Un dos mellores é barato
Os oito ferros utilizan o vapor para alisar os tecidos, o que é fundamental para un resultado óptimo. O laboratorio mediu o tempo que tarda cada equipo en quecer. Siemens e Solac son os únicos que alcanzan o ‘moi ben’ (algo máis dun minuto), seguidos por Fagor, Ufesa e Bosch (‘ben’) que tardan o dobre. Braun, Philips e Rowenta quedan nun ‘normal’, xa que precisan tres minutos. Nesta proba Solac tívose que medir dun xeito distinto ó resto, xa que non xera vapor de auga vertendo auga sobre a base quente senón que dispón dun termóstato e resistencia distintos ó da base, o que lle permite expulsar vapor mesmo cando o ferro está ó mínimo de temperatura.
Solac é o ferro de pasar que máis tarda en alcanzar os 180º centígrados na súa base (2 minutos e 39 segundos), mentres que os outros sete tardaron practicamente o mesmo en alcanzar esa temperatura (algo máis dun minuto). Non se puido analizar o material das bases, porque algúns fabricantes utilizan fórmulas propias.
No tocante á uniformidade da calor ó longo da base, os mellores son Siemens, Solac e Fagor, seguidos de Philips, Ufesa e Rowenta. Braun e Bosch quedaron nun ‘normal’. Para saber o tempo que pode estar o ferro expulsando vapor quéntanse á máxima temperatura na posición que máis vapor expelen, sen usar o ‘vapor extra’: Rowenta obtivo a mellor valoración (‘moi ben’) e Braun e Bosch quedaron nun ‘normal’.
No tocante ó caudal de fuga (as perdas de auga) é inexistente nos oito, pois todos contan cun sistema antipingas. Como se comprobou na proba de uso, os usuarios prefiren os ferros que emiten o vapor xusto, nin excesivo nin escaso. Neste apartado os mellores foron Siemens e Philips, e os peores Braun e Fagor.
Un ferro de pasar debe ser lixeiro para que traballar con el sexa o menos fatigoso posible. Os máis liviáns foron Braun (1,3 kg) e Bosch (1,4 kg) e os máis pesados Rowenta (1,7 kg) e Solac (1,6 kg). O consumo real de electricidade foi inferior ó indicado na súa documentación. O cable máis longo (un metro máis có segundo) é o de Siemens (3,5 metros), e Fagor e Rowenta só ofrecen 1,9 metros. Solac incorpora o único cable que non pivota 360 graos (só oscila 180º). Este xiro de 360º si está presente no resto e dálle ó ferro maior manexabilidade. Todas as mostras inclúen unha luz que se acende mentres o ferro de pasar se está quentando e que se apaga cando alcanzou a temperatura idónea. Solac incorpora unha segunda luz que indica se está enchufado.
O tamaño do depósito de auga inflúe no tempo que cómpre pasar o ferro, xa que se se acaba a auga hai que recargalo e agardar a que volva quecer. Braun ten o depósito máis pequeno (220 mililitros). Os seguintes son Siemens, Fagor e Bosch, con case un 50% máis (300 ml). Nos máis grandes (Solac e Rowenta) caben 400 ml de auga. Os oito ferros ofrecen un spray que pulveriza finas pingas de auga para humedecer os tecidos engurrados. Segundo os fabricantes, para encher o depósito pódese utilizar auga da billa, aínda que se é moi dura (demasiado cal) convén diluíla con auga destilada ó 50%. Non se debe mesturar con aditivos como amidón, perfumes, suavizantes ou substancias antical, que poderían danar o equipo. Todos os ferros incorporan filtros antical. Braun é o único con filtro extraíble; Philips e Siemens inclúen un sistema de autolimpeza para os restos de cal.
Tres usuarios habituais probaron os oito ferros de pasar sobre varias prendas de diferentes tecidos (algodón, fibra, la…) seguindo as indicacións do fabricante. Cada usuario valorou diversos parámetros entre o ‘mal’ (un punto) e o ‘moi ben’ (catro puntos). Todos os ferros superaron os 2 puntos sobre 4 posibles en cada ítem avaliado. Ademais, os resultados foron semellantes, con pouca diferencia entre o mellor e o peor. Globalmente, Braun, Siemens, Philips e Bosch foron os que máis lles gustaron ós usuarios, xa que se pode regular o vapor e son os máis lixeiros. Os peores (aínda que aceptables) son Fagor e Rowenta (ambos moi pesados).
