Análise do gasto dos fogares en alimentación e a súa evolución

Cada fogar gasta ao ano unha media de 4400 euros en comida e bebida

A carne é o produto ao que se destina unha maior proporción do orzamento (un 23 %), nel gastamos unha media de máis de 1000 euros anuais
1 Marzo de 2013
Img tema de portada listado

Cada fogar gasta ao ano unha media de 4400 euros en comida e bebida

O poder adquisitivo do consumidor afúndese: os problemas financeiros do país estanse a converter nunha soga que aperta con forza o seu colo. E, o que é peor, parece que a situación non mellorará a curto prazo, xa que soben os prezos dos servizos básicos como a luz ou o transporte, dispáranse os impostos e as taxas (moi por enriba da inflación) e un longo etcétera. Por máis números que fagan as familias, facerlles fronte aos gastos é cada vez máis difícil. Aínda así, a alimentación, con crise ou sen ela, segue a ser unha das prioridades do orzamento familiar.

En cifras, segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE), en 2011, o gasto medio por fogar foi de 29.482 euros, un 3,5 % menos ca en 2006. Dese orzamento medio, os produtos alimenticios e as bebidas non alcohólicas supoñen un 14 %, a segunda partida máis importante só por detrás da vivenda, da auga, da electricidade e dos combustibles. EROSKI CONSUMER quixo investigar a fondo canto gastan as familias españolas en alimentación e como evolucionou ese gasto dende 2006. Para realizar esta análise, utilizáronse microdatos do INE que achegan información sobre 70 categorías de produtos alimenticios. Esta análise en profundidade realizouse en 17 comunidades autónomas: Andalucía, Aragón, Principado de Asturias, Illas Baleares, Canarias, Cantabria, Castela e León, Castela-A Mancha, Cataluña, Comunidade Valenciana, Estremadura, Galicia, Comunidade de Madrid, Rexión de Murcia, Comunidade Foral de Navarra, País Vasco e A Rioxa.

En conclusión, a comida e a bebida son necesidades básicas polas que cada fogar realiza un desembolso medio de case 4400 euros e, cada persoa, preto de 1700 euros. A carne é o produto estrela polo que se paga máis (un 23 % do orzamento destínase ás súas diferentes modalidades) e os espirituosos e licores polo que menos se paga (non chega ao 1 %).

Destaca nesta investigación que quen máis diñeiro inviste en alimentación e bebidas son os vascos, case 5000 euros por fogar e máis de 2000 euros por persoa. Pola contra, a comunidade autónoma estremeña é a que menos diñeiro destina: cada fogar, unha media de case 3800 euros e, cada cidadán, pouco máis de 1400 euros. A evolución do gasto en alimentación nestes cinco anos foi negativa: o investimento medio por fogar diminuíu un 3 %, mentres que por persoa aumentou case un 2 %. Por tipo de produto, acháronse importantes diferenzas: mentres o orzamento medio familiar dos aceites e das graxas cae cerca dun 40 %, o do café, o té e o cacao crece nada menos que un 24 %.

Case 4400 euros ao ano

Cada fogar gastou en comida e bebida unha media de 4361 euros. En cinco anos, este orzamento diminuíu un 3 % e a evolución do investimento familiar en alimentación non foi constante: en 2007, creceu; ao ano seguinte, comezou a minguar; en 2009, producíase un importante descenso e, en 2010 e 2011, mellorou, aínda que moi timidamente. Neste sentido, o IPC entre 2006 e 2011 incrementouse un 12 % nos alimentos e nas bebidas non alcohólicas e un 54,6 % en bebidas alcohólicas e tabaco.

Pero as familias españolas non só diminuíron o seu gasto en alimentación. Dende 2006, tamén decreceron as partidas que se destinan aos artigos de vestir e calzado (un 24 %); ao mobiliario, equipamento e outros gastos da vivenda (un 23 %); aos transportes (un 22 %); aos hoteis, cafés e restaurantes (un 12 %); ao ocio, espectáculos e cultura (un 11 %) e a outros bens e servizos, como coidados persoais, xoiería e bixutería e seguros (8,5 %). Curiosamente, hai outras que aumentaron, como a vivenda, a auga, a electricidade e os combustibles (un 22 %); o ensino (un 12 %); as bebidas alcohólicas e o tabaco (un 9 %) e a saúde (un 0,9 %).

Gastamos máis en carne

A carne é o produto no que máis investiron as familias españolas. En concreto, este alimento concentra o 23 % do orzamento destinado á alimentación. O seu gasto distribúese da seguinte maneira: en primeiro lugar, chacinería; a seguir, carne de ave; séguelle a de bovino e a de porcino e, en último lugar, os despoxos e os miúdos. Séguenlle o pan e os cereais, cun 15 %. Ao redor dun 12 % do orzamento total das familias destínase a leite, queixo e ovos, e tamén a peixe. A partida das froitas e das hortalizas, incluídas as patacas e outros tubérculos, rolda o 9 % e as augas minerais, as bebidas refrescantes e os zumes o 5 %. Por último, ao resto de categorías de produtos destínase menos do 4 %. Con estas cifras, queda claro o diferente que en moitos casos son a teoría da práctica: as recomendacións dietéticas pasan por comer a diario verduras, froitas e hortalizas, por lle dar prioridade ao peixe fronte á carne ou polo consumo ocasional de queixo.

En cifras, os fogares españois destinaron unha media de 1024 euros ao ano á compra de carne, 655 euros ao pan e aos cereais, 531 euros ao leite, queixo e ovos, 506 euros ao peixe, 397 euros ás hortalizas (incluídas as patacas e outros tubérculos) e 393 euros á froita. Ademais, as augas minerais, as bebidas refrescantes e os zumes levaron do orzamento total medio por fogar 205 euros; o azucre, as confeituras, o mel, o chocolate, os doces e os xeados supoñen unha media de 170 euros; e os produtos alimenticios non mencionados anteriormente (salsas e condimentos, sal, especias e herbas culinarias; sopas, preparados para sobremesas e fermento; alimentos para bebé e produtos dietéticos) 136 euros. Por último, no resto de categorías de produtos invístense menos de 100 euros: 98 euros en aceites e graxas, 78 euros en café, té e cacao; 76 euros en viños; 62 euros en cervexas e 29 euros en espirituosos e licores.

Moi pouco en aceite

Dende 2006 e ata 2011, o investimento familiar medio neste tipo de produtos tamén evolucionou, xa que en dous de cada cinco tipos de produtos decreceu. Son curiosas as tendencias contrarias de dúas das categorías de alimentos: o orzamento medio familiar dos aceites e das graxas cae preto dun 40 %, mentres que o do café, té e cacao aumenta un 24 %. E sobe un 19 % o desembolso medio destinado ás salsas e aos condimentos, sal, especias e herbas culinarias; as sopas, preparados para sobremesas e fermento e aos alimentos para bebé e produtos dietéticos.

De novo, convén reparar en momentos puntuais do período entre 2006 e 2011. É no periodo entre 2008 y 2011 cando o orzamento de case todos os produtos (agás o café, o té e o cacao) diminúe. De media, esta caída cífrase nun 9 %, fronte ao 1 % do período 2010-2011. Durante eses tres anos (ata 2011), as maiores caídas no investimento orzamentario familiar medio danse nos aceites e nas graxas (un 24 %), nos espirituosos e nos licores (un 15 %), e na carne e nas froitas (un 10 %). Neste sentido, cabe destacar que os aceites e as graxas xa baixaron un 21 % o seu investimento durante o período dende 2006 a 2008, mentres o resto de produtos crecía.

Os vascos gastan máis

Por rexións, atopáronse diferenzas importantes nos orzamentos familiares de alimentación. A comunidade autónoma cuxas familias máis investiron en 2011 foi a do País Vasco. Alí, cada fogar gastou 4957 euros de media e cada vasco 2015 euros. Pola contra, en Estremadura, o gasto medio foi de 3718 euros, un 33 % menos ca os fogares vascos. Así mesmo, cada estremeño desembolsou 1406 euros de media en 2011 (un 43 % menos que cada vasco).

Pola súa banda, as comunidades cun gasto medio por fogar superior á media son Navarra, Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Madrid e Murcia. Ademais, os catro primeiros territorios repetían en ter un gasto medio por persoa superior á media, ademais de Asturias, A Rioxa e Castela e León. Pola contra, o gasto medio por fogar era inferior á media en Castela-A Mancha, Illas Baleares, Canarias, Cantabria, a Comunidade Valenciana, Castela e León, Asturias e A Rioxa. De novo, as cinco primeiras tamén situaban os seus orzamentos por debaixo da media do gasto por persoa, xunto con Madrid, Andalucía e Murcia.

Non obstante, en cada unha das dezasete comunidades autónomas estudadas producíronse variacións diferenciadas. Por exemplo, en Canarias, durante ese período de tempo, o IPC en alimentos e bebidas non alcohólicas creceu o 14,6 % (a variación máis alta), e un 20,5 % en bebidas alcohólicas e tabaco (a máis baixa).

Alimentación: o orzamento diminúe

O gasto medio familiar decreceu entre 2006 e 2011 en tres cuartas partes das comunidades estudadas. Destaca, en especial, a evolución do orzamento en alimentación e bebidas de cada fogar nas Illas Baleares, onde caeu un 9 %. Pola contra, en Galicia aumentou na maior proporción, case un 3 %. En canto ao gasto medio de cada persoa, os extremos rexistráronse de novo na comunidade balear (diminuíu un 6 %) e na galega (aumentou un 8 %).

Tamén convén salientar a evolución dende 2006 do gasto medio por fogar nas comunidades onde se destinou unha maior e menor cantidade de diñeiro. Neste sentido, esta foi positiva no País Vasco e negativa en Estremadura e, mentres o gasto medio por fogar aumentou un 2 % na primeira comunidade, diminuíu un 8 % na segunda.

Convén, así mesmo, coñecer a variación do IPC no País Vasco e en Estremadura, comunidades onde se calcularon os gastos medios por fogar e por persoas. No País Vasco, cos orzamentos medios máis altos, o IPC aumentou un 13,8 % en alimentos e bebidas non alcohólicas (entre as variacións máis altas) e un 52,4% en bebidas alcohólicas (por debaixo do índice xeral neste tipo de produtos). Por último, no territorio estremeño, cos investimentos familiares máis baixos, o IPC dos alimentos e bebidas subiu un 12,8 % (proporción similar ao índice xeral neste tipo de produtos) e un 60,2 % (a máis alta) en bebidas alcohólicas e tabaco.

Tamén convén salientar a evolución dende 2006 do gasto medio por fogar nas comunidades onde se destinou unha maior e menor cantidade de diñeiro. Neste sentido, esta foi positiva no País Vasco e negativa en Estremadura; así pois, mentres o gasto medio por fogar aumentou un 2 % na primeira comunidade, diminuíu un 6 % na segunda.

Entre 2008 e 2011, anos de pleno inicio da crise económica, prodúcense as caídas de orzamento máis importantes: un 9 % de media por fogar e un 6 % por persoa. Por comunidades, destaca especialmente o descenso do gasto medio por fogar nas Illas Baleares, Canarias, Cantabria, Galicia, Estremadura e a Comunidade Valenciana; en todas estas comunidades moveuse entre un 10 % e un 15 %. Tamén os territorios canario e cántabro sobresaen, por contar cun gasto medio por persoa que nese período cae arredor dun 12 %. Parodoxalmente, durante os anos en que non se oía falar de crise económica, os fogares incrementaron o seu orzamento medio en alimentación case un 7 % entre 2006 e 2008; e tamén creceu un 9 % o gasto medio por persoa.

Comunidade a comunicade

Cada comunidade autónoma ten as súas características propias, aínda que a tendencia non adoita variar. A seguir, danse unhas pinceladas do tipo de gasto medio que realizan as familias en cada unha delas.

Andalucía

  • Gasto medio por: 4532,72 euros (1,64 % menos ca en 2006)
  • Gasto medio por: 1623,47 euros (3,47 % máis ca en 2006)

Distribución do investimento medio familiar: CLASIFICACIÓN

  1. Carne: 996,49 euros
  2. Pan e cereais: 724,01 euros
  3. Leite, queixo e ovos: 529,29 euros
  4. Último: Espirituosos e licores: 41,79 euros

Aragón

  • Gasto medio por: 4470,47 euros (0,41 % máis ca en 2006)
  • Gasto medio por: 1 741, 78 euros (2,19 % máis ca en 2006)

Distribución do investimento medio familiar: CLASIFICACIÓN

  1. Carne: 1170,04 euros
  2. Pan e cereais: 632,73 euros
  3. Peixe: 511,22 euros
  4. Último: Espirituosos e licores: 39,66 euros

Asturias

  • Gasto medio por: 4256,77 euros (2,43 % menos ca en 2006)
  • Gasto medio por: 1729,91 euros (3,55 % máis ca en 2006)

Distribución do investimento medio familiar: CLASIFICACIÓN

  1. Carne: 1003,87 euros
  2. Leite, queixo e ovos: 606 euros
  3. Pan e cereais: 580,54 euros
  4. Último: Espirituosos e licores: 25,58 euros

Illas Baleares

Gasto medio por: 4055,87 euros (8,88 % menos ca en 2006) Gasto medio por: 1586,83 euros (5,63 % menos ca en 2006)

Distribución do investimento medio familiar: CLASIFICACIÓN

  1. Carne: 848,13 euros
  2. Pan e cereais: 615,23 euros
  3. Leite, queixo e ovos: 487,78 euros
  4. Último: Espirituosos e licores: 36,04 euros

Canarias

  • Gasto medio por: 4151,44 euros (7,28 % menos ca en 2006)
  • Gasto medio por: 1512,02 euros (1,71 % menos ca en 2006)

Distribución do investimento medio familiar: CLASIFICACIÓN

  1. Carne: 777,68 euros
  2. Pan e cereais: 631,23 euros
  3. Leite, queixo e ovos: 622,67 euros
  4. Último: Espirituosos e licores: 28,79 euros

Cantabria

  • Gasto medio por: 4260,93 euros (3,34 % menos ca en 2006)
  • Gasto medio por: 1652,18 euros (3,63 % máis ca en 2006)

Distribución do investimento medio familiar: CLASIFICACIÓN

  1. Carne: 1035,71 euros
  2. Pan e cereais: 600,37 euros
  3. Peixe: 545,06 euros
  4. Último: Espirituosos e licores: 17,50 euros

Castela E León

  • Gasto medio por: 4149,97 euros (5,92 % menos ca en 2006)
  • Gasto medio por: 1689,47 euros (0,11 % menos ca en 2006)

Distribución do investimento medio familiar: CLASIFICACIÓN

  1. Carne: 1069,70 euros
  2. Pan e cereais: 579,51 euros
  3. Peixe: 558,97 euros
  4. Último: Espirituosos e licores: 18,73 euros

Castela-A Mancha

  • Gasto medio por: 4054,47 euros (3,89 % menos ca en 2006)
  • Gasto medio por: 1488,63 euros (0,57 % máis ca en 2006)

Distribución do investimento medio familiar: CLASIFICACIÓN

  1. Carne: 986,31 euros
  2. Pan e cereais: 638,12 euros
  3. Leite, queixo e ovos: 496,94 euros
  4. Último: Espirituosos e licores: 20,21 euros

Cataluña

Gasto medio por: 4643,87 euros (0,03 % menos ca en 2006) Gasto medio por: 1778,12 euros (2,57 % máis ca en 2006)

Distribución do investimento medio familiar: CLASIFICACIÓN

  1. Carne: 1046,49 euros
  2. Pan e cereais: 701,95 euros
  3. Leite, queixo e ovos: 526,10 euros
  4. Último: Espirituosos e licores: 34,43 euros

Comunidade Valenciana

  • Gasto medio por: 4027,95 euros (7,53 % menos ca en 2006)
  • Gasto medio por: 1555,68 euros (4,68 % menos ca en 2006)

Distribución do investimento medio familiar: CLASIFICACIÓN

  1. Carne: 896,83 euros
  2. Pan e cereais: 644,86 euros
  3. Leite, queixo e ovos: 503,03 euros
  4. Último: Espirituosos e licores: 29,04 euros

Extremadura

  • Gasto medio por: 3718,24 euros (6,18 % menos ca en 2006)
  • Gasto medio por: 1405,80 euros (0,92 % máis ca en 2006)

Distribución do investimento medio familiar: CLASIFICACIÓN

  1. Carne: 879,83 euros
  2. Pan e cereais: 640,10 euros
  3. Leite, queixo e ovos: 511,18 euros
  4. Último: Espirituosos e licores: 15,93 euros

Galicia

  • Gasto medio por: 4863,99 euros (2,90 % máis ca en 2006)
  • Gasto medio por: 1831,39 euros (8,40 % máis ca en 2006)

Distribución do investimento medio familiar: CLASIFICACIÓN

  1. Carne: 1246, 89 euros
  2. Peixe: 685,43 euros
  3. Leite, queixo e ovos: 627,71 euros
  4. Último: Espirituosos e licores: 25,62 euros

Madrid

  • Gasto medio por: 4424,78 euros (6,97 % menos ca en 2006)
  • Gasto medio por: 1647,75 euros (2,86 % menos ca en 2006)

Distribución do investimento medio familiar: CLASIFICACIÓN

  1. Carne: 1012, 17 euros
  2. Pan e cereais: 639,78 euros
  3. Leite, queixo e ovos: 512,59 euros
  4. Último: Espirituosos e licores: 30,50 euros

Murcia

  • Gasto medio por: 4367,11 euros (7,30 % menos ca en 2006)
  • Gasto medio por: 1554,48 euros (1,43 % menos ca en 2006)

Distribución do investimento medio familiar: CLASIFICACIÓN

  1. Carne: 997,18 euros
  2. Pan e cereais: 706,66 euros
  3. Leite, queixo e ovos: 507,70 euros
  4. Último: Espirituosos e licores: 33,13 euros

Navarra

  • Gasto medio por: 4853,77 euros (0,08 % menos ca en 2006)
  • Gasto medio por: 1891,44 euros (5,78 % máis ca en 2006)

Distribución do investimento medio familiar: CLASIFICACIÓN

  1. Carne: 1218,40 euros
  2. Pan e cereais: 761,19 euros
  3. Peixe: 547,92 euros
  4. Último: Espirituosos e licores: 37,20 euros

País Vasco

  • Gasto medio por: 4957,42 euros (2,24 % máis ca en 2006)
  • Gasto medio por: 2014,92 euros (7,83 % máis ca en 2006)

Distribución do investimento medio familiar: CLASIFICACIÓN

  1. Carne: 1162,42 euros
  2. Pan e cereais: 732,70 euros
  3. Peixe: 680,53 euros
  4. Último: Espirituosos e licores: 30,25 euros

A Rioxa

  • Gasto medio por: 4346,46 euros (2,60 % máis ca en 2006)
  • Gasto medio por: 1712,26 euros (6,18 % máis ca en 2006)

Distribución do investimento medio familiar: CLASIFICACIÓN

  1. Carne: 1065,12 euros
  2. Pan e cereais: 658,85 euros
  3. Peixe: 559,57 euros
  4. Último: Espirituosos e licores: 27,90 euros