Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, polo tanto, unha vixencia limitada.

: Obesidade infantil: a outra gran pandemia silenciosa

Moitos son os factores que inflúen na obesidade infantil e moitas tamén as ferramentas para combatela. Pero non todas as comunidades autónomas o fan da mesma forma e, por iso, o lugar onde vives pode determinar o risco dos teus fillos de sufrir sobrepeso.

Analizamos unha serie de indicadores de cada rexión para saber como se enfronta o problema desde tres ámbitos: a contorna, os hábitos saudables e o exercicio físico. Aínda queda moito por facer.

Por primeira vez na historia, a xeración actual de nenos e nenas vivirá menos que os seus pais. O motivo: a obesidade infantil. O exceso de graxa está acirrando a prematura aparición nos mozos de enfermidades que ata agora foran propias de adultos como a diabetes tipo 2, as enfermidades coronarias, a hipertensión arterial, o infarto cerebral ou a apnea do sono. E o seu crecemento é imparable. Segundo a Organización Mundial da Saúde, desde 1975, a obesidade triplicouse en todo o mundo. É un evento global que tamén lles afecta aos nenos e nenas españois. Catro de cada dez xa padecen exceso de peso. Que hai detrás deste cambio? Que podemos facer para mitigar os seus efectos? Estamos a tempo?

Ao longo dos últimos nove meses, EROSKI CONSUMER tratou de dar respostas a estas preguntas acompañados por especialistas de todos os ámbitos de responsabilidade nesta chamada “enfermidade das enfermidades”: Administración, sanidade, industria, familia, escolas, científicos, divulgadores e medios de comunicación. Nove capítulos que nos invitaron a reflexionar e botar luz sobre o camiño que debemos seguir para frear a este xigante. Neste capítulo final mostramos as conclusións ás que chegamos e poñemos o foco nas comunidades autónomas. Analizamos unha vintena de variables determinantes no problema do exceso de peso, co obxecto de discernir ata que punto nacer nunha comunidade ou outra é determinante.

 

Paxinación dentro deste contido

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións