Reproductores de DVD

En imaxe e son, todos ben. Número de saídas, formatos lexibles, posibilidade de facer zoom e outras prestacións son o que marca a diferencia.
1 Novembro de 2001

Reproductores de DVD

Analzáronse oito reproductores de DVD que custan entre 46.900 pesetas (LG DVD 4710) e 119.899 pesetas (Sony DVP S725 DW2), que len discos DVD (Digital Versatile Disc), semellantes ós CDs convencionais, pero capaces de almacenaren audio e vídeo con calidade dixital. O acceso a calquera escena da película é instantáneo (como tamén escoller unha canción nun CD), polo que cos DVD o rebobinado pasa á historia. Outra vantaxe é que a película almacenada neste formato pode estar dobrada ata en 8 idiomas e subtitulada noutros 32, unha prestación moi interesante para quen estudia idiomas ou simplemente para a quen lle gusta ve-las películas na súa versión orixinal. Pero non todo son vantaxes: os DVD non poden gravar, de aí que non substitúen en tódalas súas funcións ó vídeo.

A mellor relación calidade-prezo é Philips DVD-722 (59.899 pesetas). Outra elección atinada é Pioneer DV-340, que custa 54.900 pesetas e é moi bo tamén na súa cualificación global. O máis caro, Sony, é o mellor, xa que ofrece prestacións case profesionais pero, de tódolos xeitos, non tan superiores a outros DVD que custan a metade.

O importante é que a calidade de imaxe, a parada de imaxe fixa e a reproducción a velocidades rápidas -prestacións fundamentais nestes equipos- resultaron satisfactorias nestes oito lectores de DVD. Agora ben, en parada de imaxes en movemento a cualificación global foi inferior, especialmente en Pioneer, LG, Grundig e Sanyo, cunha imaxe algo distorsionada. En cámara lenta e imaxe paso a paso, as prestacións foron inferiores ó resto en Pioneer e Panasonic, debido a unha leve distorsión na definición da imaxe. Acontece o mesmo na opción de zoom en Samsung e LG.

A calidade de son é, en xeral, moi boa. Todos ofrecen información do número de cancións e tempos do CD que se está escoitando.

As conexións, punto clave

Canto maior sexa o número de conexións de saída do DVD, máis opcións terá o usuario para conectalo a outros dispositivos coma o televisor, a cadea de son ou o descodificador Dolby Surround. En todos se inclúe unha saída de vídeo tipo euroconector que conecta o DVD á maioría de televisores con boa calidade de imaxe. Os oito dispoñen tamén dunha saída de audio para conectalos a un amplificador. Samsung e Sony incorporan saída para audio 5.1, que divide o son en seis canles, aumentando a súa capacidade envolvente. Philips e Panasonic inclúen saída independente para subwoofer ou altofalante de baixas frecuencias. O de Sony é o único con opción de vídeo por compoñentes, ideal se dispomos dun proxector. Pola súa banda, Samsung, Sony e Sanyo teñen toma para auriculares.

A maioría inclúe dous cables de interconexión, se ben Panasonic e Sanyo ofrecen só un e Grundig ningún. Resumindo, en conectividade Sony é o máis completo, mentres que Grundig e LG son os máis limitados.

Distintos formatos

Á hora de elixirmos un DVD, considera-lo tipo de discos que poida ler é fundamental. Os oito len DVDs e CDs de audio orixinais, pero só Philips e Grundig reproducen CDs con cancións en MP3, formato que comprime a música e permite almacenar doce horas nun CD convencional. Sony e LG non len nin sequera CDs gravados. No menú interactivo dos oito reproductores figura a opción de niveis de ecualización de son, pero tan só en Pioneer e Sony se engade a ecualización de vídeo, con opcións de brillo e contraste de imaxe. Cando a película en DVD o permite, os reproductores analizados permiten escoller ángulos de visión ou evitar escenas non aptas para menores.

Cinco incorporan zoom dixital: Philips ten tres aumentos, Samsung e LG dous, mentres que Grundig e Sanyo ofrecen soamente un. Todos contan no seu frontal con teclas de función de reproducción, parada e pausa. Pero só Samsung, Sony e Panasonic teñen teclas de función de cámara lenta ou rápida cara a diante e cara a atrás. O modelo con maior número de velocidades foi Panasonic, con 10 velocidades lentas, 10 rápidas e unha graduada.

O mando a distancia, ben

Os oito inclúen mando a distancia por infravermellos, pero só os de Samsung e Sony serven tamén para a televisión. En ergonomía, destacan Philips, Pioneer, LG e Panasonic, aínda que o portapilas de Sony é o máis idóneo. O único mando mal valorado é o de Grundig: resulta algo incómodo de usar, non realiza a función de cámara lenta cara a atrás nin permite a expulsión do disco. O de Sony é o de maior número de teclas de función, e o único no que as funcións principais son visibles ás escuras. O equipo máis grande é o Philips (43,5 x 9 x 30 cm), e o máis miúdo, Grundig (36 x 7 x 24,5 cm). O máis lixeiro é Grundig (2,2 quilos), e o máis pesado Sony (4 quilos).

En aspecto exterior, os mellor valorados foron Samsung e Sony, pola súa ruleta frontal multifunción, maior número de saídas, toma de auriculares, tope na súa parte posterior para non tapa-la súa ventilación (Samsung), e conectores de saída dourados (Sony). Grundig foi o peor valorado: ten menos conectores de saída, pero foi un dos mellores en mantemento e limpeza. En xeral, son doados de usar e teñen as funcións traducidas ó castelán. Sanyo é o único que non traduciu a lenda dalgunhas iconas.

A maioría detectan os pequenos golpes e movementos e distorsionan levemente a imaxe e son, e Philips e Sony manifestáronse coma os máis sólidos e robustos. Os consumos son, en tódolos casos, moderados e inferiores ós doutros electrodomésticos semellantes.

A información, mellorable

De novo a información proporcionada ó consumidor pode ser mellorable, se ben a maioría dos DVDs non falla en aspectos críticos. Só os modelos Samsung e LG presentan a súa placa de características en castelán, mentres que Philips e Sanyo omiten -nas instruccións de uso e mantemento- información relevante en castelán. Non sendo en Sony, a placa de características ou a etiqueta bórrase con facilidade. Os certificados de garantía de Samsung e Philips son incorrectos, xa que non inclúen espacio para indica-los datos do vendedor nin do comprador.

Por outra banda, os oito reproductores DVD son seguros e cumpren coas normas de emisión electromagnética.

Claroscuros dun formato de futuro

Os reproductores de DVD son aínda iso, reproductores. Naceron como unha alternativa ó vídeo doméstico que proporcionase maior calidade (máis do dobre có VHS en imaxe, e equiparable ó CD en son), máis opcións (dobraxe a 8 idiomas e subtítulos en 32 idiomas) e, sobre todo, que fose imposible de copiar. O seu mercado potencial estaba na compra e alugueiro de películas.

Sen embargo, non faltaron intentos de empresas por desenvolver un aparello capaz de gravar. Os formatos de gravación de DVD están xa sobre a mesa, son incompatibles entre si e enfrontan ás compañías nunha loita que lembra moito á de comezos dos oitenta entre os sistemas 2000, BETA e VHS. A clave está en que estes sistemas se abaraten e superen o grande escollo: a capacidade de proceso necesaria para procesar, comprimir e gravar un DVD directamente desde a televisión.

No tocante ó DVD como soporte de son, a súa maior capacidade fronte a un CD podería empregarse para gardar máis cancións ou para aumenta-la calidade do audio. O formato escollido pola industria buscaba esta segunda opción, pero só un oído moi adestrado percibe a diferencia entre un CD e un DVD de audio. De aí que todo leva a pensar que aínda lle resta unha longa vida ó CD como soporte de música.

Os fabricantes de DVD dividiron o mundo en oito zonas, e as películas de cada zona só se poden ver nun reproductor vendido nesa zona. Se un usuario adquire un DVD fóra de Europa (que, xunto co Xapón, Sudáfrica e Oriente Próximo se integra na zona 2) cómpre que se asegure de que sexa compatible co seu reproductor.

En síntese e táboa comparativa

En síntese

  • Analizáronse oito reproductores DVD, cun prezo que oscila entre 47.000 e 120.000 pta.
  • A diferencia dun reproductor de vídeo convencional, estes DVD non poden gravar pero ofrecen outras moitas opcións: acceso inmediato a calquera escena, contidos ata en 8 idiomas e 32 en subtítulos, zoom dixital, diferentes ángulos de visión e bloqueo infantil.
  • Deben mellorar na información ó consumidor. En seguridade e compatibilidade electromagnética, todos ben.
  • A mellor relación calidade-prezo é Philips DVD-722 (59.899 pesetas). Outra elección atinada: Pioneer DV-340 (54.900 pta). Sony DVP-S725DW2 (119.899 pta), ofrece prestacións case profesionais pero non moi superiores a outros DVD que custan a metade.
  • Calidade de son e imaxe, parada de imaxe fixa, menú de pantalla, reproducción a distintas velocidades, ergonomía e facilidade de uso e mantemento, satisfactorios nos oito.
  • Os modelos de Samsung, Philips, LG, Grundig e Sanyo teñen zoom dixital. Pioneer e Sony, ecualizador de vídeo. Todos inclúen mando a distancia, pero só os de Samsung e Sony controlan tamén o televisor. Philips DVD-722 e Grundig GDP-5100 son os únicos que reproducen discos en MP3. Sony e LG, únicos que non reproducen CDs de audio non orixinais.
  • En posibilidades de conexión, o mellor é Sony DVP-S725, que ten tamén saída Audio 5.1 (ó igual ca Samsung) para son envolvente.
PHILIPS DVD-722/001 SONY DVP-S725 DW2 PIONEER DV-340 SAMSUNG DVD-811/XEC-A
Prezo (pts) 59.899 46.900 62.899 59.900
Información e protección al consumidor
Etiquetaxe e marcaxe Incorrecto Incorrecto Incorrecto Incorrecto
Instruccións de uso e mantemento Incorrecto Correcto Correcto Incorrecto
Garantía Incorrecto Correcto Correcto Incorrecto
Seguridade Correcto Correcto Correcto Correcto
Compati- bilidade electro- magnética (EMC) Correcto Correcto Correcto Correcto
Características técnicas/Prestacións
Sistemas de reproducción/código rexión PAL/NTSC/2 PAL/2 PAL/NTSC/2 PAL/2
Tipo de discos (á parte de DVD) MP3 No CD grabados
Ecualizador de vídeo Non Non
Ángulos de visión
Zoom/Aumentos Sí/3 Non Non Sí/2
Bloqueo infantil
Mando a distancia para TV/DVD No/Sí Sí/Sí No/Sí Sí/Sí
Número de euroconectores 1 2 1 2
Número de cables de interconsexión 2 2 2 2
Saídas (á parte de RCA, S-Vídeo e Digital) SUBWOOFER A 5.1/AURICULARES COMP. VÍDEO CONTROL IN A 5.1/AURICULARES
Aptitude ó uso
Marcaxe de teclas e conectores moi ben ben ben moi ben
Aspecto exterior, acabado, protección golpes ben moi ben ben moi ben
Facilidade de uso e manexo moi ben moi ben moi ben moi ben
Mantemento e limpeza ben Normal Normal Normal
Manual de instruccións ben ben moi ben ben
Pantalla de visualización ben ben ben Normal
Comportamento ante pequenos golpes ben ben Normal Normal
Ergonomía/Funcionalidade mando
a distancia
moi ben/ben ben/moi ben moi ben/moi ben ben/moi ben
Probas de aptitude moi ben moi ben ben ben
Valoración global moi ben moi ben moi ben moi ben

Observaciones Características (1) Carece de conexión de saída RCA-Vídeo

PANASONIC DVD-RV31 LG DVD-4710 SANYO DVD-1500 GRUNDIG GDP-5100
Prezo (pts) 59.899 119.899 54.900 89.900
Información e protección al consumidor
Etiquetaxe e marcaxe Incorrecto Incorrecto Incorrecto Incorrecto
Instruccións de uso e mantemento Incorrecto Correcto Incorrecto Incorrecto
Garantía Incorrecto Correcto Correcto Incorrecto
Seguridade Correcto Correcto Correcto Correcto
Compati- bilidade electro- magnética (EMC) Correcto Correcto Correcto Correcto
Características técnicas/Prestaciones
Sistemas de reproducción/código región PAL/NTSC/2 PAL/NTSC/2 PAL/NTSC/2 PAL/NTSC/2
Tipo de discos (á parte de DVD) No CD grabados MP3
Ecualizador de vídeo Non Non Non Non
Ángulos de visión
Zoom/Aumentos Non Sí/2 Sí/1 Sí/1
Bloqueo infantil
Mando a distancia para TV/DVD No/Sí No/Sí No/Sí No/Sí
Número de euroconectores 1 1 1 1
Número de cables de interconsexión 1 2 1 0
Salidas (aparte de RCA, S-Vídeo y Digital SUBWOOFER AURICULARES (1)
Aptitude ó uso
Marcaxe de teclas e conectores ben ben ben
Aspecto exterior, acabado, protección golpes ben ben ben Normal
Facilidade de uso e manexo moi ben moi ben ben moi ben
Mantemento e limpeza Normal Normal ben ben
Manual de instruccións ben ben ben ben
Pantalla de visualización ben Normal ben ben
Comportamento ante pequenos golpes Normal Normal Normal Normal
Ergonomía/Funcionalidade mando
a distancia
moi ben/moi ben moi ben/moi ben ben/moi ben ben/Mal
Probas de aptitude ben ben ben ben
Valoración global ben ben ben ben