A proba de uso dividiuse en dous apartados: por unha banda mediuse a ergonomía, avaliándose a claridade e utilidade do manual e dos menús, controis e iconas, o seu aspecto exterior, estabilidade, o peso e dimensións do ferro de pasar e a lonxitude do cable. Bosch, con 3,4 puntos de 4 posibles, e Braun e Siemens, con 3,3 puntos, foron os mellores. Fagor e Rowenta aprobaron, pero con só 2,8 puntos. Por outra banda, mediuse a facilidade de uso, valorouse a súa eficacia e velocidade, a emisión de vapor, o pulverizador, a facilidade de escorregada, a limpeza e a facilidade de almacenamento. Neste segundo caso, a valoración máis alta correspondeulle a Braun (3,6 puntos de 4, en especial pola súa velocidade e pola súa función vapor, aínda que fallou en dispersión de auga), seguida de Siemens, Philips e Bosch (con 3,4 puntos). Fagor (2,8 puntos), Ufesa e Rowenta (ambas as dúas 3 puntos) foron os peor valorados.
Todos os ferros de pasar aprobaron o test de compatibilidade electromagnética, que comproba se causan interferencias noutros aparellos eléctricos. No tocante á súa seguridade, unha das probas efectuadas é o ensaio de funcionamento anormal, que analiza o comportamento do equipo ante un curtocircuíto. Para superalo, os ferros de pasar non deben xerar fume, chama ou temperaturas perigosas cando quecen excesivamente. Fagor foi o único que suspendeu este apartado, xa que o fusible térmico saltou, pero non puido impedir que do interior saíse unha gran cantidade de fume.
Siemens, Solac, Ufesa e Bosch non incluíron todas as indicacións obrigatorias que marca a norma, aínda que esta é unha falta leve. O resto de probas (estabilidade sobre superficies inclinadas, acceso a partes activas, corrente de fugas, rixidez dieléctrica, illamento adecuado, impedancia entre as partes condutoras…) foron superadas satisfactoriamente por todas as mostras. Siemens é o único que inclúe un útil mecanismo de seguridade: se non detecta movemento durante trinta segundos cando está apoiado sobre a súa base (ou oito minutos se está erguido sobre o talón) desconéctase de xeito automático.
Os oito ferros de pasar inclúen manuais de uso e información sobre aspectos de seguridade. Tamén os oito teñen garantía, pero non foi correcta en todos os casos: unicamente Braun, Philips e Ufesa ofrecen os dous anos de garantía que marca como mínimo a lei (que entrou en vigor en setembro de 2003, e que cobre todos estes produtos, indíqueno ou non). Fagor ofrece só seis meses, Bosch e Rowenta un ano e Solac un ano de garantía “normal” e outro que cobre o recambio de pezas, pero non a man de obra. A garantía que axuntaba Siemens non especificaba a súa duración, polo que tamén suspendeu este apartado.
Un dos parámetros máis decisivos para un alisamento eficaz é a temperatura que alcanza a base do ferro. O laboratorio mediu a calor xerada en catro puntos distintos da base nas tres posicións que ofrece cada termóstato. A primeira (entre 70º e 120º centígrados) utilízase principalmente para tecidos sintéticos e moi delicados. A posición de temperatura intermedia (entre 100º e 160ºC) emprégase para seda ou la mentres que a de temperatura máis viva (entre 140º e 210ºC) destínase a prendas de algodón ou liño. A cuarta resérvase para a temperatura mínima do equipo.
Con esta proba descóbrese se o ferro é estable termicamente, é dicir, se non ten diferencias de temperatura entre unhas partes e outras da base. Tamén se comproba se se supera a temperatura máxima fixada pola norma para cada posición, e que podería danar as prendas. Todos os ferros de pasar aprobaron, pero Braun, Solac, Philips e Rowenta obtiveron os resultados máis estables e próximos ós que indicaban os seus termóstatos. Para realizar este test manipulouse o mecanismo electrónico de Siemens que apaga o ferro tras trinta segundos de inactividade.
En síntese e táboa comparativa
En síntese
- Analizáronse oito ferros de pasar eléctricos con vapor que custan desde os 41,79 euros de Fagor ata os 92 euros de Siemens. O vapor axuda a quitarlles as engurras ós tecidos e facilita e fai máis rápido o alisamento.
- Fagor foi a única que fallou na proba de funcionamento anormal (demasiado fume nun curtocircuíto). Siemens, Solac, Fagor, Ufesa e Bosch tampouco superaron a proba de seguridade, pero por unha falta menor (non indicar o terminal de terra co símbolo adecuado). Siemens, Solac, Fagor, Bosch e Rowenta non ofrecen os dous anos de garantía obrigatorios.
