Compensan os máis caros: duran moito máis
Analizáronse seis colgadoiros para WC, catro a xeito de xel e dous a xeito de pastilla, que custan desde os 0,2 céntimos de euros por cada uso de Pato Activo (en pastilla), ata os 0,8 céntimos de WC Net (líquido). A conclusión máis salientable é que, ó ser a duración das mostras tan distinta, o prezo real destes produtos dista moito do aparente: os dous colgadoiros aparentemente máis caros (Harpic pastilla, 45,85 euros/quilo e Pato pastilla, 38,21 euros/quilo) son en realidade os máis económicos (0,003 euros por uso e 0,002 euros por uso, respectivamente). Da mesma maneira, dous dos máis baratos (WC Net, 33,33 euros/litro e Harpic líquido, 32,12 euros/litro) son os máis caros (0,008 euros por uso e 0,007 euros por uso, respectivamente). A mellor relación calidade-prezo é Harpic en pastilla, pola súa calidade moi satisfactoria e por ser o segundo máis barato. Ambipur líquido resulta outra boa opción: é tamén un dos máis baratos e ofrece unha calidade satisfactoria.
Os colgadoiros de WC diminúen a acumulación de lixo, eliminan o cal, proporcionan un agradable aroma e, nalgúns casos, desinfectan e colorean a auga do vaso. A súa función é dosificar de xeito automático unha substancia limpadora cada vez que se tira da cisterna. O ingrediente principal da súa formulación son os tensioactivos (aniónicos), encargados de formar a escuma e de impedir que se formen as manchas e de que se acumule o cal. Para acabar co cal xa acumulado utilízanse os fosfonatos e o citrato de sodio. A fórmula complétase con aromas e conservantes.
Os catro colgadoiros líquidos son verdes, e ofrecen 55 mililitros de produto, salvo Ambipur, que só dá 50 mililitros. No tocante ós dous sólidos, ambos os dous son de 40 gramos e difiren na cor e forma: a pastilla de Pato é verde e Harpic inclúe unha pastilla branca e un xel morado perfumado. Ambipur é o único que non dosifica o produto en función do número de descargas de cisterna, senón que ofrece un fluxo constante de produto, polo que a súa duración é independente da necesidade real.
En todas as probas que se realizaron procurouse reproducir o emprego habitual que lle daría a un produto desta natureza unha familia de catro membros, o que supón 17 descargas diarias repartidas de xeito aleatorio. Os inodoros utilizados tamén son dun modelo moi común. Para asegurar que os colgadoiros funcionasen de modo óptimo, colocáronse no seu lugar idóneo: no bordo do inodoro, na proximidade da chegada da auga.
A cantidade e calidade de escuma están directamente relacionadas coa capacidade de limpeza destes produtos. Os colgadoiros de Harpic (líquido e pastilla) son os mellores neste apartado: a súa escuma é a máis voluminosa, cobre todo o fondo do inodoro e é estable ata cinco minutos despois da súa formación. Ambipur é o peor e non pasa do “correcto”, pola pouca estabilidade e volume da súa escuma.
Tan importante coma a acción limpadora dos colgadoiros é a súa capacidade para eliminar ou enmascarar o mal cheiro. Para medir este parámetro, colócanse os colgadoiros en inodoros pechados en cabinas herméticas de 2 m3, ás que se accede a través dunha porta corredoira que permite cheirar o interior. Tras un ciclo de 34 descargas durante dous días, vinte persoas cualificadas puntuaron só a intensidade do cheiro, non a súa preferencia por unha ou outra fragrancia. Pato líquido é o máis oloroso (moi satisfactorio) seguido dos dous Harpic (satisfactorios). Os expertos case non detectaron cheiro nos cubículos onde se utilizaba WC Net líquido e Pato pastilla, polo que ambas as mostras suspenderon esta proba.
O nivel de brillo acadado e o poder anticalcario medíronse realizando 200 descargas de cisterna nun inodoro que tiña no seu interior tres azulexos de cerámica: un a cada lado do colgadoiro e outro no fondo do vaso. Posteriormente, comparáronse estes azulexos con outros situados nun inodoro que servía como referencia e que non tiña colgadoiro. Ningunha mostra superou o test de brillo, pois en todos os casos se perdeu parte do brillo inicial. Ambipur, Harpic e WC Net líquidos e Pato pastilla foron os que, sen pasar do ‘correcto’, deixaron os azulexos menos ‘apagados’. Pola contra, todos ofrecen un significativo efecto antical se se comparan cos azulexos nos que non se verteu ningún produto. Os máis eficaces son Harpic e Ambipur líquidos.
Para medir a duración de cada produto someteuse a unha proba de 17 descargas de cisterna diarias repartidas en intervalos irregulares (é dicir, a media para unha familia de catro membros) ata que se esgote o seu contido. O ensaio repítese, polo menos, dúas veces para evitar desviacións puntuais nos resultados. Pato en pastillas é o que máis dura, con 641 descargas (38 días), un dato moi superior ás 450 descargas que indica a súa etiqueta. Harpic líquido (252 descargas) e WC Net líquido (221 descargas) son, con moito, os que menos duran. O caso de Harpic líquido é aínda máis grave porque non só falla nesta proba pola súa moi menor duración, senón que na súa etiqueta afirma durar o dobre do que realmente dura.
Á hora de definir a calidade global de cada mostra, non se tomaron en conta todos os elementos por igual, senón que se lles outorgou maior importancia á cantidade e persistencia da escuma (30% da nota final) e á intensidade de cheiro do produto (outro 30% da nota). Tamén se considerou esencial a duración do produto (o 25% da nota final), mentres que tanto a proba de brillo (10% da nota final) coma o efecto antical (outro 10%) tiveron unha presencia máis discreta na ponderación.
Os colgadoiros de maior calidade segundo este baremo son Harpic pastilla e Pato líquido, ambos “moi ben”. O punto débil en ambas as mostras é o escaso poder abrillantador, pero as dúas destacan pola escuma formada e pola duración de uso no caso de Harpic e pola intensidade da fragrancia de Pato líquido. Pato pastilla e Harpic e Ambipur líquidos acadan o “ben”, mentres que WC Net non pasa do “aceptable”, polo seu cheiro a penas perceptible e por ser o que menos dura dos seis colgadoiros.
Os seis colgadoiros para WC demostráronse eficaces á hora de evitar a sedimentación de cal. Este parámetro é especialmente importante en lugares onde a auga é demasiado dura (con maior proporción de cal), xa que o cal é un dos maiores inimigos das billas e dos diferentes aparellos que integran os cuartos de baño. Non só é difícil eliminala completamente e acadar que as superficies volvan ter o seu aspecto orixinal, senón que pode provocar obstrucións, co conseguinte prexuízo económico.
Se o cal se depositou no exterior das billas, pódese eliminar envolvendo toda a noite as áreas que se queren limpar con papel hixiénico ou con vendas empapadas en esencia de vinagre. Ó día seguinte, abondará con aclarar con abundante auga. Se o cal xa provocou unha obstrución, cómpre desmontar a instalación, colocar a zona calcificada a remollo cunha mestura de auga forte e auga normal que se debe deixar actuar durante dúas ou tres horas. É moi importante aclarar ben para evitar que quede ningún resto de auga forte. Se o problema de cal é grave, pódese optar por instalar un filtro na entrada de auga da vivenda que eliminará o problema de raíz.
En síntese e táboa comparativa
En síntese
- Analizáronse seis colgadoiros de WC, dous en pastillas e catro en xel, que evitan a acumulación de lixo, eliminan o cal e perfuman o inodoro. O prezo aparente e o real son moi distintos: os dous máis baratos resultan os máis caros por cada uso, e viceversa. Tendo só en conta o prezo por uso, o máis barato é Pato pastillas (0,2 céntimos de euro por descarga) e o máis caro WC Net (0,8 céntimos de euro).
- Pato en pastillas destaca por ser o de maior duración (641 descargas de cisterna), mentres que Harpic e WC Net, líquidos só aguantan 252 e 221 descargas respectivamente. Ademais, Harpic líquido afirma na súa etiqueta que dura o dobre do que realmente dura.
- WC Net líquido e Pato pastillas suspenden a proba de intensidade de cheiro (o seu efecto non se percibe). Ningunha mostra obtivo uns resultados excelentes na proba de brillo, e Pato líquido e Harpic suspendérona.
- Atendendo á calidade global do produto, pódense distinguir varias clasificacións: “moi ben”, obtido por Pato líquido e Harpic en pastillas; “ben”, onde se sitúan Harpic e Ambipur, ambos líquidos, e Pato en pastillas; e, para rematar, o “correcto” que se lle outorgou ó colgadoiro líquido WC Net.
- A mellor relación calidade-prezo é WC Harpic en pastilla, por ser un dos máis baratos (0,3 céntimos de euro por uso) e ofrecer a maior calidade (“moi ben”). Ambipur líquido é outra boa opción, cunha calidade “satisfactoria” e tamén un baixo custo. Pato en pastillas é o máis económico e duradeiro, pero non se considerou unha boa opción por suspender un criterio tan esencial como a proba de intensidade da fragrancia.
