Este mes estamos de celebración: celebramos 50 anos contigo. Poucas relacións son tan duradeiras como a nosa, a existente entre EROSKI CONSUMER e as súas lectoras e lectores. Hoxe podemos dicir ben forte que dende 1974 defendemos e informamos as persoas consumidoras. Que non é pouco.
Estás na seguinte localización: Portada > Portada
Guía de compra
Nin con receita grega nin feito en Grecia
Salvo contadas excepcións, os iogures gregos que atopamos na nosa contorna non se chaman así porque estean elaborados en Grecia ou segundo a receita tradicional grega. Trátase, en realidade, dun nome coloquial que se utiliza para iogures que se caracterizan por seren máis densos e cremosos que os convencionais.
Distinta calada, mesmo dano
Os cigarros electrónicos ou os vaporeadores están moi lonxe de seren inocuos, pero o seu uso duplicouse en só sete anos. A ciencia xa se pronunciou sobre estas chupadelas electrónicas: teñen o mesmo ou peor efecto sobre a saúde que o cigarro tradicional e, a longo prazo, seguirán provocando infartos, ictus e cancro.