Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, polo tanto, unha vixencia limitada.

: A pandemia pasa factura psicolóxica

DA NOITE PARA A MAÑÁ SUFRIMOS UNHA SOBREDOSE DE MALAS NOTICIAS E VÍMONOS ABOCADOS A UNHA CONVIVENCIA INTENSA. AGORA QUE O FI NAL ESTÁ MÁIS PRETO, DÚAS EXPERTAS AXÚDANNOS A VOLVER A UN ESCENARIO QUE NUNCA SERÁ IGUAL. PERO HAI QUE INTENTALO.

O círculo máis próximo: os meus

A miña parella. Un funcionario das oficinas de rexistro da cidade chinesa de Xi’an explicáballe ao diario local Global Estafes que, a medida que transcorrían os días da corentena, aumentaba de forma considerable o número de solicitudes de divorcio. A explicación podería estar nas dificultades que pode entrañar unha convivencia tan estreita durante o confinamento. En España, segundo datos do INE, setembro é o mes no que se rexistran e remiten aos xulgados de familia o maior número de separacións e divorcios, supostamente debido a que durante as vacacións as parellas se ven obrigadas a pasar máis tempo xuntas e afl oran os confl itos latentes.

  • Que podemos facer. Un confinamento como o que vivimos pon a proba á parella. Podemos saír reforzados, pero tamén debilitados. No segundo caso, o camiño que propoñen as expertas é o da asertividade. “Non debemos buscar culpables nin centrarnos naquilo que nos molestou, senón poñer o foco naquelas actitudes da nosa parella que nos gustaron. Á hora de expresar as nosas emocións, convén que lancemos as mensaxes desde o “eu sentinme”, en vez do “ti fi xéchesme”. Convén tamén poñer distancia: mentres estivemos en corentena é fácil que magnifi cásemos os problemas; unha vez terminado o confi namento poderemos darlle a importancia real a aqueles desencontros e, entón, compartilo en parella desde a tranquilidade e o acougo.

A miña familia próxima. Aquí si podemos ver a crise do coronavirus como unha oportunidade para redobrar afectos, valoralos, gozalos e tamén alixeirar tensións ou vellas feridas, se as houbese.

  • Que podemos facer. Basicamente, gozar. E aprender do vivido para estreitar a relación. Máis chamadas, máis contacto. Trátase de non esquecer o que pasamos, o que sentimos, para darlle sentido e incorporalo á nosa vida. A comida dos domingos, o tacto, o abrazo, a pel: pequenos detalles cuxo potencial recuperamos e que convén non volver perder. Practiquémolos.

A tiranía do ‘TOC’

Segundo a Sociedade Española de Psiquiatría, ao redor do 2,5 % da poboación española sofre algún tipo de trastorno obsesivo compulsivo (TOC). O máis frecuente de todos é o de limpeza, que leva a crer a quen o sofre que está en risco de contaminarse, o que o impulsa a levar a cabo procesos de limpeza repetidos, prolongados e innecesarios. É habitual que os pacientes laven unha e outra vez as mans, que utilicen produtos desinfectantes, que fuxan do contacto físico coas persoas… Sóanos, verdade? É o comportamento habitual contra o virus, moi similar á rutina diaria que seguen as persoas con este TOC. E isto, advirten os especialistas, pódelles crear unha crise aínda maior de ansiedade: dalgún xeito, todo aquilo que lles dixeron que era unha obsesión, vólvese realidade. E cantos os rodean buscan tan desesperadamente coma eles un xel desinfectante ou unha máscara. Tamén quen non sofren este TOC pode, tras esta crise sanitaria, incorporar estas recomendacións á súa vida aínda cando chegue un momento no que xa non son necesarias.

Que se debe, entón, facer?

  • Elixir unha fonte fi able de información sanitaria e cinguirse ás súas recomendacións.
  • Recordar que se trata dunha alerta que, aínda sendo real, é transitoria.
  • Diferenciar entre precaución e obsesión: se as autoridades alertan de que aínda existe risco de contaxio, deberei continuar sendo precavido; se se levantan as restricións de distancia social e se nos indica que é posible facer vida normal, proseguir con continuas medidas de hixiene pode terminar converténdose nunha obsesión.

Paxinación dentro deste contido

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións