Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Los datos, informaciones, interpretaciones y calificaciones que aparecen en esta información corresponden exclusivamente al momento en que se realizaron y tienen, por tanto, una vigencia limitada.

Repaso dos dereitos do viaxeiro ao desprazarse ao seu destino turístico nos diferentes medios de transporte : A garantía de viaxar condereitos

Repaso dos dereitos do viaxeiro ao desprazarse ao seu destino turístico nos diferentes medios de transporte

Un de cada dous españois tiña a intención de viaxar este verán, segundo un estudo vacacional realizado en maio por Ipsos para Europ Assistance. Ademais, en xuño, o observatorio mensual Celetem estimou que este descanso estival suporía un desembolso medio de 1010 euros, que os turistas españois investirían principalmente en saír a restaurantes, ir de compras e viaxar por España aloxándose en hoteis ou apartamentos.

O valor das vacacións radica na posibilidade de gozar dun tempo de lecer con tranquilidade e intimidade. Calquera contratempo truncaría as expectativas postas nelas durante todo o ano. É o que lles ocorreu a centos de pasaxeiros que prevían voar os pasados meses de xuño ou xullo con Vueling (a compañía de baixo custo de IAG) e que sufriron múltiples incidencias, atrasos e cancelacións de voos debido á “falta de planificación e de dimensión de recursos”da aeroliña.

Un dos aspectos fundamentais para os viaxeiros é o modo de transporte que se elixe para chegar ao destino turístico desexado. O transporte de viaxeiros mobiliza cada ano en España preto de 2000 millóns de desprazamentos. Fundamentalmente, utilízase o medio terrestre (en preto do 90 % dos casos), seguido do aéreo.

Neste sentido, EROSKI CONSUMER quixo facer un repaso dos dereitos do viaxeiro á hora de desprazarse nos diferentes medios de transporte durante as súas vacacións estivais para lle ofrecer unha información fundamental que lle permitirá tomar as decisións oportunas no caso de que ocorra algún imprevisto.

Para iso, utilizou material de diversas organizacións en defensa dos consumidores: a plataforma en liña de axuda e asesoramento para os cidadáns da UE e as súas familias “A túa Europa” (europa.eu), o Centro Europeo do Consumidor en España, Facua-Consumidores en Acción e a Organización de Consumidores e Usuarios (OCU).

A continuación, propóñense unha serie de conflitos habituais á hora de desprazarse dun lugar a outro a través dos diferentes medios de transporte. Púxose o foco no caso de que o desprazamento se xestione de forma individual e non como parte dunha viaxe combinada (aquela na que se adquire unha combinación de servizos de viaxe que duran máis de 24 horas ou que inclúen unha noite de estancia).

Paginación dentro de este contenido

  •  No hay ninguna página anterior
  • Estás en la página: [Pág. 1 de 6]
  • Ir a la página siguiente Avión »

Pódeche interesar:

Infografías | Fotografías | Investigaciones

Información de Copyright e aviso legal

Visita a nosa canle Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámonos moi en serio a privacidade dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validacións desta páxina

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto