Exercicio físico: a mellor medicina fronte á obesidade
Se existise unha pastilla que lles garantise aos nosos fillos unha boa saúde para sempre, dariámoslla? A resposta é obvia, pero quizais o que moitos descoñecen é que esta pílula milagre sa e carente de efectos secundarios xa existe: chámase exercicio e está ao alcance de todos e todas. Non é un fármaco, pero pódese dicir que é medicina. A ciencia confirma que practicalo incrementa considerablemente as posibilidades de que os nosos pequenos non sufran enfermidades cardiovasculares, hipertensión, diabetes ou diferentes tipos de cancro na súa idade adulta. De paso, ademais, a actividade física tamén axuda considerablemente a socializar, favorece a autoestima e mellora o rendemento académico. É certo que practicalo non é tan sinxelo como meter algo na boca, pero moverse tampouco require de moito esforzo, ou polo menos iso parece se nos cinguimos aos argumentos que nos dá a bioloxía: estar activo é algo para o que os seres humanos estamos naturalmente deseñados e non facelo deteriora aos poucos o noso organismo. Xusto o que está ocorrendo.
Unha xeración con menos esperanza de vida
Segundo o Estudo Pasos 2019 realizado pola Fundación Gasol, só un 36,4 % dos nenos e adolescentes do noso país cumpre co mínimo de 60 minutos ao día de actividade moderada a intensa que recomenda a Organización Mundial da Saúde (OMS). Este sedentarismo, unido a unha dieta nada saudable, forma un nocivo cóctel capaz de provocar que, por primeira vez na historia, esta xeración de nenos se converta na primeira que viva menos que os seus pais. Segundo a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE), para o 2050 reducirase a esperanza de vida en tres anos. Isto sería consecuencia da aparición prematura nos mozos de enfermidades que ata agora foran típicas de adultos.
Patoloxías físicas provocadas polo exceso de peso, pero tamén emocionais, como a falta de autoestima e depresión. “Cando un neno na súa infancia acumula graxa e chega á adolescencia con eses quilos de máis, é máis ca probable que sexa un adulto con sobrepeso ou obesidade. Isto tradúcese en quilos extra para o organismo, pero tamén nun estado latente de inflamación capaz de alterar o metabolismo da persoa, algo que acaba xerando enfermidades coma diabetes, hipertensión e colesterol alto en sangue”, explica Carmen Pérez-Rodrigo, especialista en Medicina Preventiva e Saúde Pública e profesora da Universidade do País Vasco. “O normal era que este tipo de trastornos se presentase na cuarta época da vida das persoas, pero os médicos estámolo vendo cada vez antes, en concreto en rapaces de 12 e 14 anos”, engade.
Cada vez móvense menos
O 34 % da poboación española de entre tres e 24 anos ten obesidade ou sobrepeso, cifra que ascende ata o 40 % no caso dos nenos entre tres e oito anos, segundo indica o Estudo Nutricional da Poboación Española (ENPE 2020), publicado na Revista Española de Cardioloxía (REC) e impulsado na súa orixe por Fundación Eroski. O estudo analizou a influencia que ten o estilo de vida dos máis pequenos co exceso de peso e os factores de risco cardiovascular.
Unha das causas destes datos é que os nenos non se moven. O mínimo que marca a OMS para os maiores de cinco anos é unha hora de actividade física na que combine actividades de intensidade de moderada a vigorosa ou alta, é dicir, que acelere a respiración e o ritmo cardíaco. Ademais, a medida que os nenos van cumprindo anos, o número de minutos empregados no exercicio vai diminuíndo. O Estudo Pasos tamén reflicte que, en secundaria, os datos de actividade son aínda peores, co 72 % dos estudantes declarados completamente sedentarios, fronte aos 55 % de primaria. Hai moitas razóns para que isto ocorra, máis aló da preguiza típica da idade do pavo ou a adicción aos videoxogos.
Activos desde o berce
Moverse non é sinónimo de facer deporte, senón de saltar, trotar, escalar, bailar, correr… En definitiva, o que é importante é a actividade física. “Hai que fomentala desde que os nenos son lactantes, xa que é entón cando os pequenos aprenden a moverse e adquiren todas esas habilidades que lles van a permitir desprazarse con máis destreza e, polo tanto, gozar mentres se moven”, explica Carmen Pérez-Rodrigo. É máis fácil adquirir os hábitos na infancia. Ocorre coa alimentación. É complicado e pouco realista cambiar o patrón alimenticio de forma drástica aos 40 anos. E aínda que se pode conseguir, o normal é que para logralo ou se está moi motivado –case sempre subxace un motivo de saúde – ou se acaba reincidindo nos “malos hábitos”. Co exercicio ocorre o mesmo. “Por iso é importante estimular as habilidades motrices desde pequenos e que os menores aprendan a gozar mentres o fan, porque se se obriga a un adolescente a que se mova cando non está afeito e, ademais, ten dificultades ou resulta torpe a consecuencia de que nunca practicou exercicio, pódeselle crear un conflito psicolóxico e social, xa que lamentablemente a maioría das actividades deportivas que se propoñen para os menores, tanto desde os centros escolares coma fóra, son competitivas”, relata a experta.
Máis movemento, menos tempos sentados
Hai que moverse máis e, para iso, non hai que estar moito tempo sentado. “Cando levamos máis de 60 minutos sentados, tanto pícaros coma adultos, debemos levantarnos e estirarnos aínda que só sexa para mover as extremidades e activar as masas musculares, a circulación e o metabolismo”, comenta Pérez-Rodrigo. Nalgúns centros escolares existen algunhas iniciativas respecto diso, con interrupcións dentro do horario escolar para provocar que os nenos dentro da aula roten, se cambien de sitio, se levanten e se movan, evitando que pasen moito tempo quedos no mesmo sitio. Noutros, implementaron outra táctica, chamada o descanso activo, que introduce pequenas pílulas de tres a cinco minutos de exercicios entre clase e clase. Na casa o sedentarismo agrávase. Cunha media de seis horas de deberes á semana, somos un dos países que máis tarefas lles encarga aos menores. E a este exceso de deberes súmanse con forza o uso das pantallas, que aumentou de maneira xeneralizada durante a pandemia.
Un asunto de toda a familia
As pantallas teñen moita culpa de todas estas preocupantes cifras, pero tamén a pasividade dos proxenitores ante o exercicio. Un estudo elaborado pola Universidade Internacional de Barcelona (UIC Barcelona) e publicado en febreiro de 2021 pola revista Healthcare, analizou a relación estreita que existe entre estar sentado diante dunha pantalla e a inxesta dos alimentos pouco saudables, e concluíu que os nenos que pasan máis dunha hora fronte a elas comen máis doces, bebidas azucradas, comida rápida e snacks que aqueles que ocupan o seu tempo libre practicando deporte. Unha vez máis, o mellor é converterse nun exemplo e animar os nosos fillos a practicar habitualmente algún deporte e organizar actividades físicas en familia, como facer exercicio, sendeirismo, paseos ao aire libre, nadar, montar en bicicleta, ir en patíns…
Os nenos e as nenas necesitan que se lles acompañe e ter modelos de referencia, ben os seus irmáns e irmás maiores, proxenitores ou outros familiares, nos que fixarse á hora de moverse. Só co feito de baixar as escaleiras sen usar o ascensor ou ir andando ao colexio, xa se está dando exemplo. Os nenos aprenden das súas familias, tanto o bo como o malo. Así o demostrou un estudo realizado pola Universidade da Rioxa e publicado no Journal of Sports Sciencie and Medicine, que escolleu aleatoriamente a 1.978 alumnos entre 12 e 16 anos. Segundo estes investigadores, que un adolescente sexa fisicamente inactivo é catro veces máis probable se os seus pais nunca participaron en actividades físico-deportivas no seu tempo libre. Cando os pais se involucran en actividades ou lle dan grande importancia ao exercicio físico, o sedentarismo redúcese.
Educación física: a materia pendente
O colexio desempeña un papel fundamental na adquisición desas competencias necesarias para a práctica da actividade física e para que gocen realizándoas, sobre todo porque un 80 % dos menores soamente as realiza durante o horario escolar. España é un dos países europeos que dedica menos horas semanais á Educación Física. En concreto, unha media de dúas horas. Dacabalo entre as tres horas que aconsella o Parlamento Europeo e o mínimo dunha hora semanal que estipula a lexislación española. Isto fai que a maioría das comunidades autónomas impartan dúas horas, aínda que hai novos posicionamentos. Madrid, por exemplo, acaba de aprobar a terceira hora, que se implantará a partir do curso 2022-2023. No entanto, aínda estamos moi lonxe das que imparten países como Francia, que dedica cinco horas do horario escolar ao exercicio. Este é precisamente o país que, segundo Vicente Martínez de Haro, profesor de Educación Física, Deporte e Motricidade Humana da Universidade Autónoma de Madrid, debería servirnos de exemplo.
“O modelo francés de secundaria consiste en dúas horas de Educación Física e tres horas de actividades físico-deportivas, un total cinco horas á semana. A materia de Educación Física consiste en ensinar a través do movemento e aspira a formar futuras persoas activas e conscientes do que poden facer, por que, como e que capacidades teñen. A actividade físico-deportiva trata simplemente de practicar aquilo que a un lle gusta”, analiza Martínez de Haro. No sistema educativo hai que buscar un equilibrio entre as diferentes materias para obter cidadáns cultos e ben formados para o futuro, ensinando aquilo que lles sexa útil. Nunha liña parecida está Alejandro Lucía Mulas, catedrático de Fisioloxía do Exercicio na Universidade Europea. Este estudoso do exercicio opina que “debería ser unha materia diaria, chamarse Actividade Física e dedicar, polo menos, unha hora de xogo activo, como camiñar rápido ou saltar todos os días, ademais de dúas ou tres sesións semanais de fortalecemento xeral (tipo ximnasia)”.
