Saltatu nabigazio-menua eta joan edukira

EROSKI CONSUMER, kontsumitzailearen egunkaria

Bilatzailea

Fundazioaren logotipoa

EROSKI CONSUMERen kanalak


Kokaleku honetan zaude: Azala > Papereko argitalpena >

Artikulu hau itzulpen automatikoko sistema batek itzuli du. Informazio gehiago, hemen.

Euskarara itzultzeko sistemek aurrerapen handiak izan dituzte azken urteotan, baina oraindik badute zer hobetua. Hobekuntza horren parte izan nahi? Aukeratu esaldi osoak nahieran, eta klikatu hemen.

Si deseas que resolvamos tu caso en la revista EROSKI CONSUMER ponte en contacto con nosotros. Sólo serán respondidas y publicadas las consultas que desde la revista EROSKI CONSUMER consideremos más interesantes.

: ¿Pode o presidente da comunidade negarse á colocación dunha antena parabólica de TV no tellado?

Desexo instalar unha antena parabólica no tellado da miña comunidade para poder ver certas canles de televisión. ¿Pode o presidente da miña comunidade de veciños negarse á súa colocación? ¿Que medios de defensa teño, se así o fai? ¿Poden evitar que me abone a unha cadea de televisión con emisións que requiren unha antena parabólica?

O artigo 9 do Real Decreto lei 1/1998 sinala que o interesado en instalar individualmente a súa infraestructura deberalle solicitar permiso (mellor por escrito) ó presidente da comunidade antes de iniciar calquera obra. O presidente debe contestarlle ó solicitante en quince días, tendo en conta que non pode levarse a cabo ningunha obra individual se existe xa no edificio a infraestructura ou está prevista a súa adaptación antes de tres meses, ou a instalación dunha nova coa finalidade de permiti-lo acceso ós servicios en cuestión.

Se non existe infraestructura ou non se vai adapta-la existente no prazo de tres meses ou non se vai instalar unha nova que lle permita ó veciño interesado a recepción dos servicios de telecomunicacións, o veciño poderá realiza-la obra. A instalación de infraestructuras de telecomunicacións ten dúas leis, compatibles entre si.

A Lei de Propiedade Horizontal regula no seu artigo 17 a instalación de infraestructuras comúns para o acceso ós servicios de telecomunicacións e, pola súa banda, o artigo 9 do Real Decreto Lei 1/1998 mantén o dereito individual dos copropietarios e arrendatarios a instalaren nos elementos comúns a súa propia infraestructura individual de telecomunicacións baixo certas condicións. Aínda que este artigo 9 pode dar lugar a interpretacións distintas, continúa vixente e recoñece o dereito individual a instalar nun elemento común esta infraestructura a custa do interesado. Atendendo a este artigo, semella que chegaría coa comunicación escrita ó presidente, ó tempo que este debe contestar autorizando ou non a obra en virtude das circunstancias da comunidade.

Non obstante, consideramos que a Xunta de Propietarios debería decidir sobre os requisitos esixidos neste artigo 9 e, tamén, sobre o mellor lugar de emprazamento de entre os elementos comúns. En resumo, a Xunta, axustándose ós requisitos legais, debe autoriza-la instalación se non hai infraestructura común de telecomunicacións no edificio, ou se a que hai non é hábil para a prestación do servicio ó que desexa accede-lo solicitante, ou se non se vai instalar unha nova nin adapta-la preexistente no prazo de tres meses. Ante unha negativa inxustificada da Xunta, o acordo é xudicialmente impugnable e o veciño pode solicitar do xuíz o recoñecemento do dereito á instalación da antena parabólica.

Hau interesa dakizuke:

Infografias | Argazkiak | Ikerketak