Circular en bici

As bicicletas tamén son para a cidade

Andar en bicicleta ou practica-lo ciclismo é un deporte moi popular, ademais dun medio de transporte san e agradable
1 Xuño de 2000
Img medioambiente listado 141

As bicicletas tamén son para a cidade

A bicicleta respecta o medio natural, algo fundamental nas cidades, cada vez máis castigadas polos vehículos de motor. Circular en bicicleta tamén proporciona beneficios á saúde, tanto ó sistema cardiovascular, se se pedalea ó ritmo axeitado, como ás extremidades inferiores, xa que desenvolve a musculatura. A ausencia de choques repetidos durante a pedalada, o descanso das pernas, que non soportan o peso do corpo (faino a sela), e a posición das cadeiras, flexionadas ou semiflexionadas, converten a práctica ciclista en aconsellable para obesos e persoas con problemas de artrose nas pernas. O seu inconveniente principal radica na posibilidade de accidentes, sobre todo en estradas moi frecuentadas por vehículos a motor. Así, os falecementos de ciclistas por atropelo seguen sendo noticia e o seu número non parece diminuír.

Os automobilistas acaparan as rúas

As organizacións que defenden o uso da bicicleta lanzaron unha serie de propostas para consegui-lo modelo de cidade que resulte máis acorde co medio natural.

O transporte urbano, que, segundo estas teses, fomenta indirectamente (polas súas insuficientes liñas e horarios limitados) o uso do automóbil privado, leva consigo un alto estrago de enerxía e un notable impacto ambiental, e non garante, en contrapartida, un medio eficaz, rápido e seguro de transporte. Segundo Amics de la Bici, as persoas que se desprazan habitualmente en coche pola cidade supoñen o 20% dos usuarios da rúa, pero acaparan o 62% do espacio viario público e son responsables do 97% da contaminación atmosférica das grandes cidades. Os coches e motos son tamén a orixe da contaminación acústica, da conxestión crónica das rúas, do mal funcionamento dos transportes públicos (atrapados nos embotellamentos) e da perda de moitas vidas humanas.

En definitiva, segundo os defensores da bicicleta, os vehículos a motor son directamente responsables da deterioración da calidade de vida colectiva nas urbes. A pesar disto, a mellora da rede viaria acapara unha alta porcentaxe dos investimentos públicos. Desta maneira, segundo estas teses, estimulouse aínda máis o uso do coche privado e diminuíu o nivel de ocupación dos transportes públicos, aumentando o seu enorme déficit e hipotecando outras alternativas máis coherentes e eficaces. Polo tanto, propoñen que se reoriente a política de transporte e se aposte decididamente por un modelo baseado na reducción da mobilidade obrigada, na pacificación do tránsito, no transporte público económica e eficiente, e en medios de transporte non contaminantes: a circulación a pé e en bicicleta.

Propostas para unha cidade mellor

As organizacións defensoras do uso cotián da bicicleta propoñen, para conseguir unha cidade máis habitable para todos, as seguintes opcións:

  • Pacificación do tránsito: cualificar tódalas rúas de 8 metros de anchura ou menos (excepto as peonís) como áreas de prioridade invertida, cunha velocidade máxima de 15 km/h. Triplicar en 4 anos a superficie das rúas para peóns e bicicletas, con preferencia para os viandantes. Limita-la velocidade do 50% do resto de vías a 30 km/h. Aplicar inmediatamente unha moratoria na construcción de vías rápidas e de aparcadoiros nos centros urbanos.
  • Circulación a pé: crear para os peóns itinerarios debidamente sinalizados, seguros e agradables, que comuniquen barrios, centros comerciais, equipamentos e zonas de lecer. Suprimi-las barreiras físicas entre barrios e facilita-lo tránsito para diminuídos físicos, cegos e xordos. Reservar, en tódolos barrios, un mínimo do 50% do solo viario público para peóns, ampliar beirarrúas e crear zonas de peóns.
  • Circulación en bicicleta: revisar e corrixi-lo deseño incorrecto das infraestructuras para bicicletas que existen na actualidade e mellora-la disciplina viaria, incidindo no respecto dos carrís para bicicletas existentes. Complementar progresivamente unha rede básica con redes de barrio, que se integrarían nas rúas de tránsito moderado. Asegura-la conexión segura en bicicleta con municipios veciños. Implantar aparcadoiros de bicicletas por toda a cidade.
  • Transporte público: outorgar prioridade absoluta ó investimento en transporte público, para lograr un sistema rápido, cómodo, limpo e económico. Ampliar horarios, especialmente en días festivos. Permitir acceso para bicicletas en tódolos transportes públicos.
  • Campañas de educación: promove-la educación viaria nas escolas e impulsa-lo camiñar, a bicicleta e o transporte público, desmitificando o coche e a moto entre os nenos e mozos. Realizar campañas anuais, como “a bici na escola” e outras similares a favor do transporte non motorizado nos centros docentes. E non esquece-las campañas públicas para fomentar hábitos de transporte sostibles entre os cidadáns.
Para los ciclistas en la ciudad:

Las asociaciones que promueven el uso de la bici en la ciudad lanzan unas propuestas para mejorar la seguridad del ciclista. Veámoslas:

  • Circule por el centro de su carril, y hágase respetar. Una bicicleta arrimada al borde de la carretera despierta la tentación de adelantar en los coches, aunque no se puede mantener una distancia prudencial durante el adelantamiento. Y un coche aparcado puede abrir sus puertas sin mirar y derribar al ciclista.
  • Circule por el carril derecho. Los coches no esperan encontrar un usuario lento en el carril izquierdo (el rápido), y dado que adelantar por la derecha es poco común, se desconciertan. No obstante, si tiene que girar a la izquierda es mejor situarse en este carril con antelación.
  • En carretera se debe circular por el arcén.
  • Circule a la velocidad adecuada. Aunque a veces sea incómodo, adáptese a la velocidad de la calle por donde circule y, a ser posible, elija calles tranquilas.
  • Busque una ruta segura. Merece la pena seguir un buen itinerario por calles apacibles o por carriles-bici, con la ayuda de un plano. Frecuentemente, los cascos antiguos o los barrios tranquilos ofrecen buenas posibilidades.
  • Mantenga su bicicleta en buen estado. Antes de iniciar cualquier paseo o excursión, compruebe cuidadosamente las partes y accesorios de la bicicleta.
  • Hágase ver por la noche. Además del dinamo en la delantera de la bici, conviene colocar detrás un reflectante y una luz roja intermitente, a pilas, que no se apague cuando pare en los semáforos.
  • Utilice el casco y no circule con auriculares, pues no le permite controlar el tráfico que se encuentra a su espalda.
  • Con lluvia, extreme las precauciones. Lo fácil se vuelve difícil y peligroso.
  • Ate la bici con un buen candado.
  • Asegúrese. Un seguro de Responsabilidad Civil le cubre los posibles daños que pudiera ocasionar a terceros.
  • Acate las normas de circulación, aunque en algunos casos conviene “adaptarlas”. Por ejemplo, en los semáforos, es aconsejable parar unos metros más allá de la línea, para tragar menos humo y disponer de unos metros de ventaja cuando arranquen los coches.