Un profesor ben formado e que motiva
Lucía Mulas destaca o papel esencial dos mestres. “A saúde das persoas adultas do mañá depende moito destes profesionais, aínda que ata hoxe teño as miñas dúbidas sobre se as clases de Educación Física fixeron máis contra o sedentarismo ou máis ben a favor deste”. O especialista fai referencia a certas metodoloxías que durante anos se implantaron nas clases e que ao seu xuízo hai que cambiar. “Por exemplo, ao neno con sobrepeso e pouco dotado para o deporte pódelo apartar para sempre dunha vida activa ou de que lle guste facer deporte se o pos a competir en inferioridade de condicións fronte a rapaces cunha mellor predisposición xenética ou a facer un test de Cooper, que consiste en percorrer a maior distancia en 12 minutos. Non se trata de ensinar deporte –que é marabilloso, pero que eu deixaría para actividades extraescolares–, senón de practicar actividade física e, xa que logo, saúde”, explica o profesor da Universidade Europea.
Patios inclusivos: xogos para todos
Os expertos aseguran que, ademais da importancia de ampliar o número de horas dedicadas á actividade física nos centros, hai que implantar máis recreos activos. Esta iniciativa require dun redeseño do patio, pero tamén da monitorización do profesorado ou dun equipo encargado de mantelos activos e evitar o illamento que se produce entre moito alumnado que non atopa alternativas para o xogo ou a actividade física. Moitos dos conflitos entre o alumnado nace no recreo e gran culpa diso tena o feito de que tradicionalmente nestes espazos non existiron actividades e posibilidades de lecer para todos eles. No patio córrese dun lado para outro e bérrase moito, pero poucos menores son capaces de agruparse e xogar.
Doutra banda, o fútbol na gran maioría dos centros escolares é o rei do recreo e, literalmente, os seus pelotazos aprópianse del, deixando pouco espazo para aqueles aos que non lles gusta a súa práctica. Hai xa tempo que os docentes se decataron de que o patio tradicional era urbanisticamente agresivo e decidiron substituílo por outro máis amable desde o que reeducar o alumnado no xogo e no que tanto nenos coma nenas estivesen incluídos. Os valores que se transmiten na aula, de empatía, respecto, tolerancia e diversidade, había que trasladalos tamén ao recreo. Esa é a idea do patio inclusivo, un proxecto que xa se materializou en moitos centros e que, segundo os seus responsables, funciona.
Dous casos de éxito
Un exemplo é o colexio público Nuestra Señora de la Paloma en Madrid, que desde o 2018 goza deste concepto de patio. Segundo a súa directora, Belén González, “o balance é positivo. Trátase dun proxecto posto en marcha de forma conxunta no que toda a comunidade educativa (profesorado, familia e alumnado) foi partícipe”, explica a responsable. Por unha banda, produciuse un cambio de deseño, xa que se incluíron máis elementos de xogo para que fose posible unha maior diversidade, máis vexetación, cor, debuxos e formas, pero tamén a organización, xa que o docente ten que servir de guía para promover accións que inclúan a todo o alumnado. O resultado é que “os xogos non competitivos gañaron espazo, favorecendo un maior equilibrio e reparto dun espazo no que antes o fútbol e o baloncesto eran os reis indiscutibles”, conta Belén González.
A experiencia da ikastola Kurutziaga, en Durango, partiu dun proceso de reflexión que emprenderon os seus docentes tamén en 2018. “Preguntámonos que pasaba nos patios e pensamos que sería interesante aproveitalos como lugar para a educación e a socialización, para fomentar hábitos saudables como o deporte, así como a autonomía, interese, motivación e curiosidade do alumnado”, relata Urko Rodríguez, o seu director. O patio se redeseñouse e hoxe en día está composto por un espazo exterior constituído de pequenas montañas e desniveis, un carril bici que bordea o terreo, un anfiteatro natural, espazos para o encontro con mesas, estruturas de madeira que invitan á imaxinación e narrativa do xogo −como unha autocaravana e a silueta dun dragón−, unha zona para practicar actividades deportivas −como a pelota vasca, baloncesto, fútbol ou escalada−, unha tirolesa…
O patio agora adáptase a cada etapa escolar e creouse un grupo multidisciplinar formado por responsables de área, monitores ou coidadores do comedor que están presentes cando o profesor se ausenta e que teñen o tempo do recreo organizado en diferentes áreas e propostas: deporte, danza, teatro, xogo libre… “Nestes tres anos de experiencia, os conflitos reducíronse, xa que cada un ten o seu sitio para gozar do que quere. O alumnado ten alternativas e isto influíu de forma positiva na convivencia, o que é un logro moi importante”, conclúe Rodríguez.
Estas experiencias son un exemplo de como se pode adaptar o patio para que sexa máis inclusivo. Na etapa de educación infantil (de 0 a 6 anos), por exemplo, os nenos e nenas teñen interese e unha curiosidade innata por descubrir e explorar. Nestas idades necesitan estudar a contorna natural e tamén poder elixir aquilo que lles interesa e como os motiva. Por iso, como no caso da ikastola Kurutziaga, a natureza ten un gran protagonismo no patio, que conta cun regato, pedras, un estanque e unha horta. En primaria (de 6 a 12 anos), o patio vincúlase co xogo en grupo e máis organizado. Xa sexan xogos con regras e normas xa establecidas ou as que eles mesmos crean. É un lugar de encontro e un lugar non dirixido polas persoas adultas. O mesmo ocorre en secundaria (de 12 a 16 anos), onde o aspecto social e o deportivo adquiren máis relevancia.
A importancia da contorna
A contorna urbana é outro factor que inflúe á hora da práctica deportiva. Respirar ao aire libre pon de bo humor, revitaliza e motiva máis, pero non todas as familias teñen a sorte de vivir preto de espazos que favorecen esta práctica, polo que se fai imprescindible que as cidades impulsen o deporte nos seus espazos públicos e que deseñen estes lugares de maneira que favorezan a práctica de exercicio e a actividade física. Xa sexa facendo posible unha maior proximidade entre instalacións deportivas, creando espazos públicos multifuncionais que fomenten o lecer e o deporte ao aire libre ou desenvolvendo cidades máis sostibles. Trátase de achegar o deporte ás persoas e as administracións teñen que ser capaces de poñer en práctica políticas que o fagan posible.
Vitoria-Gasteiz, que en 2012 se converteu en Capital Verde de Europa e en 2019 foi proclamada Cidade Verde Global, é un exemplo destas políticas:
- Cantidade e calidade de espazos para practicar diversidade de disciplinas. A capital vasca conta con 200 instalacións deportivas repartidas pola cidade entre centros cívicos, polideportivos, piscinas, frontóns, campos de fútbol, canchas exteriores de fútbol e baloncesto… Unha parte substancial están deseñadas á medida do barrio onde se sitúan.
- Combinar deporte e natureza. Vitoria conségueo co anel verde, un cinto vexetal de máis de 30 quilómetros de extensión que conecta 10 parques periurbanos e onde as opcións de realizar actividades ao aire libre se multiplican. Este espazo é clave para que disciplinas asociadas ao sendeirismo, á carreira ou á bicicleta teñan tantos seguidores na cidade.
- Facer a poboación partícipe no deseño de proxectos. A participación cidadá foi determinante á hora de deseñar equipamentos como varios parques para practicar skate, un parque de calistenia, un circuíto BMX ou a próxima construción dunhas pistas deportivas exteriores de Aldaia. Vitoria-Gasteiz inaugurou en 2018 as súas primeiras pistas de parkour (deporte urbano que consiste en saltos e acrobacias sobre escaleiras e desniveis da cidade) construídas mediante orzamentos participativos. A idea partiu dun cidadán apoiado pola Asociación Arabatarren Parkour Elkartea e supuxo un investimento municipal de 200.000 euros nun proxecto que se converteu nun referente desta especialidade. Dentro do mesmo programa de orzamentos participativos, destaca unha iniciativa aínda máis ambiciosa: implicar a todo un barrio (Lakua) no deseño dun parque interxeracional ao aire libre, onde nenos e nenas, adolescentes e persoas adultas comparten deporte e actividades lúdicas ao aire libre. O resultado foi un conxunto de 11 actuacións repartidas por todo o barrio, que se poden utilizar en forma de circuíto, para practicar todo tipo de especialidades, desde o voo de cometas ata o bádminton. Todo ao aire libre e creando espazos que invitan a cidadanía a practicar deporte a pé de rúa.
- Fomentar a mobilidade sostible. Dous de cada tres desprazamentos na cidade realízanse a pé e en bicicleta. Tras esta porcentaxe tan significativa está a súa rede de carrís bici que alcanza os 170 quilómetros. Ademais, Vitoria fomentou a mobilidade sostible a través da promoción dun espazo público máis peonil e amable. Desde 2014, a velocidade nas vías dun único carril está limitada a 30 quilómetros hora, unha restrición que a día de hoxe se estendeu a toda a cidade.
- Promover o lecer activo en familia. Vitoria-Gasteiz complementou a oferta de parques, piscinas e demais zonas de baño, como os pantanos, con diversas opcións para o aluguer de bicicletas e así coñecer a cidade e a súa contorna próxima sobre dúas rodas. De cara a motivar a poboación á hora de practicar exercicio, outra baza é a súa oferta de actividades físicas na rede de centros cívicos e instalacións deportivas. Cada trimestre lánzanse decenas de cursos con miles de prazas dispoñibles nas especialidades máis diversas. Hai programas orientados ao mantemento físico, á iniciación deportiva, á idade escolar…
Esta rede conta co apoio de 12 parques de saúde para maiores instalados ao aire libre, dotados con aparellos de ximnasia onde fan exercicio físico libremente ou co apoio, gratuíto, dun adestrador ou adestradora. Para que unha cidade se converta en líder en políticas de deporte asociado á saúde require dun grande investimento: preto de 60 millóns de euros ao ano. Deles, o concello gasta 12,87 millóns en manter a actividade dos nove polideportivos con piscina cuberta que están abertos na cidade (cada un require un gasto de 1,43 millóns de euros anuais). No caso dos 14 centros cívicos da cidade, o concello inviste 46,2 millóns de euros anuais (3,3 millóns de euros anuais por centro).
Por que as nenas son máis sedentarias?
O xénero é outro factor de risco de sufrir sedentarismo. Os mozos en idade escolar son maioritariamente sedentarios, pero a porcentaxe é aínda maior nas nenas. Cal é o motivo? Germán Ruiz Tendero, doutor en Ciencias do Deporte e profesor da Universidade Complutense de Madrid, explícao: “É algo multifactorial: intereses persoais, cultura, bioloxía, influencias dos iguais e a familia, a propia contorna física, sistema educativo, as experiencias de vida…”. Pero este experto, máis ca intentar dar coa causa, prefire proporcionar solucións:
- A importancia da nai activa. O interese da muller polo deporte medra cada ano. Proba diso é que na primeira enquisa de hábitos deportivos que se fixo en España en 1968, un 6,8 % das mulleres españolas practicaba algún deporte, fronte ao máis do 18 % dos homes. Hoxe en día, un 44,4 % de españolas practican deporte habitualmente, pero son eles aínda os que máis deporte realizan: un 51 %. Ruiz-Tendero recoñece que “para que se produza un xiro nas porcentaxes é importante poñer en valor a figura activa e deportiva da nai, xa que terá un maior impacto nas nenas ca se estas só observan ao pai”. O feito de que o deporte masculino teña máis presenza mediática e que sexan menos os referentes femininos non axuda tampouco á hora de acabar cos estereotipos de xénero. Combatelos comeza cunha maior aceptación social da muller deportista, comezando pola figura da nai activa. Aínda que ambos, pai e nai, son referentes para os seus fillos e fillas, por cuestións de identificación e comprensión das emocións, a nai é o modelo de conduta a seguir da filla.
- Compartir a experiencia. Non basta con apuntar as nenas a un deporte, hai que participar desa experiencia, acompañándoas, véndoas xogar ou facendo a actividade física xuntos (incorporando irmáns e amigos). Como di a neurociencia, se unha actividade vén asociada a unha emoción positiva, un séntese acompañado e querido, polo que as nosas opcións de éxito para a xeración de hábitos saudables veranse incrementadas.
- Incorporar nas nosas actividades as menores desde moi pequenas. Aínda hoxe en día, a pesar do grande avance de participación e implicación das mulleres no deporte, as familias teñen o convencemento de que os mozos son “máis activos” que as mozas, segundo destaca o estudo A influencia parental na motivación e participación dos alumnos en actividades físico-deportivas en idade escolar, da Universidade Complutense de Madrid. “Non hai que preocuparse tanto por cuestións ideolóxicas, coma se as nosas fillas se inclinan máis polos mal chamados deportes de homes, senón que teñan liberdade de escoller aquilo que a elas lles gusta e lles permita ser máis activas, ter experiencias de éxito, pero tamén unha educación no fracaso, que leva á superación persoal”, apunta o profesor e autor do estudo Ruiz Tendero.
- Buscar un equilibrio sen caer no sedentarismo. Na adolescencia, os intereses cambian. Neste punto, as amigas e amigos serán clave para permanecer activas: se o grupo de toda a vida non se move, haberá que incorporar contornas sociais activos de forma paralela, como apuntarse en familia a un grupo de montaña, animala a formar parte dalgún equipo da zona para practicar un deporte… A pubertade é un bo momento para falar sobre a imaxe corporal. Se o obxectivo de practicar unha actividade física é unicamente mellorar o corpo, ao final as probabilidades de converterse en mulleres activas a medio-longo prazo serán menores.
- Incorporar referentes no deporte feminino como modelos nas aulas. Son pequenos xestos que suman moito. As viaxes de lecer activo desde o colexio tamén deixan unha pegada moi positiva na infancia (esquí, natación, campamentos…). “Se hai que facer unha saída escolar, podemos ir ver un partido de fútbol feminino para apoialo e, de paso, mellorar o pensamento táctico á vez que o traballamos nas nosas clases”, aconsella Germán Ruiz Tendero.
- Aumenta o tamaño do seu corazón e a súa resistencia respiratoria. Cunha soa contracción, o corazón dun neno activo envíalle ao resto do organismo máis sangue que o dun sedentario. As persoas inactivas desenvolven vasos sanguíneos de menor elasticidade, dimensión e capacidade vasodilatadora, un escenario que predispón á hipertensión.
- Mellora a condición física. Máis axilidade, potencia de reflexos, aumento de velocidade e reforza a súa resistencia.
- Diminúe o desenvolvemento da arterioesclerose. A acumulación de graxa nas paredes das arterias é unha enfermidade de persoas adultas que xa se está diagnosticando en menores.
- Increméntanse os glóbulos brancos en circulación. Isto crea unha mellor defensa ante o desenvolvemento de células canceríxenas e de infeccións causadas por virus e bacterias.
- Maior rendemento académico. O exercicio é un alimento para o seu cerebro, xa que lle asegura unha boa chegada de sangue e con iso axuda ao desenvolvemento deste órgano. O proxecto Active Brains, da Facultade de Ciencias do Deporte da Universidade de Granada, analizou o impacto da actividade física nos cerebros de 110 nenos entre oito e 11 anos con sobrepeso ou obesidade. Segundo as súas conclusións, os menores que fan exercicio constante teñen máis materia gris, o que redunda nun maior e mellor rendemento escolar.
- Aumenta a produción de hormonas. Por exemplo, a do crecemento (GH), que facilita en gran medida o desenvolvemento dos ósos, músculos e o resto das articulacións.
- Beneficios emocionais. Os nenos que practican exercicio físico regularmente tenden a ter maior autoestima e unha actitude máis positiva. Tamén logran durmir mellor e son capaces de afrontar maiores desafíos, tanto físicos como emocionais.
- Mellora a sociabilización. O deporte ensina a aceptar as regras, valorar o compañeirismo, a integrarse cos outros e a asumir responsabilidades.
- Relega hábitos insáns. Contribúe a que os menores non se inicien no alcohol e o tabaco.
- Reduce a graxa corporal. Con iso, as posibilidades de sufrir sobrepeso.
“A esperanza de vida da xeración actual de nenos podería reducirse como consecuencia da obesidade”
Idoia Labayen, profesora de Ciencias da saúde da Universidade Pública De Navarra
A profesora da Universidade Pública de Navarra e directora do equipo de investigación ELIKOS do Instituto de Innovación e Sostenibilidad en la Cadena Agroalimentaria (IS-FOOD), que estuda os riscos para os menores da acumulación excesiva de graxa no fígado, cóntanos que este dano pode ser reversible se freamos a obesidade antes de terminar a pubertade. Iso é algo que debería estimularnos para comezar a comer saudable e ter máis actividade. Para iso, a investigadora avoga por estratexias de prevención a medio-longo prazo e defende a implicación e a educación familiar en hábitos saudables e un programa de exercicio supervisado, intenso e aeróbico como tratamento.
As cifras de menores con obesidade son alarmantes. Desde hai décadas desenvólvense diferentes estratexias e programas de prevención por parte de distintos organismos, pero non se ven resultados. Que se está facendo mal?
Fíxose moito máis por describir a epidemia e analizar as súas causas ca por poñerlle remedio. Houbo algunhas iniciativas tanto públicas como privadas, pero en xeral tratouse de estratexias a curto prazo e sen involucrar a todas as disciplinas e ámbitos implicados.
Estas estratexias centráronse máis na alimentación ca no exercicio físico?
Hai moi poucas estratexias a mediolongo prazo. A maioría destas tímidas iniciativas centráronse nos hábitos dietéticos; pero ata nese caso, fáltannos programas educativos ben deseñados e que impliquen tanto o ámbito escolar como o sanitario, os nenos e nenas e as súas familias, e que incidan tamén na industria alimentaria e na publicidade.
En España, o 63 % dos nenos e nenas entre oito e 16 anos non cumpre coas recomendacións de actividade física. Cre que se está facendo o suficiente nas aulas?
Na etapa escolar, as horas dedicadas á educación física son claramente insuficientes e, ademais, as actividades formativas están pensadas para que os nenos estean sentados. Doutra banda, as actividades deportivas en moitos casos están pensadas cun espírito moi competitivo que deixa fóra os nenos e as nenas con menos habilidades e destrezas.
Transcende a actividade física a outros ámbitos?
Temos pendente entender a actividade física e os hábitos dietéticos como parte integral da saúde e, en particular, da infancia. A educación en estilos de vida saudables debería impregnar a educación no sentido máis amplo. A actividade física non é só ese intre que se dedica a adestrar ao fútbol ou ao baloncesto, é tamén ir ao colexio andando ou en bicicleta, que os recreos sexan activos, compartir moito máis tempo de lecer en familia, etc.
Ve posible, tal e como auguran as persoas expertas, que a esperanza de vida da próxima xeración diminúa debido ao sobrepeso e á obesidade?
Si, a Organización Mundial da Saúde estima que a esperanza de vida da xeración actual de nenos e nenas podería reducirse como consecuencia da obesidade [a OCDE cífrao en tres anos menos]. Nos últimos 10 anos disparouse a prevalencia de esteatose hepática ou fígado graxo, que incrementa aínda máis o risco de diabetes, enfermidade cardiovascular e disfunción hepática. Hoxe en día, o 25 % das persoas adultas e cerca do 40 % dos nenos con sobrepeso ou obesidade teñen o fígado graxo.
Como se pode abordar este problema?
A obesidade é unha enfermidade. Temos que interiorizar isto para empezar a previla e tratala. A obesidade prexudica gravemente a saúde de nenos no presente e no seu futuro. Porque os nenos con sobrepeso teñen máis risco de desenvolver diabetes, enfermidades cardiovasculares e cancro e, ademais, prexudica a súa saúde emocional e o seu rendemento académico.
Un neno con obesidade e sobrepeso, sempre vai carrexar as consecuencias disto cando é adulto?
Hai traballos científicos moi importantes que demostran que se a obesidade infantil se cura antes de finalizar o desenvolvemento puberal -ao redor dos 13 anos-, o risco de desenvolvemento de diabetes é igual ao dun neno que non a padeceu. Isto debería servirnos como estímulo.
O proxecto EFIGRO, un programa de educación familiar en estilos de vida saudables, puido demostrar que implicar as familias e o exercicio físico axudan a mellorar a saúde.
A nosa investigación demostra que os programas que inclúen educación familiar en estilos de vida saudables, acompañados de educación psicoafectiva para axudar a incorporar ese cambio de hábitos e mellorar a saúde emocional dos nenos, e o exercicio físico reducen a graxa corporal e, sobre todo, diminúe a resistencia á insulina (prediabetes) e a esteatose hepática ata nun 20 %.
Que papel xogan as familias nesta aprendizaxe?
Os menores aprenden nos seus primeiros anos de vida máis por imitación que polas mensaxes que lancemos. Non serve de moito dicir “come froita que é moi sa” ou “deixa de ver a tele” se non nos ven comer froita ou se non propoñemos unha actividade alternativa á televisión. Se as familias incorporan unha forma de vida saudable, se as escolas son lugares nos que se fomenta, empezariamos a gañarlle terreo á obesidade infantil.
Cantas horas á semana de exercicio físico e intensidade necesitan realizar os pequenos para notar os beneficios?
O exercicio máis eficaz para a mellora da saúde hepática e cardiovascular é o que ten como obxectivo a intensidade; é dicir, hai que fatigarse, e no caso dos nenos, é moi importante tamén que se divirtan. É o que observamos no noso estudo, os nenos practicaban exercicio mentres xogaban tres veces por semana durante 90 minutos. Igualmente, cada 15 días toda a familia acudía a aprender bos hábitos con especialistas en nutrición e psicoloxía.
Pódese vencer a unha xenética que nos predispón á obesidade?
Sabemos que a saúde das persoas depende en boa medida dos estilos de vida e da contorna no que medran durante os primeiros 1.000 días de vida. Isto é, desde a concepción ata os dous anos. Aínda que teñamos predisposición xenética a padecer obesidade, se mantemos un estilo de vida saudable non se desenvolverá. A nutrición e a actividade física afectan ao funcionamento dos nosos xenes. Isto é máis acusado ca nunca neses primeiros días de vida nos que a división celular se produce a un ritmo altísimo polo crecemento. Esta é unha das razóns polas que dicimos que a prevención da obesidade comeza no embarazo.
Xogo da oca dos hábitos saludables
Es capaz de superar o reto deste xogo da oca? Móvete e demostra os teus coñecementos sobre alimentación ata chegar á casa final. Só necesitas buscar unha ficha para cada xogador e un dado. Boa sorte!
- Casa 1. Empezamos!
- Casa 2. Que é máis saudable? Comer a froita enteira ou en zume?
- Casa 3, 9, 14, 19, 24, 29 e 34. De trampolín en trampolín… E volve tirar.
- Casa 4. Camiña dando 20 zancadas seguidas.
- Casa 5. Dá o nome de 5 froitas ou verduras que empecen por M. Se non as sabes, volve á casa de saída.
- Casa 6. Retrocede dous espazos.
- Casa 7. Salta cos pés xuntos cara a adiante e chega o máis lonxe posible.
- Casa 8. Menciona os grupos de alimentos necesarios nunha dieta equilibrada.
- Casa 10. Tes que inventar un baile e facelo en 30 segundos.
- Casa 11 e 22. Volve tirar.
- Casa 12. Come unha peza de froita.
- Casa 13. Cantos lácteos debemos tomar ao día?
- Casa 15. Dá o nome de 5 froitas ou verduras que empecen pola letra C.
- Casa 16. Caes e perdes a vez.
- Casa 17. Tes que representar algún deporte só con xestos. Quen o adiviñe, adianta unha casa.
- Casa 18. Que é un produto local? Casa 20. Adianta 5 casas.
- Casa 21. Cantas racións de froita e verdura debes tomar, como mínimo, ao día?
- Casa 23. Realiza 10 abdominais.
- Casa 25. Realiza 10 saltos seguidos. Se tes unha corda, mellor.
- Casa 26. Pecha os ollos e adiviña o alimento saudable que che dan a probar os outros xogadores.
- Casa 27. Dúas voltas sen xogar.
- Casa 28. Cal é o aliño máis saudable para unha ensalada?
- Casa 30. Adianta unha casa.
- Casa 31. Tes que representar algún animal só con xestos. Quen o adiviñe, adianta unha casa.
- Casa 32. Mantente a pé manco cos brazos estirados 15 segundos.
- Casa 33. Volve á casa de saída.
- Casa 35. Fai 10 agachadas.
- Casa 36. Cal é a bebida máis saudable para cando temos sede?
- Casa 37. Retrocede 6 casas.
- Casa 38. Anda como os caranguexos 15 segundos.
O que deberían moverse os nenos
Menores de 1 ano. Teñen que estar fisicamente activos varias veces ao día e de diferentes formas, como o xogo interactivo no chan, na piscina ou durante a hora do baño. Canto máis, mellor. Os bebés que aínda non se movan teñen que estar polo menos 30 minutos boca abaixo, repartidos ao longo do día, mentres están espertos. Non hai que mantelos suxeitos ao carro, cadeira ou trona ou ás costas da persoa coidadora máis dunha hora seguida.
De 1 a 6 años. Teñen que pasar polo menos tres horas realizando diversas actividades físicas de calquera intensidade; cantas máis, mellor, incluídas actividades moderadas e intensas ao longo do día, tanto fóra coma dentro da casa. Non deben permanecer suxeitos máis dunha hora nin sentados durante longos períodos de tempo. Nesta etapa toda a aprendizaxe dos nenos e nenas baséase no corpo e no movemento: xogar, sentir, cantar e relacionarse a través de xogos no baño, na manta de xogos, ao lombo ou xogos de auga.
De 5 a 12 años. Hai que dedicarlle polo menos unha hora diaria de actividade física de moderada a intensa, principalmente aeróbica, canto máis mellor, xa que superar os 60 minutos procurará aínda máis beneficios para a saúde. Hai que incluír tamén, polo menos tres días á semana, actividades de intensidade alta que fortalezan os músculos e ósos, como atletismo, baloncesto, tenis, artes marciais ou fútbol. En xeral, os que involucren salto e cambios rápidos de dirección. Nesta etapa debe haber moita variedade de actividades, pero sen especializacións. É a época de aprender a patinar, a montar en bicicleta, a nadar, a rubir, a probar un patín e os esquíes, manexar todo tipo de pelotas e balóns -preferentemente brandos-, utilizar accesorios como raquetas -adaptadas ao seu tamaño para evitar lesións-, bates, palas… Canta máis variedade de desprazamentos, saltos, xiros e lanzamentos, mellor. Sempre utilizando o xogo como metodoloxía.
A partir de 12 años. Xa se poden especializar, dedicándose á actividade física que lles guste, xa sexa un deporte, o baile ou fitness. É a época de entrar en clubs e asociacións. Agora teñen forza e resistencia suficiente para aumentar o adestramento da técnica do deporte elixido e, se queren, comezar a competir, xa que isto manterá a motivación.
Exercicios de intensidade leve. Aqueles que permiten manter unha conversación perfectamente mentres se realizan. Por exemplo, pasear unha media de tres ou catro quilómetros/ hora, xogar aos dardos, camiñar para ir ao colexio, tocar calquera instrumento (a OMS recoñéceo como un exercicio de intensidade leve).
Exercicios de intensidade moderada. Os que permiten manter a conversación, pero con certa dificultade: o xogo activo, andar a paso lixeiro -ata 6 quilómetros/ hora-, golf, montar en bicicleta ou en patinete.
Exercicios de intensidade vigorosa ou intensa. Aqueles nos que a arfada e a falta de alento te deixan sen poder conversar. Correr -a partir 9 km/hora-, rubir unha ladeira, o baile aeróbico, os xogos de persecución, o fútbol, baloncesto, tenis, nadar a crol… En xeral, todos os deportes de esforzo.
- Rutas al aire libre. Una excursión por la naturaleza adaptada a la edad de los niños es una forma perfecta de mantenerse activos y disfrutar de un día en familia. Desde que son bebés pueden realizar senderismo desde la mochila portabebés de sus padres.
- Bailar. ¿A quién no le gusta dejarse llevar por el ritmo? Solo es necesario elegir las canciones favoritas y no tener miedo en descubrir ritmos y movimientos nuevos.
- Juegos tradicionales. Es hora de rememorar esos juegos de la infancia. Saltar a la comba, el juego del pañuelo, la rayuela, el escondite… Es probable que los pequeños de la casa no los conozcan. Hay que enseñárselos y jugar todos juntos.
- Orientación. Esconder objetos, crear un mapa… ¡Y a buscar! Es una divertida actividad que se puede realizar tanto en casa como al aire libre.
- Yoga. Esta actividad es perfecta para relajarse y aliviar la tensión. Practicarla en familia ayuda a conectarse con los más pequeños.
- Sobre ruedas. Dar un paseo en bicicleta, patines o monopatín son siempre unas actividades que triunfan.
- Actividades acuáticas. Nadar, hacer snorkel o animarse con un kayak o tabla de surf puede ser la actividad ideal para un día en familia.
- Circuitos. Poner a prueba la creatividad y diseñar circuitos de todo tipo con rollos de papel, libros, sillas, aros de hula hoop, escobas… Se pueden crear obstáculos que los niños y mayores tendrán que esquivar, agachándose, saltándolos o arrastrándose, mientras compiten por ver quién termina antes.
- Malabares. Se puede montar un pequeño circo familiar por un día y convertirse en malabaristas, equilibristas, acróbatas o incluso mimos.
- Concurso de retos. Lanzar un reto e intentar superarlo. ¿Cuántos toques se puede dar a un globo o un balón antes de que caiga al suelo? ¿Se es capaz de aguantar un minuto en equilibrio? ¿Una carrera de sacos en el jardín?
Fuente: Josune Rodríguez-Negro, maestra de Educación Física y Doctora en Actividad Física y Deporte.