Instalacións eléctricas antigas

A rehabilitación da instalación eléctrica, só con profesionais

Non existen inspeccións periódicas nin certificados que garantan o bo estado de conservación
1 Xaneiro de 2005
Img consejo listado

A rehabilitación da instalación eléctrica, só con profesionais

/imgs/20050101/img.consejo-del-mes.01.jpg
As estatísticas afirman que case sete de cada dez vivendas de España non contan con instalacións eléctricas idóneas. As fincas con maior risco son as construídas antes de 1973, xa que ata daquela non existía regulamentación ningunha. A inseguridade das tomas de corrente e os interruptores defectuosos son os principais problemas que fan que as casas sexan inseguras. A isto súmase a inexistencia, con carácter xeral, de inspeccións periódicas ou de certificados que garantan a súa boa conservación. Neste estado das cousas, a prevención, vixilancia, o mantemento e un bo uso son as claves para evitar incendios.

  • As instalacións eléctricas deben cumprir o Regulamento Electrónico de Baixa Tensión (REBT). Este regulamento non afecta ás vivendas construídas antes da súa promulgación en 1973.
  • Tamén se poden considerar como “potencialmente inseguras” as casas construídas entre 1973 e 1985 que non dispoñen de diferencial de protección, elemento que só se aplicou de xeito xeneralizado a partir deste último ano.
  • No interior de cada vivenda de nova construción está o cadro de mando e protección, e a súa instalación é aconsellable en tódalas vivendas antigas, pola maior seguridade que supón.
  • En resumo, se vostede vive nunha casa antiga, é moi posible que a instalación sexa pouco segura. Ninguén o obriga a mellorala, así que dependerá da súa vontade.

Ante todo, precaución

  • Para que a instalación eléctrica cumpra as garantías de seguridade, debe acometela un instalador autorizado pola Dirección Xeral de Industria e Enerxía.
  • Faga revisar a instalación eléctrica da súa casa, xa que os aparellos eléctricos modernos demandan maior carga de corrente.
  • Antes de realizar calquera reparación desconecte a corrente eléctrica.
  • Manipule as instalacións e os aparellos eléctricos coas mans secas. Evite estar descalzo ou cos pés húmidos.
  • Cando realice o traballo sobre un circuíto, desconecte o interruptor principal e retire o fusible.
  • Se quere cambiar o contador, chame á compañía eléctrica. En caso de avaría, non intente reparalo vostede, podería ser sancionado.
  • Se decide anovar a instalación, instale o maior número de novos puntos de luz, de enchufes, de teléfonos (Internet…) e de TV, sobre todo cando hai obra de por medio. Supón un gasto maior, pero evita pequenas e molestas reformas posteriores.

Empalmes seguros

  • Non alongue un cable flexible por medio de empalmes retorcendo os fíos e recubrindo a zona con cinta illante. Esta acción está prohibida na nova normativa do REBT e só pode ser un recurso provisional para casos de emerxencia.
  • Se por necesidade tivera que recorrer a un empalme por retorcemento de fíos entre dous condutores, procure que as unións se produzan levemente desprazadas unha da outra.
  • Realice empalmes seguros con regretas de conexión.
  • Comprobe que os condutores espidos que se aloxan nos medios metálicos de retención ofrecen un bo contacto.
  • Se ten que enrolar o terminal espido dun condutor sobre si mesmo para aloxar un parafuso de retención, víreo en dirección contraria á das agullas do reloxo, para que, cando se aparafuse, non se esfiache ou se estrague.
  • Nunca pase un cable flexible por baixo dunha alfombra.
  • Non empregue grampas correntes para suxeitar os cables á parede, xa que poderían cortar o illamento e establecer contacto.

Interruptores

  • Antes de fixalos, marque o emprazamento.
  • Colóqueos no sector de abertura da porta, fóra da habitación para poder acender a luz antes de entrar e evitar así a molestia de localizalos na escuridade, e á mesma altura en tódalas paredes para que o xesto de acendido sexa automático.
  • Elixa interruptores con botóns brandos para que os nenos os poidan accionar doadamente.
  • Comprobe que o novo interruptor é do mesmo tipo e características có antigo.

Enchufes

  • Se vai substituír un enchufe, adquira un novo que sexa de idénticas características có que tiña, é dicir, que dispoña do mesmo número de bornes, de cables…
  • Se o enchufe é de tres cables, conecte ó primeiro o de terra, que polo xeral é de cor verde-amarela, ó borne marcado co distintivo correspondente, é dicir, tres liñas paralelas superpostas, cada unha máis curta cá anterior.