Observaciones Características (1) Carece de conexión de saída RCA-Vídeo

Un por un

Un por un, oito reproductores DVD

Philips DVD-722/001

  • 59.899 pta
  • A mellor relación calidade/prezo.
  • Información ó consumidor, mellorable: a placa de características e a páxina de “Información xeral” non están en castelán; o formato da garantía non é correcto. Amais de discos DVD e CD orixinais e gravados, le discos en formato MP3. Zoom dixital con tres aumentos. Adxunta dous cables de interconexión, e saída independente para un subwoofer ou altofalante de baixas frecuencias. Moi ben en facilidade de uso e manexo, marcaxe de teclas e conectores, ergonomía, mando a distancia, e calidade de imaxe e son. Valoración global: moi ben.

Pioneer DV-340

  • 54.900 pta
  • O segundo máis barato. Outra interesante opción. Un dos mellores en información ó consumidor, pero a placa de características non está en castelán. Ten ecualizador de vídeo, pero non zoom dixital. Dous cables de interconexión, e saída tipo “Control in”, que permite a conexión con outro equipo Pioneer. Moi ben en facilidade de uso, manual de instruccións, e ergonomía e funcionalidade do mando a distancia. Non tan ben en mantemento e limpeza, e no comportamento ante pequenos golpes.
  • Valoración global: moi ben.

Samsung DVD-811/XEC-A

  • 89.900 pta
  • O segundo máis caro. Etiquetaxe incorrecta. Formato de garantía incorrecto, sen espacio para os datos de vendedor e comprador. Zoom dixital, con dous aumentos. O mando a distancia pode controla-la TV. Dous euroconectores, e dous cables de interconexión. Conexión para Audio 5.1 (cinco altofalantes máis subwoofer), e toma de auriculares. Moi ben en facilidade de uso, aspecto exterior e acabado, marcado de teclas e conectores, e funcionalidade do mando a distancia. Non tan ben en mantemento e limpeza, comportamento ante pequenos golpes, e pantalla de visualización.
  • Valoración global: moi ben.

Sony DVP-S725 DW2

  • 119.899 pta
  • O máis caro, pero de moi boa calidade. Información ó consumidor incorrecta: a placa de características non está en castelán, falta a recomendación de recicla-las pilas; embalaxe sen marcaxe CE. Non le discos CD non orixinais. Ecualizador de vídeo. Sen zoom. O de máis opcións de son. E máis conexións: Audio 5.1, toma de auriculares, e vídeo por compoñentes. Dous euroconectores e dous cables de interconexión. Moi ben en facilidade de uso, aspecto exterior e acabado, mando a distancia (controla a TV) e en calidade de imaxe e son.
  • Valoración global: moi ben.

Panasonic DVD-RV31

  • 59.899 pta
  • Información ó consumidor, incorrecta: a placa de características non está en castelán; falta a recomendación de recicla-las pilas. Sen zoom dixital. Conexión de saída independente para un subwoofer. Moi ben en facilidade de uso e o mando a distancia. Non tan ben en mantemento e limpeza, e en comportamento ante pequenos golpes.
  • Valoración global: ben.

LG DVD-4710

  • 46.900 pta
  • O máis barato. Un dos mellores en información ó consumidor, pero a placa de características mestura textos en inglés e castelán e manual sen recomendación de reciclaxe de pilas. Non le CD gravados. Zoom dixital con dous aumentos. Dous cables de interconexión. En conexións de saída, unha das máis limitadas. Moi ben en facilidade de uso, marcaxe de teclas e conectores, e mando a distancia. Non tan ben en mantemento e limpeza, pantalla de visualización e comportamento ante pequenos golpes.
  • Valoración global: ben.

Sanyo DVD-1500

  • 62.899 pta
  • Información ó consumidor, incorrecta: a placa de características non está en castelán; falta a recomendación de recicla-las pilas; as características técnicas non están en castelán. Zoom dixital, con só un aumento. Inclúe toma de auriculares. Moi ben o mando a distancia, e non tan ben o comportamento ante pequenos golpes.
  • Valoración global: ben.

Grundig GDP-5100

  • 59.900 pta
  • Un dos mellores en información ó consumidor, pero a placa de características non está en castelán. Le discos gravados en MP3. Zoom dixital, pero con só un aumento. O máis limitado en posibilidades de conexión: non adxunta ningún cable de interconexión e é o único sen saída RCA-vídeo. Moi ben en facilidade de uso, pero non tanto en aspecto exterior e acabado e no comportamento ante pequenos golpes. O peor mando a distancia: non permite a cámara lenta cara a atrás, nin expulsa-lo disco do DVD.
  • Valoración global: ben.