Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, polo tanto, unha vixencia limitada.
Adaptación da casa para persoas maiores : Un fogar sen obstáculos
A seguridade e a eliminación de barreiras son indispensables para a autonomía dos anciáns
Cambios xerais
Instalación eléctrica e luces
- Os cables non deben estar en lugares de paso.
- Os interruptores deben ser abundantes e estar situados en lugares estratéxicos:
- Ó comezo e ó final dunhas escaleiras.
- Na cabeceira da cama.
- Ó comezo e ó final dun corredor.
- Son preferibles os interruptores conmutados, que permiten acender e apagar as luces desde distintos lugares. Mellor se son fosforescentes ou cun indicador luminoso que permita localizalos na escuridade. Hai que situalos a 90 centímetros ou un metro do chan.
- O número de enchufes debe ser abondo para evitar prolongadores. Deben estar situados á mesma altura dos interruptores ou, polo menos, a unha distancia do chan superior a 40 centímetros.
- As fontes luminosas deben ser orientables para evitar que ceguen os ollos e de intensidade regulable, co fin de adaptar a luminosidade ás necesidades de cada momento.
Chans
- Deben ser lisos, antiescorregantes, sen elementos que sobresaian (como acontece ás veces no acceso a terrazas e balcóns).
- Evitar as alfombras.
- Se hai chanzos, deben estar sinalizados e ter elementos que axuden a franquealos.
- O mellor chan, se o ancián non se despraza en cadeira de rodas, é a moqueta de pelo curto. Está demostrado que con ela se producen menos fracturas do colo do fémur.
- Os chans de madeira son máis seguros tratados con ceras antiescorregantes.
Mobiliario
- Pór a un lado os mobles ou outros obxectos que dificulten o paso.
- Evitar que obxectos como cables, xoguetes, etc. estean en lugares de paso.
- Na medida do posible, os bordos dos mobles deben ser redondeados.
- Se se precisa unha cadeira de rodas, hai que prever que se poida desprazar por toda a vivenda.
- Os dispositivos eléctricos para subir e baixar persianas son máis cómodos e seguros.
- As portas deben ser anchas, de polo menos 80 centímetros.
Paxinación dentro deste contido
- Ir á páxina anterior: « Un fogar sen obstáculos
- Estás na páxina: [Páx. 2 de 4]
- Ir á páxina seguinte A adaptación, estancia por estancia »