Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, polo tanto, unha vixencia limitada.

Mercar unha vivenda, hoxe : Os créditos hipotecarios baratos son cousa do pasado

A adquisición dunha vivenda é o obxectivo prioritario e a decisión económica máis importante de millóns de persoas, xa que afectará notablemente á súa calidade de vida e ó seu peto durante dez, quince ou mesmo máis anos.

Vantaxes da nova lei de Edificación

Mercar unha vivenda é un longo proceso que supón, amais dun importantísimo gasto, diversos trámites durante os cales poden xurdir conflictos cos intermediarios (promotoras e xestoras). A miúdo, os problemas (defectos de fabricación e outros) aparecen despois da compra do piso. Para defende-lo consumidor e mellora-la normativa actual nace a Lei de Ordenación da Edificación (LOE), que entrará en vigor o vindeiro 28 de abril. O seu obxectivo fundamental é incrementa-la calidade dos edificios e asegura-las construccións, fixando as responsabilidades dos axentes que interveñen no proceso constructivo. Tres son as principais contribucións desta nova lei:

Responsabilidades e garantías

A principal contribución da lei: dun marco legal baseado na responsabilidade por dez anos e cun prazo de prescrición de 15 anos para demandar, créanse tres tipos de garantías, dependendo da entidade dos defectos:

  • Garantía por dez anos para os danos materiais causados no edificio por vicios ou defectos que afecten á cimentación, soportes, trabes, forxados, muros de carga e outros elementos estructurais que comprometan directamente a resistencia mecánica e a estabilidade do edificio.
  • Garantía por tres anos para danos materiais causados no edificio por vicios ou defectos de elementos constructivos ou de instalacións que ocasionen o incumprimento dos requisitos de habitabilidade (ruído, illamentos térmicos, pingueiras, humidade, fendas…).
  • Garantía por un ano para danos materiais por vicios ou defectos de execución que afecten a elementos de remate das obras (rañaduras na madeira…). A responsabilidade por dez anos e a trienal afecta a tódolos axentes que interveñen na obra. A anual só afecta ó constructor.

Paxinación dentro deste contido

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións