Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Los datos, informaciones, interpretaciones y calificaciones que aparecen en esta información corresponden exclusivamente al momento en que se realizaron y tienen, por tanto, una vigencia limitada.

Repaso dos dereitos do viaxeiro ao desprazarse ao seu destino turístico nos diferentes medios de transporte : A garantía de viaxar condereitos

Repaso dos dereitos do viaxeiro ao desprazarse ao seu destino turístico nos diferentes medios de transporte

Barco

Situacións de conflicto y dereitos do turista-consumidor

Atrasos e cancelacións:

  • Información adecuada e oportuna sobre a situación mentres dure a espera.
  • Se se cancela o servizo ou se se atrasa a partida máis de 90 minutos: reembolso do billete e, se é o caso, a viaxe de volta gratuíta ao primeiro punto de partida; por exemplo, se o atraso lle impide ao viaxeiro cumprir o propósito da viaxe. Transporte en condicións similares ata o destino final, tan pronto como sexa posible e sen custo adicional. Comida e bebida en función do tempo de espera. Aloxamento se a espera se prolonga ata o día seguinte.

Chegada do barco ao seu destino con máis dunha hora de atraso:

  • Indemnización. Segundo o atraso, o importe será equivalente ao 25 % ou ao 50 % do prezo do billete.
  • Non haberá indemnización se o atraso se debe a condicións meteorolóxicas extremas ou a unha catástrofe natural.

Lesións ou falecemento por accidente marítimo:

  • Un adianto para as necesidades inmediatas en caso de naufraxio, afundimento, colisión, varada do buque, explosión ou incendio e deficiencia no buque.
  • Reclamar indemnización a un tribunal do país onde o transportista teña o seu establecemento principal ou sede permanente, no lugar de partida ou destino, onde o pasaxeiro teña o domicilio permanente (sempre que o transportista se establecese nese país e estea suxeito á súa xurisdición) ou onde se contratase a viaxe (sempre que o transportista se establecese nese país e estea suxeito á súa xurisdición).
  • No caso de que o viaxeiro faleza, os seus herdeiros poden recibir a indemnización.

Perda ou danos na equipaxe, vehículos ou outras pertenzas por accidente marítimo:

  • Indemnización (hai que formalizar por escrito a reclamación ante a compañía no momento da entrega ou no que esta debería realizarse). Como moi tarde, o pasaxeiro debe facelo nun prazo de 15 días desde o desembarque ou entrega de equipaxes ou, pola contra, perderá o dereito á indemnización.
  • Se o viaxeiro ten mobilidade reducida, a indemnización por perda e danos á súa cadeira de rodas ou outros equipos de mobilidade cubrirá o prezo íntegro da súa reparación ou substitución.
  • Dispón de dous anos para establecer unha acción ante os tribunais, aínda que a data exacta de inicio dese prazo pode variar en función da natureza da perda ou dos danos.

Persoas con mobilidade reducida:

  • Asistencia gratuíta.
  • En caso de que sufra algún problema para obter axuda durante a viaxe, ha de informar a entidade xestora do porto ou a compañía marítima.

Calquera conflito:

  • Reclamarlle ao transportista nun prazo de dous meses a partir da data do suceso. Tras recibir a reclamación, o transportista terá un mes para xustificar a recepción e dous para dar unha resposta definitiva.
  • Estas normas non se aplican a: buques que transporten menos de 13 pasaxeiros, que non teñan máis de 3 tripulantes que cubran distancias inferiores a 500 metros, só de ida; a maioría dos buques históricos e buques de excursión e turísticos que non teñan instalacións de aloxamento ou se as estancias nocturnas non superan as dúas noites.

Paginación dentro de este contenido

Pódeche interesar:

Infografías | Fotografías | Investigaciones

Información de Copyright e aviso legal

Visita a nosa canle Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámonos moi en serio a privacidade dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validacións desta páxina

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto