Indispensables pero pouco coñecidos
Escriturar a compravenda dunha vivenda
Labor do notario
A misión do notario consiste en dar fe de que se levou a cabo esta operación dentro da legalidade vixente. Unha vez feitas as pertinentes comprobacións, encárgase de elaborar as escrituras, documento que acredita que a propiedade pertence ó seu comprador.
- As comprobacións
- Antes de que se realicen as escrituras, o notario solicita do Rexistro da Propiedade unha nota informativa na que conste quen é o propietario da vivenda, se está ou non libre de cargas…
- Comproba o pagamento das cotas da comunidade: o notario pode requirirlle ó administrador da comunidade de propietarios o certificado que reflicte que o vendedor está ó día no pagamento das cotas da comunidade.
- Datos catastrais: o notario solicita que se acredite o número de referencia catastral da vivenda, polo xeral a través do recibo de IBI que o vendedor debe presentar.
- Efectúa funcións de asesoramento: principalmente á hora de formalizar un contrato de compravenda, o notario aconsella a todas as partes de xeito gratuíto. Cada vez é máis habitual que antes de escriturar a vivenda se asine un contrato privado entre vendedor e comprador. Aínda que non é un contrato obrigatorio, asínase moi a miúdo, e máis aínda se a compravenda se efectúa a través dun operador inmobiliario. Nestes casos, o notario non intervén nos contratos de compravenda, pero antes da rúbrica pode informar do seu contido e resolver calquera dúbida.
- Escrituras
Trátase dun documento público outorgado ante notario. Ata que o comprador non está en posesión deste documento, que acredita que a vivenda é da súa propiedade, non é verdadeiramente propietario. A diferenza do contrato de compravenda, a escritura pública “dá fe por si mesma”, demostra de quen é unha propiedade.
Aínda que o habitual é que as escrituras de compravenda dunha vivenda se realicen coa notaría que habitualmente traballa coa entidade bancaria que financia a hipoteca, o certo é que o comprador do inmoble -que, cómpre non esquecelo, vai ser quen aboe os honorarios deste profesional- é libre de contratar os servizos do notario que desexe (dentro do distrito notarial que lle corresponda).
Taxas
As tarifas notariais ou aranceis cóbranse en función dunha escala que toma por base o prezo da casa, con independencia de que sexa nova ou usada. Velaquí as tarifas mínimas -non hai tope para máximos- estipuladas polo Goberno mediante Real Decreto:
- Se o valor da vivenda non excede de 6.010,12 euros: o notario cobra 90 euros.
- Se o valor comprende entre 6.010,14 e 30.050,60 euros: 4,5 euros por cada mil euros.
- Se o valor comprende entre 30.050,61 e 60.101,21 euros: 1,5 euros por mil.
- Se o valor comprende entre 60.101,22 e 150.253,03 euros: 1 euro por mil.
- Se o valor comprende entre 150.253,04 e 601.012,10 euros: o notario cobra 0,5 euros por mil.
- Se o valor comprende entre 601.012,11 euros e ata 6.010.121,04 euros: 0,3 euros por mil.
- Se excede de 6.010.121,05 euros: o notario percibirá a cantidade que libremente acorde coas partes outorgantes.
Consello
Dado que as estipulacións das tarifas só mencionan as cantidades mínimas que os notarios poden cobrar e non as máximas, na práctica hai notables diferenzas entre uns despachos notariais e outros. Convén comparar: as tarifas tamén se poden multiplicar en función do prestixio do notario, da súa experiencia e recoñecemento profesional e do lugar físico onde se localiza a oficina.
-
Labor do notario
A figura do notario é imprescindible na sinatura de testamentos e no reparto de herdanzas. Entre a diversidade de testamentos que existen (militar, marítimo, notarial pechado e hológrafo), o máis común é o testamento aberto notarial, dadas as súas enormes vantaxes fronte ós outros. -
A última vontade
O notario fai constar a última vontade do testador en escritura pública, polo que é o mesmo notario quen redacta o testamento e se encarga de que as cláusulas estean dentro da legalidade. -
Conservación do testamento
Entre as actuacións notariais neste campo está a de conservación do testamento. O orixinal queda no seu poder e o que lle entrega ó testador é só unha copia. Isto conséguese a través do Rexistro Xeral de últimas vontades. Na actualidade non é necesaria a presenza de testamentos: abonda con que o testador amose o DNI e as escrituras dos bens. -
Tarifas
Os testamentos máis habituais son os chamados xenéricos, que normalmente fan constar que os bens comúns dunha parella pasen dun a outro cando un deles morra e ós seus fillos se finan os dous. Nestes casos cómpre realizar dous testamentos, cada membro da parella cadanseu, e o prezo estipulado anda arredor dos 40 euros por cada testamento, en función dos folios que inclúa.