Vacacións

Tarxetas e cheques de viaxes mellor ca diñeiro en metálico

1 Xullo de 2002

Tarxetas e cheques de viaxes mellor ca diñeiro en metálico

Amais da maleta, pasaporte, guías sobre o lugar ó que se vai viaxar, roupa, cámara de fotos e demais equipaxe, cando o destino das nosas vacacións é un país coa moeda distinta á nosa, debemos decidi-lo modo en que disporemos de fondos durante a viaxe. Hai varias opcións, desde cheques de viaxe e tarxetas de crédito ou débito, ata extracción en caixeiros do país visitado ou diñeiro en metálico que se solicita nunha entidade financeira antes de partir de vacacións. A escasa previsión que nos caracteriza ó planificármo-las nosas vacacións -segundo un estudio europeo sobre hábitos turísticos, sómo-los europeos que menos e máis tarde planifican as vCaixeiros da UEas no estranxeiro. Así e todo, malia a que o euro é a moeda en curso da maioría dos destinos preferidos dos españois -Francia, Portugal, Alemaña, Italia- países cada vez máis afastados gozan do favor dun crecente número de turistas, e para gastar e portar diñeiro neles algunhas maneiras son máis seguras ca outras.

Caixers de la UE

A instauración do Euro como moeda única en 12 dos 15 países da Unión Europea (Alemaña, Austria, Bélxica, España, Francia, Finlandia, Grecia, Irlanda, Italia, Luxemburgo, Países Baixos e Portugal) fai innecesario que teñamos que cambiar de moeda en moitas das nosas saídas, ó tempo que a case paridade co dólar simplificou o cálculo mental das custas lonxe do vello continente. A isto hai que engadir unha nova vantaxe: desde o 1 de xullo os bancos de calquera país da zona euro non cobran comisión ó sacar diñeiro coa tarxeta, sempre e cando a extracción se realice na mesma rede ca na cidade de orixe. E se se acode a outro caixeiro, a comisión debe se-la mesma que se cargaría en España, unha porcentaxe descoñecida ata o de agora, pero que desde este verán debe estar sinalada no extracto. Se non se cumpre esta condición, o consumidor pode reclamar no seu banco ou caixa, que é ó final quen facilita os cartos.

Cheques de viaxe

  • Son cheques por valor dunha cantidade de cartos (hainos de distintos importes), que fan a vez de papel moeda. A súa vantaxe radica en que, ó seren nominativos e seriados, só pode facer uso deles o titular dos cheques.
  • Son un método simple e seguro para protexe
  • lo diñeiro, doados de usar e garanten tranquilidade xa que están protexidos desde o instante en que se adquiren.
  • Hainos en diferentes moedas e denominacións, e son aceptados nunha ampla variedade de negocios, restaurantes e hoteis, así como en entidades financeiras.
  • Os emisores recomendan que para obte
  • la mellor taxa se efectúe o cambio nos bancos, xa que polo xeral se acada mellor redondeo ca en mostradores de cambio de aeroportos ou estacións, de hoteis, restaurantes ou comercios, aínda que a vantaxe destes é que os seus horarios son máis amplos.
  • Os cheques son emitidos por un banco ou caixa a cargo do viaxeiro, e serven de pagadoiro polo seu establecemento principal a sucursais ou bancos cos que teñen convenio, no país ou no estranxeiro.
  • A entidade debe entregarlle ó beneficiario a lista das sucursais onde pode cobralos sen pagar comisión.
  • O consumidor debe ter presente que se a entidade financeira á que acode non lle paga o cheque, ten dereito a reclamar unha sanción que alcanza o 25% do valor expresado no cheque.
  • Os cheques non caducan pero é preciso asinalos no momento de adquirilos, anota
  • los números de serie e mante
  • la lista nun lugar separado, marcando os números de serie dos cheques que se utilicen.
  • A gran vantaxe dos cheques é que se se perden ou nolos rouban, só quedamos sen o papel, pero non sen os cartos. En calquera entidade financeira substitúennolos en 24 horas, sempre que amosémo
  • lo número de serie dos cheques que nos foron subtraídos.

Tarxetas de crédito e débito

  • As de crédito permiten aprazar pagamentos e outorgan certos dereitos como consumidor. As de débito deducen o custo das compras ou dos gastos directamente da conta bancaria e permiten controlar máis facilmente o orzamento.
  • A mellor maneira de aboar tanto a viaxe coma as compras en destino é a tarxeta de crédito. E, aínda que ámbalas fórmulas son vantaxosas, para realizar reservas en hoteis e de alugueiro de coches polo xeral solicitaranlle o número dunha tarxeta de crédito, aínda que nalgúns casos posteriormente poidamos aboar eses mesmos servicios cunha de débito.
  • As máis importantes ofrecen tipos máis interesantes cás casas de cambio ou cás entidades financeiras de destino porque están baseados en cambios por xunto ofrecidos só ós grandes bancos.
  • É preferible non solicitar un anticipo ou supera
  • la cota mensual de gasto, xa que as taxas de xuro son moi elevadas.
  • Cómpre lembrar que, amais do tipo de cambio, en moitos países se cobran gastos e comisións, polo que se extraen do caixeiro menos cartos dos pensados.
  • Tódalas tarxetas están protexidas contra o uso non autorizado se son roubadas ou perdidas.

Enviar cartos

  • Polo xeral, un turista non precisará que lle envíen cartos desde o seu país, aínda que casuística hai moita e cómpre non esquecérmo
  • los estudiantes en países remotos apurados a finais de mes.
  • As oficinas de correos ofrecen este servicio, cun custo fixo de 1,41 euros, maila comisión do 0,7% da cantidade enviada. Garanten a entrega en 3 días, non sendo que se utilice o servicio urxente, para o cal hai un compromiso de entre 4 e 24 horas.
  • As fórmulas de envío de empresas privadas aseguran a recepción case instantánea, cun custo de arredor dos 2 euros e unha comisión de arredor do 4%.
  • Un método cada vez máis cotián é abrir unha conta bancaria e habilitar tarxetas de débito que se abastecen de fondos ingresados no país de orixe, e que se poden utilizar coma calquera tarxeta nos caixeiros. As comisións por cada movemento, de momento, teñen un mínimo que anda sobre os 2 euros e arredor do 4%. Polo tanto, dispor de 360 euros custa 14,4 euros.
A grandes trazos
  • Se leva cartos en metálico, distribúaos en varios petos e garde en cada un pouca cantidade.
  • Os cheques de viaxe e as tarxetas de crédito e débito son as maneiras máis seguras e convenientes de pagar.
  • Anote sempre os números de serie dos cheques e garde a anotación nun lugar distinto ó da chequeira.
  • Leve tamén anotados os números de teléfono de emerxencia para reclamar tarxetas de crédito perdidas ou roubadas, e conserve sempre os recibos.
  • Garde as facturas de cambio de moedas por se na aduana alguén lle solicita que amose o movemento de divisas realizado, unha práctica habitual se quere converte
  • los cartos de novo á moeda do seu país.
  • Non esqueza reservar algúns dólares como previsión, ante a práctica común de países en vía de desenvolvemento de ter que pagar unha peaxe por abandona
  • lo país visitado.