Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, polo tanto, unha vixencia limitada.

: Non todo o ‘veggie’ é saudable

UN DE CADA DEZ ESPAÑOIS REXEITA EN MAIOR OU MENOR GRAO OS ALIMENTOS DE ORIXE ANIMAL CO OBXECTIVO DE COIDAR O SEU CORPO. AS DIETAS VEXETAIS OFRECEN MOITAS BONDADES, AÍNDA QUE ALGÚNS DOS PRODUTOS QUE PERMITEN NON SON NECESARIAMENTE SANS. DETECTALOS PASA POR PRESTAR ATENCIÓN Á SÚA COMPOSICIÓN E DESCONFIAR DE CERTOS ULTRAPROCESADOS DESEÑADOS PARA SUBSTITUÍR INGREDIENTES PROHIBIDOS

Hai un par de meses, unha cadea de comida rápida aproveitou a fama de Ávila como capital da costeleta para promocionar alí a súa nova hamburguesa de soia. E, o pasado xaneiro, os organizadores dos Globos de Ouro serviron por primeira vez na historia un menú exclusivamente vegano. Parece que reducir ou eliminar a inxesta de alimentos de orixe animal da dieta converteuse en máis ca unha moda. Polo menos, así o revelan as cifras. 

Segundo o informe The Green Revolution de 2019, elaborado pola consultora Lantern, o 9,9 % da poboación española considérase veggie, o que significa que coloca o reino vexetal no centro da súa alimentación. En total, son case catro millóns de persoas. Este termo anglosaxón engloba a veganos (quen non consumen ningún produto de orixe animal e supoñen o 0,5 %), vexetarianos (se toman ovos ou leite e suman o 1,5 %) e flexitarianos (priorizan os vexetais, ocasionalmente comen carne constitúen o 7,9 %). 

De acordo co estudo, este tipo de dietas aumentaron un 27 % no noso país nos dous últimos anos, sobre todo grazas ás mulleres, aos mozos e aos habitantes das grandes cidades, os perfís que máis se decantan por opcións verdes. Ademais do benestar animal e a sostibilidade, a maioría cita a saúde como unha das principais razóns que os conduce a rexeitar a carne. Pero, son os produtos ultraprocesados vexetarianos tamén beneficiosos para o organismo? Non sempre.

As cousas, polo seu nome

Desde o ano pasado, as versións vexetarianas de hamburguesas, filetes, escalopes, salchichas ou ‘burgers’ xa non poden denominarse así. Prohibiuno o Parlamento Europeo.

Paxinación dentro deste contido

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións