Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, polo tanto, unha vixencia limitada.

: Non todo o ‘veggie’ é saudable

UN DE CADA DEZ ESPAÑOIS REXEITA EN MAIOR OU MENOR GRAO OS ALIMENTOS DE ORIXE ANIMAL CO OBXECTIVO DE COIDAR O SEU CORPO. AS DIETAS VEXETAIS OFRECEN MOITAS BONDADES, AÍNDA QUE ALGÚNS DOS PRODUTOS QUE PERMITEN NON SON NECESARIAMENTE SANS. DETECTALOS PASA POR PRESTAR ATENCIÓN Á SÚA COMPOSICIÓN E DESCONFIAR DE CERTOS ULTRAPROCESADOS DESEÑADOS PARA SUBSTITUÍR INGREDIENTES PROHIBIDOS

Así sería unha dieta vegana correcta

En teoría, o crecemento da poboación vexetariana debería supoñer un aumento do consumo de froitas, verduras e legumes, aínda que a realidade non é así. A industria detectou un gran nicho de mercado nas indicacións veggie ou vegan e inundou os comercios con produtos destas características, pero sen incorporar mencións ao seu valor nutricional. Ocorre con eles o mesmo ca cos alimentos ultraprocesados non veganos: resulta imprescindible ler as etiquetas para coñecer que conteñen. Despois de todo, os consellos para levar unha dieta vegana sa son similares aos que se darían para outra que permitise a carne: 

  • Evitar o consumo de ultraprocesados.
  • Aumentar o consumo de legumes a catro racións á semana.
  • Manter a inxesta mínima de, polo menos, 3 racións de froita e 2 de verdura diarias.
  • Priorizar os cereais integrais.
  • Utilizar outros produtos con proteínas vexetais, como o tofu.
  • Suplementar con vitamina B12, segundo o criterio dun profesional.

En xeral, a alimentación vegana é unha elección correcta se os ingredientes vexetais dispoñibles se combinan de forma adecuada e se inxiren na cantidade suficiente para cubrir as necesidades nutricionais. O consumo de froitas e vexetais sempre é positivo, pero, ao non inxerir carne e derivados, corremos o risco de sufrir un déficit de vitamina B12, un nutriente clave para moitos procesos biolóxicos e que só proporcionan os alimentos de orixe animal. Este tipo de dietas sempre debe suplementarse con esta vitamina. 

En canto aos nenos, hai que ter especial coidado, xa que a inxesta da vitamina B12 é importante para o seu desenvolvemento e crecemento. Se os menores non van inxerir ningún produto de orixe animal, teñen que poñerse en mans dun profesional da nutrición para que elabore unha dieta que complemente as súas necesidades nutricionais, e dun médico que indique a suplementación de vitamina B12.

Paxinación dentro deste contido

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións