9 erros máis comúns ao tomar medicamentos

Para baixar a febre, aliviar a dor, facerlle fronte a unha infección, reducir o colesterol, calmar a ansiedade, durmir... Son moitos os fármacos que nos acompañan na nosa vida diaria e, aínda que moitos coñecemos a teoría, na práctica cometemos moitos erros á hora de usalos. O que pode parecer un descoido ou unha simple anécdota pode poñer en risco a eficacia do tratamento e mesmo a nosa saúde.
1 Xaneiro de 2025

9 erros máis comúns ao tomar medicamentos

Esperta co pescozo ríxido e tomas ese relaxante muscular que lle receitaron a unha amiga para unha contractura; sentes que a medicación que che prescribiron para durmir xa non che fai efecto e decides, pola túa conta, subir a dose; prescribíronche unhas cápsulas difíciles de tragar e optas por abrilas, baleiralas e botalas no iogur; pasóuseche a hora do antibiótico e resólvelo tomando dúas na seguinte dose; fúcheste de fin de semana, esqueciches a pastilla para o colesterol e tomas unha similar dun familiar porque, total, os efectos han ser o mesmos… estes son só algúns exemplos de uso indebido dos medicamentos que se cometen seguido, pero hai moitos máis.

Da man de Pablo Caballero, farmacéutico da área de divulgación científica do Consello Xeral de Colexios Farmacéuticos, repasamos os erros máis habituais que cometemos ao tomarmos medicamentos, así como os riscos que hai detrás deste mal uso. E a súa primeira recomendación é “ter en conta que todos os medicamentos teñen algún risco de provocar efectos secundarios. Os médicos deben telo en conta á hora de receitalos, pero tamén debemos utilizalos fielmente seguindo as pautas indicadas e entender que non facelo así pode ter consecuencias”.

A regra xeral é que debemos tomar a dose tal e como nos precibiron, pero hai diferentes situacións que se poden presentar e volvémonos “imaxinativos”, cos riscos que isto implica. Pablo Caballero guíanos para que saibamos como actuar nas situacións máis habituais:

1. Esquecinme

Se se che pasou o tempo, a recomendación habitual é tomar o medicamento canto antes e, a partir de aí, continuar a pauta. “Non debemos tomar dúas doses seguidas para compensar, porque estamos duplicando a dose que necesitamos, provocamos un pico de medicación no sangue e pode ter efectos adversos”, advirte Caballero. “Algúns medicamentos teñen unha marxe máis ampla, pero, noutros, tomar unha dose dobre pode supoñer un risco para a saúde”, engade.

2. Se tomo dous, farame máis efecto

O caso máis común é o do ibuprofeno. Durante décadas, a presentación habitual era de 600 mg, pero, nos últimos anos, é de 400 mg. E isto levou a que moitas persoas cresen que se toman dúas, ou se toman unha pílula e media, “funcionaralles” mellor. “En España estivemos afeitos a doses moi altas e, polo tanto, temos a sensación de que un comprimido de 400 mg é como a auga. Pero, en realidade, está comprobado que se trata dunha dose que, con menos efectos adversos, mantén a mesma eficacia. De feito, no resto de Europa a dose habitual é de 200 mg”, sinala Pablo Caballero.

3. Non me fai nada

Hai medicamentos que teñen o risco de xerar tolerancia en quen o toma de forma continuada; é dicir, co paso do tempo, perden o seu efecto. “Non é algo que pase con todos os medicamentos, pero si, por exemplo, coas benzodiacepinas: un está tan afeito a esa dose que sente que necesita máis. En ningún caso podemos aumentar a dose sen consultar co médico. Non se trata tanto de efectos adversos, senón doutros riscos; por exemplo, están estreitamente asociados coas caídas en persoas maiores. Se un ve que non lle fai efecto, o primeiro é falar co seu médico e valorar as opcións”, recomenda o farmacéutico.

4. Disólvoo

A formulación e presentación dun medicamento non son un capricho do laboratorio. Teñen a súa función, e o experto dános pautas sobre aquilo no que nos equivocamos e como debemos corrixilo. Todos nos atopamos co problema dunha cápsula grande que se nos fai difícil de engulir. A tentación é a de baleirar o seu contido e disolvelo nunha bebida, pero non é unha boa idea: “Hai casos nos que este recubrimento é imprescindible, xa que protexerá o medicamento de que o ácido estomacal degrade o seu principio activo. Noutros casos é posible abrilo e mesturalo con iogur, auga ou zume, pero a clave está no prospecto: antes de abrir unha cápsula hai que lela e ver, nas instrucións de uso, se este medicamento é gastrorresistente ou se non hai un problema en disolver o seu contido”, aconsella Caballero.

O risco das adiccións

O mal uso dalgúns fármacos pode provocar adicción porque estes medicamentos, especialmente aqueles que afectan ao cerebro, como os opioides, os sedantes ou os estimulantes, poden alterar o sistema de recompensa natural do organismo. “Sempre deben utilizarse con receita médica, para unha indicación concreta e durante o tempo que o médico considere necesaria”, explica o farmacéutico Pablo Caballero. Cando se consomen indebidamente, estes fármacos producen unha intensa sensación de benestar ou euforia ao liberar grandes cantidades de dopamina, un produto químico que xera pracer. Isto pode provocar que o cerebro comece a asociar o consumo do fármaco con sentirse ben e, co paso do tempo, necesite máis para obter o mesmo efecto. Ademais, o uso repetido pode cambiar a química do cerebro, dificultando sentirse ben sen a medicación, o que provoca dependencia e, finalmente, adicción. Isto ocorre aínda que a persoa queira deixalo, porque o corpo e a mente dependen do seu efecto.

5. Moo

Algo tamén habitual é moer as pílulas ou comprimidos para facilitar a súa inxestión —ou camuflala cando llas damos a nenos, anciáns ou mesmo mascotas—. “Normalmente non será un problema, pero hai que ter en conta que hai medicamentos que se liberan de forma controlada; algúns, por exemplo, duran 12 horas, polo que se van liberando pouco a pouco. Se o trituramos, eliminamos ese mecanismo e pode causar problemas de seguridade. En cambio, cando trituramos un medicamento adoitamos facelo sobre un anaco de papel e ao final sempre queda algunha dose nel”, comenta Caballero.

6. Pártoo

Non todos os medicamentos se poden partir. En xeral, podemos guiarnos polos que teñen unha rañura, “que na maioría dos casos é precisamente para iso, para que sexa máis doado. Non obstante, hai moitos medicamentos sen rañura que tamén se poden partir; por exemplo, no caso dos anticoagulantes ou dos fármacos para o hipotiroidismo, é habitual que nun primeiro momento sexa difícil atopar a dose precisa para un paciente e haxa que dividir as pílulas, mesmo en cuartos”. Aquí, unha vez máis, a clave está no prospecto: “Cando un medicamento non se pode partir, indicarase nas instrucións de uso”, lembra o farmacéutico.

7. Déixoo cando quero

Se o médico prescribiu unha pauta, debe seguirse. Un dos exemplos máis claros é o dos antibióticos, que deberán tomarse tantos días como nos indique o médico, e non deixalos cando notemos que xa estamos mellor e os síntomas desapareceron. Con isto, estamos a favorecer a aparición de resistencias bacterianas. Ademais, hai outros fármacos, como os corticoides, “que requiren unha desescalada, unha redución paulatina da dose; non se poden deixar así como así. No caso de medicamentos psicotrópicos ou ansiolíticos, se se tomaron durante moito tempo e se retiran de forma repentina, pode derivar nunha síndrome de retirada ou de abstinencia”, advirte Caballero.

8. Váleme para máis días

Hai medicamentos monodose, como algúns colirios, por exemplo, que usamos máis dunha vez porque non utilizamos todo o seu contido. “Se se presenta en formato monodose é por algunha razón. Normalmente, débese a un risco de contaminación, algo importante dado que o ollo é moi sensible”.

9. A hora da toma

Para moitos medicamentos, o momento no que os tomamos non é moi importante. “Pero hai outros nos que pode afectar a súa eficacia ou a súa absorción. A levotiroxina, por exemplo, recoméndase co estómago baleiro; nos que se utilizan para o colesterol, sempre se recomendou tomalos ao deitármonos, xa que a síntese desta substancia é máxima durante a noite e, deste xeito, conseguimos que o fármaco teña a súa concentración máxima no momento máis axeitado. Non obstante, agora moitos son de longa duración e, polo tanto, o tempo de tomalos é menos importante”.

A botica de primeiros auxilios na casa

A diferenza doutros países, onde só se proporciona o número de pílulas ou comprimidos necesarios para un tratamento específico e, polo tanto, non hai excedente de medicamentos na casa, en España os envases adoitan conter máis medicamentos dos que necesitamos. E, así, acumulamos cada vez máis ata termos unha auténtica farmacia na casa. Como debemos conservalos? “A primeira regra, e a máis importante, é gardarmos os medicamentos dentro do seu envase e co seu prospecto, porque é nel onde temos a información que necesitamos”. Pero, ademais, Pablo Caballero sinala outras recomendacións:

  • Ter o xusto. Máis aló dalgún analxésico ou antipirético (para reducir a febre), non debemos ter un almacén de medicamentos na casa. Convén ter esparadrapo, alcohol, algodón e un antiséptico, pouco máis. Unha vez rematado un tratamento, se sobra algunha dose, debemos levala ao punto Sigre da farmacia para a súa correcta reciclaxe. E debemos ter especial coidado cos antibióticos: nunca se deben tirar ao lixo común; trátase de evitar que cheguen ao medio e aumentar o problema das resistencias.
  • O lugar axeitado. A recomendación xeral é conservalos en lugares frescos e secos, a temperatura ambiente. Un erro común é gardalos no baño, onde están expostos á humidade, ou na cociña, onde poden sufrir grandes cambios de temperatura. Hai algúns medicamentos que requiren ser almacenados refrixerados. É algo que sempre vai vir no prospecto, e que o médico ou farmacéutico adoita dicirche tamén.
  • A caducidade. Nos medicamentos, a data de caducidade marca o momento a partir do cal non se pode garantir que o fármaco sexa tan eficaz ou seguro como debería ser. “En xeral, na inmensa maioría dos casos non suporá un risco de seguridade, pero a perda de eficacia pode ser un problema”, sinala Caballero. Outro aspecto importante é o dalgúns medicamentos que, unha vez abertos, deben utilizarse nun curto período de tempo. É o caso de moitos colirios, por exemplo, que xa indican os días de validez nos seus envases. Tamén hai algúns antibióticos que veñen en po que deben reconstituírse e, nalgúns casos, unha vez reconstituídos teñen unha data de caducidade duns poucos días. En todos estes casos, “o consello é anotar a data de apertura no propio envase; de feito, adoitan vir cunha etiqueta para poder deixala por escrito”, conclúe o farmacéutico.
Los cinco momentos clave

La OMS, en el reto Medicación sin Daño, desarrolló los cinco momentos para la utilización segura de los medicamentos, con el fin de motivar a los pacientes y cuidadores a que tomen parte activa en el tratamiento y pregunten cualquier duda sobre la medicación.

Antes de COMENZAR a tomar un medicamento

  • ¿Cómo se llama y para qué sirve?
  • ¿Cuáles son sus posibles efectos secundarios y qué tengo que hacer si los observo?

Cuando TOMO el medicamento

  • ¿Cuándo y cómo debo tomar este fármaco y qué dosis debo tomar cada vez?
  • ¿Qué debo hacer si me olvido de tomar una dosis?

Al AÑADIR otro medicamento

  • ¿He entendido la necesidad de tomar otro fármaco más?
  • ¿Este nuevo medicamento afecta o interfiere con el resto de mi tratamiento?

Cuando REVISAN mi medicación

  • ¿Mantengo una lista actualizada con todos los medicamentos y productos que tomo?
  • ¿Estoy tomando algún fármaco que ya no necesito?

Antes de FINALIZAR la toma de un medicamento

  • ¿Cuándo debo dejar de tomar cada medicamento?
  • Si tengo que suspender mi medicación por un efecto secundario, ¿dónde y a quién debo informar?