Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, polo tanto, unha vixencia limitada.

: A pandemia pasa factura psicolóxica

DA NOITE PARA A MAÑÁ SUFRIMOS UNHA SOBREDOSE DE MALAS NOTICIAS E VÍMONOS ABOCADOS A UNHA CONVIVENCIA INTENSA. AGORA QUE O FI NAL ESTÁ MÁIS PRETO, DÚAS EXPERTAS AXÚDANNOS A VOLVER A UN ESCENARIO QUE NUNCA SERÁ IGUAL. PERO HAI QUE INTENTALO.

Na sociedade: de volta á rutina? 

Gastar, comprar, consumir. Cigarras ou formigas? Durante o illamento estivemos provistos dos produtos básicos: alimentación, hixiene, limpeza…, pero afastados de todo o que non fose necesario. Unha situación paradoxal, xa que, en situacións de estrés emocional, as compras poden supoñer unha vía de escape que non foi posible durante esta crise. Iso pode provocar en nós un certo afán de desquite, un comprar para esquecer, porque, explica Elisabet Sanz, “imos querer activar centros do pracer, do goce. É fácil pensar que necesitamos unha recompensa tras tanto tempo de esforzo”. Segundo ela, isto verase especialmente en quen non saíron damnificados desde o punto de vista económico; van consumir, en ocasións de xeito talvez excesivo. É un consumo moi emocional. Ao tempo, tamén é posible que, ante a incerteza do futuro económico, sintamos medo de gastar e nos obsesionemos co aforro. Por exemplo, non compraremos un coche: segundo a consultora MSI, as vendas de vehículos en España descenderán case un 30 % en 2020. 

  • Que podemos facer. Se saímos penalizados economicamente –desde un ERTE ao peche da empresa ou á redución de clientes–, deberemos manter unha actitude adaptativa. Trátase de entender que este período vai ser temporal e vainos a permitir desenvolver competencias que necesitamos, como a flexibilidade ou a adaptación ao cambio. Pode ser o momento de facer unha reflexión sobre o consumo responsable e cuestionarnos que, igual que vivimos con moi poucas cousas durante o illamento, podemos seguir así algún tempo máis. Esta crise pode servirnos para discernir o superfluo do necesario.

Relacionarme cos demais. Ao comezo da corentena era frecuente que nos dixésemos o moito que nos iamos bicar e abrazar cando finalizase o illamento. Co tempo, comprendemos que non habería un día cero no que todo volvería ser como antes. Temos o exemplo do sucedido en China: varias semanas logo de regresar ao traballo, a alerta continúa e con ela os novos comportamentos, como a distancia social de dous metros –aínda cando xa non sexa obrigatoria–, as máscaras omnipresentes e a desconfianza. 

  • Que podemos facer. Saber esperar. É inevitable un período de adaptación, de aclimatación, e teremos que aceptar que, durante algún tempo, seguiremos sentindo aprensión ante o contacto físico. Pero podemos aproveitar outro aspecto da nosa relación cos demais: todos vivimos exemplos de solidariedade, como a axuda altruísta cara aos maiores por parte da xente máis nova, a inquietude polo estado de saúde de coñecidos cos que perderamos o contacto… Estas novas formas de reencontrarnos poden ser tan satisfactorias como un abrazo. 

Interactuar a diario de novo. Por unha vez, a volta ao traballo pode representar a antítese á famosa síndrome posvacacional. Igual que os máis novos poden atopar goce no regreso ao colexio ou instituto, ao reencontrarse cos compañeiros de clase, tamén as persoas adultas podemos vivir sentimentos de ilusión na oficina, o despacho ou o taller. Pero, unha vez máis, non será igual para todos: quen teña un mal ambiente laboral e goce deste período de teletraballo –ou ata do ERTE–, poden agora sufrir un impacto maior que o da síndrome posvacacional. 

  • Que podemos facer. Aínda cando nos poida custar traballo pensar en positivo, é de esperar que moitas cousas cambiarían nas estruturas empresariais. É o momento de centrarse nos aspectos positivos da nosa vida laboral e o que a acompaña: o compañeirismo, os valores humanos e a relación cos demais.

Paxinación dentro deste contido

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións