Servizos de Tarificación Adicional: liñas 800 e 907

Diferentes servizos, distintos custos

O usuario debe coñecer os seus dereitos e os gastos que ocasiona o uso duns prefixos que xeran numerosas queixas
1 Abril de 2006
Img consejo listado 153

Diferentes servizos, distintos custos

/imgs/20060401/img.consejo.01.jpgAsesoramento legal e médico, información meteorolóxica, participación en concursos, compra telefónica ou sexo son algúns dos servizos que se ofrecen a través dos chamados servizos de tarificación adicional, ou o que é o mesmo, dos números que comezan por 803, 806, 807 ou 907, este último, de uso exclusivo en Internet.

Os prefixos actuais substituíron en outubro de 2003 os 903 e 906, en funcionamento desde 1992, debido ao desenmascaramento dalgunhas fraudes e descoñecemento popular sobre as súas tarifas. Co cambio, as liñas e os seus diferentes servizos quedaron máis definidos, pero tamén aumentaron o seu prezo ata acadaren os 3,5 euros por minuto.

Con todo, as queixas non desapareceron. Das 12.000 reclamacións recibidas durante 2005 na Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, máis de 1.000 referíanse a algún destes números.

Por isto, convén coñecer algúns datos para saber diferenciar entre cada liña e evitar así sorpresas desagradables.

  • No comezo de cada chamada deben informalo da identidade do titular e do número chamado, do prezo máximo por minuto, incluídos os impostos, tanto de rede fixa como da móbil e de se está dirixido a maiores de 18 anos.
  • A duración máxima desta información será de 15 segundos, e unicamente se facturará o establecemento de chamada. Non deben comezar a tarificar ata pasados 5 segundos desde a finalización da locución.
  • A duración máxima da chamada establecida polo Código de Conduta para a prestación dos servizos de tarificación adicional (803, 806, 807 e 907) é de 30 minutos. Os servizos orientados a un público infantil e xuvenil no 806 non sobrepasarán os 8 minutos, e os concursos e sorteos con idéntico prefixo non superarán os 5 minutos. O prestador do servizo deberá cortar de forma automática a comunicación tan pronto como conclúa o tempo máximo.

/imgs/20060401/img.consejo.02.jpg

Medidas de protección

  • Debido ao seu contido, na maioría das ocasións só para adultos, e ao seu elevado custo, a normativa recoñece o dereito dos abonados ao servizo telefónico (tanto fixo coma móbil) á desconexión dos servizos de tarificación adicional cos prefixos 803, 806 e 807. Os operadores deben atender os pedimentos de desconexión destes servizos nun prazo máximo de dez días desde a data en que o solicite.
  • As chamadas aos números 907, correspondentes a servizos de tarificación adicional de acceso a través de Internet, atópanse de partida inhabilitadas para o usuario, e só poderán acceder a este servizo os que o solicitaran expresamente. Estes usuarios poderán pedir a baixa deste servizo en calquera momento, nas mesmas condicións que para o resto de servizos de tarificación adicional.

803, 806 y 807

  • O custo destas chamadas págao o usuario. O minuto pode custar ata 3,45 euros se a chamada se realiza desde un móbil.
  • A diferenza entre os tres prefixos radica no contido. As liñas 803 quedaron establecidas para maiores de 18 anos e asuntos referentes a liñas eróticas, ciencias ocultas, contactos ou relacións, etc. os 806 acollen servizos de ocio e entretemento, coma xogos e concursos, e o prefixo 807 está destinado a servizos profesionais como asesoría legal, avogados, psicólogos, médicos, etc.
  • No custo da chamada tamén inflúe a cifra que segue a estes prefixos. Non costa o mesmo se van seguidos por un 3, un 4, un 5 ou un 6 ou 7 (por exemplo: a chamada a un 803 3… custa 0,70 euros por minuto, mentres que a mesma chamada realizada a un 803 7… custaría 1,30 euros) e, aínda máis, se a cuarta cifra (803 9…) é un 8 ou un 9 o custo dispárase. Por iso, o importante é saber a onde se chama e o gasto que suporá facelo.

907

  • O prefixo 907, exclusivo de Internet, está destinado a servizos profesionais de ocio e de entretemento, e contidos para adultos.
  • Só se pode acceder a esta numeración a través da rede telefónica básica, a conexión tradicional, non por banda ancha nin cable.
  • A marcación a este prefixo está de partida inhabilitada polos operadores, para acceder á mesma cómpre a súa solicitude ao provedor do servizo.

Desacordos coa factura

Se lle chega unha factura coa que non está de acordo, por non ter constancia de que utilizara estes servizos, pode negarse a pagala. Pero non de calquera maneira. Ten vostede a opción de solicitar á compañía de telefonía unha factura con información polo miúdo na que figurarán por separado as chamadas realizadas polo servizo de tarificación adicional. Se aínda non pagou a factura, vostede pode optar por pagar só a parte correspondente ao servizo telefónico, e deixar de aboar os importes cos que non estea de acordo despois de presentar a correspondente denuncia diante da súa Xunta Arbitral máis próxima ou na Secretaría de Estado de Telecomunicacións. a Lei impide así que lle corten o teléfono mentres estudan o seu caso.

Se xa pagou a factura, ten dereito, sempre que probe que vostede non realizou estas chamadas, á devolución do importe correspondente aos servizos de tarificación adicional, non ao do servizo telefónico.

Os outros 900
  • 900. Servizo de cobro revertido automático. Son as únicas de carácter gratuíto para o usuario que chama.
  • 901. Servizo de tarificación compartida. O custo da comunicación compártese entre a persoa que chama e a chamada. con independencia da súa situación xeográfica, ao usuario que chama factúraselle unicamente o custo dunha chamada metropolitana..
  • 902. Número Universal. O custo íntegro da chamada é facturado a quen a realiza. O prezo é menor ca o dunha chamada interprovincial, pero máis caro ca o dunha local.
  • 904. Telefonía persoal. Permite ao cliente recibir chamadas dirixidas ao seu número persoal con independencia dunha ubicación nacional ou internacional, que o que telefona non ten por que coñecer. Por iso, a persoa que realiza a chamada aboará unha tarifa de chamada provincial e a diferencia seralle cargada ao cliente.
  • 905. Liña enquisa e tratamento de chamadas masivas. Permite contabilizar o número de chamadas a números prefixados para enquisas, así como regular o fluxo de chamadas cara a eses números para evitar saturacións. Algunhas das modalidades do servizo retribúen o cliente por cada chamada recibida. Non custa o mesmo un 905 seguido dun 1 ca acompañado dun 5.