- Solac é a única que xera vapor de modo independente, o que a converte en máis adecuada para alisar prendas delicadas. Siemens é a única que se desconecta automaticamente.
- Todas superaron as probas de aptitude á función con resultados correctos, aínda que Siemens destacou cun ‘moi ben’. O resto obtivo un ben, agás Braun que quedou nun ‘normal’.
- As mellores na proba de uso foron Braun (3,5 puntos de 4 posibles), Siemens e Bosch (3,4 puntos). As menos boas: Fagor (2,8 puntos) e Rowenta (2,9 puntos).
- A mellor relación calidade-prezo é Braun ProStyle SI 8520, por ser o mellor na proba de uso, superar todas as probas de seguridade e ser o terceiro máis barato.
Marca Modelo |
Braun ProStyle SI 8520 |
Philips GC 4218 |
Bosch Sensix comfort TDA 8301 |
Ufesa Solium 80 PV4122 |
---|---|---|---|---|
Prezo (euros) | 54,39 | 69,18 | 52,32 | 59,38 |
Información e protección ó consumidor | ||||
Marcaxe CE | Sí | Sí | Sí | Sí |
Instrucións de uso e mantemento | Sí | Sí | Sí | Sí |
Información sobre a limpeza | Sí | Sí | Sí | Sí |
Información de seguridade | Sí | Sí | Sí | Sí |
Garantía | 2 anos | 2 anos | Incumpre | 2 anos |
Seguridade | Conforme | Conforme | No Conforme | No Conforme |
Compati- bilidade electro- magnética (EMC) | Correcto | Correcto | Correcto | Correcto |
Características técnicas | ||||
Peso do ferro de pasar (kg) | 1,304 | 1,481 | 1,389 | 1,438 |
Consumo (W) | 1560-1780 | 1630-1855 | 1670-1960 | 1830-2200 |
Lonxitude do cable (m) | 2 | 2,4 | 2,5 | 2,1 |
Fixación cable / graos | Pivotante / 360º | Pivotante / 360º | Pivotante / 360º | Pivotante / 360º |
Capacidade do depósito | NI | 350 | 300 | NI |
Nº posicións regulador de temperatura | 4 | 4 | 4 | 4 |
Vapor regulable | Sí | Sí | Sí | Non |
Filtro antical | Sí | Sí | Sí | Sí |
Sistema autolimpieza | Non | Sí | Non | Non |
Desconexión automática | Sí | Sí | Sí | Sí |
Función vapor extra | Non | Non | Non | Non |
Función vapor en vertical | Sí | Sí | Sí | Sí |
Sistema antipingas | Sí | Sí | Sí | Sí |
Aptitude á función | ||||
Temperatura da base | Satisfac toria |
Satisfac toria |
Satisfac toria |
Satisfac toria |
Tempo de quecemento para modo vapor | Normal | Normal | Ben | Ben |
Duración modo vapor | Normal | Ben | Ben | Ben |
Tempo de quecemento (mín) | 1:06 | 1:05 | 1:14 | 1:05 |
Distribución de temperaturas na base | Normal | Ben | Normal | Ben |
Masa de auga por pulverización | Normal | Moi Ben | Ben | Ben |
Proba de uso (escala de 1 a 4) | 3,5 | 3,3 | 3,4 | 3,1 |
Calidade global | Ben | Ben | Ben | Ben |
NI: Non indicado
Marca Modelo |
Solac Evolution P 216 |
Siemens TB 11320 |
Rowenta Perfect Dx9100 |
Fagor Cima PL-2200 |
---|---|---|---|---|
Prezo (euros) | 70,68 | 92 | 81,17 | 41,79 |
Información e protección ó consumidor | ||||
Marcaxe CE | Sí | Sí | Sí | Sí |
Instrucións de uso e mantemento | Sí | Sí | Sí | Sí |
Información sobre a limpeza | Sí | Sí | Sí | Sí |
Información de seguridade | Sí | Sí | Sí | Sí |
Garantía | Incumpre | Incumpre | Incumpre | Incumpre |
Seguridade | No Conforme | No Conforme | Conforme | No Conforme |
Compati- bilidade electro- magnética (EMC) | Correcto | Correcto | Correcto | Correcto |
Características técnicas | ||||
Peso do ferro de pasar (kg) | 1,630 | 1,474 | 1,7 | 1,515 |
Consumo (W) | 2065-2180 | 1780-1920 | 1630-1900 | 1729-2020 |
Lonxitude do cable (m) | 2,5 | 3,5 | 1.9 | 1,9 |
Fixación cable / graos | Oscilante / 360º | Pivotante / 360º | Pivotante / 360º | Pivotante / 360º |
Capacidade do depósito | 400 | 300 | 400 | 300 |
