Toda precaución é pouca
Os nenos marcan a pauta das vacacións. As viaxes supoñen para eles un cambio de costumes e unha axitación á que non están afeitos, polo que cómpre estar á espreita, xa que calquera despiste pode supor un contratempo. É fundamental extrema-las precaucións nos traxectos, ben sexan viaxes longas ou desprazamentos máis curtos. Só cómpre seguir unhas normas básicas de conducta e adoptar uns sistemas de seguridade axeitados para os viaxeiros máis pequenos.
Conte con eles ó organiza-la viaxe
- Planifique o seu desprazamento tendo en conta a idade dos nenos, a maneira de viaxar, o aloxamento e o destino.
- Deixe que os fillos participen na planificación da viaxe. Asimilarán mellor o desenvolvemento da mesma.
- Infórmeos verbo de onde van estar e das distancias de xeito que eles o entendan (por exemplo, seis veces a distancia da casa á escola).
- Medite coidadosamente o itinerario, incorporando actividades que interesen a tódolos membros da familia. Manteña a mesma rutina ca na casa para os máis cativos no tocante ás horas de comida e sono.
- Evite as viaxes programadas. Son difíciles de seguir, por conveniencia e comodidade, se viaxa con nenos.
- As mellores horas para viaxar con nenos son as primeiras da mañá ou as últimas da tarde.
Cómo evita-los mareos
- Lembre que os nenos entre catro e doce anos deben viaxar sempre suxeitos con dispositivos de seguridade adecuados ó seu peso e idade: cucos, cadeiras, coxíns elevadores.
- Empregue cintos de seguridade de tres puntos de ancoraxe. Os de dous puntos poden resultar perigosos, xa que se limitan a suxeita-lo abdome, podendo provocar lesións serias no propio estómago e/ou na parte baixa da columna vertebral.
- Non trate de substituí-la falta dunha cadeira ou sistema adecuado colocándolle o cinto de seguridade do coche: se o neno non chega á altura correcta é tamén unha temeridade, e pode ocasionarlle lesións abdominais e cervicais.
- Os nenos menores de catro anos deben viaxar de costas á marcha do automóbil. Desaparece así o movemento relativo da cabeza en relación ó tórax na fase principal do choque.
- Nunca poña a cadeiriña do seu fillo no asento dianteiro se este dispón de airbag e non pode desactivalo. Un impacto do vehículo, mesmo leve, podería acciona-lo airbag e bate-lo neno.
- Antes de instala-la cadeira lea atentamente as instruccións do fabricante. Se non a coloca ben pode invalida-los seus efectos de seguridade ou producirlle danos ó neno.
- Se lle prestan unha cadeira para a viaxe, comprobe que non sufriu accidentes. Aínda que aparentemente non teña defectos, a súa estructura pode estar danada e ser pouco segura.
- Comprobe que tódolos elementos extra de seguridade que adquira estean homologados pola Dirección Xeral de Tráfico. As cadeiras ou arneses inadecuados poden producir afogamentos ou o chamado efecto submarino (a parte do cinto que pasa pola pelve escorrega cara a arriba, e o neno pode saír proxectado por embaixo).
- Nunca leve os nenos no colo. En caso de colisión, pola forza da inercia, un neno duns 18 quilos pasaría a ter case unha tonelada de peso. Cunha simple colisión a 5 km/h é difícil suxeitar a un cativo que viaxe no colo.
- Non permita que o neno viaxe coa cabeza asomada pola ventá, nin sequera para evita-los mareos.
- Bloquee os pechos e seguros das portas, para evitar que poidan abrilas desde dentro.
Se viaxa en coche, extreme as precaucións