Nutri-Score, un escudo contra as noticias fals

NUN CONTEXTO NO QUE SE ESTUDA IMPLANTAR UNHA ETIQUETA NUTRICIONAL ÚNICA PARA TODOS OS PAÍSES DA UNIÓN EUROPEA, NON DEIXAN DE APARECER TROLAS E MENTIRAS QUE AFECTAN A NUTRISCORE. RESPONDEMOS ÁS CRÍTICAS MÁIS ESTENDIDAS SOBRE ESTA ETIQUETAXE.
12 Setembro de 2019
GettyImages 497127912

Facer comprensible a xerga dos ingredientes e orientar os consumidores nas súas decisións de compra. Eses foron os obxectivos cos que o Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar anunciou a finais de 2018 a implantación do logotipo de etiquetaxe frontal baseada nun código de cores e letras. O chamado Nutri-Score é un sistema adoptado polas autoridades francesas en 2016 que varios países europeos esperan introducir nos próximos meses, dentro do marco recomendado polas sociedades científicas, a UE ou a Organización Mundial da Saúde (OMS) para o fomento de hábitos saudables preventivos contra a obesidade e a diabetes, entre outras enfermidades. Un método do que EROSKI é un dos máximos impulsores e pioneiro na súa implantación: desde xaneiro de 2019, os seus produtos de marca propia contan con esta etiquetaxe para informar os consumidores, de forma sinxela, sobre o valor nutricional dos alimentos.

ASÍ FUNCIONA.

Trátase dunha escala de cinco cores que representa a cualificación nutricional dun alimento envasado, partindo desde a cor verde –para aqueles máis saudables–, ata o laranxa escuro –os de peor clasificación nutricional– e organizados en cinco letras, desde a A ata a E. Os parámetros márcaos un algoritmo, tomando como unidade de referencia os 100 gramos. O cálculo toma como referencia as cantidades de determinados nutrientes con efectos sobre a saúde: os desfavorables (calorías, azucres, graxas saturadas e sal) e os máis beneficiosos (fibra alimentaria, proteínas e a porcentaxe de froita e verdura). Segundo a cantidade de cada composto, asígnase unha puntuación por nutriente: entre 0-10 para os compostos vinculados ás dietas saudables e entre 0-5 para os negativos. Tras unha fórmula, a puntuación obtida determina a letra do produto.

O MÁIS EFICIENTE.

Saber elixir o que comemos, controlar a cantidade, fomentar a variedade de froitas e verduras e restrinxir ao máximo os alimentos ultraprocesados constitúe unha parte fundamental no coidado da saúde. Por este motivo, organismos internacionais como a OMS ou a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación (FAO), ou nacionais como EROSKI, promoveron sistemas de etiquetaxe frontal. Un estudo publicado na revista Nutrients, que avalía a efectividade dos sistemas en 12 países, sinalou a NutriScore como “o máis eficiente para discriminar a calidade nutricional dos alimentos”. O estudo destaca, ademais, a eficacia desta etiquetaxe, demostrada en poboacións con necesidades alimentarias específicas, como pacientes con diabetes ou obesidade.

INICIATIVA CIDADÁ.

Nutri-Score non só lles proporciona vantaxes aos cidadáns, a quen lles axuda a encher o carro da compra de xeito saudable, senón tamén aos fabricantes, animándoos a mellorar a calidade dos seus produtos. Pero estas virtudes atopan o seu principal escollo na normativa europea, que impide a obrigatoriedade da instauración do Nutri-Score nos produtos. Por este motivo, asociacións de consumidores de España, Francia, Bélxica, Alemaña, Holanda, Polonia e Grecia lanzaron a iniciativa cidadá europea Pro Nutri-Score, que busca o millón de firmas necesario para que a súa petición chegue á mesa da Comisión Europea. Pola súa banda, en España, o Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social prepara mecanismos legais para fomentar a implantación de Nutri-Score no noso país, á vez que estuda correccións específicas para o aceite de oliva. Aínda que hai distribuidores como EROSKI que apostan pola súa implantación, parte da industria alimentaria ten as súas reservas arredor destes sistemas de etiquetaxe. Por iso, nos últimos meses, circularon nas webs e redes sociais numerosas informacións falsas que intentan desacreditar este logotipo. Respondemos ás críticas máis estendidas sobre as valoracións de Nutri-Score.

Resposta ás críticas

Nutri score
A POSICIÓN DO ACEITE DE OLIVA

Polémica. Unha das controversias máis estendidas céntrase nas imaxes nas que aparecen o aceite de oliva coa letra D e a Coca-Cola Zero na letra B. Inténtase desvirtuar Nutri-Score defendendo que a súa valoración favorece a un refresco edulcorado fronte a un produto de indiscutible alta calidade nutricional, como o aceite de oliva.

Resposta. A súa clasificación baixo a letra D é debida ao seu contido en calorías, graxas totais e graxas saturadas. Ao ter un só ingrediente, as autoridades sanitarias estudan como adaptar Nutri-Score a este produto para evitar malinterpretacións nos consumidores. Nutri-Score é unha ferramenta para comparar, pero dentro dun contexto onde os alimentos pertenzan ao mesmo momento de consumo (ninguén aliña unha ensalada cun refresco), á mesma cantidade (non aliñamos a ensalada con 100 ml de aceite), ao mesmo tipo de produto (como cereais de almorzo ou galletas) ou un mesmo artigo entre marcas. Ademais, que un alimento sexa clasificado coa letra D ou E non significa que non deba consumirse; nunha alimentación equilibrada un consumidor máis informado saberá se desexa elixir unha alternativa de mellor calidade nutricional ou se decantarse por un alimento D ou E, xa que terá en conta que convén consumilo en cantidades máis pequenas e con menos frecuencia.

Nutri score
A LETRA DO XAMÓN CURADO

Polémica. Alimentos ben percibidos como os envasados de xamón curado en liscos poden aparecer en categoría E.

Resposta. Existen grandes diferenzas de calidade nutricional en función da marca e da preparación do produto; é dicir, segundo o seu contido en graxas saturadas e sal. Así, o xamón curado envasado pode aparecer baixo diferentes letras e cores: C, D ou E.

Nutri score
A TROLA DOS FRESCOS

Polémica. Moitos comentarios baseáronse no fundamento de Nutri-Score como sistema pensado para produtos envasados, non frescos. Os críticos argumentan que esta etiquetaxe podería inducir a que o consumidor non se decantase por froitas e verduras non envasadas, alimentos básicos unha dieta saudable.

Resposta. Un estudo elaborado por investigadores franceses sobre comportamento do usuario de Nutri-Score, tanto en supermercados online como nas tendas convencionais, indica que os consumidores que utilizan este logotipo como guía fan unha compra con protagonismo destacado de froitas e verduras, e con escasa presenza de produtos clasificados en D ou E.

Nutri score
O CASO DAS SARDIÑAS

Polémica. Un alimento saudable como as sardiñas en conserva aparece cualificado como D.

Resposta. O exemplo das sardiñas está sendo amplamente utilizado para cuestionar a utilidade de Nutri-Score. É falso que as latas deste produto estean sistematicamente clasificadas na letra D. En función da composición nutricional, as sardiñas poden aparecer con letra A,B,C ou D, xa que algúns fabricantes utilizan, durante o proceso de envasado das súas conservas, aditivos que poden afectar á clasificación nutricional.

Nutri score
PATACAS FRIXIDAS

Polémica. Un produto tan prexudicial como as patacas frixidas aparece en A.

Resposta. As reflexións sobre as patacas aluden á súa relación coa comida lixo e non atenden ao verdadeiro papel de Nutri-Score. As etiquetaxes frontais son unha tradución dos alimentos tal e como son vendidos. Para as patacas crúas conxeladas, clasificadas en A, o modo de preparación recomendado é a cocción nunha pota a presión. Segundo os ácidos graxos dos aceites empregados se as fritimos, poden pasar a B ou a C. O engadido do sal posterior tamén pode afectar á clasificación, pero é algo que non pode preverse no momento da compra.

Nutri score
PRODUTOS CON PRIVILEXIOS

Polémica. Francia modificou o algoritmo para que os queixos franceses puntuasen mellor.

Resposta. Nun principio, todos os queixos franceses eran cualificados en E, sen distinción entre frescos, curados ou pouco salgados. A Axencia Francesa de Seguridade Alimentaria considerou que debía facerse unha serie de modificacións mínimas para que o algoritmo tivese en conta o contido en proteínas. Coa modificación, a maioría dos queixos clasifícanse en D; os frescos pouco salgados, en C, e os queixos curados salgados, en E.