Calidade do aire interior

A síndrome do edificio enfermo

Os axentes contaminantes e patóxenos do aire representan un problema medioambiental e sanitario sobre o que non hai estudos nin lexislación suficientes
1 Xuño de 2006
Img medioambiente listado 401

A síndrome do edificio enfermo

A polución tamén se coa nos nosos fogares e oficinas, aínda que apenas a percibamos. O interior dos edificios está exposto a numerosos contaminantes que pasan desapercibidos. Ademais, os criterios ecolóxicos adoitan ser moi pouco tidos en conta no proceso de construción dun edificio, e isto pode producir efectos nocivos para a saúde dos seus ocupantes. /imgs/20060601/img.medioambiente.jpgA Organización Mundial da Saúde (OMS) define a “sindrome do edificio enfermo” como conxunto de enfermidades orixinadas ou estimuladas pola contaminación do aire en espazos cerrados.

A Organización Mundial da Saúde (OMS) define a “sindrome do edificio enfermo” como conxunto de enfermidades orixinadas ou estimuladas pola contaminación do aire en espazos cerrados

A pesar de que se trata dun problema medioambiental e sanitario de notable relevancia, os estudos sobre Calidade do Ambiente Interior (CAI) son aínda insuficientes, e os poucos que hai mostran algunhas conclusións que inquietan aos iniciados. Un informe da Asociación Vasca de Empresas de Calidade Ambiental Interior (AVECAI) e a Asociación de Técnicos de Climatización e Refrixeración ATECYR no que se trataba de coñecer a calidade ambiental das instalacións con climatización e ventilación do País Vasco, detectou “demasiados fallos, especialmente no mantemento das instalacións”. Outro exemplo rechamante é o das escolas. En Estados Unidos, Francia ou países nórdicos realizáronse investigacións nas que se demostra que a exposición a contaminantes do aire interior é moi importante, algo de especial relevancia no caso dos nenos, máis sensibles a este problema.

Fontes interiores e exteriores

A contaminación en ambientes interiores presenta formas e características moi diversas. Os aerosois, o fume do tabaco e o proveniente da preparación de comidas ou os introducidos polos circuítos de refrixeración, os gases producidos por cociñas, estufas, secadoras, ou queimadores de fuel-oil, o emprego de pesticidas desinfectantes ou produtos de limpeza e mesmo os gases propios do corpo humano coma o CO2 constitúen fontes de contaminación a ter en conta. A lista crece cando se engaden materiais empregados na construción e illamento dos edificios e das instalacións de aire acondicionado, como as fibras, principalmente a de vidro e o asbesto ou amianto, así como compostos orgánicos volátiles (COVs).

E aínda que non é habitual, a contaminación biolóxica, causada por axentes infecciosos, antíxenos (substancias que provocan unha resposta inmunitaria específica) ou toxinas, pode desencadear unha situación delicada.

/imgs/20060601/img.medioambiente.01.jpgEn canto aos contaminantes provenientes do exterior, a variedade tamén é significativa: gases nocivos industriais ou derivados do tránsito de vehículos, produtos utilizados en traballos de construción e mantemento (coma o asfalto), aire contaminado botado ao exterior que volve a entrar a través das tomas de aire acondicionado, ou infiltracións a través do baseamento (vapores de gasolinas, emanacións de cloacas, fertilizantes, insecticidas, mesmo dioxinas e radon, un elemento gasoso radioactivo). Ademais, o aumento de contaminantes no aire exterior supón o incremento da súa concentración no interior dos edificios.

Lexislación

A lexislación sobre CAI atópase en fase de desenvolvemento. A Asociación Española de Normalización e Certificación dispón do Comité Técnico de Normalización “CTN 171” para a elaboración dunha norma. As recentes políticas de sostibilidade na edificación fixeron que o novo Código Técnico da Edificación (CTE) introduza elementos novidosos sobre saúde, hixiene e protección do medio que veñen cubrir un ámbito que carecía de suficiente normativa. Unha das comisións de traballo que creará o Ministerio de Vivenda velará pola aplicación, desenvolvemento e actualización do CTE. Pola súa parte, unha Resolución do Parlamento Europeo establece a necesidade de que a Comisión Europea presente canto antes unha proposta de Directiva específica sobre este particular. Algúns gobernos, coma o de Hong Kong, están implantando políticas de CAI en edificios públicos e distinguen os propietarios que realizan boas prácticas no mantemento e control das instalacións con certificados de Calidade de Aire Interior (IAQ).

Así mesmo, organismos internacionais como a Organización Mundial da Saúde (OMS) e a CIBC (International Coucil of Building Research), privadas como a ASHRAE (American Society of Heating Refrigerating and Air Conditioning Engineers), e países como Suecia, Estados Unidos, Canadá ou Australia desenvolveron guías e estándares de exposición aos axentes contaminantes do aire do interior dos edificios.

Dana a saúde de quen respira aire de má calidade

En xeral, os contaminantes dun ambiente interior poden producir irritación nos ollos, nariz, gorxa e bronquios, ou problemas dérmicos (erupcións e comechume), así como a aparición de rinite, asma ou pneumonite hipersensitiva, e tamén poden ser absorbidos e afectar a outros órganos ou acumularse en distintos tecidos.

Pola súa parte, os contaminantes microbianos poden causar enfermidades infecciosas. Os síntomas que se relacionan cunha deficiente calidade do aire no interior dun edificio son, entre outros, dor de cabeza, mareos, náuseas, fatiga, pel seca, irritación de ollos, conxestión de seos nasais e tose, o que pode levar consigo á súa vez reaccións psicolóxicas complexas, como cambios de humor, de estado de ánimo e dificultades nas relacións interpersoais. Como os síntomas dos afectados non son normalmente severos, descoñécese o alcance real dos danos, como aseguran desde o gobernamental Centro Nacional de Condicións de Traballo (CNCT). Ata o punto de que, a miúdo, devén difícil constatar se estes síntomas foron causados directamente por falta de calidade do aire interior.

Para controlar a calidade do aire

O control da CAI (calidade do aire interior) debe ter en conta estas pautas:

  • Identificar os focos contaminantes, para a súa posterior eliminación. Se non é posible, limitaranse os seus efectos mediante diversas barreiras.
  • Equilibrar as presións en distintos puntos do edificio, dado que poden ser a causa dos movementos dos contaminantes duns lugares a outros. Non obstante, nalgúns casos disponse expresamente de zonas a diferente presión par controlar contaminantes.
  • Diminuír a contaminación recorrendo a diversos métodos, como a dilución (baixar a concentración dunha solución) do aire, o uso de amoníaco ou a separación por filtración cun aspirador de po.
  • Exames periódicos en puntos significativos do sistema de aire acondicionado para comprobar a súa eficacia.
  • Extracción localizada para controlar a xeración de contaminantes no mesmo foco (operacións de limpeza, abrasivos, cociñas, etc.).