Augas minerais naturais envasadas

Cuestión de gustos, necesidades e prezos

Analizáronse oito mostras de auga mineral natural, en botellas de 1,5 litros e cuns prezos medios que oscilaron entre 35 pesetas (Betelu) e 56 pesetas (Lanjarón e Font Vella)
1 Setembro de 2000

Cuestión de gustos, necesidades e prezos

/imgs/20000901/analisisa01.jpg
A auga mineral natural é a que se obtén de mananciais naturais ou creados polo ser humano, e caracterízase polo seu carácter mineral e pureza orixinal tanto química como microbiolóxica. O seu contido mineral global permite distinguir desde augas de mineralización moi débil (residuo seco de ata 50 miligramos por litro) ata as de mineralización forte (máis de 1.500 mg/l de residuo seco). Por outra parte, segundo o seu contido nalgúns compoñentes hai augas con diferentes denominacións (augas bicarbonatadas, sulfatadas, …). As aquí analizadas presentaron mineralización moi débil (Bezoya) ou débil (Font Vella, Lanjarón, Alzola, Corconte e Solares). Betelu e Insalus poden considerarse de mineralización media, aínda que a lexislación non establece cualificativo para o intervalo en que se encontran estas mostras, entre 500 e 1.000 mg/l. de residuo seco. Por outro lado, a conductividade, que informa sobre a proporción de ións ou sales disoltos, variou moito, sendo elevada en Betelu, Insalus, Solares e Corconte, especialmente se se comparan con Bezoya.

Á súa vez, a media do pH (7,21) revela o carácter lixeiramente alcalino destas augas minerais, aínda que Bezoya, Lanjarón e Corconte son lixeiramente máis ácidas, cun pH de entre 6,05 e 6,42.

Continuando coa análise, Font Vella, Lanjarón e, sobre ambas, Bezoya, caracterízanse polo seu baixo contido mineral, especialmente en bicarbonatos, cloruros, sodio, calcio e magnesio. Alzola, pola súa parte, ten máis mineral cás anteriores, con proporcións algo maiores (pero aínda modestas) de sodio, calcio e cloruros. Corconte destaca polo seu contido en cloruros, sodio e potasio. En Solares o subministro de bicarbonatos é considerable (253 mg/l), así como o de magnesio e cloruros. En Betelu e Insalus, con contido mineral xa importante, sobresae o seu contido en calcio e magnesio; ademais do sodio e cloruros en Betelu, e sulfatos en Insalus.

Cambiando de tema, o estado microbiolóxico foi correcto en tódalas mostras, polo que as oito resultaban aptas para o consumo. Así mesmo locen unha etiquetaxe correcta, coa excepción de Corconte, que inclúe unha mención respecto ó efecto beneficioso da súa auga sobre determinadas afeccións médicas, expresamente prohibida na lexislación.

Por último, na cata propúxose unha clasificación establecendo como criterios determinantes de calidade o sabor limpo, fresco e sen defectos. O ranking coincidiu co grao de mineralización (canto menor era, mellor puntuación obtiña) e do contido en calcio e sulfatos. Así, Font Vella, Bezoya e Lanjarón ocupan as primeiras posicións, e Solares, Betelu e Insalus (as tres con máis residuo seco) as últimas. Pero desde o punto de vista dun consumidor concreto, as preferencias poden decantarse cara a un tipo ou outro de augas segundo os hábitos adquiridos e as preferencias persoais. Ademais, nisto da cata cada un ten os seus propios criterios e gustos. Non resulta sinxelo sinalar unha mellor relación calidade/prezo, pero podería elixirse a Bezoya (o envase de litro e medio custa 49 pesetas) entre as augas de mineralización débil ou moi débil e a Betelu (a máis barata das oito, custa só 35 pesetas) para quen prefira as de mineralización non tan débil.

