Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Los datos, informaciones, interpretaciones y calificaciones que aparecen en esta información corresponden exclusivamente al momento en que se realizaron y tienen, por tanto, una vigencia limitada.

Reciclaxe de residuos e conciencia ambiental: enquisa a 1.000 persoas : Aceite de cociña e medicamentos: os residuos que menos se separan na casa

As mulleres de 55 anos ou máis son as máis preocupadas polos seus hábitos de reciclaxe, pero son os mozos os que separan mellor os residuos na casa

Aceite de cociña, medicinas e aparellos, materia pendente

Durante a nosa enquisa, poucos confesaron non separar habitualmente os residuos que xeran no seu domicilio. Por fraccións, os aceites de cociña son os que menos se separan: un de cada tres entrevistados recoñeceu non facelo. Esta proporción aumenta na Comunidade Valenciana, onde a metade dos entrevistados alí dixo non os separar. Os motivos? A inexistencia dun servizo de recollida deste tipo de residuos, a incomodidade de almacenalo e a escasa cantidade de aceite que utilizaban eran os principais. Calcúlase que cada consumidor xera ao ano uns catro litros de aceite doméstico usado y en total, se mueven 180 millones de litros de aceite vegetal usado anuales. Máis da metade remata nos sumidoiros e contamina ríos e solos.

Algo parecido acontece coas medicinas: un de cada cinco dos entrevistados confirmou que non o fai. Tiralas ao lixo ou ao desaugadoiro xera contaminación de ríos e os seus principios activos absórbenos cultivos ou animais. De novo, son os valencianos os que destacan negativamente (un de cada tres non separa os medicamentos que non lle serven). Por sexos, son os homes os que menos separan, un de cada catro, fronte a unha de cada cinco mulleres. E por idades, as persoas con 55 anos ou máis son as máis concienciadas (só un 12% non leva os seus medicamentos ao punto SIGRE fronte ao 38% dos que teñen entre 20 e 34 anos que non o fan).

Os aparellos eléctricos tampouco se separan tanto como se debería: un de cada cinco entrevistados confesouno así. Valencianos, andaluces e manchegos son os que menos o fan. Por sexos, as diferenzas son palpables: elas separan máis (80% das entrevistadas) ca eles (75%).

Os motivos que esgrimen para non dividir do resto do lixo este tipo de residuos teñen que ver basicamente porque na súa zona non hai un servizo de recollida (quéixanse especialmente os baleares e madrileños) ou porque non xeran suficiente como para reciclar. A ferralla electrónica é un problema cada día maior. O volume deste tipo de residuo crece entre un 16% e un 28% cada cinco anos, o triplo que o lixo domiciliario. Cando este tipo de aparellos se desbotan, convértense en residuos moi contaminantes porque conteñen bromo, cadmio, fósforo ou mercurio, moi daniños para a saúde e para o medio.

Consumidores que reciclan mal Medicamentos Téxtil e calzado Aceites de cociña Aparatos eléctricos e electrónicos Pilas e baterías
TOTAL 18,7% 16,6% 12,6% 12,4% 10,5%
Consumidores que reciclan mal Envases lixeiros Papel e cartón Vidro Residuos orgánicos biodegradables
TOTAL 9,2% 7,3% 6,7% 2,5%

BASE: Entrev. utilitzen contenidors de superfície o soterrats i/o recollida pneumàtica per a separar els residus

Máis idade, máis hábitos de reciclaxe

Practicamente a maioría dos entrevistados por EROSKI CONSUMER aseguran separar o lixo que xeran no seu domicilio. Non obstante, hai diferenzas por tipo de residuo. Mentres os residuos orgánicos biodegradables, o papel e cartón, o vidro e os envases lixeiros se reciclan en máis de nove de cada dez casos; o téxtil e calzado fano nun 85% e os aparellos eléctricos e electrónicos, os medicamentos e os aceites de cociña entre un 65% e un 77%.

Por sexos, normalmente son as mulleres as que se preocupan máis pola reciclaxe. En canto á idade, tamén parece haber distincións. Por regra xeral, son os entrevistados con 55 anos ou máis os que máis hábitos de reciclaxe teñen e se pode observar claramente á hora de separar os medicamentos: mentres as persoas de 55 ou máis anos os separan e levan a un punto SIGRE nun 88% dos casos, os mozos de entre 20 e 34 anos só o fan nun 62% das ocasións.

Paginación dentro de este contenido

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións