Combater os excesos do alcohol

Máis de dúas copas, resaca segura

1 Decembro de 2005
Img consejo

Máis de dúas copas, resaca segura

/imgs/20051201/consejo.jpg O Nadal marca o comezo dun período de celebracións nas que son habituais os excesos, sobre todo co alcohol. Unhas cervexas co aperitivo, viño durante a comida ou a cea, cavas e licores coa sobremesa, amais das copas para rematar. O alcohol tórnase un dos protagonistas das nosas celebracións, aínda que os riscos que provoca o consumo etílico desmesurado non se limitan a unha desagradable resaca. Inflamación de páncreas, cefaleas, trastornos hepáticos e gástricos, por non falarmos dos accidentes de tráfico, poden ser algúns dos efectos nocivos. O mellor para evitar problemas é non beber, pero, de facelo, non dubide en seguir estes sinxelos e saudables consellos.

Claves dun bebedor racional

  • /imgs/20051201/consejo2.jpg
    Lembre que a bebida é un acompañamento da comida, e non ó revés.
  • Non combine o alcohol con bebidas con cafeína, xa que os efectos excitantes desta anulan os relaxantes do alcohol e potencian os seus efectos, aínda que ó comezo se note menos.
  • Non abuse dos combinados alcohólicos con bebidas gasosas. Os radicais carbónicos dos refrescos con burbullas permiten que o alcohol atravese máis doadamente a barreira hematoencefálica, facendo que o efecto tóxico da bebida sexa máis rápido e acusado.
  • Coidado coas cervexas “sen alcohol”. A maioría deberíanse denominar “baixa en alcohol”, xa que conteñen ata un 1% de alcohol, fronte ó 4%-5% das convencionais.
  • Lembre que a alcoholemia adoita acadar o seu punto máximo unha hora despois de tomar a última copa.

Alcohol versus saúde

  • Abstéñase de tomar alcohol se padece algunha enfermidade hepática, do sistema nervioso, do páncreas ou algún problema psiquiátrico.
  • Evite o alcohol se está tomando algún medicamento, sobre todo se vai conducir.
  • A dose que admite o corpo depende do sexo, idade, peso e factores xenéticos, amais da constitución e saúde de cada un.
  • As mulleres deben ter máis coidado co alcohol, xa que ó teren menos auga no corpo, prodúcense maiores concentracións de alcohol no sangue e, ademais, porque o seu fígado ten menor capacidade de metabolización.

A resaca, a raia

  • Durma ben e repouse o suficiente. Dúchese así que se erga para estimular a circulación.
  • Non quede na casa todo o día, xa que se acentúan as xaquecas. Distráiase e faga un exercicio moderado, un paseo, ó aire libre.
  • Tome alimentos suaves que non irriten a mucosa gástrica, como un iogur ou un café, non cargado, con leite. Ó longo do ‘día despois’ tamén pode tomar legumes, cereais, froitos secos, leite e carne.
  • Repoña a perda de vitaminas tomando un zume de laranxa ou de froitas frescas.
  • Evite a aspirina en doses altas. Pode irritar aínda máis o seu estómago. No seu lugar tome ibuprofeno.
  • Teña coidado co mito de que o alcohol mellora a resaca. En realidade, empeóraa, xa que se trata da mesma substancia tóxica que causou os seus efectos.
  • Tampouco é certo que beber auga en abundancia mellore a resaca por favorecer a eliminación do alcohol. Este elimínase a unha velocidade de sete gramos por hora e é imposible acelerar o ritmo.
  • Outro mito é que as pastillas de vitamina B6 tomadas antes ou despois de beber evitan a resaca, cando a única utilidade desta vitamina é a súa aplicación por vía intramuscular en casos graves para acurtar, que non eliminar, os efectos secundarios dunha intoxicación etílica.

Cómpre ter en conta

Controle os gramos de alcohol que inxire multiplicando os graos da bebida -que son os gramos de alcohol por cada 100 cc- pola cantidade que tome. Exemplo: catro cervexas de 250 cc cun 5% de alcohol terán 4 x 250 x 5/100 = 50 gramos. Dado que o fígado metaboliza 25 gramos de alcohol por hora, terá o alcohol circulando durante 2 horas polo seu corpo.

En xeral, considérase aceptable para a saúde unha inxestión por baixo dos 30 gramos de alcohol ó día. Entre 30 e 60 gramos de alcohol a cotío o risco é moderado, e é problemático, con risco para o desenvolvemento de cirrose, cando se superan os 60 gramos ó día.

Ó volante, nin unha pinga
  • /imgs/20051201/consejo3.jpgXa o sabe: se bebe, non conduza. Aínda que sexa en pequenas cantidades, o alcohol exerce un efecto depresor sobre o sistema nervioso. Diminúe a capacidade de condución e os reflexos e aumenta as probabilidades dun accidente.
  • O regulamento actual sitúa a taxa de alcoholemia permitida por baixo dos 0,5 gramos de alcohol por 1.000 centímetros cúbicos de sangue e 0,25 miligramos de alcohol en aire espirado. Baixa a 0,3 e 0,15, respectivamente, para os condutores noveis.
  • Dar ‘positivo’ nun etilómetro pode supor unha multa de ata 6000 euros e ata catro anos de retirada do carné de conducir.