ENCHE A DESPENSA CO QUE TES AO ALCANCE DA MAN
Ir ao supermercado do lado e volver con laranxas marroquís, chícharo kenyanos, un filete arxentino ou allos chineses non parece nada raro. É algo común nunha economía aberta e con redes globais de distribución. Pero se a poucos quilómetros hai granxas de vacún, hortas e plantacións de allos ou cítricos con capacidade para fornecer á poboación da redonda, polo menos en tempada, tamén é natural preferir ese produto veciño ao importado ou ao que chega da outra punta do país.
Nisto consiste a tendencia a comprar co criterio de máxima proximidade. Neste sentido, considéranse alimentos de proximidade os producidos a menos de 100 quilómetros do lugar de venda. Tamén se denominan produtos quilómetro 0, poñendo o acento en que, a menor traxecto percorrido, menos cantidade de CO 2 se emitirá á atmosfera. Como as distancias ás veces son relativas (unha verdura pode vir dunha explotación próxima pero contaminante, mentres outra proceder dunha horta máis afastada, pero ecolóxica), outros expertos prefiren considerar produtos de proximidade ou quilómetro 0 os obtidos na comarca onde se venden.
Convén recordar que non é o mesmo que as Denominacións de Orixe ou as Indicacións Xeográficas Protexidas, xa que, aínda que estas amparan a calidade e a produción local dalgúns produtos, só serán de proximidade se, ademais, se comercializan cerca do lugar de produción. Máis ou menos, aproximadamente unha de cada seis explotacións agrarias na Unión Europea véndenlle máis da metade da súa produción directamente aos consumidores, segundo datos do estudo O campo na túa mesa (2015), realizado por investigadores das universidades de Pisa (Italia) e Wageningen (Holanda).
QUE VANTAXES PROPORCIONAN?
Os alimentos de proxi – midade deixan unha pegada de carbono (emi – sións de gases nocivos no proceso de produción e distribución) infinitamente menor que os que viaxan centos ou miles de quilómetros. Con todo, cada ano chegan todo tipo de produtos desde multitude de países. Segundo o informe Alimentos Quilométricos, realizado polas uni – versidades de Vigo e de Sevilla e a Pablo Olavide (Sevilla) para a ONG Amigos de la Tierra, en 2011 España importou 25,5 millóns de tonela – das de alimentos, que percorreron unha media de 3 827 quilómetros e xeraron 4,2 millóns de toneladas de CO 2. De entre todos eles, impor – táronse 11,3 millóns de toneladas de cereais (cuxo transporte supuxo 1,1 millóns de tonela – das de CO 2); e 3,9 millóns de toneladas de froi – tas, verduras e legumes (964 000 toneladas de CO 2).
Segundo a Comisión Europea, só o trans – porte de mercancías xera o 20 % das emisións de gases de efecto invernadoiro no continente. O desprazamento de grandes distancias nece – sita máis embalaxe e, xa que logo, deixa máis residuos. Ese movemento causa un desperdicio moito maior de alimentos (que algunhas or – ganizacións ecoloxistas cifran nun 30 %). Un risco engadido: que neses grandes colectores agrícolas importados doutros países e conti – nentes se coen especies invasoras daniñas para os ecosistemas españois (por exemplo, insectos como a avespa ou o escaravello asiático).
Os pequenos produtores en granxas, cultivos ou cooperativas contribúen ao tecido económico e ao emprego, especialmente nas moitas zonas rurais que perden poboación de forma dramática e quizais irreversible. Consumir produtos de quilómetro 0 axuda a “manter viva a ruralidade, o que implica, polo tanto, a protección dos bosques, a conservación da biodiversidade, o mantemento de razas e especies vexetais autóctonas e facilita o asentamento de xente nova en claves rurais”, afirma Pedro Burruezo, director da edición para España e Latinoamérica de The Ecologist, revista ambiental fundada hai catro décadas en Gran Bretaña.
A maioría das 12 millóns de explotacións agrarias na Unión Europea son iniciativas familiares que, co seu labor, contribúen á sostibilidade socioeconómica e ambiental das zonas rurais, e adoitan formar parte de cadeas curtas de subministro alimentario (aquelas nas que os agricultores venden a súa produción sen apenas intermediarios). De acordo cos investigadores do estudo O campo na túa mesa, “estas alternativas e outras explotacións agrarias pequenas fornecen na actualidade o 70 % dos alimentos do mundo”.
Quen non dixo algunha vez “esta froita ou este tomate non saben a nada”? Posiblemente se deba a que se recolleu moito antes de que estivese madura. Os produtos vexetais de proximidade, con todo, poden recollerse no momento idóneo e en tempada, non necesitan conxelarse ou someterse a tratamentos de conservación previos á venda e proporcionan máis frescura. Iso nótase tamén no gusto e a cociña.
Os produtores de proximidade sosteñen que, ao aforrar os gastos de transporte, embalaxes ou intermediarios, e comercializar vexetais de tempada (cando son abundantes e precisan darlle saída a toda a súa colleita), os seus prezos son máis baratos. No entanto, isto non constitúe unha norma fixa. Os alimentos industriais en grandes volumes ás veces poden ofrecer prezos máis competitivos. Unha regra común nos circuítos de proximidade é, ademais, aceptar un prezo xusto para os pequenos produtores. En todo caso, o consumidor adoita primar outros criterios como a conciencia ambiental, a frescura do produto ou coñecer a procedencia do que come.
Son precisamente eses valores os que destaca o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA): “A proximidade á zona de produción e a venda de produtos locais son aspectos en alza. Cada vez máis os consumidores buscan sabor, tradición e autenticidade, o que se traduce en demanda de produtos de calidade e tamén próximos, non só dunha comarca ou rexión determinadas, senón no sentido de produtos españois fronte aos importados”.
Pola súa banda, a Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN) asegura que está entre as súas prioridades “fomentar o consumo de alimentos de proximidade”. Para logralo, tanto as autoridades españolas como as comunitarias “tenden a ser flexibles nos requisitos de produción e comercialización dese tipo de produtos, facilitando, por exemplo, mediante a venda directa ao consumidor na explotación ou nos mercados locais. Ademais, o consumo de produtos frescos vai na liña de promocionar unha alimentación saudable”.
Como os recoñecemos?
A diferenza dos produtos ecolóxicos, os de proximidade ou quilómetro 0 non teñen unha etiqueta ou un selo oficial específicos, e réxense polas normas estándar de etiquetaxe e rexistro sanitario. Iso non quita, por suposto, que ese produto de proximidade tamén sexa de produción ecolóxica e así o indique a súa etiqueta (vexa o cadro superior). De feito, é bastante frecuente que coincidan ambas as características: o produtor que queira revalorizar a proximidade coidarase de especificar ese dato na etiqueta ou no envase. O mesmo fará un posto de mercado ou unha superficie comercial cando venda froitas, verduras e outros produtos frescos ao peso. O consumidor ten que prestarlle atención a esa información e pode ampliala con vendedores, comerciais, produtores, etc. Algunhas comunidades autónomas como Cataluña ou Andalucía lexislaron para controlar mellor o sector de proximidade con rexistros de produtores acreditados para a venda directa.
ENTÓN, ONDE OS ATOPAMOS?
- Ademais da venda directa en explotacións ou mercados e feiras locais, xa é frecuente velos en grandes superficies e cadeas de distribución, concienciadas coa promoción do local e a protección do medio ambiente. Estes distribuidores chegan a acordos con produtores de proximidade.
- Grupos de consumo. Trátase de pequenos produtores que se organizan para vender directamente e a través de Internet. Tamén prolifera unha figura que funde produtor e consumidor hortas urbanas de autoabastecemento. Pregunta na túa cidade por estas alternativas.
- Outra forma de acceder aos produtos de quilómetro 0 é acudir a restaurantes con selo Slow Food (ou “comida lenta”, un concepto oposto á comida rápida), presentes en máis de 120 países. Entre outros requisitos, deben ofrecer polo menos cinco pratos con estes produtos todo o ano, acreditar mediante facturas o uso cotián de produtos locais e comprarlles a diferentes tipos de produtores.
UN AFORRO PARA A ATMOSFERA
Encher o carro da compra con produtos próximos non require transportes (camión ou barco), maquinaria e outros procesos que producen grandes cantidades de dióxido de carbono (CO2). Calculamos a compra mensual completa para unha familia tipo de catro persoas que inclúa todos os grupos principais de alimentos. Descubre cantas emisións nocivas podes evitar ao mes con cada un dos produtos, só por adquirir aguacates de Granada, por exemplo, en lugar de mexicanos.
- 28,96 kg verduras: -7,25 kg CO2
- 12,3 kg carnes: -2,88 kg CO2
- 6,26 kg peixes e mariscos: -3,25 kg CO2
- 1,04 kg legumes: -0,26 kg CO2
- 44 ovos: -0,58 kg CO2
- 2,75 l viño: -0,74 kg CO2
- 9,55 kg café, infusións e cacao: -2,10 kg CO2
- 21 l lácteos: -4,41 kg CO2
- 15,88 kg cereais e fariñas: -1,58 kg CO2
- 31,93 kg froitas: -7,98 kg CO2
- 1,15 kg azucre: -0,4 kg CO2
- 12,46 kg outros alimentos (1): -3,23 kg CO2
(1) Bolaría, salsas, sopas, cremas…
Datos obtidos do Informe do Consumo de Alimentación en España 2017 (MAPA). Cantidades de alimentos principais en quilogramos por familia. Cantidades en quilogramos de CO2 emitidos á atmosfera. Ferramenta utilizada: alimentoskilometricos.org
Nalgúns produtos atoparás o logo europeo que os define como ecolóxicos. Vai xunto a un código de certificación:
- ES= Estado da UE. Neste caso, España.
- ECO= Ecolóxico. Tamén pode ser BIO (biolóxico) ou ORG (orgánico).
- 000= Número da entidade certificadora. En España hai 27.
- XX= Comunidade autónoma.