Marca Denomi- nación | HARPIC 2 in 1 | AMBIPUR Flush perfume y limpieza | PATO Triple action | PATO Activo | WC NET Hygiene & perfume | HARPIC Limpi-activo líquido |
---|---|---|---|---|---|---|
Estado físico | Pastilla branca +xel morado perfumado | Líquido verde perfumado | Líquido verde perfumado | Pastilla verde perfumada | Líquido verde perfumado | Líquido verde perfumado |
Aroma | Lavanda | Bosque | Verde fresco | Verde piñeiro | Bosque | Piñeiro |
Formato | 40 g | 50 ml | 55 ml | 40 g | 55 ml | 55 ml |
Prezo (euros/ quilo ou euros/ litro) | 45,85 | 32,07 | 32,03 | 38,21 | 33,33 | 32,12 |
Prezo (céntimos de euro/ descarga)1 | 0,3 | 0,3 | 0,4 | 0,2 | 0,8 | 0,7 |
Resultados do uso | ||||||
Valoración da escuma 2 | Moi satis- factorio | Correcto | Moi satis- factorio | Moi satis- factorio | Satis- factorio | Moi satis- factorio |
Intensidade de cheiro 3 | Satis- factorio | Correcto | Moi satis- factorio | Insuficiente | Insuficiente | Satis- factorio |
Poder abrillantador 4 | Insuficiente | Correcto | Insuficiente | Correcto | Correcto | Correcto |
Eficacia anticalcaria 5 | Satis- factorio | Moi satis- factorio | Correcto | Satis- factorio | Satis- factorio | Moi satis- factorio |
Duración de uso (nº de descargas) 6 | 554 | 535 | 476 | 641 | 221 | 252 |
Calidade global | Muy bien | Bien | Muy bien | Bien | Aceptable | Bien |
1. Prezo (céntimos de euro / descarga): reflicte o prezo de produto por descarga de auga da cisterna. Calculouse para poder comparar o custo dos seis produtos entre si.
2. Valoración da escuma: reflicte tanto a cantidade de escuma formada coma a súa persistencia sobre a auga.
3. Intensidade de cheiro: reflicte a intensidade de cheiro desprendida por cada producto nun recinto hermético de 2 m3
4. Poder abrillantador: reflicte a capacidade de abrillantar o material do inodoro.
5. Eficacia anticalcaria: reflicte a capacidade de evitar as deposicións de cal nas paredes do inodoro.
6. Duración de uso: reflicte o número de descargas de auga que se poden realizar con cada unidade de produto durante toda a súa vida útil.
Un por un
Un por un, seis colgadoiros de WC
HARPIC 2 in 1
- 0,3 céntimos de euro/descarga de agua
- Calidad global: Muy bien
- La mejor relación calidad-precio. El precio por kilo más caro (45,85 euros), pero uno de los más barato por uso (0,003 euros). Aroma lavanda. Incluye un bloque sólido (el que limpia) y un dispositivo separado con un gel (el que perfuma). La segunda mayor duración (554 descargas de cisterna). Satisfactoria acción anti-calcarea. Capacidad de limpieza (espuma) “muy satisfactoria”. Insuficiente poder abrillantador.
AMBIPUR flush perfume e limpeza
- 0,3 céntimos de euro/descarga de agua
- Calidad global: Bien
- Otra buena opción. Aroma bosque. Sistema de difusión automático y continuo, por lo que su duración no depende de la cantidad de descargas de cisterna. La tercera mayor duración (535 descargas de cisterna). Muy satisfactoria acción anti-calcarea.
PATO triple action
- 0,4 céntimos de euro/descarga de agua
- Calidad global: Muy bien
- Aroma verde fresco. Duración media (476 descargas de cisterna). Intensidad de olor y capacidad de limpieza (espuma) muy satisfactoria. La peor, aunque correcta, capacidad anti-calcárea. Insuficiente poder abrillantador.
PATO activo
- 0,2 céntimos de euro/descarga de agua, el más económico
- Calidad global: Bien
- El precio por kilo más caro (38,21 euros), pero uno de los más barato por uso (0,002 euros). Aroma verde pino. La máxima duración (641 descargas de cisterna). Capacidad de limpieza (espuma) muy satisfactoria. Satisfactoria acción anti-calcarea. Insuficiente intensidad de olor.
WC NET hygiene & perfume
- 0,8 céntimos de euro/descarga de agua, el más caro
- Calidad global: Aceptable, la más modesta
- Uno de los precios por litro más baratos (33,33 euros), pero el más caro por cada uso (0,008 euros). Aroma bosque. Satisfactoria acción anti-calcarea. La menor duración de uso (221 descargas de cisterna). Insuficiente intensidad de olor.
HARPIC limpi-activo líquido
- 0,7 céntimos de euro/descarga de agua, el segundo más caro
- Calidad global: Bien
- Uno de los precios por litro más baratos (32,12 euros), pero el segundo más caro por cada uso (0,007 euros). Aroma pino. La segunda menor duración de uso (252 descargas de cisterna) mientras que su etiquetado indica que dura el doble. Capacidad de limpieza (espuma) y eficacia anti-calcarea muy satisfactoria.