Falemos da auga

A auga é esencial para a vida debido á súa influencia nas diversas funcións do noso organismo, constituíndo o medio indispensable para que poida producirse a normal absorción, transporte e utilización do resto dos nutrientes dos alimentos, ademais de participar na regulación da temperatura corporal. A auga é ‘ubícuota’ e abundante nos seres vivos. Unha célula é auga nun 80% do seu peso, e nun adulto o contido de auga corporal é dun 65 %. Esta auga repártese en diferentes compartimentos do noso organismo. Tanto a inxestión como a eliminación da auga debe estar perfectamente regulada para que esas cantidades se manteñan dentro dos niveis correctos. Calcúlase que precisamos diariamente dous litros de auga, que poden conseguirse a través de bebidas (auga, leite, infusións, refrescos), co que se atopa en tódolos alimentos (una leituga é un 95 % auga, unha chuleta de tenreira un 65 %; e o azucre tan só ten un 0,5 % de auga) e pola auga que se libera en resposta ó metabolismo do resto de macronutrientes deses alimentos e dos nosos propios tecidos. A máis facilmente regulable por nós é a que constitúe o subministro esóxeno, xa que é a sede a que nos fai busca-la auga, e a sede está controlada, entre outras cousas, pola eliminación de auga por urina, feces, transpiración, respiración, e outras pequenas perdas diarias que resultan máis dificilmente cuantificables.

A auga mineral, estudiada neste comparativo, obtense de mananciais que chegan á superficie mediante perforacións de distinta profundidade. O que diferencia a esta doutras augas de bebida é a súa natureza mineral e a súa pureza orixinal, xa que a súa orixe subterránea protexe o acuífero de contaminacións químicas ou bacterianas. A auga mineral natural defínese como “augas bacterioloxicamente sas extraídas de depósitos subterráneos e que brotan dun manancial nun ou varios puntos de nacemento naturais ou perforados”. Outro tipo son as augas de manancial: augas potables de orixe subterránea que emerxen espontaneamente á superficie ou que se extraen mediante labores practicados a tal efecto pero que previamente ó seu consumo precisan a aplicación duns mínimos tratamentos físicos para a separación de materiais non desexables. Sobre a auga mineral natural permítense só dúas operacións, que melloran a súa calidade sen variar sensiblemente a composición inicial: eliminar compostos naturais inestables como ferro e xofre, e modifica-lo seu contido en gas carbónico. A reducción ou eliminación do ferro e do xofre realízase para evitar que a auga presente unha cor, olor ou sabor non desexables. O tipo e cantidade de substancias disoltas na auga dependen da tipoloxía xeolóxica da zona onde flúe a fonte.

Así, das capas profundas sae unha auga moi rica en minerais e carbonatada. Se no seu camiño se filtra por pedra calcaria, orixínanse augas duras (con elevado contido en sales de calcio e magnesio); se é por area compacta, teremos auga semidura, e se discorre por granito e basalto, serán augas brandas. Estas substancias solubles tamén determinan o seu sabor: as augas ricas en sodio e cloruros saben lixeiramente salgadas; os sales de calcio e magnesio proporcionan un sabor duro e terroso, e os sulfatos proporcionan un sabor un chisco amargo. Segundo o contido global en minerais, ou dalgúns deles, distínguense varios tipos de auga mineral natural:

A composición química, polo miúdo

A análise química revela diferencias importantes no contido mineral destas augas. O residuo seco variou de 35 a 816 mg/litro, cunha media arredor dos 400 mg/l. Este residuo seco, que informa do contido global en minerais dunha auga, indica que Bezoya é de mineralización moi débil (35 mg/l), mentres que Font Vella, Lanjarón e Alzola serían augas de mineralización débil. Corconte e Solares achéganse ós 500 mg/l, pero non os superan, polo que segundo os datos que xorden desta análise serían tamén de mineralización débil. Betelu (656 mg/l) e, especialmente, Insalus (816), superan a cifra de 500 mg/l, pero non alcanzan os 1500 mg/l establecidos para que se consideren de mineralización forte. Por outra parte, a conductividade da auga informa dos sales disoltos (en realidade, do tipo e cantidade de ións, moléculas disociadas) que contén esa auga. Anotouse un grupo de mostras con baixa cantidade de ións ou sales disoltos (Bezoya, Font Vella, Lanjarón e Alzola), fronte a outro cunha conductividade maior: Corconte, Solares, Insalus e Betelu.

