos para satisfacer ós demais e cumprir con guións sociais, aparcando desexos e necesidades. Somos capaces de esquecernos das nosas apetencias interiores para que o exterior funcione. Esta actitude, mal chamada altruísta, non respecta ou descoñece os límites en que un se move con satisfacción, o que xera unha negación persoal e acaba provocando anoxo e rabia.
De feito, o hábito de deixarnos postergados a un segundo plano tórnanos incapaces de vernos e de atender ás nosas apetencias e gustos. Esta falta de interese propio lévanos a agacharnos, polo que deixamos de amosarnos antes os demais. Encamiñámonos a un espazo onde as nosas aspiracións non caben, xa que lles restamos importancia e deixamos de procuralas. Haberá momentos en que reclamemos atención, máis como unha esixencia ca como unha petición, pois percibimos os demais como debedores, aínda que foramos nós mesmos quen nos mutilásemos. Nós mesmos somos quen esquecemos gardar un tempo para facermos actividades que nos satisfán ou para estarmos con aquelas persoas con quen nos apetece estar. Máis aínda; existe unha parcela esquecida e deixada de lado que nin botamos de menos: a de estar centrado un consigo mesmo durante un tempo, aínda que sexa reducido, a cotío.
Programarmos o noso tempo
Dez escasos minutos abondan para recuperar esa parcela. Pór unha cifra e que sexa tan reducida pode parecer ridículo, pero igual que programamos o resto das nosas actividades, por que non programar esta? O tempo concreto que acordemos, e, máis aínda, o feito de facelo, implica:
- Ternos en conta.
- Darnos un lugar nas prioridades das nosas accións.
- Pensar que somos importantes.
- Coidarnos igual que coidamos dos demais.
- Mimar a nosa existencia.
Se un familiar ou un bo amigo nos solicitase dez minutos diarios, case seguro que non dubidariamos en llos conceder. Daquela, por que non termos a mesma atención e coidado con nós mesmos? Por que nos custa tanto vernos e sentirnos como o que somos: unha persoa importante? Será que non nos valoramos nin queremos?
Aceptarnos como somos
- Agoniarnos con todo o que deberiamos facer ou nos falta por facer.
- Lembrar os nosos malestares, tanto físicos coma emocionais.
- Darlle voltas a calquera feito que nos ten preocupados.
- Buscar solucións para problemas que temos pendentes.
- Pensar, analizar e facer traballar a mente.
- Illarnos coas nosas preocupacións ou pensamentos recorrentes.
- Aislarnos de nuestros problemas, darnos un respiro de las preocupaciones y una tregua de las obligaciones.
- Darnos un tiempo por el que constatamos la importancia que nos otorgamos.
- Conectar con nuestra propia soledad.
- Estar físicamente solos con nuestro cuerpo y nuestra mente.
- Sentirnos y conocernos más y mejor.
- Abandonarnos a nada.
- Ás veces, amorearanse os pensamentos e outras virannos de un en un, ou ningún. Ós pensamentos hai que deixalos pasar, sen pararnos en cada un deles nin concederlles interese.
- Ó primeiro, pode que ese tempo incomode e inquiete, igual cá primeira vez que compartirmos un espazo e un tempo con alguén a quen non coñecemos.
- Afacémonos a escoitarnos para deixar de ser estraños para nós mesmos.
- Atoparemos o gusto e o pracer de gozar da nosa propia compañía e valorala máis.