Nº posicións regulador de temperatura | 4 | 4 | 4 | 4 |
Vapor regulable | Non | Sí | Sí | Sí |
Filtro antical | Sí | Sí | Sí | Sí |
Sistema autolimpieza | Non | Sí | Non | Sí |
Desconexión automática | Sí | Sí | Sí | Sí |
Función vapor extra | Non | Sí | Non | Non |
Función vapor en vertical | Sí | Sí | Sí | Sí |
Sistema antipingas | Sí | Sí | Sí | Sí |
Aptitude á función | ||||
Temperatura da base | Satisfac toria |
Satisfac toria |
Satisfac toria |
Satisfac toria |
Tempo de quecemento para modo vapor | (1) | Moi Ben | Normal | Ben |
Duración modo vapor | Ben | Ben | Moi Ben | Ben |
Tempo de quecemento (mín) | 2:39 | 1:00 | 1:36 | 1:15 |
Distribución de temperaturas na base | Moi Ben | Moi Ben | Ben | Moi Ben |
Masa de auga por pulverización | Ben | Moi Ben | Ben | Normal |
Proba de uso (escala de 1 a 4) | 3,2 | 3,4 | 2,9 | 2,8 |
Calidade global | Ben | Moi Ben | Ben | Insu ficiente |
NI: Non indicado
Un a un
Un a un, 8 ferros de pasar eléctricos a vapor
Braun ProStyle SI 8520
/imgs/20040301/analisis2.braun.jpg 54,39 euros.- Calidade global: Ben. A mellor relación calidade-prezo. O menos pesado (1,3 kg) e o de menor consumo enerxético.
En aptitude á función queda nun ‘normal’. - O mellor na proba de uso: 3,5 puntos de 4.
Bosch Sensix Comfort TDA 8301
- 52,32 euros. O segundo máis barato.
- Calidade global: Ben. Dos menos potentes. Non ofrece os dous anos de garantía nin todas as indicacións de seguridade obrigatorias. O segundo máis livián. Ben en características técnicas e aptitude á función.
- A segunda mellor na proba de uso: 3,4 puntos de 4.
Philips GC 4218
- 69,18 euros.
- >Calidade global: Ben. Dos máis potentes. Con sistema de autolimpeza para eliminar residuos de cal. Ben en características técnicas e en aptitude á función.
- Na proba de uso, 3,3 puntos de 4.
Ufesa Solium 80 PV4122
- 59,83 euros.
- Calidade global: Ben. Dos menos potentes. Non inclúe todas as indicacións de seguridade obrigatorias. O seu mecanismo de vapor non é regulable. Ben en aptitude á función.
- Na proba de uso, 3,1 puntos de 4.
Siemens TB 11320
- 92 euros, o máis caro.
- Calidade global: Moi ben. Dos máis potentes.
- Non indica o prazo de garantía nin todas as indicacións de seguridade obrigatorias. Ofrece o cable máis longo e sistema de autolimpeza. Apágase só. A mellor aptitude á función.
- Na proba de uso 3,4 puntos sobre 4 (o segundo mellor).
Solac Evolution P 216
- 70,68 euros.
- Calidade global: Ben. Dos menos potentes e o que máis consome.
- Non ofrece os dous anos de garantía nin todas as indicacións de seguridade obrigatorias. O seu mecanismo de vapor non é regulable e ten a peor fixación do cable. Xera vapor independentemente. É o que máis tarda en quecer. Ben en aptitude á función.
- Na proba de uso, 3,2 puntos de 4.
Rowenta Perfect DX 9100
- 81,17 euros.
- O segundo máis caro. Calidade global: Ben. Dos máis potentes. Non ofrece os dous anos de garantía obrigatorios nin todas as indicacións de seguridade obrigatorias. O máis pesado (1,7 kg). Ben en características técnicas e en aptitude á función.
- O segundo peor na proba de uso: 2,9 puntos de 4.
Fagor Cima PL-2200
- 41,79 euros, o máis barato.
- Calidade global: Insuficiente. Dos menos potentes. Non ofrece os dous anos de garantía obrigatorios. Incumpre a normativa de seguridade ó non superar o test de funcionamento anormal (emite moito fume). Con sistema de autolimpeza. Ben en características técnicas e en aptitude á función.
- O peor na proba de uso: 2,8 puntos de 4.