Por outra parte, o pH informa do carácter ácido ou alcalino dunha auga, que pode estar influído polo CO2 disolto, a cantidade de carbonatos e bicarbonatos que conteña, etc. O termo medio do pH (7,21) fálanos de augas lixeiramente alcalinas, se ben Font Vella, Alzola, Solares, Betelu e Insalus son augas alcalinas, e Bezoya, Lanjarón e Corconte teñen un carácter levemente ácido. Relacionando este valor co contido en bicarbonatos, é importante en Solares (253,2 mg/l) e Betelu (247 mg/l), e baixo en Bezoya (10,2 mg/l) e Corconte (61 mg/l). Entre os metais alcalinos, o sodio atópase en proporción moi superior ó potasio. Así, presentaron unha media de 54 mg/l de sodio, aínda que destacan os 132 mg/l de Corconte, ou os 127 mg/l de Betelu. Polo contrario, Font Vella, Bezoya, Lanjarón e Insalus mostraron un contido en sodio inferior a 20 mg/l, polo que son (segundo a norma) aptas para dietas pobres en sodio. O potasio atópase nunha media de 1,5 mg/l, destacando os 3,1 mg/l de Corconte. Calcio e magnesio, metais alcalinotérreos, atópanse tamén nestas augas minerais. Á parte da súa importancia nutricional, o contido en sales destes minerais inflúe sobre a dureza da auga: un maior contido supón maior dureza. Destacan Insalus (166 mg/l de calcio e 15,4 mg/l de magnesio) e Betelu (108 mg/l de calcio e 15,4 mg/l de magnesio).

Estas augas presentan un contido superior á media nestes minerais. Polo contrario, en Bezoya o contido é moi baixo (2,1 mg/l de calcio e 0,4 mg/l de magnesio). Os cloruros, pola súa parte, son ións frecuentes en augas minerais. O seu termo medio nestas que nos ocupan é de 82 mg/l, aínda que destacan Corconte (211 mg/l), Betelu (197 mg/l) e Solares (142 mg/l). Polo contrario, o seu contido é moi baixo en Bezoya, con só 0,7 mg/l.

En canto a sulfatos, destacan os 368 mg/l de Insalus, moi por riba do valor medio: 74 mg/l. Font Vella e Bezoya son as máis pobres en sulfatos, con menos de 15 mg/l. Por outra parte, os nitratos considéranse non desexables na auga; cando menos, non por riba de certo valor. Nas mostras estudiadas, os valores sitúanse arredor de 2,8 mg/l de nitratos, que pode considerarse un contido baixo e correcto.

Aptas para o consumo e puras

Unha das características que define unha auga mineral natural é a súa pureza, determinada en gran medida pola profundidade da que procede. Na superficie da terra pode existir contaminación, microbiana e química, que diminúe conforme aumenta a profundidade. No punto de saída, unha auga mineral presenta certa flora, autóctona ou natural. Así, a súa recollida debe realizarse baixo condicións que garantan a súa calidade bacteriolóxica orixinal. Ademais, a almacenaxe debe realizarse en condicións que aseguren a súa axeitada conservación, protexida da luz solar e olores agresivos, nun lugar fresco e seco.

As augas minerais incluídas neste comparativo superaron perfectamente as análises microbiolóxicas; polo tanto, estaban en boas condicións para o consumo.

Etiquetaxe: unha mostra incumpre a norma

Ademais da información obligatoria para todo produto alimenticio, no caso do auga mineral natural contémplanse outros requisitos. Así, a denominación debe ser “auga mineral natural”, e, se corresponde, “auga minero-medicinal” pero en carácteres de menor tamaño. Debe incluír o nome do manantial ou lugar de explotación, ademais do término municipal e provincia nas augas nacionais. Tamén debe levar unha referencia á conformidad oficial dos resultados analíticos, indicando a data da análise, ou incluír a composición analítica do auga. Poden incluír a temperatura do auga no punto de saída, a data na que o manantial ou punto de explotación foi declarado mineral natural ou de utilidade pública, e unha descrición das características do auga (como a aptitude para dietas pobres en sodio) segundo as directrices marcadas na lexislación. Prohíbese específicamente incluír menciones relativas a propiedades de prevención, tratamento ou curación de enfermidades.

As augas estudadas cumpren todos estes puntos, cunha excepción: Corconte indica que actúa contra as afecciones renales, vías urinarias e enfermidades metabólicas, incurriendo en incumplimiento da norma, que prohibe este tipo de afirmacións.

Todas se autodenominaban auga minero-medicinal. Permítese hoxe que as augas que contaban con esta denominación antes da entrada en vigor da norma actual sigan incluíndoa Pero non por iso son de maior calidade ou posúen propiedades curativas das que as outras augas minerales carecen.

Por outra banda, as mostras inclúen menciones nas súas etiquetados, respetuosas coas directrices da lexislación. Bezoya descríbese como de mineralización moi débil, mentres que Font Vella, Lanjarón, Alzola e Solares din ser de mineralización débil. Así mesmo, Font Vella, Bezoya, Lanjarón e Insalus son Indicadas para dietas pobres en sodio, mentres que as tres primeiras son ademais Indicadas para a preparación de alimentos infantís. Alzola é a única que inclúe Pode ser diurética. Respecto destas dúas últimas lendas, permitidas, non se establece ningún límite ou criterio a cumprir. Outra indicación importante son as instrucións de conservación: nun sitio limpo, fresco e seco, protexido de cheiros agresivos e da luz solar.

Esta auga ten sabor e olor

O carácter inodoro e insípido do auga é bastante relativo así se fala de augas minerales. Os resultados da cata revelan claras diferenzas entre as oito mostras, tanto en aparencia (cor e limpidez), como en criterios olfato-gustativos (cheiro, corpo, sabor, post-gusto). Font Vella, Bezoya e Lanjarón, que ofrecen un sabor lixeiro, limpo e fresco e sen defectos, son superiores ao resto. En Alzola, a cuarta mellor, atopouse un lixeiro post-gusto áspero, como de plástico. En Corconte destacou o seu sabor salado, quizá debido ao seu maior contido en cloruros e sodio. En Solares e Betelu sinalaron os catadores tamén esta característica, xunto con notas de post-gusto que recordan a amargo, químico ou plástico. Para rematar, en Insalus destaca un post-gusto amargo, acre e persistente, quizá relacionado co seu maior contido en sulfatos.

A clasificación da cata premia ás augas de mineralización máis débil, e, se facemos caso ao seu grado de mineralización, establece dous grupos: Font Vella, Bezoya e Lanjarón por unha banda, e Corconte, Solares, Betelu e Insalus por outro. Alzola (mineralización débil pero non tanto como as tres mellor valoradas na cata) queda a medio camiño. Pero no consumidor os gustos poden decantarse cara a augas máis ou menos salinas, máis ou menos duras, con máis ou menos sabor, segundo sexan os hábitos de consumo e as preferencias de cada individuo.

Segundo o contido global en minerales, ou dalgúns deles, distínguense varios tipos de auga mineral natural
  • Augas de mineralización moi débil: residuo seco de ata 50 mg/l
  • de mineralización débil: residuo seco de ata 500 mg/l
  • de mineralización forte: residuo seco superior a 1500 mg/l
  • bicarbonatadas: máis de 600 mg/l de bicarbonato
  • sulfatadas: máis de 200 mg/l de sulfatos
  • cloruradas: máis de 200 mg/l de cloruro
  • cálcicas: máis de 150 mg/l de
  • calcio magnésicas: máis de 50 mg/l de magnesio
  • fluoradas, ou que conteñen fluoruros: máis de 1 mg/l de fluoruros
  • ferruxinosas, ou que conteñen ferro: máis de 1 mg/l de ferro bivalente
  • aciduladas: máis de 250 mg/l de CO2 libre
  • sódicas: máis de 200 mg/l de sodio
  • indicadas para dietas pobres en sodio: non máis de 20 mg/l de sodio

En síntese e táboa comparativa

En síntese

  • Analizáronse oito mostras de auga mineral natural, en botellas de 1,5 litros e cuns prezos medios que oscilaron entre 35 pesetas (Betelu) e 56 pesetas (Lanjarón e Font Vella).
  • Todas son aptas para o consumo, ó atoparse en correcto estado microbiolóxico Font Vella, Lanjarón e especialmente Bezoya, caracterízanse polo seu baixo contido mineral.
  • Alzola ten proporcións algo maiores (pero aínda modestas) de sodio, calcio e cloruros.
  • Corconte destaca en cloruros, sodio e potasio. En Solares o subministro de bicarbonatos, magnesio e cloruros é considerable. En Betelu e Insalus, cun contido mineral xa importante, sobresaen calcio e magnesio; ademais do sodio e cloruros en Betelu, e sulfatos en Insalus.
  • A media do pH (7,21) revela o carácter lixeiramente alcalino destas augas, aínda que Bezoya, Lanjarón e Corconte son máis ácidas, cun pH de entre 6,05 e 6,42.
  • Corconte fai mención a un efecto beneficioso sobre certas enfermidades, o que está prohibido na lexislación.
  • Na cata (valorouse o sabor limpo, fresco e sen defectos), cualificáronse mellor as de mineralización máis débil: Font Vella, Bezoya e Lanjarón. E as peores en cata foron as máis mineralizadas: Betelu e Insalus.
  • Bezoya é a opción máis interesante entre as augas de mineralización débil. E para quen prefira as de mineralización non tan débil, Betelu.

Un a un

Augas minerais naturais de 1,5 litros, unha a unha

Bezoya

  • 49 pta/unidade. A máis interesante das augas de baixa mineralización. Mineralización moi débil (residuo seco: 35 mg/l).
  • Destaca polo seu mínimo contido mineral, tanto en bicarbonatos como en sodio, potasio, calcio, magnesio, cloruros e sulfatos. En cata, a segunda mellor: “Incolora e nítida. Limpidez e cor, correctas.
  • Salinidade baixa. Corpo baixo, lixeiro. Sabor mineral, lixeiro e agradable. Post-gusto limpo e fresco. Sen defectos.

Betelu

  • 35 pta/unidade, a máis barata. A máis interesante opción entre as de mineralización media. Auga de mineralización “media” (residuo seco: 656 mg/l).
  • Conductividade máxima: moitos sales disoltos. Contido importante en bicarbonatos (247 mg/l), sodio, potasio, calcio, magnesio e cloruros. En cata, sétima posición: “Nitidez e cor correctas.
  • Salinidade alta. Sabor salgado pouco fresco, post-gusto químico, a plástico.

Font Vella

  • 56 pta/unidade A máis cara, xunto con Lanjarón. Mineralización débil (residuo seco: 236 mg/l), e baixo contido en sodio, cloruros e sulfatos.
  • En cata, a mellor: “Nítida e transparente, cristalina. Limpidez e cor correctas, salinidade media baixa. Sabor mineral agradable, fresco e lixeiro.
  • Post-gusto agradable, sen gustos adicionais. Ausencia de defectos.”

Lanjarón

  • 56 pta/unidade A máis cara, xunto con Font Vella. Auga de mineralización débil (residuo seco: 135 mg/l).
  • Baixo contido en sodio e cloruro, e lixeiramente maior de nitratos.
  • En cata, a terceira mellor: “Nítida e incolora. Limpidez e cor correctas. Salinidade media. Sabor lixeiro e agradable, post-gusto pouco fino, a plástico sen chegar a ser desagradable. Sen defectos.”

Alzola

  • 45 pta/unidade Auga de mineralización débil (residuo seco: 290 mg/l). Carácter alcalino (pH: 7,89).
  • Baixo contido en potasio e nitratos. En cata, a cuarta mellor: “Nítida e transparente. Limpidez e cor, correctas.
  • En olor, notas de plástico algo acusadas. Salinidade, media-baixa. Sabor brando, non fresco e lixeiro, post-gusto áspero a plástico.”

Corconte

  • 50 pta/unidade Auga de mineralización débil (residuo seco: 491 mg/l). Baixo contido en bicarbonatos. Contido máximo en sodio (131,8 mg/l), potasio e cloruros (211 mg/l).
  • Etiquetaxe incorrecta: fai unha mención ó seu efecto beneficioso sobre determinadas enfermidades, expresamente prohibida na lexislación.
  • En cata, quinta posición: “Nítida e incolora. Limpidez e cor, correctas. Salinidade media-alta. Sabor pouco fresco e salgado, post-gusto desagradable, plano.”

Solares

  • 46 pta/unidade Auga de mineralización débil (residuo seco: 498 mg/l). Contido máximo en bicarbonatos (253,2 mg/l).
  • En cata, sexta posición: “Nítida e transparente, limpidez e cor correctas. En olor, lixeiras notas a plástico.
  • Salinidade alta. Sabor salgado bastante pronunciado. Post-gusto prolongado, amargo, salgado e con notas de plástico.”

Insalus

  • 43 pta/unidade. Auga de mineralización “media” (816 mg/l). Baixo contido en sodio, potasio e cloruros.
  • Pero o contido máximo en calcio (166 mg/l), magnesio (15,4 mg/l) e sulfatos (368 mg/l).
  • En cata, última posición: “Nítida e transparente. Limpidez e cor, correctas. Salinidade media-alta. Post-gusto amargo, acre e persistente.”